CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 11-12-13 / NOVEMBRO / 2016

Difícil partido para o CD As Pontes no Poboado ante o líder Rápido de Bouzas, conxunto que visita o Poboado por 13ª ocasión

O Rápido de Bouzas, adestrado polo mítico Patxi Salinas, vén ó Poboado nun mal momento para o CD As Pontes, equipo que leva perdido 7 puntos nos tempos de desconto en tres partidos dos catro últimos disputados, Barco (2), Arousa (3) e Vilalonga (2), partido este que gañaba por 0-2 no minuto 91, pero dous goles do Vilalonga na prolongación deron ó traste con todo o feito ó longo do encontro.

Se botamos unha ollada á clasificación, o club pontés, sumando eses 7 puntos, estaría na 14ª posición; libre, incluso do descenso por arrastre, por riba de Vilalonga, Alondras, Negreira, Castro, Choco, Dubra e Ordes. Pero, a realidade é totalmente distinta, segue na penúltima praza con só 8 puntos en 12 partidos disputados.

Polo que, sumar os tres puntos contra o líder, que leva tres xornadas sen perder, é vital para os ponteses de cara a vindeiras xornadas. Calquera outro resultado afundiríao aínda máis no pozo da clasificación.

O Rápido de Bouzas, un histórico do fútbol galego con máis de cen anos de vida e 21 tempadas en Terceira División, visita o Poboado por 13ª ocasión. En campo pontés perdeu en sete ocasións, empatou catro e gañou o da pasada tempada por 1-2.

Na historia dos dous clubs está a final da Copa de Galicia de 1968, que gañou precisamente o entón CF Calvo Sotelo, ó vencer nos dous partidos, 3-1 no Poboado (30-06-1968) e 1-2 en campo vigués (7-07-1968), partido no que o Calvo Sotelo aliñou a Leal, Miguel, Ordáx, Javi, Celso Roca, Pichi, Calpita, Linitos, Vivero, Molowny (autor dos 2 goles) e Vidal.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (13ª xornada)
C.D. AS PONTES – RÁPIDO DE BOUZAS
CAMPO DO POBOADO (As Pontes
DOMINGO 13 DE NOVEMBRO DE 2016 (16,15 h)
ÁRBITRO: ALBERTO GÓMEZ LAMEIRO (Pontevedra)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – EFB AMISTADE MEIRÁS
Campo do Poboado (As Pontes)
Domingo 13 de Novembro de 2016 (11,30 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (Grupo A)
CD AS PONTES – MEIRÁS CF
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 12 de Novembro de 2016 (16,15 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (Grupo B)
MEIRÁS CF – CD AS PONTES
Campo Misael Prieto (Meirás)
Sábado 12 de Novembro de 2016 (16,15 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (Grupo C)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA B
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 12 de Novembro de 2016 (11,00 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (1ª Fase)
CD CARIÑO – CD AS PONTES
Campo Municipal (Cariño)
Sábado 12 de Novembro de 2016 (11,00 h)
CD AS PONTES B – EUME DEPORTIVO B
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 12 de Novembro de 2016 (11,00 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES (Descansa)
RACING DE FERROL B – CD AS PONTES B
Campo da Malata 3 (Ferrol)
Venres 11 de Novembro de 2016 (18,15 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – SD RÁPIDO DE NEDA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 12 de Novembro de 2016 (12,10 h)
GALICIA MUGARDOS – CD AS PONTES B
Campo da Pedreira (Mugardos)
Sábado 12 de Novembro de 2016 (12,30 h)

Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo viaxa este sábado a terras salmantinas para enfrontarse ó FS San José en partido da 7ª xornada de liga

O San José salmantino é un equipo de recente creación, fundouse en 2009. É a primeira vez que participa na Segunda División B, categoría á que ascendeu a pasada tempada. Ocupa posto de descenso con tres puntos, grazas á súa vitoria acadada, contra todo prognóstico, na pista do Universidad de Valladolid por 3-4 na 4ª xornada de liga.

Pola súa banda, o Esteo leva tres xornadas sen perder, cunha vitoria, a da pasada xornada contra o Benavente, e dous empates en canchas difíciles, O Barco de Valdeorras e Noia. Logo de seis xornadas saíu dos postos de descenso, sendo agora noveno con cinco puntos.
Polo que puntuar na casa do San José suporá un revulsivo para futuras confrontacións.

SEGUNDA DIVISIÓN B (7ª Xornada)

C.D. FS SAN JOSÉ – O ESTEO F.S.
Sábado 12 – Novembro – 2016 (19,00 h)
Polideportivo Frontón San José (Salamanca)

PARTIDOS DOS EQUIPOS DE BASE

LIGA PROVINCIAL DE LUGO (5ª xornada)
C.D. CUBELAS F.S. – O ESTEO F.S.
SÁBADO 12 DE NOVEMBRO (19:00) NO PAVILLÓN DE SAN VICENTE DE CUBELAS (RIBADEO)

XORNADA DA LIGA DA TERRA CHA (1ª xornada)

O ESTEO F.S. INFANTIL – VILALBA “B” (10:30 h)
O ESTEO F.S. ALEVIN – VILALBA “B” (11:30 h)
O ESTEO F.S. BENXAMIN – VILALBA “B” (12:20 h)
SÁBADO 12 DE NOVEMBRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES

LIGA LOCAL DE FUTBOL SALA DE AS PONTES (4ª xornada)
RIBADEUME F.S. – O ESTEO F.S. “B”
DOMINGO 13 NOVEMBRO (19:00) NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: