CD As Pontes Feminino

DEBUT DE ALVARIÑO NO CAMPIONATO DE EUROPA DE INGLATERRA

O arqueiro pontés Miguel Alvariño desprazouse esta semana á localidade inglesa de Nottingham para a desputa do Campionato de Europa de Tiro con Arco ó Aire Libre.

Nas tiradas previas deste martes, Alvariño foi o 34º dos 110 participantes, dos que so os seis últimos quedaron eliminados das roldas eliminatorias nas que entraban os 104 primeiros.

Estivo moi ben Miguel Ángel Pifarre, que foi undécimo con 656 puntos, apuntalando as súas opcións de acudir a Río, en detrimento de Antonio Fernández “Yiyo”.

Juan Ignacio Rodríguez foi 33º con 640 puntos e Alvariño 34º con 639. O mellor foi o francés Jean Charles Valladont, con 671 puntos.

Miguel enfrontaráse mañá ó letón Janis Apsitis (79º) e de vencer cruzaríase ou co danés Weiss (31º), ou co rumano Marcu (82º). De alcanzar a terceira rolda, xa se disputaría o xoves.

Por equipos, os españois foron sétimos con 1935 puntos e polo tanto defrontarán nos oitavos de final de mañá contra Finlandia, décimo con 1931.

No feminino Adriana Martín foi décimo cuarta (631), Alicia Marín, 35ª con 610, e Mirene Etxeberría 41º con 606.

As españolas foron novenas con 1847 puntos e cruzaránse contra Gran Bretaña, oitava con 1854.

En mixtos, Adriana e Pifarre foron oitavos con 1287 puntos, e competirán contra a parella holandesa, novena con 1285.

miguel1

Nova cortesía de Xose Ferreiro

XORNADA DE ELIMINATORIAS EN NOTTINGHAM

Este mércores foi xornada de eliminatorias no Campionato de Europa, individuais, e por equipos, tanto en recurvo como en composto.

O pontés Miguel Alvariño, venceu na primeira rolda 6-2 ó letón Apsitis, e na segunda 7-3 ó rumano Marcu. O xoves competirá en dezaseisavos contra o turco Mete Gazoz, segundo da previa.

Tamén clasificaron os seus compañeiros, Pifarre venceu 6-0 ó grego Yantsios, e tamén 6-0 ó luxemburgués Klein. Juan Ignacio derrotou ó portugués Repas 6-0, e logo ó danés Lauridsen polo mesmo marcador.

Tamén as tres españolas alcanzaron a terceira rolda. As tres quedaron exentas da primeira rolda, e na segunda, Adriana Martín gañou 6-2 á grega Psarra, Alicia Marín 7-1 á británica Oliver. Algo máis compricado o tivo Mirene Etxeberría, pero venceu 6-4 á azerí Senyuk.

Por equipos, as mulleres caeron en oitavos 3-5 ante Gran Bretaña. Mellor lle foi ós homes, que venceron 5-1 en oitavos á Finlandia. Xa en cuartos, venceron pola mínima a Suiza, tras empatar 4-4 e 28-28 nas frechas de desempate, por estar as frechas españolas máis aproximadás ó dez que as suizas.

A outra cara da moeda lles tocou vivir nas semifinais ante o equipo ruso, i é que con 4-4 e 26-26 nas frechas de desempate, venceron os rusos pola mesma circunstancia.

Gran Bretaña e Rusia, polo ouro, e Bélxica e España polo bronce.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

MIGUEL ALVARIÑO QUEDA A UN PASO DO PODIO EN NOTTINGHAM

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García quedou este domingo coa mel nos beizos. Desputaba cos seus compañeiros de selección, Miguel A. Pifarre e Juan I. Rodríguez a medalla de bronce do Europeo que durante esta semana se levou a cabo na localidade inglesa de Nottingham.

Tras gañar a Finlandia (5-1), Suiza (5-4), e perder con Rusia (4-5), loitaban con Bélxica pola última praza do podio. O equipo belga foi a sorpresa do torneo ó conseguir alcanzar as semifinais, a pesar de facelo coa decimosexta mellor marca, a última das que daba acceso á fase final.

Adiantáronse os españois 2-0 (54-50), aínda que dous sets consecutivos dos seus rivais, 52-53 y 51-53, poñían o 2-4 no tanteador, pero España encargábase de empatar tras outro 54-50. Con 4-4 acudiuse ás frechas de desempate e os belgas lograron un 25-28 para establecer o 4-5 definitivo.

Curiosamente integraba o conxunto adversario, Robin Ramaekers, que fora o gañador no Mundial Junior de China que disputou Miguel fai tres años.

Na proba individual, Alvariño perdera na terceira rolda ante o xove turco de 16 anos Mete Gazoz, que alcanzou a prata, tras caer na final ante o francés Valladont, primeiro da previa.
Anteriormente ó Europeo, xa se desputara a cita de China, e a de Colombia, na que Miguel consiguira unha prata e un bronce. A próxima proba da Copa do Mundo celebrarase a mediados de Xuño en Antalya, no que será a antesala da cita de Río. Precisamente neste Europeo poñíanse en liza as últimas prazas europeas olímpicas, e a delegación española non conseguía clasificar a ningunha integrante no cadro feminino.

No conxunto masculino parecen claros Alvariño e Rodríguez, e pola terceira praza loitarína a día de hoxe Pifarre e Antonio Fernández.

En Composto mixto, Andrea Marcos, e Alberto Blázquez, madrileño do Arco Narón, alcanzaron o bronce, tras acabar por detrás de Italia e Eslovenia, dando a España a súa única medalla neste Europeo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

JOEL CARBALLEIRA CONVOCADO POLA SELECCIÓN GALEGA

O xogador pontés Joel Carballeira Orjales ven de ser convocado pola Selección Galega de Rugbi para o partido que se disputará esta fin de semana contra a Selección Vasca, no seu debut neste triangular no que tamén participa a selección catalana.

O encontro disputarase este sábado en Hernani, ás 16:00.

Os 23 convocados polos seleccionadores, Diego Losada, e o pontés Pablo Enríquez Megino, son:

Crat A Coruña: Guillermo Hernández, Miguel Villarmea, Juan Núñez, Guillermo Guillamet, Jaime García, Esteban Arean, Jose Luis Rosado, Diego Riestra, Nicolás Pooli, Martín Pérez, Javier Dovale.
Vigo RC: David Redondo, Jesús Moure, Vicente Prieto, Víctor Salgado, Falemaka Tatafu, David Riveiro.
CR Ferrol: Francisco Usero, Nicolás Cartelle, Alejandro Díaz-Pache.
CR Cisneros: Eloy Ortiz
Os Ingleses RC: Antón Teijeiro
Fendetestas: Joel Carballeira

Nova cortesía de Xose Ferreiro

NOÉ CALVO PARDO XOGARÁ O ANO QUE VÉN EN PORTUGAL

O xogador pontés de Fútbol Sala, Noé Calvo Pardo, xogará a vindeira temporada no Fundao portugués, equipo no que xa estivera hai dúas tempadas.

Noé, que se formou nas categorías inferiores do CD As Pontes, xogou, xa no mundiño do fútbol sala, no Unidade de Fene, Hermanos Barbeito, Cidade De Narón, e O Esteo pontés, de onde, tras xogar catro temporadas, foi fichado polo Operario Desportivo das Illas Azores, e posteriormente xogou no Fundao, equipo co que gañou a Copa de Portugal 2014, tras gañar 7-6 a todo un Benfica, Campión Europeo 2010, e co que tamén chegou a ser subcampión de Liga.

A tempada pasada estivo no Raba Eto de Hungría, co que conquistou Liga, Copa e Supercopa húngara. Tras este éxito, firmou nesta campaña 2015-16 polo Bakú United de Londres, campión inglés co que xogou a Uefa Futsal Cup, e estando inmerso na loita pola Liga e Copa inglesa o clube desapareceu no mes de marzo por motivos económicos.

Retorna Noé así a Portugal, onde xa xogara dúas tempadas e media, e concretamente no Associaçao Desportiva Fundao nas campañas 2012-13 e 2013-14

noe_0004

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SERGIO OTERO XOGARÁ A COPA COCA COLA COA SELECCIÓN GALEGA CADETE

O futbolista pontés do Racing de Ferrol, Sergio Otero Pedre, ven de ser convocado pola selección galega para a disputa da Copa Coca Cola Cadete.

A selección xogará nesta fase intermedia, no campo de Baltar, en Portonovo, este sábado, ás 11h, contra Asturias, e despois ás 13h, contra Cantabria, pois os partidos teñen unha duración de 40 minutos.

Pola súa banda, na competición paralela, o Celta de Vigo, campión galego tras gañar 3-2 ó Deportivo da Coruña, xogará contra o Sporting de Gijón e o Bansander de Cantabria.

Os 18 convocados son os seguintes:

RC Deportivo de A Coruña: Pablo González, Óscar Sánchez, Jorge Tomé, César Rodríguez, Javier Armas, David Rojo.
Racing Club de Ferrol: Iván Pérez, Sergio Otero, Manuel Ramos, Alberto Rodríguez, Manuel Fernández.
Bertamiráns CF: Víctor Vilariño, Adrián Vieites, Manuel Xiráldez.
Ural CF: Pablo Martínez
ED Arousa SD: Martín Diz
CD Choco: Alejandro Figueroa
Crocha Balonpé CF: Carlos López

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SERGIO OTERO CLASIFÍCASE PARA A FASE FINAL COA SELECCIÓN GALEGA

A selección galega sub16 clasificouse para a Fase Final da Copa Coca Cola, que terá lugar en Torremolinos, do 10 ó 12 de Xuño, tras gañar este sábado nos penaltis os dous encontros que disputaron, en Portonovo.

No partido contra Asturias dominaron, e incluso tiveron un tiro ó longueiro, pero houbo que recorrer ós penaltis, nos que gañaron 4-3. Sergio disputou os 40 minutos.

Algo máis igualado estivo o encontro ante Cantabria, que se comezou adiantando, pero pronto empataba David Rojo. Ningún equipo conseguiu romper a igualdade e tivo que ser outra vez nos penaltis que venceu Galicia 6-5 e clasificaba á fase final, dado que o partido entre cántabros e asturianos tamén rematou en empate.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

IMG-20160531-WA0009

ACTUACIÓN DOS ALEVÍNS DO ESTEO NA FASE FINAL DA COPA DA TERRA CHÁ

Os dous equipos Alevíns do Esteo pontés de Fútbol Sala disputaban esta fin de semana a Fase Final de Copa, cita á que chegaban os 4 mellores equipos de cada categoría.

O Alevín A, os de segundo ano, gañaba nas semifinais ó Meira por penaltis tras rematar o encontro con empate a 3-3, pero sucumbía na final ante o potente equipo do Concello de Guitiriz por 6-2. O torneo disputouse en Mondoñedo o sábado.

Pola súa banda, o Alevín B, os de primeiro ano, lograba brillantemente o título de Copa, tras derrotar en semifinais 4-0 ó Rábade, impoñéndose logo na final ó Cospeito por 3 goles a 1. A competición celebrouse en Rábade este domingo.

IMG-20160531-WA0008

IMG-20160531-WA0009

Nova cortesía de Diego Vinicius e X.F.

ACTUACIÓN DE BORJA PRIETO NA COPA DE ESPAÑA

O piraguista pontés Borja Prieto Valera competiu esta fin de semana en Verducido na Copa de España nas distancias de 200 e 500 metros.

Participou en tres probas. A primeira era o sábado no K1 500 metros. Na contrareloxo previa foi decimosexto. Xa nas semifinais, na súa, gañada por Roi Rodríguez, foi sexto, e na final B, quedou terceiro, gañando a final A o campión mundial junior Pelayo Roza, por diante do prometedor Roi Rodríguez.

Xa na xornada do domingo, competiu no K2, cun gran compañeiro, Juan Oriyés, gañado o día anterior do K1 200, e foron duodécimos na contrareloxo. En semifinais foron cuartos, a un palmo da final, pero resarcíronse gañando a final B, por diante do gran Perucho, campión olímpico. Gañou o Fluvial de Lugo liderado por un impoñente Cristian Toro.

A proba na que máis opcións tiveron foi o K2 500, e tras conseguir a novena praza na contrareloxo, foron terceiros na súa semifinal, e na posterior final, foron cuartos, por detrás dos dous Tudenses e Delfines de Ceuta. Gañaron Campo-Millán.

borja_2

Nova cortesía de Xose Ferreiro

JAVI SAA SERÁ O NOVO ADESTRADOR DO ESTEO

Javier López Franco, máis coñecido como Javi Saa, será o novo adestrador do equipo pontés de Fútbol Sala para a próxima tempada 2016-17, na que ademáis será coordinador das categorías de base do clube.

Polo tanto, o anterior técnico, Suso Rey, non continuará. Cumpriu, aínda que con excesivo sufrimento, co obxectivo de que o equipo continuase una ano máis na Segunda División B, na que será a súa cuarta tempada na categoría.

Javi Saa xa adestrara ó Esteo en dúas ocasions anteriormente, na 2005-06, e estivo uns meses na 2008-09. En ambas campañas, o equipo rematara na cuarta posición na Primeira Nacional B.

javisaa

Nova cortesía de Xose Ferreiro

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 25-27-28 / MAIO / 2016

O Alevín A gaña a Liga e conquista o 67 título comarcal da canteira pontesa. O Alevín B e o Prebenxamín B rematan a Liga en segunda posición. O feminino alcanza as semifinais de Copa, mentres o Cadete queda apeado da fase de ascenso tras unha eliminatoria moi igualada, pero remata a tempada como campión de Copa e subcampión de Liga.

COPA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CD As Pontes – CF Mandiá (2-1)

O feminino conseguiu o pase ás semifinais da Copa de Ferrol, tras impoñerse ó Mandiá, 2-1. Comezaron gañando co tanto de Yolanda, e despois chegou o 2-0 cun tanto en propia meta. No segundo tempo Eva recortaba distancias pero o marcador non se moveu e as de Pita conseguen un meritorio pase ás semifinais, onde tamén están R.Ferrol, Maniños e San Sadurniño, campión, segundo, e cuarto clasificados da Liga.
Xogaron polo As Pontes Feminino, Leti, Yolanda, Noelia Santalla, Yaiza, Indira, Vicky, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Andrea Pita. Disputará a semifinal contra o CD San Sadurnino. A outra semifinal enfrontará o Racing de Ferrol e Cultural Maniños.

FASE DE ASCENSO Á LIGA GALEGA CADETE
SDC Residencia – CD As Pontes (3-0)

O Cadete pontés quedou eliminado na volta da Fase de Ascenso, tras caer 3-0 en Lugo ante o Residencia, tralo 2-1 da ida. Os lucenses puxeron a eliminatoria de cara antes do descanso, cos tantos de Santiago e Jorge. No segundo tempo os de Iván Rodríguez buscaron o tanto que lles dera opcións, pero foi no último minuto que protestan unha mán do equipo rival, que sinalou o liña, pero que o colexiado non quixo dar, e na posterior contra marcaron os locais o 3-0 definitivo por medio de Jose, conseguindo o pase á seguinte rolda.
Xogaron polo As Pontes, Mateo Cociña, Cazás, David, Fraga, Bruno, Chema (Alex Barro 41´), Dani, Javi (Manuel 69´), Carlos, Alberte e Pani. O Cadete despide a tempada co subcampionato de liga e coa Copa no peto.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
SD O Val – CD As Pontes (0-4)
CD As Pontes “B” – Amistade Meirás (4-0)

O Alevín A proclamouse campión de Liga tras gañar 0-4 en Sinde ó sexto clasificado, O Val, con dous goles de Alejandro López, e un de Ismael Freire e Hugo Blanco. Acaban a Liga con 45 puntos, un só por diante do Eume. Presenciou o partido Adrián López “Piscu”, defensa central actualmente na Primeira División de Dinamarca, no AGF Aarhus, e antes no Deportivo da Coruña, Wigan inglés e Montreal Impact de Canadá. Xogou coa selección galega contra Camerún e Irán.
O equipo comezou mal a competición, con apenas 8 puntos nas seis primeiras xornadas, pero nos últimos 14 encontros sumaron 12 triunfos por un empate e unha única derrota ante o Caranza B, 2-1. Sobre todo, as seis últimas vitorias consecutivas foron claves e posibilitaron o título, ademais da derrota dos de Pontedeume ante o Perlío B e o empate co Cedeira.

Gañou o Alevín B por 4-0 ó Amistade de Meirás, tantos de Alex Montero, Diego Purriños e dous de Martín Calvo. Pero, como o Eume B venceu 1-3 na súa visita ó colista Cebarca, queda campión de Liga con 50 puntos por 48 dos ponteses, que fixeron unha boa Liga, pero pesou, máis que os tres partidos perdidos, a dobre derrota co cuarto clasificado, o Numancia de Ares.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
Galicia de Caranza – CD As Pontes “B” (1-2)

Venceu o Prebenxamín, 1-2 ante o Galicia de Caranza, con remontada incluida, tantos de Xalo Cebreiro e Íker Ares, polo que acaba a Liga na segunda praza con 53 puntos, empatado co Ánimas B, pero por diante dos ferroláns polo goal average, 3-6 en Ferrol e 0-1 no Poboado. Campión o Barallobre con 63, con 21 triunfos e unha única derrota no Poboado a semana pasada.

COPA ALEVÍN (Xornada de convivencia en Meirás)

No torneo de Convivencia Alevín disputado en Meirás, participaron os dous equipos ponteses. O Alevín A gañou por 2-0 ó Cebarca e por 4-1 ó Numancia de Ares, perdendo entremedias 1-0 co Val. Nos oitavos de final caeron 1-0 ante o Galicia de Caranza B, equipo que na primeira fase gañou tamén 1-0 ó As Pontes B, e que alcanzou a final, na que perdeu co O Freixo Narón por 3-1.
O Alevín B, como dicíamos, perdeu co Galicia de Caranza B por 1-0, pero gañou 1-0 ó Cariño, e 2-0 ó Perlío B, caendo igualmente nos oitavos de final por penaltis, tras empatar a un gol co Val.

COPA PREBENXAMÍN (Xornada de convivencia en Aneiros)

No torneo de Convivencia Prebenxamín celebrado en Aneiros, o Prebenxamín B pontés perdeu contra o Racing de Ferrol C (2-1), e gañou ó Racing de Ferrol D (4-0) non podendo pasar a fase de cuartos de final. Resultou campión do torneo O Val A.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

REMATOU A COMPETICIÓN DE FÚTBOL DE VETERANOS CO MOBLES EUME COMO CAMPIÓN DE COPA

Esta fin de semana disputáronse as semifinais e a final da copa do fútbol de veteranos de As Pontes, título que acadou por cuarta vez o Mobles Eume, subcampión de liga desta tempada.

Nas semifinais,. Vitoria clara e contundente de Mobles Eume sobre un La Galaxia, que contaba con varias baixas. O resultado final foi de 5-1 a prol dos mobleiros.

Máis igualada estivo a outra semifinal que enfrontaba a As Pontes 74 e Galiorient. O resultado ó remate do encontro foi de 2-1 a prol do As Pontes 74.

Na final disputada na mañá do domingo tivo que chegarse á quenda dos penaltis, xa que tempo regulamentario rematou con empate a dous goles. Por parte dos mobleiros anotaron os tres Luis, Manel e Iván, mentres que Óscar, por As Pontes 74, enviou o balón ó longueiro. Marcaran antes Julio, que tivo claras ocasións durante o partido, e Anselmo.

O Mobles Eume aliñou a Manolo, Villasuso, Iván, Rubén, Luis, Manel, Quinto, Javier, Martín e Santiago. Xogaron por parte de As Pontes 74, Pellón, Rey, Xose, Rober, Anselmo, Vila, óscar, Julio e Paulino.

Despois da final disputada no campo do Poboado, que contou coa presenza dun significativo número de afeccionados, realizouse no LAR a entrega de trofeos e distincións a tódolos equipos, así como a Pirulo, árbitro que foi de toda a tempada. Fixeron entrega dos galardóns membros da organización da competición e o concelleiro de Deportes pontés, Chicho Tembrás.

Rematou así a temporada 2015/16 de fútbol veterano pontés co Santaballés como campión de Liga e o Mobles Eume como gañador da copa.

GALARDOADOS TEMPADA 2015/16

Campión de Liga: CLUB SANTABALLÉS
Campión de Copa: CLUB MOBLES EUME
Subcampión de Copa: CLUB AS PONTES 74
Máximo goleador: IVÁN FERREIRO (Mobles Eume)
Porteiro menos batido: MANOLO “Cope” (Mobles Eume)
Premio á Deportividade: CLUB SANTABALLÉS

PALMARÉS DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES

CAMPIONATO DE LIGA

2009/10 CONSTRUCCIÓNS GUERREIRO
2010/11 SANTABALLÉS
2011/12 MOBLES EUME
2012/13 SANTABALLÉS
2013/14 BAR XARDÍN (antigo Santaballés)
2014/15 MOBLES EUME
2015/16 SANTABALLÉS

CAMPIONATO DE COPA

2009/10 FARMAVIDA
2010/11 MOBLES EUME
2011-12 MOBLES EUME
2012/13 AS PONTES 74
2013/14 MOBLES EUME
2014/15 AS PONTES 74
2015/16 MOBLES EUME

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

ACTUACIÓN DO CLUBE ATLETISMO OLYMPO NO TROFEO MARINEDA ATLÉTICO RAMÓN TASENDE

Esta fin de semana oito competidores do Clube Atletismo Olympo desprazáronse ata a cidade da Coruña para a disputa do Trofeo Marineda Atlético, nas pistas de Elviña, nun día soleado.

Acadaron a medalla de prata, Antonio Graña en 500 Benxamín, Paula Criado en 500 Alevín, e a gran Susana Castro en salto de altura. Tamén foi cuarta nos 400 metros valados.

Tamén acabaron na cuarta praza, preto do podio, Héctor Mieres, en 500 Alevín, Antón García en 500 Infantil. Carla Franco foi cuarta en salto de altura xuvenil, e sexta en 400 metros valados da mesma categoría.

Lucía Vila foi novena en 500 Alevín e Carlos Fernández, decimonoveno nos mil metros xuvenil.

Nova cortesía Atletismo Olympo e X.F.

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: