CD As Pontes Feminino

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – SD DUBRA 1

1 CD As Pontes. Paco, Sergio Criado, Buyo, Prieto, Callón, Pablo Rubio (Cristian 54´), Pablo Ramos (Marcote 89´), Álvaro Rey, Rubén Pardo, Edi, Ibou.
1 SD Dubra. Brais, Juan Caneda, Leites, Cholo, Munín, Bendaña (Kilo 82´), Ferreiro, Peque (Facal 67´), Eloy, Adrián Vázquez (Gonzalo 67´), Dani Moto.
Goles: 0-1, Dani Moto (22´). 1-1, Pablo Ramos (53´).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores, en tarde soleada.
Árbitro: Alberto Gómez Lameiro (Pontevedra). Auxiliado por González Caramés e Soage Fernández. Amarelas a Edi, Ibou, Leites, Ferreiro e Gonzalo.

Reparto de puntos en O Poboado entre As Pontes e Dubra en encontro xogado este domingo correspondente á quinta xornada. Os visitantes quedan na táboa con tres puntos, e os ponteses con dous, ambos en zona de descenso.

O partido tivo dúas partes moi diferenciadas, e se ben o recén ascendido Dubra puido sentenciar no primeiro tempo, no segundo foron os azuis os que mereceron claramente os tres puntos.

Nos primeiros compases do encontro o xogador que levou máis perigo foi o senegalés Ibou, que debutaba en liga, se ben na primeira aproximación visitante con perigo, é Eloy quen controla en área pontesa, non acerta a despexar a defensa, e aproveitao Dani Moto, para marcar situando a pelota no segundo pau onde non pode chegar Paco (22´).

Despois foi Ferreiro, quen incorporándose só por banda dereita disparou ó pau, tras tocar o xusto Paco, e o balón merodeou pola área local sen atopar rematador (29´). Noutra internada do mesmo xogador remata alto (35´).

Antes do descanso sacudiuse un pouco a presión o cadro de Marco Roca, e Callón tivo unha moi clara, nun centro tras xogada por banda na que quedaron desmarcados ata tres xogadores locais, e rematou pegado ó poste (41´). Antes do descanso é Edi quen cabecea e chapa sen problemas Brais (43´).

A segunda metade foi de neto dominio pontés, e xa pronto, tras un centro dende banda esquerda, non acerta a rematar en primeira instancia Ibou, pero si Pablo Ramos, que cun puntapé colocaa por alto a onde non pode chegar de cabeza un defensa visitante baixo paus (53´).

Posteriormente Cristian tivo dúas boas ocasións, nunha prantase só e o seu disparo salvao Brais coa man esquerda (57´). Posteriormente, o xogador coruñés revólvese no borde da área, pica o balón, e toca o xusto Brais para desviar a córner (61´).

Por parte do conxunto amarelo, resaltar apenas unha contra na que o habilidoso Ferreiro, que foi dono e señor da súa banda, e xogador visitante que creou máis perigo, habilita a Facal, que chega dende atrás, pero o seu disparo desvíao con apuros Paco a córner (70´).

O porteiro visitante arrisca demasiado nunha xogada e casi lle rouba o balón Ibou (74´), pero sen embargo voltou a salvar o empate nunha clara ocasión de Rubén Pardo, ó que lle caeu o balón no segundo pau, en boca de gol, a medio metro, e salva el milagreiramente o porteiro con ambas mans (78´), ó igual que nun cabezazo de Buyo tras saque de córner que desviou in extremis por riba da portería (81´).

Os últimos minutos foron un toma e daca por ambos conxuntos pero non se desnivelou a igualada final, que serve de pouco a ambos conxuntos. Os ponteses visitarán a un Compostela necesitado tras perder 2-1 co Castro e tampouco o terá doado o Dubra que recibe a un Vilalbés que suma cinco triunfos consecutivos.

Primeiro punto a domicilio do Dubra na Terceira División, e no Poboado, onde perdera as anteriores catro veces en competición oficial, 2-0 en Primera Rexional na 78-79, e nos tres enfrontamentos consecutivos en Preferente, 2007-2010, un 5-1 e dous 2-0.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CUARTOS DE FINAL COPA FEDERACIÓN. CD AS PONTES 1 – CCD CERCEDA 3

Triunfo xusto do Cerceda que avanza ás semifinais galegas desta Copa Federación.

Voltaban ó Poboado Angeriz, Juan, e sobre todo o pontés Chus Cañizares, que foi xogador azul a pasada campaña.

A primeira parte foi un monólogo dos de Ángel Cuéllar, que se adiantaban pronto no marcador.

Arriscou moito Criado como último defensa, rouboulle a carteira Carlos, e o xove xogador de Ares situaba o 0-1 no marcador tras bater a Rafa que pouco puido facer (10´).

Do mesmo xeito chegaría o segundo tanto. Nesta ocasión é Pablo Rubio o que se expón en exceso, roubándolle a carteira Carlos, que ante a saída de Rafa cedella ó pontés Chus Cañizares, que marca a pracer (41´).

Tamén destacar un disparo de Rober que marchou alto por moi pouco (14´), e Rafa estivo moi atento a un disparo de Pochi (32´) e a unha falta botada por Cañizares (35´).

No segundo tempo, o As Pontes estivo máis vivo a raíz dos cambios, sobre todo coa frescura do recén fichado Ibrahima, xogador que apareceu por todas as partes do campo, e Buyo, moi aproveitable como extremo esquerdo, que tivo dúas boas aproximacións, nunha a piques está de aproveitarse dunha mala cesión (58´).

Sen embargo sentenciou para os visitantes o talentoso xogador de Pontedeume, Alex Ares, que apenas levaba uns minutos sobre o campo, prantase dentro da área co balón e bate por baixo a Rafa (68´).

Anotou o tanto da honra para os locais o lateral dereito Sergio Criado, tras un primeiro remate de Josiño ó pau, cabeceou o rexeite ó fondo das mallas (74´).

Tamén destacar neste segundo período un cabezazo dos visitantes tras saque de córner que saca Rubén baixo paus (70´) e un disparo de Josiño que se marcha desviado (77´).

O Cerceda alcanza as semifinais desta Copa Federación onde se enfrontará ó Arousa. A outra contenda cruzará ó Pontevedra co gañador do Barbadás-Bouzas.

O As Pontes debe centrarse agora nos partidos realmente importantes, e máis este domingo, que recibe ó Dubra, rival directo.

Asaltou o Cerceda o campo do Poboado, terreo no que gañara en tres ocasións en competición ligueira, por sete empates e dúas derrotas.

CD As Pontes 1. Rafa, Criado, Rubén, Prieto, Jandro, Rubio (Callón 45´), Josiño, Alex Cabarcos, Marcote (Ibou 45´), Álvaro Rey (Pablo Ramos 56´), Cristian (Buyo 45´).

CCRD Cerceda 3. Rumbo, Bilal, Popi (Caridad 45´), Angeriz (Uzal 45´), Juan, Maroñas, Rober, Edu, Pochi (Alex Ares 64´), Carlos (Uxío 64´), Cañi (Javi Otero 45´).

Goles: 0-1, Carlos (10´), 0-2, Cañizares (41´), 0-3, Alex Ares (68´), 1-3, Criado (74´)

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores en tarde-noite chuviosa.

Árbitro: Adrián González Franco (Ferrol). Auxiliado por Landrove Lago e Gundín Barreiro. Amarela a Rubén.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES RESULTADOS 16-17 / SETEMBRO / 2016

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
SDC GALICIA DE MUGARDOS – CD AS PONTES (2-3)

Boa e sufrida vitoria, con remontada incluida, do equipo feminino pontés, ante o Galicia de Mugardos, 2-3. As mugardesas marchaban ó descanso con 2-0, con tantos de Sarai e Sheila, xusto no inicio e no final do primeiro tempo. Pero no segundo, dous tantos de Carlota, e un de Yara preto do final deronlle os tres puntos ás de Julio Montero, sitúandose cuartas con seis puntos, recibindo a próxima fin de semana á Cultural Maniños, equipo que marcha líder coa frioleira de 25 goles a favor por ningún en contra, e que ademáis querrá vingarse da derrota nos penaltis na Copa Afaco de fai apenas tres meses.
Xogaron Xeila de porteira, Yolanda, Nuria, Indira, Noelia Ameneiro, Noelia Santalla, Paula Castro, Carlota, Uxía, Vicky, Carolina e Yara.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (Grupo A)
SRD NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES (2-0)

Comezou a Liga con derrota o Xuvenil, 2-0, contra o equipo que foi campión o ano anterior, o Numancia de Ares. Os da terra do gran Marcelino adiantáronse pronto con goles de Raúl e Antón e o marcador xa non se moveu. Primeiro partido en O Poboado a próxima xornada contra O Val B, que empatou no seu estreo 2-2 ante o Cariño.
Xogaron Lino, Iago, David, Fraga, Bruno, Unai, Carlos, Pita, Cazás, Casas, Josiño, entrando no segundo tempo Manuel, Alex Barro, Meidan, Manuel e Criado.

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (Grupo B)
CD AS PONTES – SCDR GALICIA DE CARANZA B (1-8)

Derrota do Cadete 1-8 ante o Galicia de Caranza B. Os de Rubén Pardo, sen embargo, comezaron adiantándose no marcador por medio de Xan, o que supoñía ademais, o seu primeiro tanto da tempada, pero sen embargo, os de Caranza xa marcharon 1-3 ó descanso, redondeando o tanteador no segundo tempo, o que lles da o liderato momentáneo xunto ó Eume. Próxima xornada visitan ó Miño, equipo que ten 7 puntos.
Xogaron Andrei, Eyob, Xavi, Nono, Santi, Antón, Adrián, Jose, Vicente, Xan, Joan, e despois entraron Juan, Azoin, Xoel, Jorge e Mohamed.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: