CD As Pontes Feminino

NOVOS ADESTRAMENTOS DAS SELECCIÓNS DE FERROLTERRA

Os xogadores ponteses Alex Montero, Paula Bellas e Patricia Adega foron convocados para uns novos adestramentos das seleccións alevíns de Ferrolterra.

Nesta ocasión, os seleccionadores levarán un reducido grupo de futbolistas dos que presumiblemente sairán os 14 seleccionados en cada conxunto.

En Alevín masculino hai 16 convocados para o martes 25 ás 19:15 en O Cadaval:
EF Racing de Ferrol: Marcos Agudín, Hugo Fonticoba, Álvaro Mardones, Julián Pardo
SD O Val: Roberto pena, Rubén Sedes, Samuel Viñas, Adrián Rodríguez
Galicia de Caranza: Sergio Beceiro, Marco Cagiao, Asier Martínez
CD Narón: Gabriel Balbás, David López, Rubén López
Galicia Mugardos: Santiago Díaz
CD As Pontes: Alex Montero

En Alevín Feminino hai 15 xogadoras convocadas para este domingo 23 ás 10:30 en A Gándara:
Eume Deportivo: Antía Brage, Ainhoa Tenreiro, June Moreno
Narón O Freixo: Laura Testa, María Díaz
Galicia Mugardos: Sabela Romero, Clara Pérez
CCRD Perlío: Uxía López, Aitana Vellón
CD As Pontes: Paula Bellas, Patricia Adega
EF Racing de Ferrol: Olivia Saavedra
SD Cedeira: Lucía Bellón
Racing San Pedro: Sofía Ferreiro
UD Cebarca: Cecilia González

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: NOIA F.S. – O ESTEO F.S. (1-1)

Brillante empate do Esteo na súa visita ó equipo favorito da categoría e campión do ano pasado.

Ten máis mérito se cabe si se ten en conta que o Noia viña de gañar os tres primeiros partidos de Liga, e de eliminar estes días ó Santiago Futsal (3-2) na Copa do Rei.

No primeiro tempo os de As Pontes tiveron máis ocasións que os locais e a pouco do descanso Jaco anotaba o 0-1.

No segundo período os locais apretaron e Marcos disparaba ó longueiro e chegado ó ecuador igualaba Marci o tanteador.
O mesmo xogador foi expulsado pero o Esteo non conseguiu anotar nos dous minutos en superioridade.

Tiveron que sufrir no derradeiro minuto coa expulsión de Héctor por dobre amoestación, pero os locais non lograron marcar e os de Javi Saa estrearon o seu casilleiro no lugar máis inesperado.

Son duodécimos con un punto e para a semana visitan ó Pizarras tres Cuñados, que venceu 2-5 ó Ventorrillo, no Barco de Valdeorras.

Foi esta unha xornada de sorpresas, i é que o inédito San José vencía 3-4 ó Universidad de Valladolid, e o Benavente tamén logrou o seu primeiro punto tras empatar en Cuéllar 2-2.

FICHA DO PARTIDO
NOIA FS: Brais, Nené, Christian, Borja, Xuxa –cinco inicial- Marci, Quique, Dani Quintela, Marquitos, Diego Pernas, Manu.
O ESTEO FS: Javichu, Jaco, Héctor, Lito, Rober Paz –cinco inicial- Ayala, Alex Garea, Púas.
ÁRBITROS: Otero Calvo, Presedo García, Rey Hermida (Santiago). Amarelas a Jaco e Alex Garea. Expulsados por dobre amoestación Marci e Héctor.
GOLES: Min. 17 (0-1), Jaco. Min. 31 (1-1), Marci.
INCIDENCIAS: Partido da cuarta xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B disputado no Pavillón Municipal de Noia, que rexistrou unha entrada duns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA: CR FENDETESTAS – CD ZALAETA ARTEIXO (38-19)

Comezou a Liga gañando o equipo pontés ante un vello coñecido coma o Zalaeta. Aínda se recorda o encontro de semifinais do play off da tempada pasada, hai uns meses, que acabou cun axustado 6-5 a prol dos ponteses fallando os visitantes un lanzamento a paus no último minuto.

Os verdes queren este ano ascender á primeira categoría do rugby galego; tras caer na final do play off a tempada pasada co Keltia Ourense e na repesca de hai un par de semanas ante o Muralla lucense, e comezaron o campionato con bo pé.

O cadro pontés anotou seis ensaios no encontro ante o conxunto de Arteixo, estando magnífico Antón con catro e Rober con dous. O xove Alberto Da Silva conseguiu oito puntos en catro lanzamentos a paus acertados.

Nos outros encontros da xornada o Santiago vencía 39-12 ó Universidade de Ourense B, mentres que o Crat A Coruña B gañaba ó Barbanza por un contundente 77-3. Descansaba o Universidade de Vigo B.

Lideran con cinco puntos os verdes xunto a Santiago e Crat B, ó sumar os tres equipos catro puntos pola vitoria, mailo bonus por número de ensaios.
A vindeira semana o equipo pontés desprázase a Ourense para a disputa da segunda xornada.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 21-22-23 / OUTUBRO / 2016

Ó As Pontes vólvenlle a remontar dous goles de vantaxe e acaba derrotado no 95´ e xogando con nove. Vitorias do feminino e xuvenil, e derrotas do resto de equipos

TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL (Galicia)
AROUSA S.C. – C.D. As Pontes (3-2)

Derrota do As Pontes en Vilagarcía por 3-2. Un equipo azul que gañaba 1-2 no minuto 90, e que vía como por segunda semana consecutiva perdía puntos no desconto, e esta semana os tres. Por riba perde a Ibu, Morrys, e quizais a un Prieto tocado, para recibir ó Ordes no duelo entre os dous únicos equipos aínda sen gañar.
E iso que os azuis comezaban adiantándose cun gol de Edi antes do descanso, e no inicio do segundo era Callón o que poñía o 0-2. Pero faltando quince minutos o equipo local marcaba o 1-2 por medio de Pablo e era expulsado o dianteiro Ibu por dobre amoestación. O peor veu no tempo de prolongación, no que o Arousa anotaba o 2-2 por medio do ex deportivista Sidibé, e logo dispoñía dun penalti no que foi expulsado tras ver o segundo cartón o recén fichado Morrys.
Os azuis levan un só penalti a favor, por seis en contra, catro nas últimas catro xornadas, moi prexudicado polas actuacións arbitrais. Cabanyes mandaba o balón ó poste. E xa con nove xogadores, no minuto 95 anotou Eloy Fariña o 3-2 definitivo, nunha remontada parecida á que acontecera hai dúas tempadas en Ponteareas. Cinco puntos perdidos en dous descontos consecutivos.
Dando por descontado que o corpo técnico fai o que pode coa terrible situación que se lles deixou enriba, a bote pronto, botando a vista atrás, na 1979-80, en Primeira Rexional, o Endesa gañara un partido, ademais dun empate, nas dez primeiras xornadas. Curiosamente a vitoria fora 2-1 ó Ordes, e tamén na undécima xornada gañaran 1-2 ó Carballo. Na 1984-85, na estrea na Terceira División, o equipo pontés sumara cinco empates nas dez primeiras xornadas, gañando na duodécima 1-2 en Noia.
Xogaron polo As Pontes, Paco, Criado, Buyo, Callón, Edi, Rubio (Samu 87´), Ramos, Prieto (Morrys 49´), Ibu, David González, Pardo.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
Cedeira SD – CD As Pontes (1-3)

Triunfo do feminino por 1-3 en Cedeira. Adiantábanse as locais por medio de María, pero tres tantos de Carlota, Paula Castro e Paula Baamonde poñían o 1-3 definitivo antes do descanso. Xogaron, Leti, Vicky, Noelia Santalla, Carolina, Uxía, Noelia Ameneiro, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba. Cuartas con 18 puntos reciben ó perigoso Mandiá, terceiro coa mesma puntuación, igual que O Val B, polos 24 do Maniños.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – CD San Sadurniño (5-1)

Boa vitoria do xuvenil, 5-1 ante o San Sadurniño, empate a un gol ó descanso, goles de Casas, Cazás, Bruno e dous de Carlos. Xogaron Meidan, Fraga, David, Bruno, Unai, Iago, Carlos, Andrés, Cazás, Casas e Josiño, saíndo despois Lino, Manuel Romero, Manuel Fernández, Alex Barro e Criado. Coa derrota do Ensanche en Ares 3-2, o Numancia lidera a táboa con 16 por 13 de As Pontes e Cariño, e 12 de Meirás. Precisamente o As Pontes visitará Cariño na vindeira xornada.

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (D. Ferrol)
CD Narón B – CC As Pontes (2-1)

Derrota do cadete 2-1 ante o CD Narón B. Adiantáronse comezada a segunda metade os locais por medio de Adrián, e a pesar de que Santi empataba polos ponteses, era Gabriel quen moi preto do final poñía o 2-1 definitivo. Triste derrota para o equipo azul, pois acudiu só con once xogadores, que a pouco estiveron de traerse un empate. Xogaron, Juan, Azoin, Xavi, Santi, Antonio, Antón Paz, Mohamed, Xoel, Jorge, Xan e Jose. Duodécimos con 4 puntos, visitan ó Portuarios B, que ten cinco.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (D. Ferrol)
CD Narón B – CD As Pontes (7-0)

Derrota por 7-0 do infantil ante o líder CD Narón B. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Iván, Xose, Samuel, Mario Fraga, Manuel, Jandro, Joan, Hugo, Xoel, entrando despois Dani, Edgar, Sergio Hermida, Mateo e Sergio Paz. Sextos con 6 puntos reciben ó Racing de Ferrol B, segundo con 12 puntos.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
Galicia de Mugardos – CD As Pontes (5-4)
CD As Pontes B – SD Rápido de Neda (1-7)

No duelo entre os dous conxuntos que ocupaban as dúas primeiras posicións venceu o Mugardos por 5-4 ó Alevín A, que desperdiciou un 1-3 a favor, co que os azuis agora son quintos con seis puntos antes de recibir ó Cultural Maniños, que aínda non puntuou. Goles de Anxo Rey, Alex Montero, Diego Purriños e David Cendán.

Como un vendaval pasou o Rápido de Neda polo Poboado vencendo 1-7 ó Alevín B, que so puido anotar o tanto da honra por medio de Xandre Fernández. Cuartos con 4 puntos visitan ó O Freixo Narón C, que ten tres.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
Racing San Pedro – CD As Pontes (4-2)
CD As Pontes B – CCRD Perlío (1-2)

O Benxamín A perdeu 4-2 en Ferrol ante o Racing San Pedro, goles de Diego Lozano e un en propia meta. Sextos con seis puntos reciben ó Portuarios B, que suma tres.

Derrota do Benxamín B ante o Perlío 1-2. Adiantou ós locais Paulo Cabaleiro, pero nos últimos minutos remontaron os de Fene. Sextos con tres puntos visitan ó San Pedro B, que ten catro.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Racing de Ferrol (1-4)
CD Narón – CD As Pontes B (11-0)

Perdeu o Prebenxamín A 1-4 ante o Racing de Ferrol, con tanto local de Iker Ares. Terceiros con doce puntos visitan ó Galicia de Caranza C, que ten nove.
O Prebenxamín B perdeu por goleada (11-0) ante o CD Narón, e aínda sen puntuar descansa a vindeira xornada.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

Os galácticos lideran en solitario a clasificación, seguidos de Mobles Eume, Farmavida e Bar Xardín, con sete puntos. Con seis puntos está As Pontes 74, con 4 MMYPEM e Electricidad J&O. Tres puntos teñen Fisioterapia DC-HIM&HER, que por fin logrou a primeira vitoria ó golear nesta xornada a Galiorient, que aínda non gañou un partido, sumando un só punto e ocupa a derradeira posición. Mesón A Cepa conta con tres puntos.

Encabezan a táboa de goleadores, con cinco goles, Iván (Fisioterapia DC-HIM&HER) e Miguel (Mobles Eume). Cazás (Bar Xardín), Fernández (A Cepa) e Fontao (La Galaxia) totalizan catro goles cada un.

Na vindeira fin de semana dispútase a quinta xornada, destacando o derradeiro encontro do domingo entre MMYPEM e La Galaxia.

RESULTADOS 4ª XORNADA 22-23 / Outubro / 2016

As Pontes 74 – MMYPEM (3-2) Paulino e Julio (2) / Bofa e Marcos
Mobles Eume – Electricidad J&O (6-1) Miguel (3), Martín (2) e Lucho / Cristóbal
Farmavida – Bar Xardín (1-1) Rafa / Felipe
Galiorient – Fisioterapia DC-HIM&HER (1-5) Geluco / Iván (2), Juanjo (2) e Corral
A Cepa – La Galaxia (0-4) Nené (2), Fontao e Sergio

5ª XORNADA 29-30 / Outubro / 2016

Electricidad J&O – Farmavida (Sáb. 29, 19:00 h)
Mobles Eume – Fisioterapia DC-HIM&HER (Sáb. 29, 20:00 h)
Galiorient – Bar Xardín (Dom. 30, 10:00 h)
As Pontes – A Cepa (Dom. 30, 11:00h)
MMYPEM – La Galaxia (Dom. 30, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

O ATLETISMO OLYMPO NA IV MILLA POLA IGUALDADE

O equipo pontés de Atletismo desprazouse este domingo a Aranga para disputa da IV Milla pola igualdade.

A gran Susana Castro gañou na carreira senior feminina, e Sara González foi cuarta.

Na proba de veterana feminino o ouro tamén foi para unha atleta do clube pontés, Carmén Antón.

Fernán Pena foi bronce en Prebenxamín e Xandre Pena quinto en Prebiberón.

Nova cortesía Atletismo Olympo e XF

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: