CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS  26-27-28/ FEBREIRO /2016

Nunha maratoniana xornada de partidos este sábado no Poboado, interesante choque de rivalidade na Terceira División entre o As Pontes e o Galicia de Mugardos.

Se non hai cambios de última hora, tódolos partidos disputaranse no campo do Poboado. Os afeccionados terán que esperar ás oito da noite para saber o resultado final do derbi entre As Pontes e Galicia de Mugardos.

Nestes momentos da liga os dous equipos están libres do descenso. O As Pontes é noveno con 38 puntos despois de dous partidos sen perder, mentres que o Mugardos está na décimo cuarta praza con 31 puntos logo de golear na casa ó Verín.

Ponteses e mugardeses enfrontáronse en campo pontés en catorce ocasións, con clara vantaxe para os de Mugardos, con 6 vitorias por tres do As Pontes e seis empates.

Na memoria de moitos afeccionados está aquela goleada por 0-5 do Galicia de Mugardos na tempada 1977/78 cando o entón Endesa estaba na categoría máis baixa da súa historia, a Segunda Rexional. Outra vitoria clara dos mugardeses foi un 1-4 na tempada 1980/81 en 1ª Rexional. Nos dous últimos enfrontamentos rexistráronse dous empates en Rexional Preferente. Empate a un gol no campo da Pedreira na primeira volta nesta tempada.

TERCEIRA DIVISIÓN  (27ª xornada)
C.D. AS PONTES  –  GALICIA SDC MUGARDOS
Campo do Poboado – As Pontes –  SÁBADO 27  (18,15 h)
ÁRBITRO:  GONZALO VILLANUEVA CARBALLO  (Pontevedra)

SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL
CD AS PONTES “B”  –  UD SOMOZAS “B”
Campo do Poboado  –  As Pontes  (Dom. 28,  16,30 h)

LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES  –  CCRD PERLÍO
Campo do Poboado  –  As Pontes  (Sáb.  27, 16,00 h)

LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
CD AS PONTES  –  CD SAN SADURNIÑO
Campo do Poboado  –  As Pontes  (Sáb.  27, 16,15 h)

LIGA CADETE COMARCAL – FERROL
AMISTADE MEIRÁS  –  CD AS PONTES 
Campo de Atios  –  Valdoviño  (Ven. 26, 17,00 h)

LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL
AMISTADE MEIRÁS  –  CD AS PONTES 
Campo de Atios  –  Valdoviño  (Ven. 26, 18,30 h)

LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL
SRD PORTUARIOS “B”  –  CD AS PONTES
Campo de Aneiros  –  Ferrol  (Sáb. 27, 10,00 h)
CD AS PONTES  “B”  –  R. SAN PEDRO “B”
Campo do Poboado  –  As Pontes  (Sáb. 27, 10,15 h)

LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL
CCRD PERLÍO  –  CD AS PONTES
Campo dos Pinares  –  Perlío  (Sáb. 27, 12,15 h)
CD AS PONTES  “B”  –  CD NARÓN
Campo do Poboado  –  As Pontes  (Sáb. 27, 11,25 h)

LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL
RACING FERROL  –  CD AS PONTES
Campo da Malata  –  Ferrol  (Sáb. 27, 12,00 h)
SD BARALLOBRE  –  CD AS PONTES  “B”
Campo do Ramo  –  Barallobre  (Sáb. 27, 11,30 h)

CATEGORÍA BIBERÓN (Liga Afaco)
CD AS PONTES  –  CULTURAL MANIÑOS SD
Campo do Poboado – As Pontes  (Sáb. 27, 12,30 h)

Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

Primeira visita do Esteo a Asturias, concretamente á pequena vila de Boal (Bual en galego-asturiano), onde este sábado se enfrontará ó Futbol Sala Boal.

É o primeiro choque en terras asturianas. Lembrar que no pavillón da Fraga o resultado foi de 6-1 a prol do Esteo, un resultado un tanto enganoso, pois o partido estivo moi disputado, con cinco expulsados (un polo Esteo e catro do Boal), tres postes do equipo asturiano e tres goles locais no derradeiro minuto de xogo.

O Esteo leva dúas vitorias seguidas, ante Sala Ourense (0-4) e Atlético Benavente (2-1). Está na duodécima praza con 22 puntos a un do conxunto asturiano, que a anterior xornada perdeu en Alba de Tormes diante do Albense (4-3). É un equipo difícil de vencer na súa pista, onde conta cunha gran afección, pois dos nove partidos xogados só perdeu ante o Pizarras 3C (3-5) e Bembrive (3-4) e empatou co Noia (3-3).

SEGUNDA DIVISIÓN “B” FÚTBOL SALA (21ª)

F.S. BOAL – O ESTEO F.S.
Sábado 27 – Febreiro – 2016 (20,00 h)
Pavillón Municipal de Boal (Asturias)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: