CD As Pontes Feminino

ACTUACIÓN DE RAQUEL E MALENA NA SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO DE ESPAÑA

As xogadoras pontesas Raquel Béjar e Malena Mieres desprazáronse esta fin de semana ata Valencia para disputa da segunda fase do Campionato de España.

A sub18 non tivo moita fortuna e perdeu os dous encontros, e de forma ben lastimosa. Ante Madrid caeron 0-2, selección madrileña que anotou os goles nos derradeiros cinco minutos, e contra a Comunidade Valenciana perderon 3-5, despois de ir gañando 2-0. Goles da internacional Ariane Martínez, Sara e Ceci. A selección xuvenil galega remata a competición cun empate e tres derrotas. Raquel xogou os dous partidos.

Algo mellor lle foi ó seleccionado cadete, pois venceu 1-3 a unha selección de categoría como a madrileña. E iso que comezaron perdendo, pero nos últimos 20 minutos, tres tantos da xogadora da española, Tere Abelleira, tanto directo de córner, Lucía, e Lara, de penalti, deron a vitoria.

Xa na xornada do domingo perderon 2-4 ante a selección locataria, tantos de Lía e Tati. As sub16 rematan con seis puntos tralos seus triunfos ante Baleares e as madrileñas. Malena xogou os dous encontros.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: SALA OURENSE – O ESTEO F.S. (0-4)

Primeiro triunfo a domicilio do Esteo, e ante un rival directo, o que lle outorga tres puntos vitais.

O encontro, a pesar do abultado do marcador, resolveuse nos últimos minutos. A pesar diso dominou o cadro pontés, que apenas contou con oito xogadores, e por riba de todo durante o transcurso do encontro lesionouse Gerardo.

Pero un gol de Bertito, e outro do capitán Fran, e xa nas postrimerías, e cos locais xogando con porteiro xogador, dous goles de Jose López, poñían o definitivo 0-4 no marcador.

A semana que ven visita o Pavillón Municipal o recén ascendido Atlético Benavente, que ten 21 puntos, e é un rival directo. Toca tratar de recuperar ó maior número de xogadores posible.

Os ponteses son decimo terceiros con 19 puntos, e de colista marcha o Bueu, que empatou 3-3 co Xove e ten 13 puntos.

Este é o primeiro triunfo a domicilio dos de Suso Rey, que perderan en cinco visitas, por tres empates ante Universidad de Valladolid, Ventorrillo e Mosteiro de Bembrive.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Bertito, Gerardo, Héctor, Jose López –cinco inicial- Fran, Púas, Alberto.
GOLES: Min. 28 (0-1), Bertito. Min. 33 (0-2), Fran. Min. 37 (0-3), Jose López. Min. 38 (0-4), Jose López.
Árbitros: Hevia Campa, Santoveña Fernández (Asturias). Yolanda Fernández. Amoestaron a Jose López e Púas polos ponteses.
INCIDENCIAS: Decimo novena xornada de liga de Segunda División B. Pavillón dos Remedios. Uns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 12-13-14 /FEBREIRO/ 2016

Segunda fin de semana de Febreiro onde agás o primeiro equipo, todos os equipos do clube xogaron fóra, ben na Capela ou ben coma visitantes. Importantísima vitoria do primeiro equipo, 1-0 ante o Silva. Tamén triunfo do feminino, xuvenil, cadete, infantil, Alevín A, Benxamín A e Prebenxamín A.

SEGUNDA AUTONÓMICA GALEGA (Ferrol)
CD CARIÑO – CD AS PONTES “B” (2-0)

Perdeu o segundo equipo pontés 2-0 en Cariño, e remata a primeira volta noveno con 10 puntos, comezando a segunda visitando ó Estrella, penúltimo con 6. Xogaron Rafita, Ángel, Rubén, Darío, Jandro, Totti, Lucho, Guille, Adrián, Miguel, David, e no segundo tempo Martín, Alberto e Iago. Marcaron, Roberto, no primeiro tempo, e no comezo do segundo, un vello coñecido, Adán Pita.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CD AS PONTES – EFB AMISTADE MEIRÁS (5-1)

O equipo feminino venceu 5-1 ó Amistade de Meirás, tantos de Yolanda (2), Vicky, Paula Castro e Paula Baamonde. As de Pita son sextas con 39 puntos antes de visitar ó Santa Mariña, decimoquinto. Xogaron Leti, Yolanda, Uxía, Indira, Noelia Ameneiro, Vicky, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Noelia Santalla.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
CD AS PONTES – CD SAN SADURNIÑO (5-4)

Vitoria sufrida do xuvenil (5-4) ante o San Sadurniño, pero os de Mieres acaban a primeira volta cuartos con 22 puntos, por detrás de Portuarios (28), Numancia (27) e Narón (23). Precisamente contra o cadro naronés, que gañara en As Pontes 1-3, comezan a segunda volta.

Os ponteses puxéronse 1-0 e 3-1, pero os alaranxados chegaron a remontar 3-4. A dez minutos do final empataba Rey e xa sobre o final Alex Blanco daba os tres puntos.

Xogaron Lino, Caínzos, Jorge, Martín, Alex Blanco (1), Alex Cabarcos, Iago, Iván, Jandro (1), Casas (1), Xose (1) e despois Nahum, Bruno, Rey (1), Manuel e Mateo.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
SDC GALICIA DE MUGARDOS – CD AS PONTES (1-5)

O equipo cadete venceu 1-5 na casa do colista Mugardos e mantén a súa loita co Portuarios con ambos equipos con 29 puntos. A semana que ven reciben ó Meirás, noveno.

Hat trick de Dani, e un de Fraga de penalti e Jorge. Xogaron Nesi, Alex López, David, Fraga, Manuel, Germán, Cazás, Pani, Alex Barro, Dani, Chema e despois Antón, Carlos, Javi, Andrei e Jorge.

PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL (D. Ferrol)
CD AS PONTES – SRD ÁNIMAS (3-2)

Moi bo triunfo do infantil ante o Ánimas (3-2), co que despiden a primeira volta con tres vitorias e nove puntos, na oitava praza. Inician a segunda recibindo ó Val, quinto.

Xogaron Juan, Nono, Eyob, Santi, Antonio, Javi, Mohamed, Dani, Joan, Vicente e Xan, xogando despois Edgar, Adrián, Xavi, Iván e Joao. Adiantáronse por tres veces os de Rivas que anotaron por medio de Javi, dous, un de penalti, e Joan.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
SDCR O FREIXO NARÓN – CD AS PONTES (2-3)
CD AS PONTES “B” – SDR NUMANCIA DE ARES (1-4)

Triunfo do Alevín A ante o décimo Narón Freixo (2-3). Sextos con 11 puntos reciben ó Narón Freixo B, noveno. Goles de Alejandro López, Xose Paz e Xoel Purriños. Derrota do Alevín B 1-4 ante o Numancia, que venceu 1-4, a pesar de que os ponteses se adiantaron con gol de Sergio Cabarcos. Quintos con 13 puntos, visitan ó líder Rápido de Neda.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
AD MIÑO – CD AS PONTES (1-6)
CD AS PONTES “B” – SCDR GALICIA DE CARANZA “C” (3-3)

Boa vitoria do Benxamín A, 1-6 ante o Miño, co que se manteñen terceiros con 16 puntos a dous de Cebarca e Caranza. Dobletes de Anxo Blanco, Israel Varela e Xandre Fernández. Precisamente os da Barqueira, líderes, visitan o Poboado na seguinte xornada. O Benxamín B empatou 3-3 co colista Caranza C, que logrou o seu primeiro punto na liguiña. Quintos con 10 puntos, visitan ó Meirás, cuarto. Goles de Diego Lozano, Sergio Vázquez e Destaw Pellón.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
SCDR GALICIA CARANZA “B” – CD AS PONTES (1-4)
CD AS PONTES B – EUME DEPORTIVO “B” (2-2)

Moi bo triunfo do Prebenxamín A, que venceu 1-4 ante o Caranza B. Son cuartos no grupo dos mellores con 13 puntos, e reciben ó CD Narón, que ten os memos puntos. Goles de Diego Ortigosa, Diego Solano (2) e Nicolás Meizoso. Empate do Prebenxamín B, 2-2 ante o Eume B, noveno clasificado, o que o alonxa do título de Liga, segundos con 20 puntos, xa a catro do Barallobre. Visita ó San Sadurniño, undécimo. Goles de Nacho Villasuso e Lucas Blanco.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE SOCIOS

Nunha asemblea pouco habitual e á que non se chegou a un acordo en concreto, quedando as contas pendentes para dentro de dous meses é a conclusión que se pode sacar da asemblea de socios do Club Deportivo As Pontes celebrada o pasado venres, 12 de febreiro.

Medio cento de asociados da entidade deportiva pontesa déronse cita no LAR Endesa para asistir a unha asemblea extraordinaria convocada pola directiva, con motivo dos últimos acontecementos aparecidos na prensa sobre unha denuncia presentada na fiscalía por presunta prevaricación ó rexedor pontés por levantar uns reparos da intervención municipal e conceder a subvención de 2015 ó club de fútbol.

No nome da xunta directiva, o presidente Xaime Castro, foi o que interveu facendo un resumo sobre a situación xudicial do alcalde de As Pontes e presidente da Deputación coruñesa, amosando o seu total apoio pola actuación do rexedor municipal en relación coas axudas concedidas ó Club.

Amosou tamén o seu malestar cos grupos políticos da oposición, dos que se sentiu traizoado, e que, segundo Xaime Castro, foron os que crearon esta situación xudicial ó presentar ante a fiscalía os escritos de reparos feitos pola intervención municipal en canto á xustificación das axudas concedidas e non haber tido unha xuntanza co propio Club antes de tomar a vía xudicial.

Dende o ano 2011 o Club As Pontes recibe do Concello 200.000 euros de axuda pola promoción do deporte de base, no que participan cada tempada uns douscentos nenos e nenas. Segundo el, non houbo problemas na xustificación das axudas de 2011 e 2012, pero si houbo reparos na do seguinte ano, polo que non se recibiu a axuda correspondente ó exercicio de 2014, o que supuxo un grave quebranto para a economía do Club. Ante esta situación e a auditoría que se está a facer ó Club, Xaime Castro comentou que, el mesmo tivo que avalar un creto de varios miles de euros “para ir tirando ata que se solucionase a situación”. Manifestou tamén, que a auditoría rematará nuns dous meses e daquela convocarase outra asemblea para render contas ós asociados.

Apenas falou do tema deportivo, agás que dende que está como directivo do Club se crearon varios equipos de base e recuperouse o segundo conxunto de categoría rexional, así como que entende que a vila de As Pontes “ten que ter, por potencial e historia, un equipo na Terceira División”, categoría na que, segundo el, está a facer unha boa campaña este ano, ó igual co resto dos equipos da entidade.

Houbo algúns socios que apoiaron esta iniciativa de solidariedade e apoio co alcalde e a preguntas doutro socio, en canto ó que se gasta no fútbol de base, Xaime Castro respostou que as axudas recibidas son para o Club no seu conxunto; pero que, sen embargo, na vindeira reunión daranse os tódolos datos económicos da entidade.

Como se sinala, non houbo ningún acordo en concreto, rematando a asemblea hora e media despois do seu inicio, quedando todo á espera do que suceda nas vindeiras datas.

Nova cortesía de A.F.

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – SILVA SD 0

Sofrida pero moi merecida vitoria do conxunto pontés, que xa se sitúa con 35 puntos, máis preto da salvación. O triunfo ten máis mérito si se ten en conta que o equipo local non puido dispor de ningún dos tres dianteiros cos que comezou a tempada.

O primeiro tempo foi un monólogo dos de Pablo López, que contaron con varias ocasións claras. Incorporándose por banda esquerda un zapatazo de Alex (17´), e unha falta de Bossa (23´), ambas desvíaas a córner Guillermo cos puños. Pablo Domínguez desmarcase e chuta dende fóra da área preto do longueiro pero volve a despexar a saque de esquina o gardamallas visitante coa luva (30´). Nun gran centro de Óscar, Cañi, libre de marca e a un metro, cabecea por alto (39´).

A máis clara sen dúbida chegou tras unha combinación entre Toni e Adrián na que o de Monte Alto prantase ante Guillermo co balón, picallo, pero este consegue desbaratar o perigo co corpo (32´).

Na segunda metade o xogo volveuse máis equilibrado, pero foi cando os locais conseguiron o xusto premio ó exposto nos primeiros 45 minutos. Así, nunha contra desmarcase Cañi por banda dereita, avanza, remata, o balón parece inalcanzable para Guillermo no segundo pau, pero rebota nun defensa e acaba entrando polo primeiro co meta xa batido (63´).

Nos últimos minutos viuse a un conxunto herculino que buscou arañar algo positivo, e un As Pontes tentando aproveitar as perigosas contras, pero ningún creou grave perigo, a excepción dun zapatazo de Cardelle dende o borde da área, tras un córner, no 89´, que marchou pegado ó segundo pau, metendo o medo no corpo da parroquia local. Acabou o encontro co 1-0 e ambos equipos repartense os seus catro partidos oficiais con dúas vitorias locais en cada campo.

O As Pontes respira. Compricouse a vida conseguindo só 7 dos últimos 27 puntos, pero polo menos leva dous triunfos consecutivos na casa, e con 35, os mesmos que o seu adversario de hoxe, sitúase décimo, visitando a semana que ven a un rival directo como é o Negreira, un punto por debaixo. Os locais están sete puntos por riba dos seis postos de descenso que hai a día de hoxe. O Silva recibe ó Boiro.

Volveu Hugo ós terreos de xogo, precisamente contra o rival contra o que desputara o seu último encontro.

1 CD As Pontes. Souto, Criado (Hugo 82´), Alex, Nano, Dani, Adrián, Óscar, Bossa, Toni (Edi 75´), Cañi, Pablo (Manu 91´).

0 Silva SD. Guillermo, Insua (Carlos Varela 67´), Miguel, Rebollo, Cardelle, Michi Leal (Arthur 7´Cuesta 59´), Callón, David Piña, Brais, Beto, Joao.

Árbitro: Manuel Casanova Cudeiro (Ourense). Auxiliado nas bandas por Rodicio González e García Vázquez. Amarelas a Dani, Pablo, Miguel, Rebollo, Cardelle, Callón, Insua, Piña e Beto.

Goles: 1-0, Cañi (63´)

Campo e incidencias: Uns 150 espectadores no campo de O Poboado. Tarde oscura, con tronos, e excesivamente chuviosa nalgún tramo do encontro. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento do sogro do directivo local, Suso Fernández, e avó dos irmáns Chote e Dani Fernández.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

VITORIA DO PADEL AS PONTES FEMININO EN REDES E DERROTA DO EQUIPO “A” ANTE P6 SILVER

O Padel As Pontes feminino segue na segunda posición despois do seu triunfo en Redes ante o Club de Tenis “B” por 2-3. Coninúa sen gañar o conxunto “A”, que nesta xornada perdeu co P6 Silver de Narón por 4-. José del Moral e Carlos Martinez lograron o único punto do equipo pontés. O conxunto “B” descansou nesta xornada.

No grupo 6º masculino da cuarta categoría encabezan a clasificación con tres partidos gañados, o Padel As Pontes “B”, 0,0 Pádel e Pádel Byfit Narón “C”.

No grupo cuarto da mesma categoría é primeiro Smash Padel 4 con catro puntos, seguido de Padel Byfit Narón “A” con tres puntos O Pádel As Pontes “A” aínda non sumou ningún punto. Na vindeira xornada ten unha boa oportunidade de gañar o primeiro partido, pois enfróntase en Ferrol ó Club de Campo “C”, que tamén ten cero puntos.

No grupo 6º feminino de terceira categoría segue de primeiro Somos Pádel, con catro puntos gañados, seguido do Padel As Pontes Feminino con tres.

RESULTADOS

P6 SILVER – PADEL AS PONTES MJ “A” (4-1)

Ramón Martaos-Manuel González / José Fernández-Manuel Parga (7-5, 7-5)
Luis Vez-Bruno Martinez / José M. Cancelo-Paulino Fernández (6-2, 7-5)
Antonio Moreira-José Sedes / Pedro Romero-Emilio Vidal (6-1, 6-0)
Iago Durán-Javier Grimaldi / José del Moral-Carlos Martinez (3-6, 4-6)
José Lorense-José Villasuso / Juan Casás-Alfonso Vidal (6-2, 6-1)

CLUB TENIS REDES “B” – PADEL AS PONTES MJ (F) (2-3)

Carmen Rapallo-Mª Luz Conejo / Mónica Tojeiro-Victoria Pena (6-1, 6-0)
Raquel Aneiro-Dulce Basoa / Rita del Moral-Silvia Caaveiro (6-4, 6-4)
Mercedes Filgueiras-Nieves Alonso / Lorena García-Erika Sanz(0-6, 2-6)
Nuria Cuéllar-Celestina Gen / Angye García-Rocío Guizán (0-6, 0-6)
María Liñares-Mar Nóvoa / Marta del Moral-Yesica Vidal (1-6, 2-6)

QUINTA XORNADA

4ª CATEGORÍA MASCULINA

Ferrol (domingo 21, 15,30)
CLUB DE CAMPO “C” – PADEL AS PONTES “A” (Grupo 4º)
Narón (sábado 20, 17,00)
PADEL AS PONTES “B” – LUGOPOLIS 4C PADEL (Grupo 6º)

3ª CATEGORÍA FEMININA (Grupo 6º)

Narón (sábado 20, 17,00)
PADEL AS PONTES FEMININO – CERCEDA PÁDEL CLUB FEMININO

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: