CD As Pontes Feminino

II MUNDIALITO DE FUTBOLÍN AS PONTES 2016

Este sábado 21 de Maio disputouse en As Pontes a segunda edición do Mundialiño de Futbolín, na modalidade de parado, nunha carpa, no Colexio Santa María. Comezouse sobre as doce da mañá e a longa xornada rematou coa final, sobre as once e media da noite.

Achegáronse preto de duascentas parellas, en concreto 173, ademais de locais e galegas, de diversos lugares de España, coma Castela León, Cantabria ou Cataluña. Coma o ano anterior houbo torneo para as parellas pontesas e tres categorías.

Os mellores ponteses, coma na edición anterior, foron o Borea Borea, seguidos por Destroyerss e a parella formada por Saúl e Juan Manuel.

Na terceira categoría impúxose David Ortegal, na segunda posición Jony-Berto, e na terceira, Sevilla.

Na categoría dúas, venceron Roberto e Esteban, e acompañaronlles no podio Pari-Pika e Héctor-Anllo.

Na primeira categoría, a parella Dolce Vita, de Barcelona, coma o ano anterior, non tivo rival. Superaron os seis envites que tiveron dende os trintaedousavos de final, e impúxeronse con suficiencia na final, con Codina na defensa e Rafa na dianteira, á parella César-Víctor. En semifinais quedaron As Pontes, terceiro, e o equipo leonés Phaininda, cuarto.

Entregou os trofeos o pontés Jose Antonio Meizoso, once veces campión de España e subcampión mundial desta disciplina, e o Concelleiro de Deportes do Concello de As Pontes, Chicho Tembrás.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e AF

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 21-22 / MAIO / 2016

FASE DE ASCENSO Á LIGA GALEGA CADETE
CD As Pontes – SD Residencia (2-1)

Bo resultado do Cadete pontés na ida da primeira eliminatoria da fase de ascenso. Venceu por 2-1 ó Residencia de Lugo, e iso que se adiantaban os visitantes ó pouco do comezo do segundo tempo por medio do seu lateral dereito Pablo López; pero Mateo empataba pronto, e a cinco minutos do final Pani anotaba o tanto que dá esperanzas de cara ó encontro de volta en campo lugués.
Xogaron polo As Pontes, Mateo Cociña, Carlos, David, Fraga, Bruno, Chema (Alex Barro 67´), Dani, Javi (Pani 59´), Cazás (Alex López 73´), Alberte e Mateo.

COPA FEMININA F8 (D. Ferrol)
UD Cebarca – CD As Pontes (0-7)

O feminino gañou na Barqueira por 0-7 ó Cebarca nos oitavos de final da Copa, co que avanza ós cuartos. Xogaron Leti, Yolanda (1), Noelia Santalla, Nuria, Indira, Noelia Ameneiro (2), Xeila, Paula Castro (3), Carlota (1) e Yara. En cuartos de final enfrontaranse no Poboado ó Mandiá, ó que gañou na liga por 3-1 (no Poboado) e empatou a un gol en Ferrol.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – SRD Portuarios B (9-0)
Racing San Pedro “B” – CD As Pontes “B” (2-7)

Paso adiante do Alevín A pontés de cara ó título de Liga ó gañar 9-0 ó Portuarios B, tantos de Xoel Purriños (2), Alejandro López (2), Sergio Paz, Hugo Blanco, Ismael Freire, Sergio Da Silva, e un en propia meta. Teñen 42 puntos, un máis que o Eume, co que se xogarán a Liga na derradeira xornada. De vencer ó Val, cuarto clasificado nestes momentos, pero cun encontro menos que xogará este luns, serían campións matematicamente.
Pola súa banda o Alevín B gañou por 2-7 ó San Pedro B, catro de Diego Purriños, e un de Alex Montero, Sergio Cabarcos, e Martín Calvo, e seguen segundos con 45 puntos antes de rematar a Liga contra o Amistade de Meirás B, sexto. Pero lidera o Eume B con 47, visitando ó colista Cebarca, así que semella que gañarán a Liga.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes “B” – SD Barallobre (4-3)

O Prebenxamín B gañou 4-3 ó líder Barallobre, con goles de Xalo Cascudo, Xalo Cebreiro, Xandre Domínguez e un en propia meta. O equipo fenés levaba 20 vitorias consecutivas, pero nesta ocasión víronse superados polos ponteses, que fixeron un bo partido, sobre todo na segunda parte. O As Pontes “B” é segundo (por goal average) cos mesmos 50 puntos que o Ánimas “B”, e de gañar no derradeiro encontro na súa visita ó quinto clasificado, Galicia de Caranza, quedarían nesa posición.

CAMPIONATO DE COPA (Xornada de convivencia en O Val)
O Benxamín “A” chegou a semifinais e o B caeu na fase de grupos

O Benxamín A pontés alcanzaba as semifinais nun prestixioso torneo, no que participaban 30 equipos, pois tódolos grupos acabaron as súas Ligas. No seu grupo perdían 3-1 co Narón O Freixo, empataban 0-0 co Eume Deportivo, e vencían 3-1 ó Ortigueira, pasando como segundos de grupo ós oitavos de final, nos que se impuxeron 3-1 ó Caranza B, logo en cuartos 2-0 ó CD Narón, caendo en semifinais, outra vez ante o Narón Freixo, nesta ocasión por 5-1, equipo que acabou gañando o torneo ó Racing de Ferrol C, sendo o outro semifinalista O Val C.
Non puido o Benxamín B, que caían nos tres partidos, 3-1 co Racing de Ferrol, 4-0 co Caranza A e 1-0 co Caranza C.

CAMPIONATO DE COPA (Xornada de convivencia en O Val)
O Prebenxamín “A” subcampión

Nos torneos de Convivencia (novo sistema de copa) da semana pasada, o Prebenxamín A pontés quedou subcampión. No seu grupo perdían 1-0 co Racing de Ferrol, pero logo vencían 2-0 ó Caranza C e 3-1 ó Portuarios. Xa na Fase Final gañaban 4-0 ó Animas en cuartos, voltaban a vencer en semifinais ó Caranza C, nesta ocasión por penaltis, 3-2, tras empatar a 0-0, e caían na gran final, 4-1 co Racing de Ferrol.

COPA AFACO XUVENILO E INFANTIL (Fase de grupos)
Eliminados os equipos xuvenil e infantil

O Xuvenil quedou eliminado da Copa Afaco na fase de grupos disputada en Miño. Vencía ó Eume Deportivo por penaltis 4-2, tras empatar no tempo regulamentario 1-1. Pero a derrota 2-0 co equipo local deixábaos fóra das semifinais.
En canto ó As Pontes infantil, que xogaba en Narón, perdía no primeiro partido por 2-0 co equipo anfitrión, Narón “A”, nas semifinais do seu grupo, quedando polo tanto eliminado, aínda que se resarcía derrotando 8-0 ó Val B na final de consolación.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

COPA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES

Este sábado 28, a partir das seis do serán, dispútanse no Poboado as semifinais ce copa.

Non houbo sorpresas nos cuartos de final da copa de fútbol de veteranos de As Pontes, agás a vitoria de La Galaxia, que deixou fóra da competición o vixente campión de liga, Santaballés. Triunfo de As Pontes 74 sobre Farmavida, equipo que nos derradeiros minutos deixou escapar a eliminatoria, xa que errou unha clara ocasión de gol e por contra marcáronlle os dous goles nos segundos finais.

Este sábado 28 dispútanse as semifinais a partir das seis do serán. A primeira será entre Mobles Eume e La Galaxia e a segunda, unha hora despois, entre As Pontes 74, campión da pasada edición, e Galiorient.

A será a partir das 11,30 horas do domingo e a continuación no LAR de Endesa a entrega dos trofeos, tanto da liga coma da copa.

COPA (Cuartos de final) 21-22 / Maio / 2016

Mobles Eume – MMYPEM (3-0) Iván, Villa e Luis
La Galaxia – Santaballés (2-0) Juan (2)
As Pontes 74 – Farmavida (2-0) Vila
Electricidad J&O – Galiorient (2-3) Cristóbal e Manolo / Tomás (2) e Vituco

COPA (Semifinais) 28 / Maio / 2016

Mobles Eume – La Galaxia (18,00 h)
As Pontes 74 – Galiorient (19,00 h)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: