CD As Pontes Feminino

DOUS XOGADORES DO FENDETESTAS CONVOCADOS POLA SELECCIÓN GALEGA

Dous xogadores do equipo pontés de Rugbi do Fendetestas, foron convocados para a primeira concentración da Selección Galega, para a preparación da Galeuscat Cup, na que compite contra País Vasco e Cataluña.

Van o local Joel Carballeira Orjales, e Roberto Prechous, coruñés que chegou a xogar en División de Honra co Complutense Cisneros madrileño e tamén na Selección Española sub21.

Levaráse a cabo este sábado 23 en Acea da Má. Van 32 xogadores, trece do Crat e nove do U.Vigo, e tres do Ferrol. A convocatoria completa é a seguinte:

CRAT A Coruña: Fernándo Fernández, Julián Ciancio, Miguel Villarmea, Guillermo Hernández, Guillermo Guillamet, Facundo Núñez, Jaime García, Esteban Areán, Luis Gascón, Diego Riestra, Nicolás Pooli, Javier Dovale, Martín Colombo
Universidade de Vigo RC: Jesús Moure, Vicente Prieto, Marcos Romero, Víctor Salgado, Maka Tatafu, Fernando Filgueira, David Riveiro, Álvaro Caride, Valentín Gutiérrez.
CR Ferrol: Francisco Usero, Ignacio De Cabo, Nicolás Cartelle
CR Fendetestas: Joel Carballeira, Roberto Prechous
Pontevedra RC: Sergio Calvo
Mareantes RC Pontevedra: Guillermo Bravo
Os Ingleses RC Vilagarcía: Juan Jose Beloso
CR Coreti Lalín: Bruno Minetti
Keltia Ourense: Miguel Blanco

Nova cortesía de Xose Ferreiro

ACTUACIÓN DE BORJA PRIETO VALERA NA COPA DE ESPAÑA DE 1000

O piragüista pontés do Covadonga, Borja Prieto Valera, desprazouse esta fin de semana a Trasona para a desputa da Copa de España de 1000 metros. Foi 21º na contrareloxo do K1 1000 metros, cun tempo de 4:06:59.

No K2 1000, xunto ó seu compañeiro, o gran Javi Hernanz, foron 13º na contrareloxo, cun tempo de 3:44:06. Posteriormente na semifinal foron segundos na terceira regata por detrás do Banyoles de Lluis Darne e o campión mundial sub23 Albert Martí. Xa na final acabaron na sexta posición. Primeiros foron Germade-Carrera, do Betanzos, por diante dos dous Tudenses, Campo-Millán, e Alonso-Piña.

Por último, o domingo participou no K4 1000 xunto a Daniel García, Adrián Fernández e o tricampeón mundial de Maratón, seis veces gañador do Sella, Álvaro Fernández Fiuza. Foron sextos na súa semifinal gañada polos dous Tudenses, resarcíndose despois a Final B, por diante do Naútico de Sevilla, cun tempo de 3:32:52.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – ALONDRAS CF 2

Triste derrota dun As Pontes, a quen, como xa lle acontecera co Bouzas, remontaronlle o partido cun gol nos últimos minutos, 1-2, o que lle da a salvación ós cangueses mentres os locais terán que seguir sufrindo, seis puntos por encima do arrastre.

E iso que se puideron adiantar os azuis. Primeiro é Óscar quen a ten franca para rematar, pero cedella a Cañi, que dispara por enriba do escuadro (3´). Posteriormente, tras unha xogada por banda esquerda, centra Santi, pasalle por debaixo das pernas a Óscar, en boca de gol, e logo a remata mordida Cañi (13´). Aínda tiveron algunha que outra aproximación ambos futbolistas, pero a xogada de maior perigo foi nun desaxuste defensivo local, que quedou completamente só Adrián, avanzou, prantouse ante Marcos, pero disparou fóra (31´). Tomaríase cumprida revancha despois, e vingaría o 1-2 da ida.

Chegouse ó descanso, e trala reanudación, o Alondras aproximábase con certo perigo, incluso unha xogada con varios pontevedreses desmarcados acabouna salvando o bravo Nan, o gladiador de Narón (55´). Foron sen embargo os locais os que se adiantaron no marcador, balón en profundidade dende a defensa, pelexaa Santi co central Fiuza, gañalle a partida, remata, e bate por baixo a Lorenzo (67´), anotando o seu noveno tanto da campaña o astur-lucense.

Parecía que os locais se aproximaban á permanencia, pero non foi así. Tanto foi o cántaro á fonte que nunha xogada de manual, Mauro marchase por banda esquerda, sirvella a Adrián, que empala e marca chegando completamente só dende atrás (72´).

Foi faltando tres minutos, como acontecera co Bouzas, que tras outra perda de balón en medio campo, e tras outra contra, non a desaproveitou Adrián prantándose ante Marcos para facer o seu segundo tanto, levarse os tres puntos o Alondras, e selar a permanencia na categoría.

O de Cangas, un gran equipo, pero que levaba apenas 32 goles en Liga, marcoulle dous ó conxunto local en quince minutos. Segue complicándose a vida o As Pontes, abonado ó sufrimento, e debe dar gracias ás vitorias a domicilio de Vilalbés, Cerceda e Deportivo B, curiosamente os seus tres últimos rivais en Liga, que fan que os azuis leven aínda seis puntos de ventaxa sobre o Ordes, 16º e arrastre, con 12 por xogar.

Próxima visita ó Noia, último con 31 puntos, pero que hoxe venceu 0-2 en Verín e iguala ó conxunto ourensán e ó Ribadeo.

Sexta vitoria do Alondras en O Poboado, por 7 empates e 7 triunfos locais. Dende o seu reencontro en Terceira estas seis últimas tempadas, 1-2 e 0-1, as dúas primeiras, dúas goleadas, 6-0 e 4-0 as dúas seguintes, e 1-0 e 1-2 as dúas últimas. Tres vitorias para cada un.

CD As Pontes. Souto, Adrián, Alex, Nano, Dani, Edi, Óscar (Pablo Domínguez 65´), Bossa, Santi, Cañi (Pablo Ramos 72´), Toni (Pardo (83´)

Alondras CF. Lorenzo, Castilla, Rubén, Fiuza (Pitu 77´), Agujetas, Centrón, Joni (Iván 74´), Alex, Adrián, Andrés (Champi 69´), Mauro.

Goles: 1-0, Santi (67´), 1-1, Adrián (72´), 1-2, Adrián (87´).

Árbitro: David Novas Benavides (Vigo). Auxiliado por Rodríguez Travieso e Feijoo Bautista. Amarela a Nano, Joni e Champi.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde fría pero moi soleada. Partido da 34ª xornada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – PIZARRAS TRES CUÑADOS (4-7)

O Esteo pontés deu un paso atrás nas súas aspiracións de manterse na categoría ó perder nos últimos segundos na casa ante o Valdeorras (4-7), tras ir 3-1 no descanso.

O peor do encontro foi a pésima arbitraxe, unha vez máis (e non é a primeira), de Vanegas Betancurt, acompañado de Díaz Arias. Expulsaron rigorosamente a dous locais, non pitaron un claro penalti sobre Ayala, sancionaron con amarela unha agresión dun visitante, non souberon atallar as provocadoras celebracións dos goles de dous xogadores visitantes. Ó final do encontro, cabreo e enfado dos afeccionados que se deron cita no pavillón da Fraga.
Aínda que se comezaban adiantando os ourensáns por medio de Bruno, tres tantos de Héctor, Púas e Bertito antes do descanso poñían o 3-1 que prometía ser un bo resultado ó final.

Pero o Esteo tamén tivo os seus erros e ó pouco do segundo tempo, nunha perda de Héctor e nun mal pase de Jose López empataron os visitantes, que puideron marcar algún máis, pero salvou Javichu. Foi mediado o segundo período, que marcaron os brancos, pero rapidamente respostou Fran, 4-4. O partido converteuse nun toma e daca, salvou algunha Javichu, e Héctor tivo unha moi clara que mandou fóra.

Foi noutra contra que Bruno poñía o 4-5 faltando tres minutos, e o Esteo arriscou con porteiro xogador, pero non tivo fortuna a pesar de ter varias moi claras. Tamén os visitantes, que mandaron un balón ó poste, e nos derradeiros instantes sentenciaron.

Houbo algún que outro xogador rival que non soubo celebrar os tantos, o que, unido á mala arbitraxe, conlevou a unha tángana final entre ambos conxuntos que non chegou a máis.

Os ponteses son terceiros pola cola, con 27 puntos, a un de Cistierna e a dous do Benavente. Quédalles visitar ó Albense na vindeira xornada, recibir ó Bembrive na seguinte, e visitar ó Bueu. Por sorte para os locais, Bueu (14) e Sala Ourense (20) xa están descendidos.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Gerardo, Fran, Héctor, Jose López –cinco inicial- Bertito, Púas, Cospe, Ayala, Tucho.

PIZARRAS TRES CUÑADOS: Borja, Dilin, Jesús, Bruno, David –cinco inicial- Corzo, Juanma, Javi, Josiño, Maelo.

ÁRBITROS: Pésima actuación de Andrés Vanegas Betancurt, Andrés Díaz Arias. Na mesa, Molinero Rodríguez. (Asturias). Moi mala arbitraxe. Expulsaron con vermello directo a Bertito (28´) e por dobre amoestación a Gerardo (38´). Ademais, amarelas a Javichu, Fran, Jesús e Maelo.

GOLES: Min. 5 (0-1), Bruno. Min. 10 (1-1), Héctor. Min.14 (2-1), Púas. Min. 17 (3-1), Bertito. Min. 22 (3-2), Bruno. Min. 24 (3-3), David. Min. 29 (3-4), Dilin. Min. 30 (4-4), Fran. Min. 37(4-5), Bruno. Min. 40 (4-6), Bruno. Min. 40 (4-7), Jesús.

INCIDENCIAS: Vixésima sétima xornada de liga do grupo primeiro da Segunda División B e décimo cuarto partido no Pavillón Municipal da Fraga, que rexistrou unha entrada duns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 15-16-18 / ABRIL / 2016

Terceira fin de semana de abril, na que o primeiro equipo volveu a dar unha de area, desperdiciando a posibilidade de estar virtualmente salvado. Por sorte, os seus tres últimos rivais en Liga, axudáronlle gañando a domicilio.

Triunfos do segundo equipo, feminino e xuvenil, e no partido clave do campionato, ó cadete escápaselle a Liga. Tamén venceron os dous Alevín e os dous Prebenxamín, quedando o Benxamín A a un triunfo do título.

SEGUNDA AUTONÓMICA GALEGA (Ferrol)
San Mateo CF – CD As Pontes “B” (0-1)

Boa vitoria do segundo equipo ante o San Mateo (0-1). Un filial azul no que Paco López ten moitas complicacións para completar as convocatorias nos últimos tempos, e con este triunfo pon fin a unha racha de catro derrotas contundentes. Noveno con 19 puntos, recibe na vindeira xornada ó CD Narón, segundo. Xogaron Rafita, Sergio, David, Guille, Manu, Darío, Lucho, Juan, Marcos, Totti, Rubén e despois Jandro, Iago, e Bruno. Anotou Juancito antes do descanso o tanto da vitoria.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
SCD A Capela – CD As Pontes (1-5)

Triunfo do equipo feminino na súa visita á Capela, 1-5, con tres tantos de Carlota, que suma 14, un de Paula Castro, que chega ós 20, e outro de Xeila, o seu segundo da campaña. Ocupa a sexta posición con 53 puntos. Na vindeira xornada recibe ó Galicia de Caranza, decimo cuarto con 29. Xogaron polo feminino pontés, Leti, Noelia Santalla, Uxía, Indira, Vicky, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Yara.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
CD As Pontes – CD Cariño (9-2)

Goleada por 9-2 do xuvenil ó colista Cariño, nun partido estraño, no que os visitantes quedaron con dez ós 15 minutos, pero á media hora tamén os locais quedaban cun menos. Entremedias retirábase Casas lesionado. Non obstante, antes de que os visitantes perderan a un xogador o marcador xa era de 3-0, e con 7-1 chegouse ó descanso. Xogaron Lino, Iago (1), Jorge (1), Martín, Alex Blanco, Alex Cabarcos, Xose (1), Iván, Rey (2), Casas (1) e Pita (2), saíndo despois Manuel, Antón, Alex Pico, Ayrton e Jandro (1). Terceiro con 42 puntos visita na seguinte xornada ó Portuarios, que ten catro puntos máis, na última posibilidade de colarse en postos de play off.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
SRD Portuarios – CD As Pontes (3-1)

Conseguiu media liga o Portuarios, tras vencer este sábado por 3-1 ó cadete pontés, pois sácalle un punto, mailo goal average. faltando tres xornadas. Pablo anotaba nada máis comezar e Jorge poñía o segundo antes do descanso. Tralo descanso, Pani recortaba distancias, pero Raúl poñía o 3-1 definitivo para os ferroláns. Xogaron Mateo Cociña, Alex López, David, Fraga, Bruno, Chema, Carlos, Javi, Dani, Alberte e Cazás, saíndo despois Mateo, Alex Barro, Pani e Manuel. Os azuis reciben ó San Pedro, sexto, visitan ó Val, noveno, e rematan a competición recibindo ó colista Galicia de Mugardos. Deberán tentar gañar os tres encontros e agardar un tropezo.

PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL (D. Ferrol)
SRD Portuarios – CD As Pontes (5-2)

Derrota do infantil por 5-2 na súa visita ó Portuarios, ambos tantos de Vicente. Os de Rivas son oitavos con 12 puntos, descansan na vindeira xornada e rematarán a liga visitando ó Ánimas, que ten os mesmos puntos. Xogaron polo As Pontes, Edgar, Nono, Eyob, Santi, Antonio, Xan, Adrián, Dani, Xoel, Vicente e Joan, xogando despois Alex Riobo, Mohamed e Iván.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – SD Rápido de Neda “B” (3-1)
SRD Ánimas “B” – CD As Pontes “B” (1-2)

Vitoria do Alevín A (3-1) ante o Rápido de Neda B. Son segundos con 30 puntos, pero a catro do Eume Deportivo, descansando ademais na vindeira xornada. Tantos de Xoel Purriños, Ismael Freire e Hugo Blanco. Sufrida ,pero importante vitoria do Alevín B, que venceu 1-2 na casa do oitavo clasificado Ánimas B. Os tres equipos de arriba manteñen o pulso, Rápido de Neda (37 puntos), As Pontes (36) e Eume Deportivo B (35). A próxima xornada reciben no Poboado ó Cebarca, décimo. Un gol en propia meta e outro de Alex Montero.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
FC Ortigueira – CD As Pontes (0-2)
C D As Pontes “B” – Galicia de Mugardos (0-7)

Triunfo do Benxamín A, 0-2 en Ortigueira. Lidera a clasificación con 40 puntos, e ó levar seis de vantaxe ó Val e quedar só tres xornadas, poden cantar o alirón no vindeiro partido recibindo ó conxunto de Miño, oitavo, pois tamén teñen o goal average gañado cos valexos. Pero partido moi difícil contra o equipo do Ortegal, que a pesar de ser penúltimo, só se lle puido gañar nos derradeiros minutos con tantos de Xandre Fernández e Israel Varela. Derrota sen paliativos a do Benxamín B 0-7 ante o líder Mugardos. Seguen de quintos con 22 puntos, visitando a semana que vén ó noveno, Galicia de Caranza C.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
Eume Deportivo – CD As Pontes (4-5)
CD As Pontes “B” – FC Ortigueira (6-5)

Axustado, pero gran triunfo do Prebenxamín A, 4-5 en Pontedeume. Seguen terceiros con 29 puntos nunha Liga dos mellores, onde o Rápido de Neda xa é campión matemático a falta de tres xornadas, pois ten 41 puntos, e o segundo, Racing de Ferrol, 31. Os azuis reciben ó Galicia de Caranza B, noveno clasificado con 7. Os ponteses chegaron a ir 0-3 e 1-4, e viron como lles empataban o encontro no derradeiro minuto, pero acabaron sacando os tres puntos sobre o asubío final. Goles de Xoel Vigo (2), Diego Ortigosa (2) e Nicolás Meizoso. Tamén sufrido triunfo do Prebenxamín B, 6-5 ante o Ortigueira, co que seguen terceiros con 38 puntos antes de visitar ó cuarto clasificado con 34, Racing de Ferrol B. Goles de Nacho Villasuso (3), Xandre Domínguez, Lucas Blanco e Íker Ares.

Nova de Xosé A. Ferreiro e A.F.

COPA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 

Disputouse a pasada fin de semana a primeira xornada da competición de Copa, con vitorias de As Pontes 74, Farmavida e Santaballés, o campión de liga, que pasou apuros para impoñerse a MMYPEM, con senllos goles anotados nos minutos finais e ó parecer os dous en fóra de xogo.

As Pontes 74 lidera o grupo A con tres puntos, seguido de Bar Xardín e La Galaxia cun punto. No grupo B comparten o liderado Galiorient e Santaballés.

A vindeira fin de semana dispútase a segunda xornada, sendo os partidos máis salientables As Pontes 74-Galiorient e La Galaxia-Mobles Eume. Electricidad J&O e Farmavida, equipos que descansan esta xornada, xogan o sábado 23 (20:00) o partido pendente da liga.

COPA (1ª Xornada) 16-17 / Abril / 2016

Electricidad J&O – As Pontes 74 (1-2) Fran (pp) / Fran e Paz
Bar Xardín – La Galaxia (1-1) Iván / Pupi
MMYPEM – Santaballés (0-2) Suso e Valú
Galiorient – Farmavida (2-0) Tomás (2)
Descansaron: Mobles Eume e A Cepa

COPA (2ª Xornada) 23-24 / Abril / 2016

A Cepa – Santaballés (Sáb. 23, 19,00 h)
As Pontes 74 – Bar Xardín (Dom. 24, 10:00h)
Galiorient – MMYPEM (Dom. 24, 11:00 h)
La Galaxia – Mobles Eume (Dom. 24, 12:00 h)
Descansan: Electricidad J&O e Farmavida
Estes 2 equipos xogan o sábado (20:00) o partido pendente da liga

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: