CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES

PARTIDOS  18-19-20/ MARZO /2016 

A punto de cumprirse os 50 anos en que o Rápido de Bouzas visitou por primeira vez o campo do Poboado. Naquel primeiro partido oficial en campo pontés o entón Calvo Sotelo vencera ós vigueses por 2-1.

Nos once enfrontamentos anteriores o conxunto da Real Vila de Bouzas nunca gañou no Poboado. Na estatística rexístranse 7 vitorias pontesas e catro empates, sendo o triunfo máis importante na tempada 1967/68, na que o Calvo Sotelo gañara a Copa de Galicia ó vencer nos dous partidos da final, en As Pontes por 3-1 e en Vigo por 1-2.

No partido de volta en campo vigués (7 de xullo de 1968) o Calvo Sotelo aliñara a Leal, Miguel, Ordáx, Javi, Celso Roca, Pichi, Calpita I, Linitos, Vivero, Molowny (autor dos dous goles) e Vidal. O Calvo Sotelo, que quedou exento da primeira rolda, eliminara nas seguintes ó Arsenal de Ferrol, Arenteiro do Carballiño e CD Lugo.

Esta tempada no Baltasar Pujales vitoria por 1-0 do Rápido de Bouzas, que ocupa a sexta posición na clasificación con tres puntos máis (43) có As Pontes (40), que é noveno.


TERCEIRA DIVISIÓN  (30ª xornada)

C.D. AS PONTES  –  RÁPIDO DE BOUZAS

CAMPO DO POBOADO – AS PONTES –  SÁBADO 19  (18,00 h)

ÁRBITRO:  JOSÉ MANUEL CIVES ENJO  (A Coruña)

SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL

CD AS PONTES “B”  –  CULTURAL MANIÑOS

Campo do Poboado  –  As Pontes  (Dom. 20,  16,30 h) 

LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL

SD ÁNIMAS  –  CD AS PONTES

Campo da Gándara 1 – Ferrol  (Sáb.  19, 11,30 h) 

LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL

CD NARÓN  –  CD AS PONTES

Campo do Cadaval  –  Narón  (Sáb. 19, 20,30 h)

LIGA CADETE COMARCAL – FERROL

CD AS PONTES  –  NUMANCIA DE ARES 

Campo do Poboado  –  As Pontes  (Sáb.  19, 16,00 h) 

LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL

CD AS PONTES  –  EUME DEPORTIVO

Campo do Poboado  –  As Pontes  (Sáb. 19, 11,00 h) 

LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL

CCRD PERLÍO  –  CD AS PONTES

Campo dos Pinares  –  Perlío  (Sáb. 18, 18,30 h)

CD AS PONTES  “B”  –  CD SAN SADURNIÑO

Campo do Poboado  –  As Pontes  (Sáb. 18, 10,15 h)

LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL

CD AS PONTES  –  GALICIA DE CARANZA

Campo do Poboado – As Pontes  (Sáb. 19, 11,25 h)

O FREIXO NARÓN “B”  –  CD AS PONTES  “B”

Campo de Río Seco  –  Narón (Sáb. 19, 12,10 h) 

LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL

CD AS PONTES  –  GALICIA DE CARANZA “C”

Campo do Poboado  –  As Pontes  (Sáb. 19, 12,35 h)

SD O VAL “B”  –  CD AS PONTES  “B”

Campo de Sinde  –  O Val  (Ven. 18, 18,00 h) 

CATEGORÍA BIBERÓN (Liga Afaco)

CD AS PONTES  –  NUMANCIA DE ARES

Campo do Poboado – As Pontes  (Ven., 18,00 h)

LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL   (partido aprazado)

CD AS PONTES  “B”  –  RACING DE FERROL “C”

Campo do Poboado  –  As Pontes (Mar. 22, 18,00 h)

 

Nova de AF

O ESTEO FUTBOL SALA

Partido de vital importancia para o Esteo na localidade leonesa de Cistierna, onde este sábado se enfrontará ó titular desta localidade da Montaña Oriental de León.

O cadro de As Pontes veu truncada a súa racha de bos resultados a pasada xornada ante o Ventorrillo, equipo que gañou con todo merecemento no pavillón da Fraga, tras unha pésima segunda parte do conxunto pontés. O cadro coruñés cumpriu coa historia, segue sen perder no pavillón da Fraga.

Pola súa banda, o Cistierna, que naceu en 1984 como Cafetería Hollywood e dende 1992 coa denominación actual, vén de perder en Benavente na anterior xornada e momentaneamente ocupa praza de descenso con catro puntos menos có Esteo, que é undécimo. De aí que os puntos son de suma importancia para os dous equipos.  Na primeira volta rexistrouse empate a dous goles en pista pontesa e na anterior visita a Cistierna o resultado foi de empate a cinco goles.

 

SEGUNDA DIVISIÓN B FÚTBOL SALA (24ª)

 C.D. CISTIERNA F.S.  –  O ESTEO F.S.

Sábado 19 – Marzo – 2016 (18,30 h)

Pavillón Municipal de Cistierna  (León)

 

Nova de AF

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s