CD As Pontes Feminino

O EQUIPO FEMININO CLASIFÍCASE PARA A FINAL DA COPA AFACO

O equipo feminino pontés, dirixido por Pita, clasificou este sábado 18 para a final da Copa Afaco, tras ser o primeiro clasificado despois dos dez partidos disputados nos Campos de O Poboado.

As rapazas empataron 0-0 co Val, e 1-1 co Amistade de Meirás, equipos ós que gañaron na quenda de penaltis. A continuación impuxéronse ó Cebarca e tamén ó Ortigueira (2-0) no derradeiro encontro selando a súa presenza na gran final.

No outro grupo, celebrado en A Capela, o Cultural Maniños foi o dominador absoluto, tras gañar a Perlío (5-0), A Capela (5-0), Galicia de Mugardos (2-1) e CD Narón (1-0).

Complicado rival, segundo clasificado de Liga, con 29 vitorias, por apenas 2 empates e 3 derrotas, e que pretenderá resarcirse do mal sabor de boca de caer nas semifinais da Copa, hai unhas semanas, nos penaltis, ante o posterior campión Racing de Ferrol, ó que chegou a ir gañando 0-3.

Precisamente o equipo fenés foi o vencedor da primeira edición deste torneo na categoría feminina tras vencer o ano pasado 1-0 ó Ortigueira.

A final disputarase este sábado na Capela ás 18:00 horas.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

MIGUEL ALVARIÑO ESTARÁ EN RÍO

Hoxe confirmouse que o arqueiro pontés Miguel Alvariño García competirá en Río 2016, tras facer pública a RFETA a lista cos tres arqueiros convocados, que serán os mesmos que lograron a clasificación o ano pasado, Miguel, Antonio Fernández “Yiyo” e Juan Ignacio Rodríguez.

Quedou fóra, a pesar de facer un gran 2016, o cuarto integrante, Miguel Ángel Pifarre. A competición levarase a cabo entre o 6 e o 12 de Agosto en Brasil.

A noticia alegre do conxunto español nesta derradeira proba da Copa do Mundo celebrada en Turquía, foi que, a pesar de que o equipo feminino perdeu nos oitavos de final con Reino Unido e polo tanto non puido acceder as dúas derradeiras parazas que se outorgaban por conxuntos, tamén se xogaban as seis derradeiras prazas individuias femininas, e a sexta e última correspondeu a Adriana Martín, que se fixo con un sitio en Río.

Alicia Marín foi oitava e quedou a dous postos de estar en Brasil.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

XI CAMPIONATO GALEGO DE DOMINÓ

A pasada fin de semana celebrouse nas Pontes a XI edición do campionato galego de dominó, que organizou o club local “O Pito Doble” en colaboración coa federación galega da especialidade.

En total participaron 57 parellas de toda Galicia e Asturias, estando presentes xogadores de Ponte Caldelas, Cangas do Morrazo, Sada, Ares, Ferrol, Valdoviño, Cerdido, Moeche, Chantada, Asturias e As Pontes. Do club pontés competiron vinte parellas.

Resultaron vencedores a parella de Cangas formada por Serafín Docampo e Carlos Vizoso. En segunda posición clasificáronse Abilio Nogueira e Domingo Outerelo, mentres que Fernando Regal e Eutimio López, de Chantada, foron terceiros.

Arsenio Martínez e Manuel Ferreira foi a mellor parella do club pontés “O Pito Doble” ó quedar na quinta praza da clasificación final.

As partidas xogáronse na pista polideportiva do colexio Santa María e ó final da competición o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e o concelleiro de deportes, Jesús Tembrás, fixeron entrega dos trofeos ós gañadores.

Nova cortesía de O Pito Doble e A.F.
Fotografías cortesía de Noé López Valiña

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: