CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17 : PARTIDOS 3-4 / SETEMBRO / 2016

Castro e As Pontes enfróntanse por primeira vez en categoría nacional. Este primeiro choque será este domingo a partir do mediodía do domingo 4 de setembro (12,00 horas).

Con anterioridade os dous equipos enfrontáronse en competición oficial en dez ocasións, todas na Preferente galega, dende a tempada 2005/06 á 2009/10. En campo castrexo xogáronse cinco partidos, con dúas vitorias para cada conxunto e só un empate.

O CD Castro estréase esta tempada na 3ª División e despois de dúas xornadas disputadas ocupa a penúltima posición sen acadar ningún punto, mentres que os ponteses están dous postos por riba grazas ó punto logrado o pasado domingo no Poboado ante o Alondras.

A moral duns e outros é patente, sobre todo no As Pontes despois de acadar ese primeiro punto diante do conxunto do Morrazo e eliminar este pasado mércores ó histórico Compostela na copa Federación. Polo que este interesante choque preséntase moi interesante para as dúas afeccións.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (3ª xornada)
C.D. CASTRO – C.D. AS PONTES
CAMPO MUNICIPAL DE CASTRO DE RIBEIRAS DE LEA
DOMINGO 4 DE SETEMBRO DE 2016 (12,00 h)
ÁRBITRO: LUIS LOIS CARRO (Pontevedra)

COPA CADETE 1ª FASE (Grupo B Ferrol)
CD AS PONTES – CCRD PERLÍO
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
SÁBADO 3 DE SETEMBRO DE 2016 (18,00 h)
ÁRBITRO: ADRIÁN CANCIO VALCARCE (Ferrol)

LIGA FEMININA F-8 FERROL (1ª Xornada)
CD SAN SADURNIÑO-CD AS PONTES
CAMPO DA PISCINA (San Sadurniño)
VENRES 2 DE SETEMBRO DE 2016 (20,30)
ÁRBITRO: JOSE SANTOS MATO (FERROL)

Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

Logo de dúas semanas de adestramento, o Esteo estréase en competición oficial na disputa da eliminatoria previa da Copa Deputación da Coruña.

O encontro será este sábado (18,00) en Padrón diante do Stellae FS, que milita na Liga Galega Norte, equipo que pese a ser dunha categoría inferior conta nas súas filas con experimentados xogadores, que poden poñer as cousas un tanto complicadas ós ponteses. Ademais hai que ter en conta o factor campo.

O gañador enfrontarase en cuartos de final ó Cidade de Narón. Os outros enfrontamentos desta primeira rolda son: Arzúa FS-5 Coruña FS (o vencedor contra o Santiago Futsal), Brión FS- Ventorrillo FS (> Noia FS), Vila de Cee FS-Troula FS (> O Parrulo Ferrol).

COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2016
Fase Previa

STELLAE F.S. – O ESTEO F.S.
Sábado 3 – Setembro – 2016 (18,00 h)
Polideportivo Municipal de Padrón (Grupo Escolar)

Nova cortesía de AF

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: