CD As Pontes Feminino

XXV TROFEO SILEX AIRE LIBRE

Este sábado disputouse o tradicional Torneo Silex.

En recurvo home houbo duelo local polo ouro, e nunha final moi competida, Alvariño gañaba por un axustado 6-4 a Dani Castro, quedando décimo o tamén local Borja Barro. Bronce para Vicente Veira (Arc-Teixo).

En composto, o título tamén quedaba na casa ó gañar Xaquín Mira na final a Guillermo Rodríguez (142-134). O bronce era para Jose Álvarez (CTA Ponferrada).
A local Cristina Castro acabou na cuarta praza en cadete, logrando o ouro o prometedor Gabriel Galante, do Iadovi.

J.Luis Rodríguez gañaba en veteráns e Noelia Pena en féminas. Ambos, do Arc-Teixo.

Tedes todos os resultados en http://www.ianseo.net/Details.php?toId=1843

Nova cortesía de Xose Ferreiro

GRAN ACTUACIÓN DE DANI CASTRO NO GRAN PREMIO DE MADRID

O pontés Daniel Castro Bárcala logrou a medalla de prata nos prestixioso Gran Premio de Madrid, celebrado no Parque Deportivo Puerta de Hierro esta pasada fin de semana.

Dani meteuse na rolda dos 64 mellores, dos 103 participantes, coa sétima mellor marca, ó obter 623 puntos.

E foi vencendo sucesivamente a Juan Ortiz en trintaedousavos (6-2), Antonio Atienza en dezaseisavos (6-0), e ó que fora seu compañeiro na Selección Española Junior, Ken Sánchez en oitavos, na frecha de desempate (6-5).

Xa nos cuartos de final venceu ó segundo da previa, Daniel Simo (7-3), e nas semifinais a Manuel Villa por 6-4, garantindo o pase á final.

Xa na final enfrontábase a Antonio Fernández “Yiyo”, o único integrante da Selección Española que non acudiu a Nottingham. Experimentado competidor internacional, que so foi quen de vencer a Dani por 6-5 con 9-8 na frecha de desempate.

As medallas de bronce foron para Manuel Villa e Mario Morán.

Tamén competiu polo Silex, en Composto, Xaquín Mira, que venceu a Daniel Casillas (141-138), caendo despois ante Gonzalo Sánchez (141-143).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PARTICIPACIÓN DO ATLETISMO OLYMPO NA ÚLTIMA FIN DE SEMANA DE MAIO

A gran Susana Castro, tirou de clase, e aínda con varios anos sen participar, foi cuarta no Campionato Galego de Probas combinadas, que se disputou en Vigo.

Participou no heptatlon, e na xornada do sábado foi sétima nos 100 metros valados (19:51), cuarta en altura (1.40), cuarta en peso (7.68), e sexta en 200 metros (29:85).

Xa o domingo, foi quinta en lonxitude (4.38), cuarta en xabalina (23.25), e, como non, primeira nos 800 metros (2:35:68), proba na que fora tres veces Campiona de España.

No Memorial Gregorio Pérez Rivera, nos 5000 metros, o gran Minecho foi segundo na proba de veteráns, e Miguel Vilaboy sétimo.

Pola súa parte, na terceira Carreira Popular de San Sadurniño, os irmáns Antonio e David Graña foron segundos, e medalla de prata, en Benxamín e Prebenxamín, respectivamente.

Tamén tivo presenza o clube pontés na Diversicorre Color Run, en Lugo, na que Goretti Ramos foi 64ª (22:24), Alba Rodríguez 135ª (26:43) e María Fornos 137º (26:44).

Nova cortesía Atletismo Olympo e X.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 4-5 / XUÑO / 2016

O feminino cae en semifinais de Copa. O Benxamín gaña o prestixioso torneo de Pontedeume e o Infantil é terceiro na Capela.

COPA FEMININA F/8 (Semifinal)
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES (4-1)

O feminino quedou apeado nas semifinais da Copa de Ferrol ó caer en San Sadurniño por 4-1. Antes de chegar ó descanso Melissa anotaba dous tantos e pese a que na reanudación Noelia Ameneiro recurtaba distancias, outra vez era Melissa, que selaba o seu hat trick, e Estefanía co tempo xa cumprido que poñían o resultado definitivo, e o equipo alaranxado xogará a final contra o Racing de Ferrol. Na outra semifinal o Maniños adiantouse 0-3 pero as ferroláns foron quen de empatar para acabar gañando nos penaltis.
O femimino pontés disputará a fase previa da Copa Afaco o día 18 con O Val, Ortigueira, Amistade Meirás e Cebarca.
Xogaron Leti, Yolanda, Noelia Santalla, Yaiza, Indira, Noelia Ameneiro, Vicky, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba.

TORNEO DE PONTEDEUME BENXAMÍN E PREBENXAMÍN

O Benxamín gañou o prestixioso torneo de Pontedeume, campionato no que participaban 23 equipos, ademáis dos mellores da comarca, importantes conxuntos da Coruña.

Na fase de grupos venceron ó Orillamar (2-1), Racing San Pedro (2-1) e Cedeira B (4-0). Xa nas roldas finais, gañaron en oitavos 4-0 ó Racing de Ferrol, 3-0 en cuartos ó Racing San Pedro, 4-0 en semifinais ó Perlío e tamén por 4-0 na final ó Eume.

Mentres, o Prebenxamín, no mesmo torneo de Pontedeume, gañaba 3-2 ó Maniños, empatando 1-1 co Victoria de A Coruña, pasando a cuartos como un dos dous mellores segundos, e caendo nesta rolda ante o mesmo equipo coruñés por 2-0.

resutados_2

TORNEO INFANTIL DA CAPELA

No Torneo da Capela, o Infantil pontés rematou na primeira posición do seu grupo, no que estaban Ánimas, Caranza, San Pedro e Maniños, caendo nas semifinais a penaltis co Cariño (1-1), acabando o torneo na terceira posición, tras vencer ó Ánimas, tamén na quenda de penaltis (1-1). Torneo gañado polo Cariño na final ó Portuarios (0-0), tendo ós lanzamentos dende os once metros outra vez como protagonistas.

Nova cortesía Xose Blanco, Rivas, Minchi, Iván R., AF e XF.

III TORNEO DE FÚTBOL SALA DE BASE FESTAS DO CARME DE AS PONTES 2016

Esta fin de semana disputouse en As Pontes a terceira edición do Torneo de Fútbol Sala de Base Festas do Carme 2016, organizado polo Club O Esteo FS e a Concellería de Deportes do Concello de As Pontes, coa participación de 16 equipos, nas tres categorías, alevín, benxamín e prebenxamín. O Pavillón Municipal da Fraga foi o escenario do total de 26 partidos disputados entre o sábado e o domingo.

O Cidade de Narón resultou o vencedor en Alevín, o Concello de Guitiriz en Benxamín, namentres que nos máis pequenos, nos prebenxamíns, resultou gañador o Cinco Coruña. O equipo local do Esteo alcanzou tres semifinais. Ó remate das tres competicións houbo un partido amigable de biberóns.

Entregaron os trofeos ós campións e subcampións de cada categoría o presidente do Esteo, Fran Fernández, e Pablo Montero, Fina Bellas e Ramón Silvent, integrantes da Comisión de Festas do Carme e A Fraga 2016.

RESULTADOS

ALEVÍN
Grupo E
O Esteo B 4 – FS Pontedeume 1
Red Blue Cinco Coruña A 2 – O Esteo B 0
Red Blue Cinco Coruña A 5 – FS Pontedeume 0

Grupo F
Cidade de Narón 5 – O Esteo A 0
Cidade de Narón 5 – Red Blue Cinco Coruña B 2
Red Blue Cinco Coruña B 4 – O Esteo A 2

Semifinais
Red Blue Cinco Coruña A 8 – O Esteo A 1
Cidade de Narón 4 – O Esteo B 1

Final
Cidade de Narón 6 – Red Blue Cinco Coruña A 4

BENXAMÍN

Grupo C
Red Blue Cinco Coruña B 5 – FS Pontedeume 4
FS Pontedeume 5 – O Esteo 1
O Esteo 7 – Red Blue Cinco Coruña B 0

Grupo D
Concello de Guitiriz 3 – Cidade de Narón 2
Concello de Guitiriz 6 – Red Blue Cinco Coruña A 1
Cidade de Narón 6 – Red Blue Cinco Coruña A 1

Semifinais
FS Pontedeume 3 – Cidade de Narón 1
Concello de Guitiriz 6 – O Esteo 1

Final
Concello de Guitiriz 6 – FS Pontedeume 1

PREBENXAMÍN
Grupo A
Concello de Guitiriz 10 – FS Pontedeume 1
Red Blue Cinco Coruña 6 – O Esteo 0
Concello de Guitiriz 1 – Red Blue Cinco Coruña 1
O Esteo – FS Pontedeume 1
Concello de Guitiriz 7 – O Esteo 0
Red Blue Cinco Coruña 5 – FS Pontedeume 0
Final
Red Blue Cinco Coruña 5 – Concello de Guitiriz 2

Nova de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: