CD As Pontes Feminino

SERGIO OTERO, SUBCAMPIÓN COA SELECCIÓN GALEGA

O futbolista pontés Sergio Otero Pedre desprazouse esta fin de semana á localidade malagueña de Torremolinos para a disputa da Fase Final da Copa Coca Cola Cadete.

Galicia comezou con vitoria por 2-1 ante Castela León, goles de Manu Ramos e David Rojo, para empatar despois 0-0 ante o anfitrión Andalucía. Coma no derradeiro encontro de grupo, os casteláns leoneses, que non se xogaban nada, venceron 1-0 a Andalucía, os galegos clasificaron para a final, contra Cataluña, que se desfixo no seu grupo da Comunidade Valenciana e Illas Baleares.

Na final do domingo á primeira hora non houbo cor e Cataluña venceu 4-0 a Galicia nos derradeiros minutos. Certo é que a selección galega xogou co equipo xusto debido a que varios dos integrantes foron vítima dunha gastroenterite. Sergio disputou os tres encontros.

O combinado catalán tamén venceu na final absoluta na quenda de penaltis ao Sevilla, que vencera ó Athletic de Bilbao 2-1 na final de clubes sucedendo no palmarés ó Real Zaragoza.

00100_0000017613_5_DSC08125

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SERGIO OTERO ESTARÁ NA FASE FINAL DA COPA COCA COLA CADETE

O xogador pontés Sergio Otero Pedre estará na Fase Final do Torneo Coca Cola Cadete, que se levará a cabo esta fin de semana en Torremolinos.

Galicia está encuadrada no grupo A con Castela Léon, coa que xogará ás 11:30 o sábado, e coa local Andalucía, coa que xogará o mesmo día ás 17:00.

No outro grupo estarán Cataluña, Comunidade Valenciana e Illas Baleares. Os campións de cada grupo clasificarán para a final do domingo ás 09:30.

O campión de seleccións e o campión de clubes, xogarán a gran final do torneo ás 13:15. Os seis clubes presentes serán Atlético de Madrid, Sevilla, Valencia, Athletic de Bilbao, Bansander e Gazte Berriak.

Os encontros terán una duración de 40 minutos.

Os 18 convocados son os seguintes:

RC Deportivo de A Coruña: Pablo González, Óscar Sánchez, César Rodríguez, Javier Armas, David Rojo
Racing Club de Ferrol: Iván Pérez, Sergio Otero, Manuel Ramos, Alberto Rodríguez, Manuel Fernández
Bertamiráns CF: Víctor Vilariño, Adrián Vieites
Ural CF: Carlos Gamallo, Pablo Martínez
CD Choco: Alejandro Figueroa, Lois Rodríguez
ED Arousa SD: Martín Diz
Crocha Balonpé CF: Carlos López

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PRIMEIRO DÍA DE COMPETICIÓN EN TURQUÍA

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García participa esta semana na terceira proba da Copa do Mundo, a que se disputa en Antalya.

Na proba de maior nivel, con ata 230 participantes, os representantes españois non conseguiron entrar nas primeira prazas, pero si meterse na rolda final dos 104 mellores.

Miguel Alvariño foi o mellor, 72º con 653 puntos, Antonio Fernández e Juan Ignacio Rodríguez foron 76º e 78º, ambos con 652, e Miguel Ángel Pifarre, 82º con 651.

Mal rival lle caeu a Miguel na primeira rolda eliminatoria que se disputará o mércores a primeira hora, dado que se enfronta ó turco de 16 anos, Mete Gazoz, 41º da previa, recente subcampión de Europa en Nottingham, torneo no que venceu a Alvariño por un rotundo 6-0. Tamén competirá Antonio Fernández contra o finés Samuli Piippo (37º), Juan Ignacio Rodríguez, ante o esloveno Rok Bizjak (35º), e Pifarre fronte o australiano Alec Potts (31º).

España foi 23º por países, dos 55 equipos participantes, polo que, con 1957 puntos, non entrou na rolda de oitavos de final dos 16 mellores, marcando a criba Ucrania con 1965.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

CITA DE RECURVO MIXTO EN TURQUÍA

O equipo español mixto, trala participación feminina este martes, clasificou á fase final coa décimosexta e última mellor marca dos 50 países participantes.

Resultou curioso que os dous integrantes españois, Miguel Alvariño e Alicia Marín, fixeron 653 puntos ambos, sumando 1306, que lles serviu para obter a última praza de clasificación, só un punto por diante de Francia e Indonesia, que obtiveron 1305 e quedaron eliminados.

Xa na rolda de oitavos, na que se enfrontaban ó campión da previa con 1372 puntos, Corea do Sur, con 21 de ventaxa sobre Italia, segundo, lograban o primeiro set cun 37-36, pero os coreanos levaron os tres seguintes, 36-38, 36-37 e 37-40 acabando 2-6.

Polo ouro, Corea contra India, e polo bronce, Italia contra China Taipei.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

ROLDAS ELIMINATORIAS EN TURQUÍA

Nesta mañá de mércores disputabanse os rounds elimninatorios, a onde chegaban os 104 mellores arqueiros dos 230 participantes.

Tres dos representantes españois caían na primeira rolda, Pifarre ante o australiano Potts (2-6), Rodríguez ante o esloveno Bizjak (2-6), e Fernández ante o finés Piipo (0-6).

Miguel Alvariño foi o único que avanzou ata a segunda rolda, na que perdeu ante o representante de China Taipei Jao Ting Yu (2-6). Anteriormente eliminara ó turco de 16 anos Mete Gazoz, recente subcampión de Europa en Nottingham, por 7-1.

Este resultado, aínda a pesar de non ser dos mellores, apuntala as posibilidades de Miguel de cara a Río, nunha convocatoria que se coñecerá en breve.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS XXIV MEMORIAL CARLOS FORNOS – VII TROFEO JOSE RAMÓN CORRAL

Esta pasada fin de semana disputouse no lago a Travesía de As Pontes, 24º Memorial Carlos Fornos e 7º Trofeo Jose Ramón Corral.

Competían as grandes embarcacións, K4 e C4, e a distancia para todas as categorías era de 8 kilómetros, agás os cadetes, que facían cinco.

Na participación pontesa, en K4 veteráns, o Grupo Xuvenil foi cuarto, co mítico Serafín Fontao, Jose Ángel Pico, Jose Manuel Ferreira e Jose Manuel García. Gañou o Club Náutico Firrete de Pontedeume.

Foi décimo sexto o K4 Senior, de Jose Antonio Menéndez, Rubén Basanta, Ernesto Gancedo e David Tonislavov, sendo gañador desta proba o Club Piraguismo Vilaboa.

Por último, no K4 Xuvenil, foron quintos, Xose Guerreiro, Carlos Durán, Martín García e Miguel Domínguez, nunha regata na que venceu o Club Fluvial de Lugo.

Outro vencedores foron, Club Piraguismo Verducido-Pontillón (K4 Cadete), Club Breogán do Grove (C4 Senior e K4 Senior Feminino), Club As Torres Romaría Vikinga (C4 Xuvenil e K4 Cadete Feminino), Club Náutico Pontecesures (C4 Cadete), Club Piraguismo Cidade de Lugo (K4 Xuvenil Feminino).

Por equipos, gañou o Club Piraguismo Vilaboa, por diante de Club Naval de Pontevedra e Club de Mar Ría de Aldán-Hermanos Gandón, sendo décimo cuarto o Grupo Xuvenil.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: