CD As Pontes Feminino

O PONTÉS IVÁN PENA, CUARTO CLASIFICADO NO MUNDIAL DE WAVESKI SURF

O deportista pontés Iván Pena Martínez disputou esta semana na localidade portuguesa de Santa Cruz, o Mundial de Waveski Surf.
Fíxoo na categoría Senior, a dos mellores, e superou a primeira e terceira rolda (a segunda era unha repesca) coma segundo clasificado.

Xa nas semifinais, tamén pasou como segundo, quedando eliminado na súa serie o brasileño Felipe Doria, e na outra o irlandés Guillaume Despez.

Xa na final dos catro mellores, non tivo sorte Iván. Venceu o francés Renan Leloutre, con 13.5, seguido do australiano Dale Randahl, con 10.8. Terceiro foi o británico Sam Mc Queen-Jones con 6.7, e firma un magnífico cuarto posto nun Mundial Iván con 5.45.

Iván Pena foi un destacado home da piragua nos seus tempos mozos, sendo ouro na Copa de España Junior K2 500 de 1996 xunto a Iago Crende Polo, e tamén xogou coa Selección Española de Kaiak Polo o Mundial de Alemaña 2002 (sétimo) e os World Master Games Autralia 2009 (cuarto).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PARTICIPACIÓN DE DANI CASTRO NO EUROPEO JUNIOR DE RUMANIA

O arqueiro pontés do Clube Sílex Daniel Castro Barcala (1997) participou esta semana nos Europeos Junior de Rumania.

Dani foi 28º nas tiradas previas con 635 puntos. Iván Marín foi 22º con 638 puntos e Pablo Acha 30º con 633. Moi ben o ruso Arsalan Baldanov con 671 puntos, 13 máis que o segundo, o francés Koenig (658).

Dani quedou exento de disputar a primeira eliminatoria, pero na segunda caeu ante o italiano Dino Bizzotto, 37º da previa, por un axustado 4-6.

Mañá venres competirán, en dezaseisavos de final, os seus compañeiros, tras vencer nesta segunda rolda. Pablo Acha gañou na frecha de desempate ó belga Ben Adriaensen 6-5 (10-9), resultado de mérito tendo en conta que o belga birloulle a medalla de bronce por equipos ó mesmísimo Alvariño hai unas semanas no europeo de Nottingham. Pola súa banda Iván Marí vencía 7-1 ó bielorruso Tsarankou.

Na proba por equipos, foron sextos na previa con 1906 puntos, enfrontándose en oitavos de final a Ucrania, undécima da previa, á que venceron por 5-1, caendo logo nos cuartos ante Rusia, que fora terceira, polo mesmo tanteo.

Acabaron na oitava posición, por detrás de Bielorrusia, Polonia e Italia, que tamén caeron nesta rolda.

Cousa curiosa nun deporte con tantas alternativas e sorpresas, é que polo bronce loitarán o terceiro e cuarto da previa, Rusia e Alemania, e polo ouro, o primeiro e o segundo, Francia e Holanda. Por unha vez, cumpríronse os pronósticos.

Dani xa fóra cuarto individual no Europeo Cadete de Eslovenia en 2014, e noveno por equipos no Mundial Junior de EEUU 2015.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

DOBLETE PONTÉS NO SLALOM CONCELLO DE MOECHE

Este sábado 16 de Xullo desputouse o Slalom Concello de Moeche, segunda proba puntuable para o campionato galego de Slalom.

A competición non puido outorgar mellores novas, i é que dos 39 participantes, dous ponteses ocuparon os dous primeiros escalóns do podio.

Adrián Bouza gañou, e ademáis foi o único competidor que conseguiu baixar dos dous minutos (1:59:97). Seguiulle o tamén local Pablo Castro Pajón, moi preto con 2:00:34. Xa no terceiro escalón quedou Antonio Amor Bustabad, con 2:02:96.

Con este triunfo, Adrián (Meira) afianza a súa primeira posición na xeral tras gañar as probas de Sarria e Moeche, e Pablo (As Pontes Motorsport) escala ó segundo posto. Quedarían as probas de Valga, Castro, Touro e Fene.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O CD AS PONTES PLANIFICA A CONTRARRELOXO A CAMPAÑA 2016-17

O CD As Pontes está a traballar estes días na confección do seu plantel para a campaña 2016-17, a que será a sétima na Terceira División.

Trala conformación de Marco Roca como adestrador, o clube fichou a Paco Fernández, gardamallas procedente do Galicia de Mugardos, e renovaron Edi, Samu, Rubén Pardo e Pablo Ramos.

Ás once baixas xa consabidas, súmanse outras catro. Non continúan no equipo, Óscar Martínez, que volve para o Montañeros, neste caso na primeira rexional, o lateral Hugo Filgueiras, que vai para o Galicia de Mugardos, Chote, que tras 13 anos retírase do fútbol, e o cancerbeiro Krikry, que tamén deixa este deporte.

Xogadores importantes coma Bossa ou Chicho poderían continuar no clube, algo que se saberá nestes próximos días, e descoñecemos a situación de canteiráns como Sergio Criado ou Juan Prieto.

Nestes momentos, o número de efectivos non chega para facer unha convocatoria en condicións, e por desgracia non ten moito tempo o conxunto azul, este día 3 de Agosto deberá rendir visita ó Abellá ou Sporting Sada, na primera rolda da Copa Deputación, pero sobre todo o día 21 de Agosto arrinca a Liga na que deberá visitar ó Celtiga na Illa de Arousa para a seguinte semana recibir ó Alondras.

Tamén conta Marco Roca co hándicap de non ter un equipo B co que completar as convocatorias, coma nas anteriores campañas, polo que o adestrador tería que recorrer ó Xuvenil, equipo que aínda non comezou a súa pretemporada.

Sexa como seña, agardamos poder informar sobre novas incorporacións nestes vindeiros días.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O ESTEO XA CONTA CON OITO XOGADORES

Estes últimos días, nos que coñecíamos quen serán os rivais do Esteo na vindeira campaña, o conxunto pontés está traballando arreo para pechar o seu plantel, no que xa ten a oito xogadores que estarán a disposición de Javi Saa.

Ás renovacións xa coñecidas do porteiro Javichu, os xogadores de pista Gerardo e Ayala, e á fichaxe do pívot Alex Garea, procedente do Cidade de Narón, estes últimos días soubose que o conxunto pontés de fútbol sala contará con outros catro futbolistas máis.

Renovaron o capitán Héctor Corgo, e o outro porteiro, Iván, e foron fichados, procedente do Troula betanceiro o ala Rober Paz, que regresa ó equipo verde e vermello no que xa estivo na 2013-14, a do debut do Esteo nesta categoría, e o pívot de 34 anos, Jacobo, procedente do Cidade de Narón, xogador dunha dilatada traxectoria o coruñés, que tamén xogara no Burela, Azkar e Parrulo, entre outros.

Por outra parte, tamén se soubo que o equipo pontés participará na Copa Deputación de A Coruña, e o seu primeiro rival será o Stellae FS, ó que terá que visitar en Padrón. O vencedor desta eliminatoria enfrontaráse en cuartos de final como local ó Cidade de Narón.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: