CD As Pontes Feminino

O ESTEO INCORPOROU A LITO

O equipo pontés do Esteo fichou estes días a Manuel Gil Rey, máis coñecido no mundiño do fútbol sala como Lito, un peche de 30 anos, que xogou varias tempadas no Cidade de Narón, e tamén no Troula de Betanzos e no Mera.

Lito entra xa a disposición de Javi Saa, e reforza un plantel algo necesitado, pois trala marcha de Alberto Carro a Italia, ou de Diego Pellón por estudos, o equipo pontés contaba no primeiro plantel con Javichu e Iván na portería, e apenas sete xogadores de pista coma Gerardo, Púas, Jaco, Alex Garea, Ayala, Héctor e Rober Paz.

Reforza así o equipo Lito nunha Liga que ademais de dura e competitiva, é moi longa e con moitos desprazamentos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA. CD UNIVERSIDAD DE VALLADOLID-O ESTEO FS (6-1)

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo caeu na súa visita a Valladolid por 6-1, chegando 2-0 ó descanso.

O conxunto local viña de perder 4-1 co Noia, e ó primeiro minuto de partido xa gañaban 2-0, e a pesar dos intentos do Esteo, ese foi o resultado co que se chegou ó descanso.

Ó pouco do comezo do segundo tempo chegaba o 3-0, e aínda que no Esteo tentabano con xogo de cinco e situaban o 4-1 no marcador, no tramo final os vallisoletanos anotaban dous goles máis que poñían o 6-1 definitivo.

O equipo pontés acabou notando que o equipo local tivese doce xogadores, por tan so dous cambios do equipo pontés, que tivo tres baixas de última hora.

Na vindeira xornada na Fraga os de Javi saaa reciben ó Cuélllar, que ten un punto tras empatar 3-3 con Tres Cuñados, e perder 2-3 co Noia.

Os ponteses están na parte baixa da táboa, xunto ó resto de equipos que aínda non conseguiron puntuar, Boal, San José e Atlético Benavente.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PLAY OFF DE REPESCA. MURALLA DE LUGO RC 27 – CR FENDETESTAS 13

O Fendetestas pontés caeu este sábado no play off de repesca da Primeira Territorial galega ante o Muralla de Lugo por 27-13.
O equipo lucense descendeu o ano pasado de Primeira, e o Fendetestas foi o segundo clasificado na segunda categoría, por detrás do ascendido Keltia Ourense.

Pero por mor do ascenso do Ourense Rugbi á División de Honra B, a categoría de prata do rugbi español, quedaba unha praza vacante que se xogou este sábado no campo lucense.

Na primeira metade pronto se adiantaban os locais, aínda que os verdes recurtaban distancias 7-5. Pero dous ensaios do Muralla antes do descanso poñían o marcador nun complicado 19-8.

Nos primeiros minutos do segundo tempo outro ensaio e un golpe de castigo situaban o 27-8 no tanteador, que semellaba definitivo.

Non se renderon os ponteses, que con máis cambios, anotaron outro ensaio con tempo por diante, ainda que non conseguiron desnivelar o definitivo 27-13, polo que o Muralla xogará outro ano máis na primeira categoría do rugbi galego.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 7-8-9 / OUTUBRO / 2016

Vitorias do feminino, infantil e tódolos equipos de fútbol 8, agás o Prebenxamín B.

TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL (Galicia)
SILVA SD – CD As Pontes (1-0)

O primeiro equipo perdeu 1-0 na Coruña ante o Silva tras un penalti moi discutido, noutra actuación arbitral polémica. Ó cuarto de hora anotou Renan Zanelli desde os once metros. Logo o As Pontes buscou o empate, sobre todo na segunda metade, tendo Ibrahima as mellores ocasións, pero o marcador non se moveu e os locais soben a zona tranquila con 12 puntos, mentres os azuis continúan cos tres puntos, e só a peor bagaxe do Ordes, que aínda non puntuou, fai que marchen penúltimos. A próxima semana visita o Poboado o Barco, perigoso equipo que hoxe venceu por 7-1 ó Castro e ponse con once puntos. Xogaron Paco, Criado, Buyo, Borja, Callón, Rubio (Marcote 69´), Ramos, Prieto, Ibou, Samu (Álvaro 67´) e Cris (David González 46´).

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CD As Pontes – ADCR Santa Mariña (5-2)

O equipo feminino venceu 5-2, con tres tantos de Paula, un de penalti, e dous de Carlota. O equipo de Julio Montero marchou 2-0 ó descanso, e aínda que as ferrolás conseguían empatar, tres tantos consecutivos poñían o 5-2 definitivo co que se sitúan cuartas con 12 puntos, antes de recibir ó Val B, segundo con 15. Xogaron Leti, Yoli, Noelia Santalla, Nuria, Uxía, Noelia Ameneiro, Carolina, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – EF Ensanche (2-2)

O Xuvenil empatou a dous goles co Ensanche. Nun encontro moi igualado, adiantáronse os de Felipe Mieres por medio de Sergio Cazás, aínda que de penalti empataba Jorge e no comezo do segundo tempo poñía o 1-2 Manuel. Foi noutra pena máxima, na que Pita lograba o 2-2 definitivo. Son terceiros con sete puntos, a tres do propio Ensanche e o Numancia. Visitan ó CD Narón B, que ten dous puntos. Xogaron polo As Pontes, Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Iago, Carlos, Pita, Cazás, Casas e Josiño, saíndo despois Manuel Romero e Alex Barro.

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (D. Ferrol)
Galicia de Mugardos – CD As Pontes (5-1)

O Cadete perdeu 5-1 en Mugardos, co terceiro clasificado, nun encontro no que Álvaro Freire anotou catro tantos, e marcou o da honra para os azuis o infantil de primeiro ano Jandro. Xogaron Juan, Eyob, Xavi, Santi, Antonio, Antón Paz, Brais, Jose, Vicente, Xan, Jorge e despois Andrei, Jandro, Azoin, Antón Cillero, e Mohamed. Os azuis son décimos con catro puntos, antes de recibir ó Rápido de Neda, oitavo cos mesmos puntos.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Cultural Maniños SD (6-0)

O Infantil gañou por un claro 6-0 ó Cultural Maniños, con goles de Joan, Dani, Xose, Santamariña, Xoel e un en propia meta. Xogaron Edgar, Santamariña, Xose, Alejandro, Samuel, Dani, Manuel, Alejandro López, Joan, Hugo e Adrián, saíndo despois Xoel, Eloy, Sergio, Mateo e Rubén. Son terceiros con seis puntos, os mesmos que teñen CD Narón B, R. Ferrol B e Racing San Pedro, equipo ó que reciben na vindeira xornada.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
AD Miño – CD As Pontes (2-7)
CD As Pontes B – Racing San Pedro (7-2)

O Alevín A gañou 2-7 en Miño, recibindo na segunda xornada ó Amistade de Meirás B, que perdeu 0-10 contra o Mugardos. Catro goles de Diego Purriños, e un de Alex Montero, Pablo Díaz e Anxo Rey. O Alevín B venceu por 7-2 ó Racing San Pedro na primeira xornada, visitando na seguinte ó San Sadurniño, que gañou por 2-3 ó Narón O Freixo C. Goles de Anxo Blanco (2), Xandre Fernández (2), Bruno Picos, Israel Varela e Patricia Adega.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
O Freixo Narón B – CD As Pontes (0-10)
CD As Pontes B – Racing de Ferrol B (3-1)

O Benxamín A gañou 0-10 ó Narón O Freixo B. Cuartos con seis puntos reciben ó Rápido de Neda B, que ten pleno de triunfos, e foi o gañador do ano anterior na Liga Prebenxamín. Goles de Sergio Vázquez (3), Diego Lozano (2), Adrián Díaz (2), Destaw Pellón, Xalo Rodríguez e Alejandro Leal. O Benxamín B impúxose por 3-1 ó R. Ferrol B, visitando na vindeira xornada ó Narón O Freixo, que gañou nesta primeira xornada 0-18 ó R. Ferrol D. Diego Solano, Nicolas Meizoso e Diego Ortigosa foron os autores dos tantos ponteses.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – O Freixo Narón B (14-0)
CD Narón B – CD As Pontes B (7-2)

O Prebenxamín A gañou 14-0 ó Narón O Freixo B. Son líderes con pleno de nove puntos, antes de visitar ó Cebarca. Goles de Nacho Villasuso (2), Lucas Blanco (2), Felipe Riveira (2), Cayetano Franco (2), Xandre Domínguez (2), Alex Basanta, Iker Ares, David Maseda e Xavi García. O Prebenxamín B perdeu por 7-2 ante o CD Narón B. Goles de Xoel Galego e Guillermo Folgar, no duelo entre equipos aínda sen puntuar. Reciben na vindeira xornada ó Eume Deportivo.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

O conxunto de La Galaxia é o novo líder da liga de veteranos de As Pontes ó vencer pola mínima (2-1) a Mobles Eume. Nas dúas xornadas o forte vento foi o protagonista, facendo case imposible controlar o balón por parte dos xogadores.

Nos outros partidos vitorias de Bar Xardín, As Pontes 74 e Farmavida sobre A Cepa. Galiorient e Fisioterapia DC Him&her, que se estreaba na categoría, xa que aprazou o partido da primeira xornada. Segunda xornada do campionato e novo partido aprazado, o que enfrontaba na tarde do sábado a Electricidad J&O e MMYPEM.

Na táboa de goleadores hai un cuádruple empate a dous goles, Fontao (La Galaxia), Cazás (Bar Xardín), Fernández (A Cepa) e Miguel (Mobles Eume).

A vindeira fin de semana dispútase a terceira xornada, na que destacan os encontros Bar Xardín-La Galaxia, Mobles Eume-MMYPEM e Farmavida-As Pontes 74.

RESULTADOS 2ª XORNADA 8-9 / Outubro / 2016

Electricidad J&O – MMYPEM (Aprazado)
Mobles Eume – La Galaxia (1-2) Alfonso / Fontao (2)
Bar Xardín – A Cepa (4-2) Cazás (2), Pedro e Cabanela / Fernández (2)
As Pontes 74 – Galiorient (3-0) Javi, Óscar e Julio
Fisioterapia DC-HIM&HER – Farmavida (2-3) Andrés e Iván / Salido, Rivas e Juanjo

2ª XORNADA 15-16 / Outubro / 2016

Electricidad J&O – Fisioterapia DC-HIM&HER (Sáb. 5, 19:00 h)
Mobles Eume – MMYPEM (Sáb. 15, 20:00 h)
Bar Xardín – La Galaxia (Dom. 16, 10:00 h)
Farmavida – As Pontes 74 (Dom. 16, 11:00h)
Galiorient – A Cepa (Dom. 16, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: