—
CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 8-9-10/ ABRIL /2016
O CD As Pontes xoga este domingo en Ribadeo en partido correspondente á 33ª xornada da 3ª División.
Non cabe dúbida de que os puntos son moi importantes, especialmente para o conxunto da Mariña luguesa que ocupa a penúltima posición con 30 puntos, catorce menos có As Pontes, que está na novena praza. Unha vitoria dos ponteses aseguraríalle practicamente a permanencia na categoría a falta de cinco xornadas para o final da liga.
Dez partidos oficiais levan disputado os dous conxuntos en campo ribadense con cinco vitorias dos ponteses por catro do Ribadeo, a última a pasada tempada por 1-0. Na primeira volta da liga, vitoria do As Pontes no campo do Poboado por 2-0.
TERCEIRA DIVISIÓN (33ª xornada)
RIBADEO F.C. – C.D. AS PONTES
CAMPO “PEPE BARRERA” (RIBADEO) – DOMINGO 10 (17,30 h)
ÁRBITRO: MANUEL CASANOVA CUDEIRO (Ourense)
SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL
CD AS PONTES “B” – GALICIA DE CARANZA
Campo do Poboado – As Pontes (Dom. 10, 17,00 h)
LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES
Campo da Gándara – Pontedeume (Dom. 10, 12,00 h)
LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
CD AS PONTES – GALICIA DE MUGARDOS
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 9, 16,30 h)
LIGA CADETE COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 9, 10,00 h)
LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES – CD NARÓN
Campo do Poboado – As Pontes (Ven. 8, 17,30 h)
LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL
CGALICIA CARANZA “B” – CD AS PONTES
Campo de Caranza – Ferrol (Ven. 8, 18,45 h)
CD AS PONTES “B” – GALICIA MUGARDOS “B”
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 9, 10,15 h)
LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – CD SAN SADURNIÑO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 9, 11,25 h)
RACING SAN PEDRO “B” – CD AS PONTES “B”
Campo da Gándara 3 – Ferrol (Ven. 8, 18,00 h)
LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – SRD ÁNIMAS
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 9, 12,35 h)
CD NARÓN “B” – C AS PONTES “B”
Campo do Cadaval – Narón (Sáb. 9, 11,00 h)
CATEGORÍA BIBERÓN (Liga Afaco)
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 9, 13,30 h)
Nova cortesía de A.F.
—
O ESTEO FUTBOL SALA
Saída difícil do Esteo este sábado á localidade segoviana de Cuéllar ante o terceiro clasificado da Segunda División B.
O conxunto pontés está a ter unha tempada moi irregular. Nas últimas catro xornadas só sumou dous puntos e o calendario que lle queda non é nada doado. Na casa recibe ó Pizarras Tres Cuñados e ó Mosteiro Bembrive e visita ó Albense e ó colista Bueu.
Está no posto décimo terceiro cun punto máis có Atlético Benavente, que ocupa praza de descenso. Pola súa banda, o cadro segoviano é terceiro a cinco puntos do líder Noia e a dous do Universidad de Valladolid, segundo.
No pavillón da Fraga venceu o Cuéllar por 2-4 e nos anteriores enfrontamentos na vila da comarca de “Tierra de Pinares”, vitoria contundente por 8-1 do Cuéllar na tempada 2013/14 e empate a un gol na pasada campaña.
SEGUNDA DIVISIÓN “B” FÚTBOL SALA (26ª)
F.S. CUÉLLAR COJALBA – O ESTEO F.S.
Sábado 9 – Abril – 2016 (18,30 h)
Pavillón Municipal de Santa Clara (Cuéllar)
Nova cortesía de AF
—