CD As Pontes Feminino

CLUB RUGBY FENDETESTAS

Unha vez rematada a liga regular da segunda territorial galega, os catro primeiros clasificados disputan a fase de ascenso a partido único. Primeiro (Keltia Ourense) contra cuarto (Santiago) e segundo (Fendetestas) contra terceiro (Zalaeta).

O Fendetestas xoga este sábado no Monte Medulio contra ó Zalaeta. De gañar disputará a final contra o vencedor da outra eliminatoria (Keltia Ourense-Santiago RC) e o vencedor ascenderá á Liga Galega. O perdedor disputará unha eliminatoria a dobre partido contra o penúltimo clasificado da Primeira Galega.

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA DE RUGBY

C.R. FENDETESTAS – C.D. ZALAETA
Sábado 5 – Marzo – 2016 (16,30 h)
Campo Monte Medulio (As Pontes)

Nova cortesía de A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES PARTIDOS 4-5-6/ MARZO /2016

O As Pontes visita este domingo ó Ordes, equipo necesitado de puntos, pois nestes momentos ocupa posto de descenso.

Os ordenses, que veñen de gañar dous partidos, perder na casa ante Bouzas e empatar na anterior xornada no campo do Verín, precisan os puntos para saír da perigosa situación. Pola súa banda, o As Pontes (8º), con 7 puntos máis, quere asegurar canto antes a permanencia un ano máis na Terceira División. Polo tanto, un partido no que se pode dar calquera resultado.

O Ordes é o equipo ó que máis vences se enfrontou en competición oficial o As Pontes. A falta do partido do vindeiro domingo, en 47 ocasións se enfrontaron os dous equipos. No Poboado, 24 participacións, con 15 vitorias pontesas, catro do Ordes (a última esta tempada por 0-1) e cinco empates. No terreo de xogo ordense, 23 foron os enfrontamentos, con igualdade en vitorias, nove para cada un, e cinco empates. No cómputo global, o As Pontes marcou 88 goles por 59 o Club Ordes.

TERCEIRA DIVISIÓN (27ª xornada)
S.D. CLUB ORDES – C.D. AS PONTES
Campo de Vista Alegre – Ordes – Domingo 6 (17,00 h)
ÁRBITRO: ANTONIO LEIRAS MARTÍNEZ (Lugo)

SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL
CD AS PONTES “B” – UD CEBARCA
Campo de Pardiñas – As Somozas (Dom. 6, 12,00 h)

LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL
CF ENSANCHE – CD AS PONTES
Campo da Gándar-1 – Ferrol (Sáb. 5, 18,00 h)

LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
CD AS PONTES – CD SAN SADURNIÑO
Campo da Piscina – San Sadurniño (Ven. 4, 22,00 h)

LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
CULTURAL MANIÑOS – CD AS PONTES
Campo dos Pinares – Perlío (Sáb. 6, 10,30 h)

LIGA CADETE COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES – CCRD PERLÍO
Campo de Pardiñas – As Somozas (Sáb. 5, 16,30 h)

LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL
GALICIA CARANZA “B” – CD AS PONTES
Campo de Caranza – Ferrol (Sáb. 5, 18,00 h)

LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – SD O VAL
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 5, 10,15 h)
EFB AMISTADE MEIRÁS – CD AS PONTES “B”
Campo de Atios – Valdoviño (Ven. 4, 17,00 h)

LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL
SRD PORTUARIOS “B” – CD AS PONTES
Campo de Aneiros – Ferrol (Ven. 4, 20,00 h)
CD AS PONTES “B” – GALICIA MUGARDOS “B”
Campo do Poboado – As Pontes (Ven. 4, 17,30 h)

LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 5, 12,35 h)
CD AS PONTES “B” – GALICIA DE CARANZA
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 5, 11,25 h)

Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo visita Pontevedra por terceira vez na súa historia, onde se enfrontará ó Leis en partido da Segunda División B de fútbol sala.

Os pontevedreses empataron a anterior xornada na casa do Atlético Benavente. Ocupan a quinta praza con 34 puntos, nove máis có Esteo, que leva tres vitorias seguidas o que lle permite seren décimo na clasificación. Que dúbida cabe, que sacar un resultado positivo serviralles ós ponteses afianzarse na metade da clasificación para seguir asegurando pouco a pouco a permanencia na categoría.

Nas anteriores visitas á capital do Lérez, vitoria clara do Esteo por 2-7 na tempada 2012/13 e empate a un gol a pasada campaña. Nas Pontes unha vitoria do Leis por 1-4 (2012/13) e dúas vitorias do Esteo, 6-2 na tempada pasada, e 6-4 na primeira volta do presente campionato.

SEGUNDA DIVISIÓN B FÚTBOL SALA (22ª)

LEIS PONTEVEDRA F.S. – O ESTEO F.S.
Sábado 5 – Marzo – 2016 (17,30 h)
Pazo Municipal dos Deportes (Pontevedra)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: