CD As Pontes Feminino

CATRO PONTESAS NO TROFEO CONCEPCIÓN ARENAL

Este xoves xogarase na Malata a segunda edición do Trofeo Concepción Arenal feminino.

Será un triangular entre unha selección feminina de Ferrolterra, o Deportivo de A Coruña e o Sporting de Gijón.

E participarán catro pontesas. Mireia Cabarcos, e Andrea Montero, que fichou para este ano, ambas de O Val de Narón, equipo que aporta nove das dezaoito xogadoras convocadas, a metade. Tamén estará Malena Mieres, porteira do Deportivo. No conxunto herculino xogará Raquel.

O trofeo Concepción Arenal foi gañado polo Endesa As Pontes en 1992, o ano que xogara a Fase de Ascenso a Segunda A.

O torneo comezará ás 19:00 e a convocatoria completa é a seguinte:

SD O Val: Vanessa Muíño, Mireia Cabarcos, Vero Díaz, Andrea Montero, Alba Pérez, Noemí García, Alba Permuy, Andrea Novo, Lucía Dopico.
Deportivo de A Coruña: Malena Mieres, Carolina Senra, Laura Doce
EF Racing de Ferrol: Carmela Barro, Paula Lorenzo
Orzán SD: Antía Delgado
CD San Sadurniño: Melissa Ghislaine
SRD Portuarios: Andrea Agulló
CD Cariño: Beatriz Vila

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PACO LÓPEZ NON CONTINÚA NO CD AS PONTES

O que fora técnico do CD As Pontes B, Paco López, non continuará nesta 2016-17.

Ó remate da campaña pasada, o segundo equipo pontés rematou a súa andaina que comezara aló polo 2010, e nin tan sequera participou na Copa de Ferrol de Afeccionados.

Polo tanto, Paco López, que ademáis de dirixir ó segundo equipo, tamén fóra segundo en moitos equipos de base, non formará parte do plantel de adestradores do clube pontés para esta campaña.

A baixa do conxunto B en si é moi perxudicial para a entidade, pois todos estes anos as xoves promesas alternaban a disputa de moitos partidos con asiduidade para gañar experiencia, na Segunda Autonómica, coa búsqueda de algúns minutos no primeiro equipo, pero este ano esta será a súa única alternativa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. CÉLTIGA CF 2 – CD AS PONTES 0

O As Pontes perdeu na Illa de Arousa, na súa visita ó Céltiga CF, equipo recén ascendido pero con galóns na categoría, coma o que o acompañou no ascenso, o Vilalonga. Máis inexpertos son o Castro ou o Dubra, do Norte, que debutan en Terceira.

Nunha primeira metade igualada resaltar un disparo ó pau de Diego. Trala reanudación, un córner acaba en gol de Castro, marcador que puido aumentar Chiqui con outro remate ó poste.

Buscou o empate o cadro azul, pero foi Pichi, xa no desconto, quen puxo o 2-0 definitivo.

Xogaron polos azuis, Paco, Criado, Buyo, Prieto e Callón en defensa, no medio Rubio, Ramos, Edi e David González, e arriba Pardo e o xuvenil coruñés Cristian.

A continuación entraron Álvaro Rey por Cris (41´), Samu por David (48´), e Marcote por Pablo Ramos (73´), sendo amoestados Pardo, Pablo Rubio e Edi.

Primeira derrota pontesa no Salvador Otero, onde se rexistraba un empate e tres vitorias, a última na 2012-12, 0-2.

Recibe o As Pontes a vindeira semana ó Alondras, equipo con capacidade para quedar nos postos de play off, pero que sufriu moito nesta primeira xornada para vencer 2-1 ó ascendido Castro, e remontando.

Equipo que este ano se fixo cos servicios de Xose, Fondevila, Tubo, Víctor, ou sobre todo de Pablo Couñago, que fora campión e máximo goleador do Mundial Sub20 e que andaba por Finlandia, equipo do que tamén fichou Yerai.

Por certo, o primeiro gol do Castro, no que milita o ex pontés Iván González, na categoría, anotado por Héctor Sánchez.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

II TORNEO INTERNACIONAL DE VOLEI PRAIA LAGO DE AS PONTES

Esta fin de semana disputouse en As Pontes o segundo Torneo Internacional de Volei Praia Lago de As Pontes.

Na proba organizada pola Federación Galega de Voleibo, o Clube Deportivo Aldebarán e o Concello de As Pontes competiron 14 parellas masculinas e 9 femininas na xornada do sábado e domingo.

Na proba feminina resultou vencedora a parella Nuria Pla e Teresa Zunzunegui (Santander), segundas Paula Santamaría e Raquel Palma (Miguel de Cervantes). Na terceira posición concluiron María Triñanes e Rebeca González (Barraña).

Na proba masculina gañaron Javier Monfort (Melilla), que revalidou o título do ano pasado pero nesta ocasión sen estar acompañado por seu irmán, senon por Zdravko Kamenov.

En segunda posición tamén repetiu Víctor Bouza (Lugo), irmán da gran Nuria Bouza, que volveu concluir na segunda posición, pero nesta ocasión non estivo acompañado polo Campión de Europa de Voleybol 2007 coa selección española, Guille Hernán, senón por Hernán Tovar (Ferrol).

En terceira posición remataron Miguel Mateo e Óscar Fernández (Santander).

Ao final do torneo, sobre as oito do serán, entregáronse os premios ós tres primeiros clasificados de cada categoría, entregados, entre outros, polo concelleiro de Deportes pontés Chicho Tembrás.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: