CD As Pontes Feminino

O ESTEO FUTBOL SALA

Antes do inicio da liga, este venres 23 derradeiro partido de preparación para o Esteo fronte ó Burela, equipo de Primeira División.

Que dúbida cabe, que o conxunto da Mariña luguesa, o único con dous equipos –masculino e feminino- na máxima categoría do fútbol sala estatal, será un duro rival para os ponteses. Ademais, é unha entidade que conta con categorías de base de gran calidade, así o cadro cadete quedou campión galego.

O Esteo iniciará a liga por cuarto ano consecutivo na Segunda División B o vindeiro sábado, 1 de outubro, recibindo no pavillón da Fraga ó Guardo FS e na seguinte xornada viaxará ata Valladolid para enfrontarse ó Universidad.

No conxunto pontés son baixas seguras Pablo Carro, que deixa ó cadro de As Pontes para fichar por un equipo da 2ª División italiana, e Diego Pellón, por estudos.
O choque é de entrada gratuíta e ademais serve como presentación oficial do equipo. Por outra banda, o sábado pola mañá os equipos de base disputarán partidos amigables.

PARTIDO AMIGABLE
O ESTEO F.S. – BURELA F.S. P. RUBÉN
Venres 23 – Setembro – 2016 (21,00 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 23-24-25 / SETEMBRO / 2016

O As Pontes ten este domingo un partido complicado na súa visita a Santiago contra o Compostela.

Os dous equipos non se enfrontan en San Lázaro dende a tempada 2012/13, con derrota dos ponteses por 3-0. Nesta campaña está o precedente do copa Federación, con triunfo do As Pontes na quenda dos penaltis (4-2) logo de rematar o partido con empate a cero goles.

En campo santiagués, dende a tempada 1962/63 clara vantaxe do Compostela, con 10 vitorias, por tres do As Pontes e tres empates, con 38 goles a prol dos santiagueses por 12 do cadro das Pontes.

Sinalar que esta fin de semana comezan as súas competicións os dous equipos de categoría prebenxamín e o benxamín A.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (6ª xornada)
S.D. COMPOSTELA – C.D. AS PONTES
CAMPO DE SAN LÁZARO (Santiago)
DOMINGO 25 DE SETEMBRO DE 2016 (18,00 h)
ÁRBITRO: JUAN DAVILA FERNÁNDEZ (Vigo)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – CULTURAL MANIÑOS SD
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
SÁBADO 24 DE SETEMBRO DE 2016 (17,00 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (Grupo A)
CD AS PONTES – SD O VAL B
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
VENRES 23 DE SETEMBRO DE 2016 (19,00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (Grupo B)
AD MIÑO – CD AS PONTES
CAMPO MUNICIPAL DE GALLAMONDE (Miño)
SÁBADO 24 DE SETEMBRO DE 2016 (12,00 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (1ª Fase)
CD NARÓN – CD AS PONTES
CAMPO DO CADAVAL (Narón)
SÁBADO 24 DE SETEMBRO DE 2016 (11,30 h)

AMIGABLE BENXAMÍN B
CD AS PONTES B – CD CARIÑO
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
SÁBADO 24 DE SETEMBRO DE 2016 (11,30 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA B
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
VENRES 23 DE SETEMBRO DE 2016 (18,00 h)
SRD ÁNIMAS B – CD AS PONTES B
CAMPO DA GÁNDARA (Ferrol)
SÁBADO 24 DE SETEMBRO DE 2016 (12,00 h)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: