CD As Pontes Feminino

O AS PONTES FICHA Ó SENEGALÉS IBRAHIMA NDIAYE

O CD As Pontes ven de contratar nas últimas horas ó dianteiro senegalés Ibrahima Ndiaye, Ibou.

O xogador africano de 23 anos, e 1.81 de estatura, nado en Dakar, chega procedente do Lemos, e anteriormente estivera no Adra Milenaria de Andalucía. Co equipo lucense anotou seis tantos nos sete últimos encontros que disputou en Preferente e en terras andaluzas anotou 27 tantos entre as dúas tempadas.

O seu adestrador no Lemos, Miki López, defíneo coma un dianteiro con movilidade, bo remate coas dúas pernas, e de cabeza, e que tamén pode xogar por banda.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 0 – RACING VILALBÉS 1

Derrota do As Pontes 0-1 ante o líder Vilalbés, o que deixa un mal sabor de boca nos afeccionados locais, máis que pola pérda dos tres puntos, por xogar con dez os últimos vintecinco minutos, e porque o único tanto chairego chegou tras un grave erro da zaga local.

Nun encontro no que regresaban a casa Souto, Alex Cabarcos e Arias, e nunha fin de semana no que os afeccionados víronse obrigados a escoller entre derbi de fútbol campo ou de fútbol sala, a pesar da diferencia na táboa clasificatoria, foi o As Pontes o que xogou mellor e levou o peso do encontro nos primeiros minutos, sacudíndose a presión o conxunto visitante, nivelando o dominio do encontro antes do descanso.

Así, tras unha xogada por banda, retrasa a bola Pardo, remata Edi e chapa Souto (9´). Posteriormente, Marcos non logra controlar un balón de primeiras, nunha xogada perigosa na que Cristian cae na área ainda que semella que non hai infracción (13´). Logo, tras un centro dende banda dereita, cabecea Edi e atalla sen problemas Souto (20´).

Avanzaron os chairegos, i é Villares quen se lle vai a Pablo Ramos e cando encara a Paco chegando dende banda esquerda, anticipase Callón (21´). Nun centro do pontés Alex Cabarcos, casi chega a cabecear en boca de gol Hugo (41´).

Na segunda parte os vilalbeses foron a polo gol dende o inicio. Tras un intento de despexe do conxunto local, o balón acaba nos pés do perigoso Gerardo, que queda completamente só, aínda que salva Paco en dous tempos (52´).

Tivo unha moi clara o As Pontes, tras un primeiro centro chut de Pardo, que o balón bota na área e quedalle que nin pintada a Cristian, que a manda fora por alto (61´).

O propio xogador coruñés é protagonista na xogada posterior, na que no momento en que vai a ser sustituido por Alex Cabarcos, o xove da Capela, ve a segunda amarela de maneira moi rigurosa, supostamente por perder tempo (65´), a mans dun colexiado que vía faltas no equipo local que sen embargo non contemplaba no conxunto contrario.

Expulsión que causa moito malestar en O Poboado, pois xa contra o Alondras Pablo Rubio foi expulsado por un feito similar, criterio que só se aplica contra o conxunto local.

Por si fora pouco xogar cun menos, o único tanto que deu o triunfo ós visitantes, chegou nun grave erro da zaga local, habituada a arriscar moito saíndo dende atrás, e estivo listo Gerardo, quen, moi pillo, aproveitou un balón regalado para regatear a Paco e marcar a porta baleira. Accións que se deben de tratar de evitar, porque botan por terra o bo traballo realizado durante os noventa minutos (74´).

Nos derradeiros compases o equipo azul buscou o empate á desesperada e os visitantes puideron facer o segundo.

Villares supera a Paco por alto cun sombreiro e o seu remate salvao un defensa, e logo sucede o mesmo cun segundo disparo de Gerardo na mesma xogada (81´). Tras un centro dende banda esquerda, toca o xusto Paco para desviar a bola e que non empale ó fondo das mallas Jose Varela, e logo é o seu irmán Javi quen dispara ás mans do porteiro ferrolán (88´).

Sen embargo, foi o As Pontes o que tivo a última ocasión do encontro. Colga Marcote á área, Edi cabecea, e chegando dende atrás empalaa Rubén Pardo no borde da área, pero pégalle mordido fora (89´).

Chegouse ó final do partido e os chairegos son líderes con 12 puntos, mentres que o conxunto azul é penúltimo con un. Sete victorias locais, por cinco empates e seis triunfos lucenses no Campo de O Poboado.

O As Pontes terá un moi importante segundo partido consecutivo na casa, ante o ascendido Dubra, o próximo domingo. Entre semana, recibirán ó Cerceda o mércores nun inoportuno encontro de Copa Federación.

0 CD As Pontes. Paco, Criado, Buyo, Prieto, Callón, Rubio, Álvaro (Alex Cabarcos 86´), Edi, Rubén Pardo, Pablo Ramos (Marcote 80´), Cristian.

1 Racing Vilalbés. Marcos Souto, Diego López, Alex Cabarcos (Alex 72´), Hugo, Muíña, Javi Varela, Jose Varela, Pablo Vivero (Rubén Gómez 69´), Sergio Arias (Xusto 86´), Gerardo, Villares.

Goles: 0-1, Gerardo (74´).

Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Máis de 200 espectadores en tarde soleada.

Árbitro: Javier González Arévalo (A Coruña). Auxiliado por Martín García Gómez e Rubén Vázquez Penas. Mal. Aplicou distintos criterios para ambos equipos. Amarelas a Paco, Edi, Marcos Souto e Sergio Arias. Expulsou por dobre amoestación a Cristian (65´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

COPA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA 2016: O ESTEO FS – O PARRULO FERROL FS (1-4)

O equipo ferrolán do Parrulo venceu onte no Pavillón de A Fraga ó pontés do Esteo por 1-4, e xogará a final da Copa Deputación da Coruña ante o Santiago Futsal, que o sábado vencía por 0-2 ó Ventorrillo. A final será o mércores 21 ás 21:30 horas no pavillón da Malata.

Tras unha primeira metade moi disputada eran os ferroláns os que marchaban con vantaxe no marcador tralo gol de Isma pouco antes do descanso. Anteriormente Alex Garea tivo un dobre penalti que parou Illi.

Xa no segundo tempo, Zala marcaba o segundo tanto tras rematar dentro da área, e o xuvenil Juan facía o terceiro nunha xogada de estratexia. Entremedias Rober Paz disparaba ó poste.

A pouco do final, e con porteiro xogador, o ex futbolista do Esteo, Rubi, anotaba o 0-4 dende media pista, marcando Jaco o tanto da honra para os locais a falta dun minuto para o final do partido.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Púas, Rober Paz, Héctor, Alberto Carro –cinco inicial- Gerardo, Jaco, Ayalita e Álex Garea.

O PARRULO FERROL FS: Illi, Jacobo, Chicha, Isma, Rubi–cinco inicial- Álex Durán, Zala, Íñigo, Bertito, Juan e Miguel Caeiro.

ÁRBITROS: Fernándo Bello Gomez e Pablo Fernández Becerra (Lugo). Amoestaron a Jaco, Javichu, Jacobo, Rubi e Zala.

GOLES: Min. 18 (0-1), Isma. Min. 24 (0-2), Zala, Min. 34 (0-3), Juan. Min.38 (0-4), Rubi. Min. 39 (1-4), Jaco.

INCIDENCIAS: Partido correspondente ás semifinais da Copa Deputación da Coruña disputado no Pavillón Municipal da Fraga, que rexistrou unha entrada duns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

COPA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA: O ESTEO F.S. – CIDADE DE NARÓN (4-4 – p. 3-2)

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo logrou o pase á penúltima rolda da Copa Deputación da Coruña, e o que é máis importante, un triunfo de prestixio ante un conxunto de Segunda División coma o naronés, e polo tanto, un dos trinta mellores equipos de España.

Nun encontro que comezou con ocasións para os ponteses sen embargo foron os visitantes os que se adiantaron no marcador, por medio de Quique, que, a pesar dunha primeira intervención de Javichu, rematou por dúas veces só dentro da área, conseguindo inaugurar o marcador.

Pero, precisamente un ex xogador do Cidade, Alex Garea, deu a volta ó marcador tras anotar dous dobre penaltis por ambas mans dos visitantes. Entremedias, Gerardo rematou un córner ó pau.

Pero pouco durou a ledicia nos ponteses, pois apenas en medio minuto remontaron os naroneses. Marca Rober nunha xogada na que dispara e deixa pasar o balón por debaixo das pernas Víctor, e empatan, e despois nunha perda de balón local é Víctor o que fai o 2-3 batendo por baixo a Javichu, chegándose así ó descanso.

Ó pouco do comezo do segundo tempo voltaba a poñer as táboas no marcador o Esteo, tralo gol de Ayala, que aproveita un balón que queda morto fóra da área para dun preciso disparo axustalo pegado ó poste a onde non pode chegar Esparza.

Púxose por diante o Esteo cun gol do capitán Héctor, que en banda dereita recolle un balón e bate de tiro cruzado ó porteiro naronés, pero volveu a durar pouco a ledicia ós locais, pois na acción seguinte, nunha xogada de estratexia, saca Rober, deixa pasar Quique e marca Víctor por alto, poñendo o 4-4.

Quedaba o último cuarto de partido por diante e Javichu estivo moi atinado ante os disparos dende fóra da área dos visitantes, aínda que o Esteo tamén tivo as súas aproximacións, sobre todo unha boa ocasión de Ayala que regatea ó defensa, dispara e atalla Esparza.

Non houbo tempo para máis e tívose que recorrer ós penaltis. Javichu detivo o primeiro lanzamento, de Rober, e non se fallou ningún dos posteriormente lanzados. Polos locais anotaron Alex Garea, Héctor e Alberto Carro, e polos visitantes Chicho e Juve; xogador que metera 4 goles na Fraga naquel 0-6 na 2013/14; polo tanto os ponteses clasifican para as semifinais que xogarán contra O Parrulo de Ferrol.

A outra semifinal xogaraa o Ventorrillo da Coruña, que sorprendentemente venceu por 6-3 ó campión da Segunda B do ano anterior, o Noia, contra o Santiago Futsal. Por certo, o equipo santiagués, despois dunha campaña complicada, pode anunciar hoxe a que sería a súa gran nova deste ano, o retorno de Alemao.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Gerardo, Alberto Carro, Ayala, Alex Garea –cinco inicial- Púas, Rober Paz, Diego Pellón e Héctor.

CIDADE DE NARÓN: Esparza, Chicho, Sergio, Rober, Malaguti –cinco inicial- Víctor, Juve, Quique, Iván e Guillermo Castro.

ÁRBITROS: José M. Gómez Arias, Ismael Gómez Vilas e Eva Fernández Lourido (Lugo). Amoestaron a Héctor, Rober Paz, Juve, Rober, Víctor e Malaguti. Dobre amoestación a Ayala faltando 24 segundos.

GOLES: Min. 8 (0-1), Quique. Min. 13 (1-1), Alex Garea, Min. 18 (2-1), Alex Garea. Min.18 (2-2), Rober. Min. 19 (2-3), Víctor. Min. 21 (3-3), Ayala. Min.28 (4-3), Héctor. Min. 29 (4-4), Víctor.

INCIDENCIAS: Partido correspondente ós cuartos de final da Copa Deputación da Coruña disputado no Pavillón Municipal da Fraga, que rexistrou unha entrada duns 150 espectadores. O Esteo alcanzou esta rolda tras superar ó Stellae de Padrón por 0-5.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

CLUB DEPORTIVO AS PONTES RESULTADOS 9 / SETEMBRO / 2016

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – UD. CEBARCA (3-0)
Vitoria do equipo feminino ante o Cebarca por 3-0. Preto do final da primeira metade dous goles consecutivos de Carlota e Noelia Ameneiro, e outro tanto de Carlota comezado o segundo tempo puxeron o 3-0 definitivo. Polo equipo dirixido por Julio Montero xogaron Leti, Yolanda, Andrea Pita, Indira, Noelia Ameneiro, Paula Castro, Carlota, Yara, Uxía, Xeila, Noelia Santalla, Carolina e Alba.
Son novenas cos tres primeiros puntos antes de visitar ó Galicia de Mugardos, que ten un empate e unha derrota.

COPA CADETE 1ª FASE (Grupo B Ferrol)
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES (10-0)
Contundente derrota do equipo cadete na súa visita a Pontedeume, 10-0, nun encontro no que o Eume xa dominaba 8-0 ó descanso. Na vindeira xornada reciben ó Galicia de Caranza B, equipo que marcha segundo con dúas vitorias por goleada. Xogaron Juan, Eyob, Xavi, Nono, Santi, Xan, Jorge, Jose, Vicente, Alejandro e Azoin, saíndo despois Brais, Andrei, Eloy, Mohamed e Xose.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: