CD As Pontes Feminino

RESULTADOS DO GRUPO XUVENIL NO CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO

Esta pasada fin de semana disputouse o Campionato Galego de Inverno no Embalse de Verducido

En K2 5000, en veteráns, na orla de idade 40-44, impuxéronse Ernesto Gancedo e o mítico Antonio Polo, que o pasado xoves cumpría 40 anos, cun tempo de 21:12, seguidos polos seus compañeiros Jose Antonio Menéndez e o gran Serafín Fontao, ex internacional español de Kayak Polo, con cinco Mundiais e cinco Europeos ás súas costas, con 22:30, sendo terceiros Diéguez-Méndez, do Clube Fluvial de Lugo (22:38).

Nesta mesma categoría tamén foron sétimos Jose Manuel Ferreira e Jose Manuel García (23:17), polo que o Grupo Xuvenil quedou segundo como equipo na xeral, tan só por detrás do Ría de Aldán.

Moi boa actuación tiveron os xuvenís do equipo pontés, Carlos Durán e Martín García, que quedaron oitavos no K2 5000, cun tempo de 22:30, nunha proba gañada por Club Piraguismo Cidade de Lugo, pola parella González Matilla e Fernández Morado (21:45).

Outros resultados foron o 22º posto de Manuel Aleén e Manuel Fernández (Cadete), o 26º de Rubén Basanta e David Tonislavov (Sénior), e Xose Guerreiro e Miguel Domínguez (Xuvenil) acabáronse retirando.

IMG-20160407-WA0008

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEIS FUTBOLISTAS DO CD AS PONTES CONVOCADOS POLO RC DEPORTIVO DE A CORUÑA 

Seis futbolistas da canteira pontesa foron chamados a uns adestramentos co RC Deportivo da Coruña. O equipo herculino e o As Pontes atópanse inmersos en negociacións para un convenio de colaboración.

Os xogadores adestrarán entre as 19:00 e 21:00 horas, nos Campos de Abegondo, e os convocados son:

Alberte Ledo Pita (Cadete A, días 5, 6, 13)
Daniel Silva Gama (Cadete B, días 5, 6, 13)
Javier Fernández López (Infantil B, días 7, 13, 14)
Alejandro Montero Peteira (Alevín B, días 5, 7, 12)
Xandre Fernández Tembrás (Benxamín A, días 5, 7, 12)
Destaw Pellón López (Benxamín B, Días 4, 6, 13)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: F.S. CUÉLLAR COJALBA – O ESTEO F.S. (4-1)

O Esteo non trouxo nada positivo da súa visita a terras segovianas, onde caeu ante o terceiro clasificado, o Cuéllar, por 4-1.

E iso que os ponteses se adiantaban por medio de Héctor, e ademáis dispuxeron da ventaxa da vermella directa a Chuki, pero incomprensiblemente dous goles de Higinio no último minuto poñían o 2-1 antes do descanso.

No segundo tempo, xa cara ó final, Taveras facía o 3-1, e xa con porteiro xogador, e cunha perda de balón Higinio facía o 4-1 definitivo, e selaba o seu particular hat trick, co que os segovianos se aproximan á Copa do Rei.

Quédanlle catro finais ó Esteo, recibir a Pizarras Tres Cuñados, quinto, e Mosteiro de Bembrive, cuarto, e visitar a Albense, oitavo, e ó colista Bueu na derradeira xornada.

Agora mesmo xa semellan descendidos Sala Ourense (20), e sobre todo Bueu (14). A teórica terceira praza de descenso xogaráse entre Boal (28), Cistierna (28), O Esteo (27) e Benavente (26).

FICHA DO PARTIDO

FS CUÉLLAR COJALBA: Cano, Iván, Gonza, Pablo, Chuki –cinco inicial- Taveras, Miguel, Alfon, Lucas, Higinio.

O ESTEO FS: Javichu, Gerardo, Fran, Jose López, Tucho –cinco inicial- Bertito, Cospe, Alberto, Héctor, Púas.

ÁRBITROS: Iván Sanz Moreno, Ricardo Prieto González, Mari Carmen Vidal Botran (Valladolid-Salamanca). Amoestaron a Gonza, Taveras, Tucho. Vermella directa a Chuki.

GOLES: Min. 15 (0-1), Héctor. Min. 19 (1-1), Higinio. Min. 20 (2-1), Higinio. Min. 36 (3-1), Taveras, Min. 37 (4-1), Higinio.

INCIDENCIAS: Vixésimo sexta xornada de liga do grupo primeiro da Segunda División B. Pavillón Municipal de Santa Clara, en Cuéllar, Segovia, uns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

TERCEIRA DIVISIÓN. RIBADEO FC 2 – CD AS PONTES 2

Enfrontábase o As Pontes ó Ribadeo, equipo ó que venceu en encontros oficiais en cinco ocasións en campo ribadense por dous empates contando o de hoxe e catro derrotas, a última a tempada pasada na derradeira xornada de Liga, 1-0, en que se reencontraban ambos equipos no Pepe Barrera 31 anos despois. En campo pontés dez triunfos locais e unha derrota na 1981-82.

A primeira metade foi de claro dominio do equipo local, que era o que máis gañas poñía por sacar os tres puntos. Chegaban con moito perigo os de Germán Campos, e así chegou antes Marcos que un atacante rival completamente desmarcado (20´), e despois, tras un mal pase lateral de Alex proba fortuna Iván González (23´). Respostou Bossa cunha falta que foi polo escuadro, pero do lateral da rede (24´).

Máis clara a tivo Dapo, que chegou completamente só, rematou, rexeitou Nano, o balón foi a pés de Criss que disparou, rexeitou cara atrás Marcos e sobre a mesma liña salvou Adrián (28´). Noutra contra volveu a disparar Iván González, o balón vaiselle a Marcos, paseándose pola área visitante, ata que despexa Chote (36´).

Sacudiuse un pouco o perigo o cadro pontés nunha xogada na que combinan entre si Edi e Toni, pero remata moi esquinado Pablo Ramos ás mans de Javi Liz (40´). Pero seguía chegando en bandadas o cadro local, e outro balón pasease pola área pontesa (42´) ata que ó borde do descanso, tras recibir un balón de banda dereita, remata Criss ao segundo pau, e a pesar de tocar Marcos coa luva a bola acaba entrando (44´) dando por concluido o colexiado o primeiro período.

Tempo de reflexión no descanso para un As Pontes que vía como os seus rivais directos, Ordes e Ribadumia, gañaban a domicilio, e empataba o Mugardos, así que saiu con outra cara no segundo tempo.

Nada máis comezar, Edi en boca de gol, trastabillase cando quere empalar o balón (48´), e pouco despois, e tras un córner botado por Bossa, o balón pega en Pablo Ramos e logo da no corpo do lateral esquerdo local Isma, e acaba entrando, establecendo a igualada (50´).

O Ribadeo seguía chegando con perigo e tras un despexe de balón do bravo Nano, rebota no corpo dun xogador visitante e a piques está de entrar (56´).

Chegaron uns minutos de dominio pontés, e viuse unha das xogadas bonitas do partido nun pase en profundidade dende a defensa de Chote, Óscar quédase só, e probou de vaselina, a facer o mesmo gol que conseguira ante o Barbadás, pero a bola foise lamendo o pau no que podía ser o tanto da xornada (63´). Logo é Bossa o que de falta proba e fai estirarse a Javi Liz (66´), e noutra xogada é Santi o que remata só, despexa Liz, e o posterior rexeite non o aproveita Óscar (75´).

Nunha xogada na que quedou só o incorporado ó campo David Rodríguez, regateou a Marcos, e cando se quedaba sen ángulo, a porta baleira, soltou un zapatazo que marchou a rentes de ambos paus, pero milagrosamente sen chegar a entrar (81´). Logo respostou Pablo Domínguez cun forte disparo dende fóra da área (82´). Pero físicamente o Ribadeo estaba un palmo por riba dos ponteses, e noutra xogada por banda volveu a irselle Iván González a Criado, centrou, e tras un primeiro remate rexeitado por un defensa, é Rafa Casanova quen empala ó fondo das mallas o 2-1 que parecía definitivo (83´). Décimo gol da campaña para o ex racinguista.

Pero foi ó borde do final, nunha xpogada dende banda dereita na que Javi Liz non acerta a desbaratar o perigo, despexa, e incorporándose dende atrás ó segundo pau cabecea pegado ó poste o lateral da canteira Alex Cabarcos para poñer o 2-2 definitivo a pesar duns últimos minutos que foron de toma e daca.

O As Pontes é noveno con 45 puntos e mantén seis sobre os postos de arrastre que marcan Ordes e Ribadumia. Pola súa banda queda moi descolgado o Ribadeo, penúltimo con 31. Os ponteses reciben ó Alondras, décimo cos mesmos puntos, mentres o Ribadeo visitan ó líder Boiro.

2 RIBADEO FC. Javi Liz, Coki, Isma, Brais, Alex, Dapo (Miguel Gomes 77´), Rafa Casanova, Andrés Bouza, Criss (David Rodríguez 62´), Santi, Iván González.

2 CD AS PONTES. Marcos Souto, Alex Cabarcos, Nano, Chote, Edi, Adrián, Pablo Ramos (Pablo Domínguez 77´), Bossa, Santi, Toni (Criado 54´), Samu (Óscar 54´).

Goles: 1-0, Criss (44´), 1-1, Pablo Ramos (50´), 2-1, Rafa Casanova (83´), 2-2, Alex Cabarcos (87´).

Campo e incidencias. Municipal Pepe Barrera. Campo de xogo moi embarrado. Uns 250 espectadores.

Árbitro: Manuel Casanova Cudeiro (Ourense). Auxiliado nas bandas por Rodicio González e Abadín Fernández. Amárelas ós locais Alex, Dapo e Casanova.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

FASE DE ASCENSO Á PRIMEIRA GALEGA DE RUGBY: CR FENDETESTAS – CR CORETI LALÍN (0-35)

Se ben a ida ofreceu un resultado que presaxiaba emoción de cara a volta (29-14), pouca historia tivo o encontro deste sábado no Monte Medulio no que os ponteses foron apabullados por un equipo de superior categoría como é o conxunto da Terra do Deza, penúltimo clasificado da Primeira Galega e que se xogaba nesta eliminatoria o descenso de categoría mentres que para os ponteses era a do ascenso.

Nun día soleado e con afluencia afluencia de público, os pontevedreses anotaron cinco ensaios, dous golpes de castigo e outros dous lanzamentos a paus, para redondear o contundente 0-35 que lles levou a selar a súa presenza un ano máis na máxima categoría do rugby galego.

Os ponteses, pola súa banda, xogarán o ano que vén outra vez, en principio, contra o Universidade de Vigo B, Crat A Coruña B, Santiago, Zalaeta de Arteixo e o Muralla de Lugo, que descende e ocupa a praza do ascendido Keltia Ourense.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 8-9-10 / ABRIL / 2016 

Segunda xornada de abril na que o As Pontes sumou un valioso empate en Ribadeo nun domingo con resultados adversos para os seus intereses. Tamén gañou o Cadete, que mantén o liderado, e o feminino. O Benxamín A segue líder con 6 puntos de vantaxe e o Alevín B a un punto do líder. Mentres, o Prebenxamín A continúa terceiro no grupo dos mellores.

SEGUNDA AUTONÓMICA GALEGA (Ferrol)
CD As Pontes “B” – Galicia de Caranza (0-3)

Triunfo claro e rotundo do Galicia de Caranza na súa visita ó segundo equipo pontés (0-3), que, iso si, polo menos mellorou o resultado da ida, que fóra de 10-0. Sentenciou o cadro ferrolán cun 0-2 nos primeiros cinco minutos, tantos de Pedro Garrote e Yago, e un terceiro de Yeray Daza no segundo tempo poñía o resultado definitivo. Xogaron Rafita, Darío, David, Bruno, Manu, Guille, Lucho, Marcos, Carlos, Rubén, Adrián e despois Juan, Manuel e Alex. Terceiros os ferroláns e novenos os ponteses con 16 puntos, que visitan ó sétimo, San Mateo. Tarde moi fría con auga neve e sarabia, polo que nos instantes finais o árbitro do partido Bejarano Estepa tivo que parar o partido uns minutos debido á intensa sarabiada que caía neses momentos.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CD As Pontes – Galicia SDC Mugardos (3-1)

Vitoria por 3-1 do feminino ante o Galicia de Mugardos. Dous tantos de Paula Castro, que xa leva 19, encarrilaban o partido antes do descanso. E despois un tanto do cadro visitante en propia meta poñían o 3-0, que Sheila se encargaba de maquillar no derradeiro minuto. As de Pita son sextas con 50 puntos, antes de visitar ó colista A Capela con 5 puntos. Xogaron Leti, Yolanda, Noelia Santalla, Yaiza, Uxía, Andrea Montero, Vicky, Xeila, Paula Castro, Carlota e Paula Baamonde.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
Eume Deportivo – CD As Pontes (2-2)

Cun empate ante o sétimo clasificado Eume (2-2), despedíase practicamente o xuvenil da loita polo título de Liga, e case do play off. Numancia (45 puntos) e Portuarios (43) xa se marchan definitivamente, e os ponteses con 39 e coa terceira praza case asegurada deberán tentar gañar os 4 partidos que lles restan para acabar a Liga da mellor forma posible, comezando pola visita do colista Cariño ó Poboado esta próxima xornada. Comezaron gañando os de Pontedeume cun tanto de Francisco, pero tralo descanso un gol en propia meta e outro de Andrés a continuación dábanlle a volta ó marcador, 1-2,pero co tanto de Christian no último minuto perdeu dous puntos decisivos o equipo de Felipe Mieres, que xogou con Lino, Iago, Jorge, Alex Cabarcos, Alex Blanco, Brais Blanco, Nahum, Iván, Rey, Casas, Pita, saíndo despois Xose, Ayrton, Jandro e Alex Pico.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Eume Deportivo (3-0)

Gran vitoria (3-0) do Cadete ante o terceiro clasificado, Eume Deportivo, resultado, que por certo, viría moi ben na volta de Copa ante o mesmo equipo. Así, os azuis, manteñen o liderado con 50 puntos, por 48 dun Portuarios que venceu 0-6 ó colista Galicia de Mugardos. A falta de catro xornadas, media Liga decidirase a vindeira xornada no Portuarios-As Pontes.
A pesar do marcador, o encontro foi moi complicado, pero tres goles de Alberte, un no comezo do segundo tempo, outro nos derradeiros dez minutos e o último xa no desconto deron tres puntos moi valiosos para un cadro de Iván Rodríguez que xogou con Nesi, Alex López, David, Fraga, Manuel, Chema, Carlos, Javi, Dani, Alberte, Cazás, saíndo despois Mateo, Alex Barro, Pani, Criado e Jose.

PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL (D. Ferrol)
CD As Pontes – CD Narón (1-2)

Non puido o Infantil co CD Narón co que perdeu 1-2. Adiantáronse os visitantes por medio de Rubén e xa no segundo tempo marcou David, recortando distancias Vicente a pouco do final. Xogaron Juan, Nono, Eyob, Santi, Antonio, Dani, Adrián, Xan, Xoel, Vicente e Joan, saíndo despois Manuel, Xavi, Edgar, Mohamed e Iván. Oitavos con 12 puntos visitan ó Portuarios, quinto con 19.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
Galicia de Caranza “B” – CD As Pontes (2-1)
CD As Pontes “B” – Galicia de Mugardos “B” (3-2)

Grave tropezo do Alevín A que se despediu da posibilidade de loitar polo título de Liga tras caer sorprendentemente ante o oitavo clasificado, Galicia de Caranza B, 2-1 (Sergio Da Silva). Tamén perdeu o Perlío 2-1 ante o sétimo, Cedeira, con que o celebra o Eume que se escapa con 31 puntos por 28 de feneses e 27 de ponteses, que reciben ó Neda B, quinto con 22. Gañou con sufrimento o Alevín B, 3-2 ante o Galicia de Mugardos B, con hat trick de Alex Montero, pero mantén a pelexa pola Liga, que ten no Rápido de Neda ó líder con 34 puntos, por 33 dos azuis e 32 do Eume B. Visitan ó sétimo, Ánimas B, que conta con 13 puntos.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – CD San Sadurniño (8-0)
Racing San Pedro “B” C D As Pontes “B” (3-2)

Goleada do Benxamín A, 8-0 ó colista San Sadurniño, con goles de Anxo Blanco (3), Alexo Platas (2),Xandre Fernández (2) e Yeray Paz. Mantéñense líderes con 37 puntos por 31 de O Val C, que é o único conxunto que lles pode facer perder a Liga, a falta de catro xornadas. Próxima visita ó penúltimo, Ortigueira, que ten 10 puntos. Perdeu o Benxamín B 3-2 na súa visita ó Racing San Pedro B. Tantos de Diego Lozano e Xalo Graña. Quintos con 22 puntos, reciben ó líder Galicia de Mugardos.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – SRD Ánimas (1-0)
CD Narón “B” – CD As Pontes “B” (1-7)

Boa vitoria do Prebenxamín A por 1-0 ante o Ánimas, gol de Xalo González, co que son terceiros con 26 puntos, no grupo dos mellores. Na vindeira xornada visitan ó Eume Deportivo, oitavo con 12. Goleada do Prebenxamín B ante o CD Narón B, 1-7, con goles de Íker Ares (3), Nacho Villasuso (2), Xalo Cebreiro e Lucas Blanco. Terceiros clasificados con 35 puntos, reciben ó Ortigueira, sexto con 26.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

REMATOU A LIGA DE VETERANOS DE AS PONTES PROCLAMÁNDOSE CAMPIÓN O SANTABALLÉS 

Sinalar que nesta derradeira xornada non se disputou o choque La Galaxia-Bar Xardín, quedando aprazado para vindeiras datas. Quedan dous partidos por disputar da liga que acaba de rematar, sen transcendencia o Farmavida-Electricidad J&O mentres que no Bar Xardín-La Galaxia determinarase o terceiro clasificado. Unha vitoria ou un empate daríalle a terceira praza ó Bar Xardín, mentres que La Galaxia necesita a vitoria para lograla.

A vindeira fin de semana comeza a competición de Copa, que será por sistema de liga a unha soa volta. No sorteo, os dez conxuntos quedaron encadrados do seguinte xeito:

GRUPO A: La Galaxia, Mobles Eume, Electricidad J&O, Bar Xardín e As Pontes 74.

GRUPO B: Farmavida, MMYPEM, A Cepa, Galorient e Santaballés.

Clasifícanse para cuartos os catro primeiros de cada grupo. A final disputarase no campo do Poboado o 29 de maio ás 11,30 horas.

Lembrar que o actual campión da competición é As Pontes 74, equipo que tamén gañouna no ano 2013, mentres que Mobles Eume logrouna en tres ocasións (2011, 2012 e 2014) e Farmavida en 2010.

 

DERRADEIRA XORNADA (12ª) 9-10 / Abril / 2016

Santaballés  –  Electricidad J&O   (3-1) Diego e Valú (2) / David
A Cepa  –  Galiorient    (0-4) Tomás, Suso, Vituco e Carlos
La Galaxia  –  Bar Xardín    (Aprazado)
Farmavida  –  As Pontes 74   (2-1) Manolo /2) / Fran Pena
MMYPEM  –  Mobles Eume  (0-4) Pepe (3) e Cuxi

CLASIFICACIÓN

PUNTOS
SANTABALLÉS 46
MOBLES EUME 43
 BAR XARDÍN  (-1 partido) 35
LA GALAXIA  (-1 partido) 33
GALIORIENT 26
FARMAVIDA  (-1 partido) 20
AS PONTES 74 19
A CEPA 11
MMYPEM 11
10º  ELECTRICIDAD J&O  (-1 partido) 7

GOLEADORES

IVAN FERREIRO  (M. Eume)                   27
JAVI  (Bar Xardin)                                        12
DIEGO  (Santaballés)                                  12
TOMÁS  (Gaiorient)                                     12
VALÚ  (Santaballés)                                    12

COPA  (1ª Xornada) 16-17 / Abril / 2016

Electricidad J&O  –  As Pontes 74   (Sáb.  16,  20,00 h)
Bar Xardín  –  La Galaxia    (Dom. 17,  10:00h)
MMYPEM  –  Santaballés    (Dom. 17,  11:00 h)
Galiorient  –  Farmavida   (Dom. 17,  12:00 h)
Descansan:  Mobles Eume e A Cepa

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: