CD As Pontes Feminino

1919174_1690222527894504_2957242939047400065_n

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – CLUB RÁPIDO DE BOUZAS 2

O Bouzas durme en postos de play off e o As Pontes volve a complicarse a vida

O equipo vigués da vila de Bouzas logrou no último suspiro a súa primeira vitoria en encontro oficial no Poboado ante a desesperación da sufrida parroquia local. Anteriormente, sete triunfos locais e catro empates, o máis sonado, o mítico 3-1 e 1-2 que deu a Copa de Galicia ós azuis en 1968.

O As Pontes comezou apretando, e Cañizares, a centro de Samu, estivo a piques de cabecear a gol (15´). Non se lle escapou na seguinte, cando tras outro servizo de Samuel, non despexa o suficiente Ríos, e atento Cañi remata ó fondo das mallas (19´).

Logo a tivo Bossa cun forte disparo que despexou apurado o guardamallas olívico (23´). O As Pontes, pese a non poder xogar cun dianteiro centro de referencia polas circunstancias (Amado deixou o equipo por motivos laborais, Pardo leva varias semanas lesionado e Santi tiña molestias), creaba moito perigo por bandas e ata tivo varias faltas ó borde da área que non conseguiu aproveitar. A máis perigosa, unha que lanza rasa Cañizares e toca o xusto Ríos para desviar a córner (26´).

De pouco lle serviu ó cadro local, pois tras unha falta innecesaria, un xogador desvía a bola coa man dentro da área e o posterior penalti marcao Gabi Misa na única aproximación dos vigueses en todo o primeiro período (39´). Empataba o ex internacional español sub17 que a piques estivo de xogar o Europeo da categoría que gañaron Thiago, Canales, Romeu, Montoya, Planas, Keko e Rochina, entre outros, en Turquía 2008.

Nos segundos 45 minutos presionou máis o conxunto de Bouzas, con mellor físico, aínda que non se crearon grandes ocasións. Nun bo remate de Miki, mete a perna o xusto Alex para que o balón marche a córner lamendo o pau (48´). Xa cara o final, un balón pasease pola área local, sen Marcos na porta, despexando con apuros Alex (85´).

Pero incomprensiblemente o cadro local perdeu moitos balóns no medio campo ó longo do encontro, que propiciaban as contras viguesas, e preto do final Souto aproveitou unha para facer o 1-2 definitivo tras fusilar a Marcos (88´), e deixa ós de Xurxo Otero con 46 puntos en postos de play off, aínda a pesar de ter os locais dúas faltas ó borde da área nos pés de Edi no desconto, pero non conseguiron salvar un punto.

Queda preocupada a parroquia local, con 40 puntos, con unha inminente visita ó líder Boiro, e pechando o campionato con unha triloxía que asusta, Vilalbés, Cerceda e Deportivo B, necesitando 47 para poder salvarse.

CD As Pontes. Marcos, Hugo, Alex, Nano, Dani, Adrián (Edi 67´), Óscar (Pablo Ramos 31´- Pablo Domínguez 75´), Bossa, Samu, Cañi, Toni.

Club Rápido de Bouzas. Sergio Ríos, Pablo, Coti, Portas, Benavides, Sergio Santos (Iago Pérez 60´), Miki, Gabi Misa, Oki, Vilas (Gustavo Souto 71´), Marcos (Youssef 78´).

Goles: 1-0, Cañizares (19´), 1-1, Gabi Misa, de penalti (39). 1-2, Gustavo Souto (88´).

Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores, en tarde soleada. Retiráronse con molestias os dous irmáns Martínez Rodríguez.

Árbitro. Jose Manuel Cives Enjo (A Coruña). Auxiliado por Reborido Rodríguez e Belmonte Martell. Amoestou a Adrián, Bossa, Pablo Domínguez, Benavides, Santos, Oki e Souto.

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 001_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 005_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 010_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 013_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 019_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 030_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 040_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 051_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 052_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 054_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 061_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 062_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 066_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 070_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 072_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 074_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 075_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 077_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 087_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 091_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 093_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 094_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 098_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 099_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 104_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 106_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 107_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 109_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 110_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 114_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 118_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 121_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 122_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 123_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 125_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 127_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 137_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 142_3110x2074

As Pontes-Rápido de Bouzas 19-03-2016 3ª División 143_3110x2074

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

O Esteo-Ventorrillo 12-03-2016 2ª Div. B 034_3110x2074

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: CISTIERNA FS – O ESTEO F.S.  (8-3)

O Esteo foi goleado por un equipo en postos de descenso, e debe gañar ó Xove.

Contundente derrota de O Esteo na súa visita a Cistierna ante un rival directo (8-3). Ao descanso chegouse con empate a 1-1 pero no segundo tempo os de Castela León vapulearon ós ponteses.

O Esteo é undécimo con 26 puntos, tan só un por riba do teórico terceiro descenso, que marca precisamente o leonés Cistierna (25), que ten o goal average a favor. Algo máis descolgados, Sala Ourense (20) e Bueu (13).

No próximo partido deberán gañar si ou si ó décimo clasificado, Xove, que ten en Manu Jiménez ó máximo goleador da categoría.

Cistierna: Viti, Julio, Jesús, Cristian, David – cinco inicial – Aitor, Samuel, Javi Fernández.

O Esteo: Javichu, Bertito, Gerardo, Héctor, Ayala – cinco inicial – Tucho, Fran, Alberto.

Árbitros: José Antonio Cañas Cañas, Francisco Zarazuela Hernando. Sara Andrés López (Castela e León). Amoestaron a Jesús, David, Javichu, Bertito, Gerardo e Héctor.

Goles: Min. 2 (0-1), Bertito. Min. 7 (1-1), Cristian. Min. 21 (2-1), Julio. Min. 23 (3-1), Samuel. Min. 28 (4-1), David. Min. 32 (5-1), Samuel. Min. 33 (5-2), Ayala, Min. 34 (5-3), Bertito. Min. 35 (6-3), Jesús. Min. 36 (7-3), David. Min. 37 (8-3), Cristian.

Incidencias: Pavillón Municipal de Cistierna (León). Uns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

futbol-1-640x360

CATRO PONTESES NA FASE FINAL DO TORNEO DE SELECCIÓNS COMARCAIS EN FERROL

As semifinais e finais serán este mércores en Caranza e na Gándara.

As seleccións de Ferrol xogarán este mércores 23 a fase final do Torneo galego de Seleccións Comarcais, e faránno na cidade departamental.

Os tres conxuntos clasificados xogarán as semifinais, e están convocados os ponteses Andrea Montero, Paula Bellas, Carolina Paz e Alejandro López.

A Alevín Masculina xogará ás 11:00 con Vigo en Caranza, e a outra semifinal será Santiago-Pontevedra.

A Alevín Feminina tamén xogará contra Vigo ás 12:00 en A Gándara. A outra semifinal Coruña-Santiago

A sub14 feminina xogará ás 11:00 contra Pontevedra tamén na Gándara, mentres o outro enfrontamento será Coruña-Vigo.

Por último, os enfrontamentos sub14 masculinos, en Caranza, serán Coruña-Vigo e Lugo Pontevedra. Nesta categoría a selección departamental de Dani Silva perdera na primeira fase.

As finais serán pola tarde.

Sub14 Feminina

EF Racing de Ferrol: Nora Pérez, Alba Permuy, Carolina Senra

SCDR Galicia de Caranza: Paula Marcos, Carla San Emeterio

CD Narón: Sara De la Fuente, Jennifer Florencio

SRD Portuarios: Andrea Agulló, Antía Delgado

CD San Sadurniño: Yaiza González, Aldara Pérez

SD O Val: Jessica Carro

SCDR Ánimas: Eva Fernández

SDC Galicia de Mugardos: Sofía Martínez

SD Rápido de Neda: Alessandra Pérez

CD Cariño: Beatriz Vila

SD Barallobre: Uxía Cabada

CD As Pontes: Andrea Montero Peteira

Sub12 Masculina

SCDR Galicia de Caranza: Edgar Pardavila, Mathias Maidana, Borja Blanco

EFR Ferrol: Alejandro González, Iker Fernández

Eume Deportivo: Aike Cachafeiro, Daniel Arias

Racing San Pedro: Mario González, Semanegn Díaz

SRD Portuarios: Aarón Salgueiro

SCDR Ánimas: Daniel Manso

CD Narón: Pedro Martínez

SD O Val: Iago Fernández

Galicia de Mugardos: Yago Rivera

SD Cedeira: Vicente Rodríguez

CD As Pontes: Alejandro López Fernández

Sub12 Feminina

SRD Ánimas: Valeria Filgueira, Alba Platas

Eume Deportivo: June Moreno, Ainhoa Tenreiro

Cedeira SD: Lucía Bellón, Marina Caneiro

SDCR O Freixo: Lucía Rivas, Laura Testa

CD As Pontes: Paula Bellas Ruiz, Carolina Paz Ramudo

SCDR Galicia de Caranza: Aroa González

SRD Numancia de Ares: Martina Oliveira

CD Cariño: Ania Rodríguez

CD San Sadurniño: Judith González

UD Cebarca: Cecilia González

SD Barallobre: Sabela López

Nova cortesía de Xose Ferreiro

FINAL DA FASE DE ASCENSO A PRIMEIRA. KELTIA OURENSE RUGBI 15 – FENDETESTAS RC 5

O Fendetestas perdeu a final da fase de ascenso á Primeira Territorial Galega, pero púxolle moi complicadas as cousas ó Keltia de Ourense, que vencera con contundencia os once encontros anteriores, incluido un 0-24 en As Pontes e un 30-0 en casa.

O conxunto pontés impediu os ensaios do cadro ourensán, que aínda así, con tres golpes de castigo transformados, marchou ó descanso 9-0, e con outro posterior poñíase 12-0. Un ensaio de Álvaro metía ós verdes no partido, 12-5, pero un quinto golpe de castigo transformado polos locais, por medio do seu especialista, o arxentino Juan Franco Porcu, situou o 15-5 defintivo dando un merecido ascenso os ourensáns que completaron o pleno de 12 triunfos en 12 partidos.

Agora ó Fendetestas conrrespóndelle xogar en abril co gran CR Coretti Lalín, penúltimo clasificado da Primeira, por un posto nesta categoría. Os ourensáns ocuparán o lugar do Muralla de Lugo, que baixa de categoría.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

As Pontes-Gª Caranza C 19-03-2016 Prebenxamín A 038_3110x2074

CLUB DEPORTIVO AS PONTES:

RESULTADOS 18-19-20 / MARZO / 2016

Mala xornada na que o As Pontes queda a cinco puntos dos postos de arrastre, tendo que visitar ó líder Boiro, aínda que debe agradecer as derrotas caseiras de Ribadumia e Ordes. Do lado positivo, o cadete sácalle dous puntos ó Portuarios, gaña o equipo feminino e xuvenil, e o Benxamín A afianza o liderado.

SEGUNDA AUTONÓMICA GALEGA (Ferrol)

CD AS PONTES “B”  –  CULTURAL MANIÑOS SD (0-5)

Arrasou o líder Maniños na súa visita ó segundo equipo pontés (0-5), con tantos de Yerai, Daniel, Diego (2) e Ignacio. Os de Fene seguen líderes con 43 puntos por 16 dos azuis, novenos, que visitan ó Ortigueira, undécimo e antepenúltimo con 8. Xogaron Cristian, Gonza, Manu, Darío, Jandro, Totti, Criado, Juan, Marcos, Pablo, Rubén, saíndo despois Lucho, Diego, e Alejandro.

As Pontes B-Cultural Maniños 20-03-2016 2ª Rexional 013_3110x2074

As Pontes B-Cultural Maniños 20-03-2016 2ª Rexional 021_3110x2074

As Pontes B-Cultural Maniños 20-03-2016 2ª Rexional 022_3110x2074

As Pontes B-Cultural Maniños 20-03-2016 2ª Rexional 027_3110x2074

As Pontes B-Cultural Maniños 20-03-2016 2ª Rexional 038_3110x2074

As Pontes B-Cultural Maniños 20-03-2016 2ª Rexional 039_3110x2074

As Pontes B-Cultural Maniños 20-03-2016 2ª Rexional 056_3110x2074

As Pontes B-Cultural Maniños 20-03-2016 2ª Rexional 058_3110x2074

As Pontes B-Cultural Maniños 20-03-2016 2ª Rexional 068_3110x2074

As Pontes B-Cultural Maniños 20-03-2016 2ª Rexional 089_3110x2074

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)

CD NARÓN  –  CD AS PONTES (0-1)

Moi bo triunfo do feminino en Narón (0-1). Mantéñense sextas con 47 puntos antes de visitar ó Rápido de Neda, oitavo.

Xogaron Leti, Yolanda, Uxía, Nuria, Indira, Noelia Ameneiro, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yaiza e Alba.

Un solitario tanto de Yaiza, o sexto da tempada, no primeiro tempo, deu os tres puntos.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)

SD ÁNIMAS  –  CD AS PONTES (2-3)

Sufrida vitoria do xuvenil na casa do décimo clasificado Ánimas, 2-3, co que os de Felipe Mieres suman 35 puntos, por 39 de Numancia e 37 de Portuarios. Na vindeira xornada reciben ó Cedeira, sexto.

Xogaron Lino, Iago, Jorge Rodríguez, Alex Cabarcos, Alex Blanco, Brais Blanco, Xose, Iván, Ayrton, Casas, Andrés e despois Antón, Manuel, Nahúm, Jandro e Rey.

Marcaron Andrés, Alex Blanco e Xose, pero dous goles preto do final de Rubén, fixeron perigar os tres puntos.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)

CD AS PONTES  –  SDR NUMANCIA DE ARES (4-1)

Boas novas do Cadete, que gañou 4-1 ó Numancia, pero sobre todo, empatou o Portuarios ante o R. San Pedro (1-1), co que os de Iván Rodríguez se sitúan líderes con 44 puntos por 42 dos ferroláns, tendo unha compricada saída ante o CD Narón B, cuarto.

Xogaron Andrei, Cazás, David, Sergio, Bruno, Pani, Carlos, Javi, Chema, Alberte e Mateo, xogando despois Germán, Alex Barro, Alex López, Diego e Manuel.

Adiantáronse os visitantes pero os goles de Cazás e Carlos antes do descanso e os posteriores de Javi e David deron os tres puntos.

As Pontes-Numancia Ares 19-03-2016 Cadete 016_3110x2074

As Pontes-Numancia Ares 19-03-2016 Cadete 024_3110x2074

As Pontes-Numancia Ares 19-03-2016 Cadete 036_3110x2074

As Pontes-Numancia Ares 19-03-2016 Cadete 039_3110x2074

As Pontes-Numancia Ares 19-03-2016 Cadete 041_3110x2074

As Pontes-Numancia Ares 19-03-2016 Cadete 044_3110x2074

As Pontes-Numancia Ares 19-03-2016 Cadete 047_3110x2074

As Pontes-Numancia Ares 19-03-2016 Cadete 050_3110x2074

As Pontes-Numancia Ares 19-03-2016 Cadete 055_3110x2074

As Pontes-Numancia Ares 19-03-2016 Cadete 077_3110x2074

PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL (D. Ferrol)

CD AS PONTES  –  EUME DEPORTIVO (0-7)

Dado que esta semana non había competición, o infantil xogou este sábado o partido correspondente á decimosétima e penúltima xornada, perdendo 0-7 contra o líder Eume, que afianza o seu liderado con 40 puntos, trece triunfos por un empate, e case sentencia a Liga pois o Amistade de Meirás, segundo, ten 28. Xogaron Juan, Nono, Eyob, Santi, Antonio, Dani, Adrián, Joan, Vicente, Xan, Eloy e despois Xavi, Mohamed, Iván, Alejandro e Edgar. Os de Pontedeume adiantáronse no primeiro tempo con gol de Pablo e xa no segundo golearon con catro tantos de Adrián e dous de Borja. Oitavos os azuis con 9 puntos, visitarán ó Perlío, colista con 5.

As Pontes-Eume Dep. 19-03-2016 Infantil 001_3110x2074

As Pontes-Eume Dep. 19-03-2016 Infantil 002_3110x2074

As Pontes-Eume Dep. 19-03-2016 Infantil 004_3110x2074

As Pontes-Eume Dep. 19-03-2016 Infantil 006_3110x2074

As Pontes-Eume Dep. 19-03-2016 Infantil 009_3110x2074

As Pontes-Eume Dep. 19-03-2016 Infantil 012_3110x2074

As Pontes-Eume Dep. 19-03-2016 Infantil 018_3110x2074

As Pontes-Eume Dep. 19-03-2016 Infantil 024_3110x2074

As Pontes-Eume Dep. 19-03-2016 Infantil 025_3110x2074

As Pontes-Eume Dep. 19-03-2016 Infantil 041_3110x2074

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)

CCRD PERLÍO “B”  –  CD AS PONTES (1-4)

CD AS PONTES  “B”  –  CD SAN SADURNIÑO (3-3)

Vitoria do Alevín A 1-4 ante o Perlío B. Seguen terceiros con 24 puntos, a un de Perlío e catro de Eume. Dous goles de Xoel Purriños, un de Samuel Seco e outro en propia meta. Reciben ó Cedeira, sexto. Paso atrás do Alevín B, que empatou na casa 3-3 co San Sadurniño, sétimo clasificado, desaproveitando un 2-0 e 3-1, e descólgase ata a terceira praza, pois os seus rivais Neda (30) e Eume B (28) non fallaron. Con 26 visitan ó Libunca, noveno. Goles de Diego Purriños (2) e Alex Montero.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)

CD AS PONTES  –  SCDR GALICIA DE CARANZA (2-1)

O FREIXO NARÓN “B”  –  CD AS PONTES  “B” (1-4)

Gran triunfo do Benxamín A 2-1 ante o Galicia de Caranza, tantos de Anxo Blanco e Carlos Villasuso case no final. Son líderes con 31 puntos, por 28 de O Val C e 27 dos ferroláns. Precisamente terán un encontro clave de cara ó título, pois visitan o campo de Sinde a vindeira xornada. O Benxamín B gañou 1-4 ó Narón O Freixo B, poñéndose quinto con 16 puntos. Dous goles de Destaw Pellón, e un de Diego Lozano e Sergio Vázquez. Reciben ó colista Eume B.

As Pontes-Gª Caranza C 19-03-2016 Prebenxamín A 004_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza C 19-03-2016 Prebenxamín A 016_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza C 19-03-2016 Prebenxamín A 020_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza C 19-03-2016 Prebenxamín A 023_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza C 19-03-2016 Prebenxamín A 028_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza C 19-03-2016 Prebenxamín A 038_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza C 19-03-2016 Prebenxamín A 054_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza C 19-03-2016 Prebenxamín A 055_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza C 19-03-2016 Prebenxamín A 059_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza C 19-03-2016 Prebenxamín A 064_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza C 19-03-2016 Prebenxamín A 071_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza C 19-03-2016 Prebenxamín A 075_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza C 19-03-2016 Prebenxamín A 081_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza C 19-03-2016 Prebenxamín A 089_3110x2074

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)

CD AS PONTES  –  SCDR GALICIA DE CARANZA “C” (2-0)

SD O VAL “B”  –  CD AS PONTES  “B” (2-6)

Bo triunfo do Prebenxamín A, 2-0, ante o Caranza C, Diego Solano e Xalo González, co que se manteñen terceiros no grupo dos mellores con 23 puntos. Próxima partido ante o líder Neda (32), que xa gañou os tres enfrontamentos anteriores nesta tempada. Vitoria do Prebenxamín B 2-6 ante O Val B. Son terceiros con 32 puntos, antes de recibir ó Ánimas B, segundo con 33, lonxe dos 39 do Barallobre. Goles de Lucas Blanco, Nacho Villasuso, Xalo Cebreiro, Íker Ares, Alex Basanta e un en propia meta.

As Pontes-Gª Caranza 19-03-2016 Benxamín A 046_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza 19-03-2016 Benxamín A 058_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza 19-03-2016 Benxamín A 062_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza 19-03-2016 Benxamín A 071_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza 19-03-2016 Benxamín A 084_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza 19-03-2016 Benxamín A 098_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza 19-03-2016 Benxamín A 105_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza 19-03-2016 Benxamín A 118_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza 19-03-2016 Benxamín A 121_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza 19-03-2016 Benxamín A 128_3110x2074

As Pontes-Gª Caranza 19-03-2016 Benxamín A 157_3110x2074

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

 

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2015/16 (17ª Xornada)

O Santaballés segue de líder na liga de fútbol de veteranos de As Pontes con 40 puntos, os mesmos que ten Mobles Eume, que é segundo por mellor coeficiente particular dos chairegos. Non hai variacións no resto da clasificación.

Nesta xornada destaca a apurada vitoria por 2-1 de Santaballés sobre Bar Xardín e as goleadas de Mobles Eume e Galiorient (con 4 goles de Tomás) sobre A Cepa e MMYPEM.

Por segunda vez no campionato, As Pontes 74 non se presentou a disputar o choque contra La Galaxia, polo que se lle dá por perdido por 3-0, aínda que debería ser sancionado con perda de puntos pola reiteración, circunstancia que ó parecer non está contemplada no regulamento da competición.

Restan dúas xornada por disputar para o remate da competición, a derradeira (18ª) máis a 12ª, que non se celebrou polo mal tempo; polo que o título está por decidir, aínda que Santaballés é o firme candidato, sempre e cando non pinche ante Farmavida ou Electricidad J&O e Mobles Eume gañe a Galiorient e MMYPEM.

17ª XORNADA 19-20 / Marzo / 2016

Electricidad J&O – Farmavida (Aprazado)
A Cepa – Mobles Eume (0-7) Iván (3), Rubén (2) e Luis (2)
Santaballés – Bar Xardín (2-1) Diego Soto (2) / Cascudo
Galiorient – MMYPEM (5-0) Tomás (4) e Manel
La Galaxia – As Pontes 74 (3-0) Non presentado As Pontes 74

CLASIFICACIÓN

1º SANTABALLÉS – 40 Puntos
2º MOBLES EUME – 40 Puntos
3º BAR XARDÍN – 32 Puntos
4º LA GALAXIA – 30 Puntos
5º GALIORIENT – 20 Puntos
6º AS PONTES 74 – 18 Puntos
7º FARMAVIDA (-1 partido) – 17 Puntos
8º MMYPEM – 11 Puntos
9º A CEPA – 10 Puntos
10º ELECTRICIDAD J&O (-1 partido) – 7 Puntos

GOLEADORES

IVÁN FERREIRO (M. Eume) – 27
JAVI (Bar Xardín) – 10
DIEGO (Santaballés) – 10
TOMÁS (Galiorient) – 10

18ª XORNADA 2-3 / Abril / 2016

Electricidad J&O – La Galaxia (Sáb. 2, 19,00 h)
Santaballés – Farmavida (Sáb. 2, 20:00h)
MMYPEM – Bar Xardín (Dom. 3, 10:00 h)
As Pontes 74 – A Cepa (Dom. 3, 11:00 h)
Galiorient – Mobles Eume (Dom. 3, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: