CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 22-23-24-26-27 / MARZO / 2016

O As Pontes logra unha incrible vitoria ante o líder Boiro que lle da a metade da permanencia

TERCEIRA DIVISIÓN (31ª xornada)
C.D. BOIRO – C.D. AS PONTES (0-1)

O As Pontes deu a alegría da tempada ó vencer na casa do líder e equipo con moitas papeleteas para ser o futuro campión, o Boiro, un conxunto ó que lle venceu nos dous encontros de Liga, 4-2 e 0-1, e fíxoo con moitas baixas, con 14 dos 16 xogadores convocados da canteira ou saídos do filial, e sobre todo, deixa medio asegurada a súa presenza na categoría un ano máis, aínda que deberá conquerir alomenos catro puntos máis nas sete xornadas restantes. Novenos con 43 puntos, alonxan xa en 14 puntos os postos de descenso e en 7 os de arrastre, que son importantes e a ter en conta porque é moi probable que tristemente descendan Compostela e Celta B.

No primeiro tempo tivo catro boas oportunidades o equipo de Lemos, dúas moi claras, pero chegouse con 0-0 ó descanso. O As Pontes aguantaba como gato panza arriba e Marcos mantiña a súa porta a cero, ata que mediado o segundo tempo marcaba Cañizares nun balón no que Kike Reguero non estivo moi atinado. Seguiu aguantando o As Pontes nos últimos minutos ante un Boiro que achuchaba e sacaba toda a artillería que lle quedaba no banco, quedando só con tres defensas atrás, o que provocou que casi volve a marcar Cañi noutra contra. O partido prolongouse ata o 95´, coa última xogada, un córner para os locais que foi a súa derradeira aproximación de perigo, pero o marcador non se moveu e o As Pontes suma tres puntos salvadores.

Xogaron Marcos, Hugo, Alex Cabarcos, Chote, Dani, Nano, Toni (Juan 87´), Edi, Samu (Santi 54´), Cañizares e Pablo Ramos (Criado 73´). Próxima xornada, partido en casa contra o Arousa.

COPA COMARCAL XUVENIL (Semifinal ida)
CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS (1-2)

Quedou eliminado o Xuvenil nas semifinais de Copa ante o Portuarios de Ferrol. Na ida, o xoves, partido moi polémico, no que comezaba adiantándose o conxunto local no primeiro tempo por medio dun penalti transformado por Alex Blanco. Xa no segundo foi expulsado Lino faltando quince minutos por suposta agresión a un contrario tras lanzamento de córner e tívose que poñer Pita, a verdade facendoo bastante ben, aínda que non puido deter o penalti do empate 1-1. Xa no desconto e tras un córner que semellaba claro saque de porta para os locais, anotaron os visitantes nunha xogada moi desafortunada en que o balón rebotou nun defensa, indo ó lado contrario, ante o que Andrés nada puido facer, 1-2. Xogaron Lino, Iago, Jorge, Alex cabarcos, Alex Blanco, Brais Blanco, Jandro, Iván, Ayrton, Casas e Andrés, saíndo despois Xose, Nahum e Rey.

COPA COMARCAL XUVENIL (Semifinal volta)
SRD PORTUARIOS – CD AS PONTES (5-2)

Xa na volta, este sábado en Aneiros, triunfo máis cómodo dos ferroláns, 5-2, que alcanzan a final. Polos azuis xogaron Lino, Iago, Alex Cabarcos, Alex Blanco, Jorge, Brais Blanco, Iván (1), Ayrton, Xose, Jandro, Casas e despois Dani (1), Nahum, Rey e Manuel. (Xentileza de Felipe Mieres)

COPA COMARCAL CADETE (Semifinal ida)
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES (4-2)

O equipo cadete trouxo un mal resultado de Pontedeume, onde colleitou a súa primeira derrota da tempada, que ata agora se resumía en 24 triunfos por 2 empates. Un 4-2 ante o terceiro clasificado de Liga, o Eume. Aínda lles queda a volta, pero será moi complicado.

A pesar de que se adiantaban os locais por medio de Juan, dous goles de Cazás poñían o 1-2 antes do descanso, aínda que trala reanudación un tanto de Aarón voltaba a situar as táboas, 2-2. Foi nuns malos últimos cinco minutos dos azuis, o equipo viña algo castigado físicamente polos encontros da Copa Coca Cola, que os de Pontedeume marcaron por medio de Miguel e redondearon despois co tanto de Ángel un resultado que lle pode dar o pase á final.

Xogaron Nesi, Alex López, Manuel, Fraga, Bruno, Javi, Carlos, Chema, Mateo Dani, Cazás e xogaron despois Germán, Alex Barro, Antón e Jose. (Xentileza de Minchi).

LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL (partido aprazado)
CD AS PONTES “B” – RACING DE FERROL “C” (8-1)

Pola súa parte o Benxamín B, en partido que correspondía á fin de semana de Reis, á segunda xornada, e que fóra aprazado no seu día, gañou 8-1 ó Racing de Ferrol C, con catro goles de Destaw Pellón, e un de Diego Lozano, Xalo Graña, Sergio Vázquez e Adrián Díaz. Quintos con 19 puntos reciben ó colista Eume B.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

O ESTEO ALEVÍN CONQUISTA O TORNEO DE PONTEDEUME 

O equipo Alevín do Esteo venceu esta Semana Santa no III Torneo de Futbol Base de Pontedeume, que desputaron este Xoves Santo.

E iso que as cousas non comezaban ben para os ponteses, que perdían 4-5 ante o Alameda Xarío de Miño. Pero os posteriores triunfos ante o FS Pontedeume A (5-1) e SRD Esteiro B (13-0) déronlle o pase a semifinais.

No outro grupo estaban o Cidade de Narón, SRD Esteiro A, FS Pontedeume B e Ártabros Futsal, e os ponteses cruzáronse co vencedor do mesmo, o FS Pontedeume B, ó que gañaron 6-1, cruzándose na final outra vez co equipo de Miño, ó que desta vez si puideron vencer, na quenda de penaltis, tras empatar a 4-4 o tempo regulamentario.

Nova cortesía de Pablo Montero e X.F.

RESULTADOS DO ATLETISMO OLYMPO NO IV MEMORIAL JOAQUÍN ROMERO 

O equipo pontés do Atletismo Olympo competiu con catro atletas na cuarta edición do Memorial Joaquín Romero, proba de Cross desputada este sábado no Pinar de Cobas.

Na categoría de homes, e sobre oito kilómetros, foi quinto o gran Minecho, Xose Manuel Meizoso, cun tempo de 27:40, nunha proba gañada por Sergio González (27:21). Minecho tamén foi o segundo veterán. O vencedor nesta categoría foi Carlos Bouza (27:34).

Nesta mesma proba Alejandro Alarcón Giraldo quedou no posto 36º.

En mulleres, sobre unha distancia de catro kilómetros, impúxose a gran Susana Castro, con 17:34, por diante de Inés Bereijo (17:57) e Natalia Pérez (19:36).
Xa na proba benxamín Antonio Graña quedou quinto.

Nova cortesía Atletismo Olympo e X.F.

TRIUNFOS DO PADEL AS PONTES FEMININO E MASCULINO B E DERROTA DO EQUIPO MASCULINO A

Vitorias claras dos equipos masculino B e feminino na liga das Rías Altas de pádel. O As Pontes B venceu por 5-0 a Padel D3 Pantagalia e o conxunto feminino só cedeu un punto (4-1) ó Club de Tenis Redes. Pola súa banda, o masculino A segue sen gañar e ocupa a derradeira posición nun grupo 4º que lidera Smash Padel-Zamborela, seguido de Padel Narón A.

No grupo 6º masculino da cuarta división encabezan a clasificación con sete partidos gañados o Padel Bifyt Narón C, seguido de Padel Team Lugo con 6 e Padel As Pontes B con cinco triunfos

No grupo 6º feminino de terceira categoría segue de primeiro Somos Pádel, con nove vitorias, seguido do Padel As Pontes Feminino e Pulpadel D10 con seis triunfos cada un.

RESULTADOS

SMASH PADEL4- T. PEDRAFEITA – PADEL AS PONTES MJ “A” (5-0)

José L. Penabad-Miguel Pena / José del Moral-Francisco Doce (6-1. 6-1)
Juan Lestón-José Permuy / Carlos Martinez-Carlos Giz (4-6, 7-5, 6-4)
Juan Veiga-Carlos López / Emilio Vidal-Alfonso Vidal (6-3, 6-0)
Carlos Mesías-Eloy Martinez / Juan Casas-Francisco Castro (7-6, 6-3)
Rubén Varela-Alberto Saavedra / Raúl Meizoso-Rubén González (6-1, 6-3)

PADEL AS PONTES MJ “B” – PADEL D3-PANTAGALIA (5-0)

Jesús Tembrás-Javier Rochela / Luis Gómez-Alejandro Vázquez (6-2, 6-3)
Rubén Vivero-Roi Otero / Luis Corrochano-Nicolás Salgado (6-2, 6-4)
José Vilasuso-Saúl Vérez / Manuel Vizoso-Antonio García (6-4, 6-4)
Borja Pena-Adrián Criado / Francisco Veiga-Javier Hernández (6-0, 6-0)
Daniel Cillero-Juan Trastoy / Sergio Basteiro-Luis Suárez (6-1, 6-1)

PADEL AS PONTES MJ (F) – CLUB DE TENIS REDES (F) (4-1)

Marta del Moral-Laura Rodríguez / Elisa Baamonde-MªJosé Baamonde (6-1, 6-2)
Yessica Vidal-Sonia Uceira / Eva Feal-Nieves Alonso (6-2, 6-2)
Pilar González-Erika Sanz / María Freire-Luz Conejo (6-3, 7-5)
Rita del Moral – Victoria Pena / Carmen Rapallo-Susana González (4-6, 1-6)
Obdulia García-Angye García / María Salas-Mar Nóvoa (6-2, 6-1)

PRÓXIMA XORNADA

4ª CATEGORÍA MASCULINA

Narón (sábado 2 de abril, 12,00)
PADEL AS PONTES “A” – BLUES PADEL&BEER TEAM (Grupo 4º)
PADEL AS PONTES “B” (Descansa – Grupo 6º)

3ª CATEGORÍA FEMININA (Grupo 6º – Derradeira xornada)

Cerceda (sábado 2 de abril, 16,30)
CERCEDA PADEL CLUB FEMININO – PADEL AS PONTES FEMININO

Nova cortesía de AF

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: