CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 11-12-13/ MARZO /2016

O As Pontes, que non anda nada fino neste treito da liga, recibe este domingo no Poboado ó Verín. Ó seguinte domingo vén Rápido de Bouzas.

O cadro ourensán –fundado en 1971- volve a As Pontes despois de que o fixera por última vez na tempada 2001/02, tamén en 3ª División. Naquela ocasión gañara por 0-1. O outro partido oficial foi na tempada anterior con vitoria do As Pontes por 3-1, quen tamén gañou (0-2) na primeira volta do presente campionato. Os verineses non gañan dende o pasado 3 de xaneiro, cando venceran en Carballo por 0-1 ó Bergantiños, logrando neste tempo 5 empates e 4 derrotas.

Trala súa derrota en Ordes o pasado domingo, o As Pontes baixou un posto na clasificación. É undécimo con 37 puntos, os mesmos que ten o Negreira. Está a nove puntos do descenso directo e a cinco dun descenso por arrastre. De aí que os tres puntos son de vital importancia para os dous equipos, en especial para o Verín.

TERCEIRA DIVISIÓN (29ª xornada)
C.D. AS PONTES – VERÍN C.F.
CAMPO DO POBOADO – AS PONTES – Domingo 13 (17,00 h)
ÁRBITRO: ALEXANDRE LÓPEZ VILA (A Coruña)

SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES “B”
Campo de Prados Vellos – Ares (Dom. 13, 16,30 h)

LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES – NUMANCIA DE ARES
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 12, 16,30 h)

LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
CD AS PONTES – CD CARIÑO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 12, 16,30 h)

LIGA CADETE COMARCAL – FERROL
GALICIA CARANZA “B” – CD AS PONTES
Campo de Caranza – Ferrol (Ven. 11, 17,30 h)

LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES – RACIN DE FERROL “B”
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 12, 11,00 h)

LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 12, 10,15 h)
EUME DEPORTIVO “B” – CD AS PONTES “B”
Campo da Gándara – Pontedeume (Sáb. 12, 12,00 h)

LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – CD CARIÑO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 12, 11,25 h)
RACING FERROL “D” – CD AS PONTES “B”
Campo da Malata-2 – Ferrol (Sáb. 12, 13,15 h)

LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL
SDCR O FREIXO NARÓN – CD AS PONTES
Campo de Río Seco – Narón (Sáb. 12, 12,10 h)
CD AS PONTES “B” – RACING FERROL “D”
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 12, 12,35 h)

Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo, despois de dúas saídas seguidas, volve a xogar no pavillón da Fraga fronte ó conxunto coruñés do Ventorrillo.

Os ponteses levan catro xornadas sen perder, con tres vitorias e un valioso empate a xornada anterior na casa do Leis de Pontevedra. Sen embargo, nas Pontes ninguén as ten consigo, pois na mente dos afeccionados está o estrepitoso resultado da anterior tempada, na que o cadro coruñés endosoulle ó Esteo, na penúltima xornada de liga, a segunda derrota máis avultada da súa historia, nada máis e nada menos que 5-10. O Ventorrillo acadara así a única vitoria da liga e descendera de categoría como derradeiro clasificado. Pero, foi repescado para a presente campaña.

E por se isto non fora pouco, o Ventorrillo nunca perdeu no pavillón da Fraga. Gañou 6-7 (2010/11), empatou (3-3 e 2-2) nas tempadas 2011/12 e 2013/14 e venceu a pasada campaña polo sinalado 5-10. Na anterior xornada gañou por un claro 8-2 ó Atlético Benavente. Ocupa a décima posición con dous puntos máis có Esteo (11º).

SEGUNDA DIVISIÓN B FÚTBOL SALA (23ª)

O ESTEO F.S. – U.V. VENTORRILLO F.S.
Sábado 12 – Marzo – 2016 (18,00 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de AF

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: