CD As Pontes Feminino

ACTUACIÓN DE SERGIO OTERO NA SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO DE ESPAÑA 

O futbolista pontés do Racing de Ferrol, Sergio Otero Pedre, desputou esta fin de semana coa Selección Galega Sub16 a segunda fase do Campionato de España.

Galicia enfrontábase en Baleares á selección local e a Castela León. No primeiro encontro, despois de ir gañando 0-2, goles de Manuel e Rojo, acabaron perdendo 3-2 ante Baleares. Si xa é curioso ver un gol de córner nun encontro, os baleares anotaron ata dous goles olímpicos, o empate e a vitoria.

Xa no partido deste domingo, sen posibilidades, perderon 0-2 ante Castela León. Sergio xogou os dous encontros saíndo no segundo tempo.

Despide a súa participación a selección sub16 cunha única vitoria, ante Ceuta (3-1), e tres derrotas, a outra, ante Aragón (3-2).

Non lle foi moito mellor á selección sub18, que chegaba a esta segunda fase con dúas vitorias, pero perdeu 3-1 ante Baleares, e 2-1 ante Castela A Mancha nos últimos minutos, despois de ir gañando 0-1 e desperdiciar moitas ocasións.

2317

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SERGIO OTERO CONVOCADO PARA A SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO DE ESPAÑA 

O futbolista pontés do Racing de Ferrol, Sergio Otero Pedre, ven de ser convocado pola selección galega sub16 para a segunda fase do Campionato de España.

A selección galega sub16 enfontaráse ó combinado local o sábado (12:30), e ó de Castela A Mancha o domingo (10:00). Na primeira fase en Vigo, Galicia venceu 3-1 a Ceuta e perdeu 2-3 contra Aragón.

O campo onde se disputarán os encontros será o de L`Alcudia, onde se xoga o emblemático torneo anual q ue reúne ós mellores combinados internacionais e prestixiosos equipos españois en categoría xuvenil.

Suprímese a teórica terceira xornada e o enfrontamento que correspondería contra Murcia por deferencia ós grupos que só teñen tres equipos e que tódolos combinados xoguen o mesmo número de encontros.

No combinado sub18 van os xogadores do Racing Aitor Pascual e Aarón Rey, o fenés do Deportivo Iago Novo e o dianteiro do Viveiro Arturo Calvo.

Os convocados son:

RC Celta de Vigo: Diego Varela, Ignacio Pego, Martín Rafael, Sergio Carreira, Sergio Barcia
RC Deportivo de A Coruña: César Rodríguez, David Rojo, Javier Armas
Racing Club de Ferrol: Manuel Fernández, Sergio Otero
Bertamiráns CF: Manuel Xiraldez, Víctor Vilariño
CD Lugo: Pablo López
Pabellón Ourense CF: Carlos Villar
CD Lérez: Darío Ferradás
SCDR Galicia de Caranza: Brais Rodríguez
CD Areosa: Tomás Nahuel
Coruxo FC: Adrián Cacheda

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – ATLÉTICO BENAVENTE F.S. (2-1)

Triunfo sufrido e importantísimo do Esteo, sobre todo tendo en conta que ten que realizar dúas visitas consecutivas, ante un rival directo coma o Benavente.

Ó pouco do comezo adiantábanse os visitantes por medio de Alvarito (2´), poñendo o encontro costa arriba, pero dous goles de Ayala (4´) e o capitán Fran (10’), que culminou unha xogada de estratexia, situaron o 2-1 definitivo aínda mediado o primeiro período. Isto non quere dicir que o encontro non fose disputado, e moito, no segundo período.

A pouco da reanudación, nunha vaselina de Jorge, salva baixo paus Cospe coa cabeza (23´) e a continuación é o propio xogador lucense quen pica o balón e vaise alto por pouco na portería contraria (24´).

O encontro seguía a ser moi competido e un disparo de Cospe que se colaba desvíao in extremis Álvaro (31´), e posteriormente tivo unha clarísima o equipo zamorano, quedando Malaguti só, mandando o balón ó poste, e no segundo remate salva Javichu (33´). Tamén se lesionaba Bertito ó tropezar no lanzamento dunha falta.

O marcador non se movía e no derradeiro minuto os visitantes sacaron o porteiro xogador podendo sentenciar o Esteo. Héctor, tras unha reviravolta rematou ó poste e despois é Javichu quen estivo a piques de marcar dende a súa porta pero salvou Zorro.

A máis clara faltando dez segundos foi tras un balón que rouba Ayala na media pista, quen incomprensiblemente indo só cara a porta contraria, en lugar de rematar púxose a celebrar un gol que definitivamente non marcou porque chegou antes un defensa contrario, despexou, e armouse unha pequena trifulca. Por riba, aínda tiveron os visitantes unha ocasión para empatar antes do remate.

Os ponteses son decimo segundos con 22 puntos, é dicir, teñen catro equipos por debaixo. Suman 6 puntos en dúas xornadas pero teñen que seguir remando, pois agárdanlles dúas visitas consecutivas, a un rival directo como é o conxunto asturiano do Boal, un punto por encima, e o Leis de Pontevedra, quinto na clasificación.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Bertito, Cospe, Héctor, Jose López –cinco inicial- Púas, Alberto, Fran, Ayala, Tucho.

ATLÉTICO BENAVENTE FS: Tomy, Alvarito, Malaguti, Chuso, Jorge –cinco inicial- Josico, Alex, Héctor, Álvaro, Zorro, Samu.
ÁRBITROS: Adolfo Díaz Arias, Andrés Vanegas Betancur e na mesa Yolanda Fernández (Asturias). Amarelas para os locais Héctor, Jose López e Javichu, e polos visitantes Alvarito, Chuso e ó delegado do equipo.

GOLES: Min. 2 (0-1), Alvarito. Min. 4 (1-1), Ayala. Min. 10 (2-1), Fran.

INCIDENCIAS: Vixésima xornada de liga do grupo primeiro da Segunda División B e décimo primeiro partido no Pavillón Municipal da Fraga, que rexistrou unha frouxa entrada duns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF 

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 19-20-21 /FEBREIRO/ 2016

Terceira fin de semana de febreiro que nos deixa un valioso empate do primeiro equipo e triunfos do segundo, feminino, xuvenil e cadete. Ademais, o Alevín B e o Benxamín A venceron ós respectivos líderes do seu grupo.

TERCEIRA DIVISIÓN (Galicia)
SD Negreira – CD As Pontes (1-1)

Empate valiosísimo, no último suspiro, do primeiro equipo no seu desprazamento a Negreira, un campo que se lle dá ben, pois de oito visitas tan só perdeu nunha ocasión. Corta o equipo de Pablo López unha racha de cinco derrotas consecutivas a domicilio, e sobre todo, xa suma 36 puntos e seguen a sete de distancia do descenso. Adiantáronse os locais por medio de Javi Otero nun grave fallo defensivo, pero no segundo tempo o As Pontes foi mellor e ó borde do remate conseguía Chicho a igualada. Precisamente o xogador ferrolán enfrontarase a vindeira semana ó seu irmán Alex Díaz, pois hai derbi no Poboado entre o As Pontes e un Galicia de Mugardos á alza, que sae dos postos de abaixo. Xogaron Marcos Souto, Criado (Edi 77´), Alex, Nano, Manu, Adrián, Toni, Bossa (Chicho 60´), Santi, Cañi e Pablo (Hugo 77´).

SEGUNDA AUTONÓMICA GALEGA (Ferrol)
Estrella CF – CD As Pontes B (3-5)

Vitoria do segundo equipo (3-5) en Narón ante o Estrella, co que os de Paco López, volven a gañar despois de cinco xornadas e sitúanse sétimos con 13 puntos, antes de recibir, no derbi de filiais, ó Somozas B, que ten un punto menos. Dous tantos de Totti e Marcos Novo e un de Lucho. Xogaron Rafita, Sergio, Rubén, Darío, Jandro, Totti, A.Ledo, Guille, Adrián, Samu, Lucho, e despois Marcos, Pablo, Carlos e Bruno.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
AD Santa Mariña – CD As Pontes (0-2)

Triunfo do feminino en Ferrol ante o Santa Mariña (0-2), e as de Pita seguen sextas con 42 puntos, antes de recibir ó San Sadurniño, terceiro clasificado. Xogaron Leti, Yolanda, Noelia Santalla, Nuria, Indira, Noelia Ameneiro, Vicky, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba. Tantos de Paula Castro ó principio e outro de Carlota sobre o final, que deron os tres puntos ás pontesas. Décimo cuarto gol de Paula e undécimo de Carlota.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
CD Narón – CD As Pontes (0-3)

Bo triunfo do xuvenil en Narón por 0-3. Os naroneses quedaron con dez ó pouco do comezo e os azuis acabaron impoñéndose con tantos de Ayrton, Alex Blanco e Casas. Xogaron polo As Pontes, Lino, Iago, Jorge Rodríguez, Alex Cabarcos, Alex Blanco, Brais Blanco, Jandro, Iván, Ayrton, Casas, Xose, e despois Nahum, Dani, David, Andrés e Antón. Coa derrota do Portuarios ante o Ensanche (1-0), o Numancia ponse líder con 30 puntos, por 28 dos ferroláns e 25 dos ponteses, terceiros, que reciben a un Perlío, décimo, que gañou 4-3 na primeira volta.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Meirás CF (3-0)

Vitoria do Cadete ante o Meirás (3-0) e como queira que o Portuarios tamén venceu polo mesmo marcador ó Numancia, ambos equipos comparten liderato con 32 puntos, seguidos polo Eume Deportivo con 26. A semana que vén visitan ó Amistade de Meirás, noveno. Dous goles de Alberte e un de Diego. Xogaron Nesi, Cazás, David, Fraga, Bruno, Pani, Carlos, Javi, Dani, Alberte e Diego, entrando despois Andrea, Chema, Alex Barro, Jorge e Andrei.

PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL (D. Ferrol)
CD As Pontes – SD O Val (2-6)
Campo dos Calzados (A Capela)

O Infantil perdeu por 2-6 ante O Val. O equipo de Rivas aguantou no primeiro tempo, chegando a ir con vantaxe de 2-1, tantos de Adrián e Nono; pero no segundo viñéronse abaixo. Oitavos na clasificación con nove puntos, visitan ó Amistade de Meirás, segundo. Xogaron Juan, Nono, Eyob, Santi, Antonio, Dani, Adrián, Xan, Joan, Vicente, Manuel e despois Mohamed, Xavi, Alejandro, Marcos e Edgar.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – SCRD O Freixo “B” (7-0)
Campo dos Calzados (A Capela)
SD Rápido de Neda – CD As Pontes B (2-3)

O Alevín A goleou 7-0 ó Narón O Freixo B en partido xogado no campo dos Calzados da Capela. Cuarto con 14 puntos visita na vindeira xornada ó Portuarios B, undécimo. Tantos de Xose Paz (3), Samuel Seco, Alejandro López, Sergio Da Silva e Hugo Blanco. Xenial o Alevín B, que gañou 2-3 ó líder Rápido de Neda. Quintos con 16 puntos recibena vindeira xornada ó Racing San Pedro B, décimo. Hat trick de Diego Purriños.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – UD Cebarca (5-3)
Meirás CF – CD As Pontes B (10-4)

Moi ben ó Benxamín A, que venceu 5-3 ó anterior líder Cebarca, co que se sitúan segundos con 19 puntos, a dous do novo líder Galicia de Caranza. Próxima visita ó Perlío, quinto. Tres goles de Anxo Blanco (foto) e dous de Israel Varela. Derrota avultada do Benxamín B ante o cuarto clasificado Meirás (10-4). Quintos con 10 puntos reciben ó CD Narón, segundo. Goles de Destaw Pellón, Alejandro Leal, Sergio Vázquez e Diego Lozano.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – CD Narón (0-0)
CD San Sadurniño – CD As Pontes B (0-4)

Empate a cero goles do Prebenxamín A ante o CD Narón. Cuarto con 14 puntos, para a semana vén visita ó R. Ferrol, terceiro. Vitoria do Prebenxamín B por 0-4 en San Sadurniño. Ocupa a segunda posición con 23 puntos e na vindeira xornada visita ó líder Barallobre, que ten pleno de triunfos con 27 puntos, nun encontro que será vital. Dobrete de Xandre Domínguez e Íker Ares.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

VITORIA DO PADEL AS PONTES FEMININO E DERROTAS DOS EQUIPOS MASCULINOS

O Padel As Pontes feminino segue na segunda posición a un punto do líder Somos Padel, que conta os seus enfrontamentos por vitorias. Continúa sen gañar o conxunto “A”, que nesta xornada perdeu na casa do Club de Campo, equipo que sumou o seu primeiro triunfo da liga. O conxunto “B” perdeu ante o Lugopolis 4C Padel por 1-4, nun encontro no que non se disputou o derradeiro partido por lesión do xogador pontés José Luis Trastoy.

Posteriormente tivo que ingresar nun centro sanitario por outra doenza, da que afortunadamente se está a recuperar. Dende aquí, ánimo José Luis, que pronto volverás a estar nas pistas.

No grupo 6º masculino da cuarta división encabezan a clasificación con catro partidos gañados o 0,0 Pádel, os mesmos que Pádel Byfit Narón “C”. O Padel As Pontes “B” é terceiro.

No grupo cuarto da mesma categoría é primeiro Smash Padel 4 con catro puntos, seguido de Padel Byfit Narón “A” con tres puntos O Pádel As Pontes “A” aínda non sumou ningún punto, polo que ocupa a derradeira posición.

No grupo 6º feminino de terceira categoría segue de primeiro Somos Pádel, con cinco vitorias, seguido do Padel As Pontes Feminino con catro triunfos. Os dous equipos enfróntanse o vindeiro sábado 27 (13,00) en Lugo

RESULTADOS

CLUB DE CAMPO “C” – PADEL AS PONTES MJ “A” (4-1)

Alfonso Bouza-Manuel Bouzada / Carlos Martinez-Juan Casas (6-4. 6-2)
Nicolás Fernández-Juan Pena / Pedro Romero-Alfonso Vidal (6-0, 6-0)
Jorge Blanco-Carlos Pasandín / Raúl Meizoso-Francisco Castro (0-6, 1-6)
Antonio Caruncho-Rufino Moya / Manuel Parga-José M. Cancelo(6-1, 6-3)
Enrique Antón-Francisco Mauriz / José del Moral-Ángel Fernández (6-0, 6-2)

PADEL AS PONTES MJ “B” – LUGOPOLIS 4C PADEL (1-4)

Jorge Rivas-Daniel Cillero / Juan Cruz-Javier Zolle (0-6, 2-6)
José Fernández-Rubén Vivero / Santiago Mota-Francisco Fdez. (3-6, 0-6)
Jesús Tembrás-Juan Trastoy / Elías del Campo-Héctor Fernández (2-6, 4-6)
Esteban Díaz-José Vilasuso / José Espiño-Sergio Fernández (6-4, 6-4)
José L. Trastoy-Roi Otero / Víctor Barro-Javier López
(gañador Lugopolis por lesión dun xogador do Padel As Pontes B)

PADEL AS PONTES MJ (F) – CERCEDA PADEL CLUB (F) (4-1)

Lorena García-Erika Sanz / Esther Regueiro-María Cancela (6-0, 6-1)
Cecilia García-Victoria Pena / Maribel Fraga-Pilar Vilariño (0-6, 4-6)
Angye García-Laura Rodríguez / Pilar Rey-Sandra Don (6-2, 6-2)
OBdulia García-Marta del Moral / Maite Loureiro-Paula Noya (6-1, 7-6)
Rita del Moral-Malena Mieres / Sonia Méndez-Laura Costa (6-3, 6-1)

SEXTA XORNADA

4ª CATEGORÍA MASCULINA

Narón (sábado 27, 12,00)
PADEL AS PONTES “A” – PADEL BYFIT NARÓN “A” (Grupo 4º)
Lugo (domingo 28, 11,30)
PEOPLE PADEL TEAM LUGO – PADEL AS PONTES “B” (Grupo 6º)

3ª CATEGORÍA FEMININA (Grupo 6º)

Lugo (sábado 27, 13,00)
SOMOS PADEL – PADEL AS PONTES FEMININO

Nova cortesía de A.F.

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2015/16 (13ª Xornada)

Despois de tres semanas volveu a competición de fútbol de veteranos coa disputa da 13ª xornada, na que se rexistraron resultados normais. Salientar a terceira vitoria de MMYPEM sobre Farmavida. As Pontes 74 non se presentou ó encontro que o enfrontaba a Bar Xardín, a quen se lle deu por gañado o partido por 3-0.

Segue liderando a clasificación de goleadores Iván Ferreiro (Mobles Eume) con 21 goles, superando en doce a Cazás (que totaliza 9) e trece sobre Fernández, con 8 goles marcados.

Polo mal tempo non se disputou a décimo segunda xornada, quedando aprazada para o 9 e 10 de abril.

Interesante choque o vindeiro domingo 28 (12,00) entre o primeiro e o segundo clasificados. De gañar o Santaballés colocaríase de primeiro por mellor coeficiente particular con Mobles Eume. Na primeira volta, vitoria por 0-1 de Santaballés.

13ª XORNADA 20-21 / Febreiro / 2016

MMYPEM – Farmavida  (3-2) Luis, Juan e Jenucho / Mel e Alberto
Electricidad J&O  –  Mobles Eume   (0-2) Iván Ferreiro
Bar Xardín  –  As Pontes 74   (3-0) Non presentado As Pontes 74
Santaballés – Galiorient    (4-1) Chucho (2), Diego e Rivas / Geluco
La Galaxia  –  A Cepa    (6-0) Óscar (2), Sito (2), Nené e Juan

CLASIFICACIÓN

PUNTOS
 MOBLES EUME 31
 SANTABALLÉS 28
 BAR XARDÍN 23
LA GALAXIA 21
AS PONTES 74 18
GALIORIENT 14
FARMAVIDA 14
MMYPEM 11
A CEPA  7
10º  ELECTRICIDAD J&O  1

GOLEADORES

IVÁN FERREIRO  (M. Eume) 21
CAZÁS  (Bar Xardín) 9
FERNÁNDEZ  (A Cepa) 8
VALÚ  (Santaballés) 6
PAZ  (As Pontes 74) 6
JUAN CANOSA (La Galaxia) 6
SUSITO (Santaballés) 5
FONTAO  (La Galaxia) 5
IVÁN  (Bar Xardín) 5

14ª XORNADA 27-28 / Febreiro / 2016
As Pontes 74  – Electricidad J&O   (Sáb.  27,  19:00 h)
La Galaxia – MMYPEM   (Sáb. 27,  20:00 h)
Bar Xardín – Galiorient    (Dom. 28,  10:00h)
A Cepa – Farmavida    (Dom. 28,  11:00 h)
Santaballés – Mobles Eume  (Dom. 28, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: