CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES

PARTIDOS  23-24-26-27/ MARZO /2016 

A derrota no derradeiro suspiro o pasado domingo ante o Rápido de Bouzas complicoulle a situación ó CD As Pontes, que agora está a tan só cinco puntos do descenso por arrastre.

O cadro das pontes necesita cando menos 47 puntos para asegurar a permanencia na categoría. Con trinta xornadas disputadas conta con 40 e quédalle un calendario un tanto complicado. Xoga fóra contra Boiro (1º), o vindeiro domingo, Ribadeo (17º), Noia (19º) e Cerceda (3º) e recibe no Poboado a Arousa (8º), Alondras (11º), Racing Vilalbés (5º) e Deportivo B (4º).

O líder Boiro será o primeiro escollo para os ponteses. É líder en solitario con 4 puntos sobre o Choco. A esta dificultade hai que engadir a que Bossa, Pablo Domínguez e Adrián Martinez son baixa por sanción.

Esta será a 17ª visita a Barraña, onde o As Pontes gañou en tres ocasións, dúas en 3ª  División (85/86 e 86/87) e unha en Preferente (2004/05). Os demais enfrontamentos foron tres empates e dez derrotas. Na presente tempada gañou claramente no Poboado por 4-2) despois de realizar un gran partido.

Ó non haber competicións de liga, esta semana é aproveitada para disputar as semifinais de copa. O cadro xuvenil enfróntase ó Portuarios este xoves 24 e o sábado 26, mentres que o equipo cadete só disputa a ida en Pontedeume este mércores 23. Os demais equipos participan en diversos torneos e varias localidades.

 


TERCEIRA DIVISIÓN  (31ª xornada)

C.D. BOIRO  –  C.D. AS PONTES

CAMPO DE BARRAÑA – BOIRO –  DOMINGO 27  (18,00 h)

ÁRBITRO:  ALEXANDRE MAZAIRA RODRÍGUEZ  (Ourense) 

COPA COMARCAL XUVENIL  (Semifinal ida)

CD AS PONTES  –  SRD PORTUARIOS

Campo do Poboado – As Pontes  (Xov. 24, 16,30 h)

COPA COMARCAL XUVENIL  (Semifinal volta)

SRD PORTUARIOS  –  CD AS PONTES

Campo de Aneiros – Ferrol  (Sáb. 26, 16,30 h)

COPA COMARCAL CADETE   (Semifinal ida)

EUME DEPORTIVO  –  CD AS PONTES

Campo da Gándara  –  Pontedeume  (Mér. 23, 18,00 h)

 

Nova de AF

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s