CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 16-17-18 / SETEMBRO / 2016

Partido moi importante este domingo do As Pontes ante un rival directo, a SD Dubra, que se estrea na categoría.

Despois da súa eliminación da Copa Federación, o As Pontes debe centrarse agora na liga, categoría na que terá que loitar moito para manterse, logo da renovación total do seu plantel.

Precisamente, este domingo o As Pontes ten unha boa ocasión para saír da zona baixa da clasificación gañando a un equipo que participa por primeira vez en categoría nacional e que, como os ponteses, aínda non gañou no que vai de liga. Suma dous puntos, grazas os empates acadados na casa ante Céltiga e Castro.

Os dous equipos non se enfrontan no Poboado dende a tempada 2009/10 (en Preferente) partido que gañara o As Pontes por 2-0, o mesmo resultado que se deu na anterior e na 1978/79 (1ª Rexional), mentres que na 2007/08 venceu claramente polo resultado de 5-1. Catro vitorias dos ponteses, once goles a favor e só un en contra.

O As Pontes ocupa a penúltima posición cun só punto, un gol marcado e cinco encaixados. Si ben hai que dicir que o cadro pontés está a ser moi prexudicado nas arbitraxes neste inicio de tempada. Precisamente, na anterior xornada contra o Racing Vilalbés foi inxustamente expulsado o dianteiro Cristian ó recibir a segunda tarxeta amarela. O Comité de Competición aceptou as alegacións do Club, polo que o xogador coruñés poderá xogar este domingo contra o equipo de Bembibre. Tamén, é moi posible que participe a última fichaxe do As Pontes, o dianteiro senegalés, Ibrahima Ndiaye, que xa actuou este mércores contra o Cerceda na copa Federación, deixando boas sensacións entre os afeccionados.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (5ª xornada)
C.D. AS PONTES – S.D. DUBRA
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
DOMINGO 18 DE SETEMBRO DE 2016 (18,00 h)
ÁRBITRO: ALBERTO GÓMEZ LAMEIRO (Pontevedra)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
GALICIA DE MUGARDOS – CD AS PONTES
CAMPO DA PEDREIRA (Mugardos)
SÁBADO 17 DE SETEMBRO DE 2016 (19,30 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (Grupo A)
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES
CAMPO DE PRADOS VELLOS (Ares)
SÁBADO 17 DE SETEMBRO DE 2016 (17,00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (Grupo B)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA B
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
VENRES 16 DE SETEMBRO DE 2016 (18,00 h)

CATEGORÍA INFANTIL (Amigable en Vilalba)
RC VILALBÉS – CD AS PONTES
CAMPO DA MAGDALENA (Vilalba)
SÁBADO 17 DE SETEMBRO DE 2016 (12,15 h)

Nova cortesía de A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: COPA FEDERACIÓN (Cuartos de Final): PARTIDO 14 / SETEMBRO / 2016

O As Pontes e Cerceda disputan este mércores 14 no Poboado a eliminatoria de cuartos de final da copa Federación.

O Club pontés accedeu a esta rolda logo de eliminar ó Compostela na fase previa (0-0, p. 4-2), da que quedou exento o Cerceda. O gañador enfrontarase en semifinais ó vencedor do Arousa-Bergantiños.

As outras tres eliminatorias de cuartos enfrontan ó Arousa-Bergantiños, Ribadumia-Pontevedra e o xoves 15, o Barbadás-Rápido de Bouzas.

No campionato de liga os dous equipos están a ter camiños ben distintos, xa que o Cerceda é segundo na clasificación con dez puntos e sen perder ningún partido, mentres que, pola súa banda, o As Pontes é penúltimo cun só punto, o acadado contra o Alondras na segunda xornada, perdendo os outros tres pola mínima, contra Céltiga (2-0), Castro (2-1) e a pasada xornada contra o Racing Vilalbés (0-1). Si ben é certo que os ponteses –que o pasado domingo non mereceron perder contra os chairegos- están a ser moi prexudicados polas arbitraxes.

COPA RFEF (Cuartos de Final)
C.D. AS PONTES – C.C.C.D. CERCEDA
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
MÉRCORES 14 DE SETEMBRO DE 2016 (20,00 h)
ÁRBITRO: ADRIÁN GONZÁLEZ FRANCO (Ferrol)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: