CD As Pontes Feminino

ALBERTO DA SILVA CONVOCADO POLA SELECCIÓN GALEGA SUB20

O xogador pontés do Fendetestas de Rugbi, Alberto Da Silva Castro, foi convocado para un adestramento que terá lugar o vindeiro sábado 19 pola mañá en Acea da Má.

Alberto, que xa é habitual nos encontros do Fendetestas, a pesar dos seus 18 anos, foi porteiro das categorías inferiores do CD As Pontes e tamén do Esteo.

A súa irmá Carla, foi convocada tamén hai uns meses para a galega absoluta xunto a Cynthia Arias.

Ata 48 xogadores chamou o seleccionador galego, dos que 19 pertencen ó Crat coruñés. A lista é a seguinte:
Crat A Coruña: Pablo Abelleira, Enrique Alonso, Pablo Bestilleiro, Mateo Blanco, Julio Elías, Brais Ferreiro, Jorge Fraguela, Breogán Martínez, Jose Antonio Pajarrón, Ian Penas, Marcos Prado, Carlos Rivas, Christian Rodríguez, Luis Rodríguez, Andrés Santaya, Víctor Souto, Ricardo Torres, Daniel Vea De La Cruz, Daniel Vea Mouriño

Pontevedra RC: Rafael Delgado, Héctor Gestido, Brais Gómez, Martin Martínez, Roberto Ramos, Iago Tudela, Víctor Vidal

Os Ingleses RC: Alejandro Brea, Gabriel López, Francisco Míguens, Xoan Teijeiro, Juan Vázquez
Kaleido Universidade de Vigo RC: Edison Gómez, Miguel Crespo, Marco Del Pozo, Yago Leboreiro

CR Coreti Lalín: André Baldonedo, Pablo Represas, Jose Enrique Rozas, Ángel Viana

Rugby Ourense Keltia: Jefferson Cabrera, Pedro De Juana, Álvaro García-Boente

Santiago RC: Francisco Jose Gallastegui, Julio Ruiz, Jose Valdivia

Campus Universidade de Ourense Coosur: Guillermo Hernández

CR Ferrol: Miguel Martínez

CR Fendetestas: Alberto Da Silva Castro

xv_seven_rugbi_130-1-1

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: CDFS SAN JOSÉ – O ESTEO FS (5-8)

Brillante vitoria do equipo pontés de fútbol sala do Esteo na súa visita a Salamanca, nun partido no que tras ir 1-5, lles lograron empatar 5-5, pero souberon repoñerse e acabar logrando os tres puntos.

Saiuse Jaco con cinco tantos e o conxunto dirxido por Javi Saa suma catro xornadas sen perder. Ten maior mérito si se ten en conta que apenas participou con sete xogadores e incluso foi expulsado Lito.

No encontro de onte comezaban gañando os locais, pero nuns espectaculares seis minutos o equipo pontés anotaba cinco goles, por medio de Jaco (3), Rober Paz e Alex Garea. Antes do descanso os locais achegábanse no marcador, 2-5.

Nos primeiros nove minutos do segundo tempo viñéronse arriba os de Salamanca, recén ascendidos, que en tres xogadas a balón parado, e tamén aproveitando a expulsión de Lito, empataban o encontro, 5-5.

Parecía que se poñía costa arriba para os ponteses, pero outros dous tantos de Jaco culminando un gran partido, e un oitavo de Alex Garea polo escuadro, situaron o 5-8 definitivo que fai que os ponteses continuen na novena posición, pero xa con 8 puntos.

Partido moi importante a vindeira xornada, na casa, ante o Leis Pontevedra, décimo con 5 puntos.

FICHA DO PARTIDO

CDFS SAN JOSÉ: Manchi, David, Sergio, Guancho, Morales –cinco inicial- Tamar, Samuel, Pablo, Rubén, Manu.
O ESTEO FS: Javichu, Jaco, Héctor, Lito, Alex Garea –cinco inicial- Gerardo, Rober Paz.

ÁRBITROS: Iván Sanz Moreno, Carlos Volpini Gilabert (Valladolid). Vanesa Díez Peralta (Salamanca). Amarelas a Guancho, Tamar, Alex Garea. Resultou expulsado por dobre cartón Lito.

GOLES: Min. 1 (1-0), Morales. Min. 5 (1-1), Jaco. Min.8 (1-2), Jaco. Min. 9 (1-3), Jaco. Min. 10 (1-4), Rober Paz. Min.11 (1-5), Alex Garea. Min. 16 (2-5), Rubén. Min. 22 (3-5), Guancho. Min. 24 (4-5), Samuel. Min. 29 (5-5), Morales. Min.31 (5-6), Jaco. Min. 32 (5-7), Jaco. Min. 34 (5-8), Alex Garea.

INCIDENCIAS: Partido da sétima xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B disputado no Pavillón Frontón San José de Salamanca, que apenas rexistrou unha entrada de 50 espectadores.

PARTIDOS DOS EQUIPOS DE BASE
LIGA PROVINCIAL DE LUGO (5ª xornada)
C.D. CUBELAS F.S. – O ESTEO F.S. (3-5)
XORNADA DA LIGA DA TERRA CHA (1ª xornada)
O ESTEO F.S. INFANTIL – VILALBA “B” (6-0)
O ESTEO F.S. ALEVIN – VILALBA “B” (7-1)
O ESTEO F.S. BENXAMIN – VILALBA “B” (3-2)

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 0 – RÁPIDO DE BOUZAS CF 0

Valioso empate do As Pontes ante o líder Rápido de Bouzas. Os olívicos comezaron apretando nos primeiros minutos, i é que o conxunto dirixido polo ex internacional español Patxi Salinas, que fora mítico central do Celta, e anteriormente formara parte do Athletic que gañou dúas Ligas e unha Copa, amosouse moi sólido nas doce primeiras xornadas, liderando a táboa con 26 puntos.

Sen embargo, co paso dos minutos, o xogo equilibrouse. Na primeira parte resaltar un remate a boca de xarro dentro da área de Rubén Pardo que foi ó poste (40´), e unha internada de Youseff por banda esquerda, que regatea a dous defensas e o seu disparo sacao Paco cos pés (43´). Tamén unha falta que se marcha elevada de Edi (36´) e un disparo dende fora da área de David González (45´). Os azuis tiveron algún susto, coma un despexe de cabeza da zaga cara atrás que casi despista a Paco (18´).

Na segunda metade o cadro vigués foi a pola vitoria pero o conxunto local defendeuse ben, aínda contando coas baixas de Prieto e Borja. Resaltar unha boa internada de Jesús Varela por banda dereita, e o seu centro-chut despexao Paco cos puños (57´). Logo é Pardo quen dispara raso e cruzado, pero detén Diego sen apuros (60´). Nun balón que se pasea pola área local volve a despexar o porteiro ferrolán cos puños (67´).

As dúas máis claras chegaron faltando un cuarto de hora. Tras unha falta con moi boa estratexia, remata Youseff, só dentro da área, e desvía a córner arrastrándose Callón (76´). Logo tívoa o As Pontes, nunha contra na que Diego sae fora da área, pero nin Ibu primeiro, nin Buyo despois, consiguen aproveitalo (77´).

Xa nas postrimerías, disparos lonxanos do granadino Morrys (85´) e Tomás (90´). Con unha contra na que Pardo a piques está de chegar ó balón antes que o gardameta visitante (91´) concluiu o partido.

O As Pontes é antepenúltimo con nove puntos, a cinco da salvación, con unha trascendental visita a semana que ven a Redondela, onde se enfronta ó Choco, que xogou as dúas últimas fases de ascenso a Segunda B, pero está penúltimo cos mesmos puntos que os azuis. Dende o ascenso do clube redondelano a Terceira, un 2-4 na 2013-14, e peor bagaxe as dúas últimas campañas, 5-0 e 5-3.

O Rápido pola súa parte lidera con 27 puntos, seguido a un polo Racing Vilalbés. A próxima xornada reciben ó Dubra, que hoxe respirou un pouco tras gañar 2-1 ó Choco.

Quinto empate en terreo de xogo pontés, por sete vitorias locais. O único triunfo dos olívicos foi a campaña pasada, 1-2 nos últimos minutos, con tanto de Gustavo Souto. Equipo de bos recordos para o conxunto pontés, xa que lle ganou a Copa de Galicia en 1968.

Debutou como lateral dereito co equipo de Marco Roca, Jaime Leira, o fenés de 18 anos, irmán de Alberto, un ano maior, xogador do xuvenil do Deportivo, e ex compañeiro do pontés Enrique Fornos nas seleccións galegas. Boa actuación.

CD As Pontes. Paco, Jaime, Buyo, Callón, Edi, Pablo Rubio (Morrys 77´), Pablo Ramos, Samu (Álvaro Rey 84´), Ibu, David González, Rubén Pardo.

Rápido de Bouzas CF. Diego, Jesús Varela, Cotilla, Portas, Vieytes, Diz, Juanma Torres (Nico 65´), Iago Paz, Pablo Carnero, Nando (Tomás 68´), Youseff (Pardavila 77´).

Árbitro: Alberto Gómez Lameiro (Pontevedra). Auxiliado nas bandas por Pérez Carmuega e Pérez Maldivo. Amarelas a Ibu, Pardo e Carnero.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores. Partido da 13ª xornada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 11-12-13 / NOVEMBRO / 2016

Valioso empate do primeiro equipo. O xuvenil despídese da Copa e gañan os dous alevíns, o benxamín B e o prebenxamín A.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CD As Pontes – EFB Amistade Meirás (0-0)

Mal partido do equipo feminino, que foi incapaz de marcar na casa ante o décimo clasificado Amistade de Meirás, acabando o encontro con empate a cero goles. É terceiro con 25 puntos e na vindeira xornada visita por primeira vez ó Eume Deportivo, duodécimo con 11 puntos. Xogaron, Leti, Yoli, Uxía, Nuria, Indira, Noelia Ameneiro, Carolina, Noelia Santalla, Paula Castro, Carlota, Yara e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Meirás CF (1-2)

A nota triste da xornada púxoa o xuvenil pontés, que precisaba do empate ante o Meirás para clasificar a semifinais de Copa, e acabou perdendo 1-2. Moi ben comezaban os de Valdoviño, que aos dez minutos xa gañaban 0-2 con tantos de Pablo e Muriel aínda que antes do descanso Casas recortaba distancias. No segundo tempo tentouno o As Pontes, con moitos saques de esquina, xogadas a balón parado, innumerables balóns que quedaron mortos na área visitante, pero non houbo maneira. Se ben é certo que os visitantes deron a sensación de estar moi ben asentados, e controlar o partido, resaltar unha xogada na que Cazás quedou so, pero debeu cabecear antes, un tiro fora de Carlos, e sobre todo, unha falta de Pita que tratou de enganar ó porteiro, e o balón saiu tan axustado que se cantou o gol.

Pasan o Numancia de Ares e Meirás a semifinais, con 25 e 21 puntos. O As Pontes remata cuarto cos mesmos 19 puntos que Ensanche. Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Iago, Carlos, Pita, Cazás, Casas, e Josiño, entrando nos derradeiros minutos Alex Barro e Manuel Romero.

Os de Mieres pasan ó grupo primeiro polo título de Liga, con Numancia de Ares, Meirás, Ensanche e Cariño, e do outro grupo, Galicia de Caranza B e Portuarios, semifinailstas, ademáis de Narón, Eume Deportivo, Galicia de Mugardos e Perlío.

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (D. Ferrol)
Meirás CF – CD As Pontes (6-1)

Derrota do cadete en Valdoviño por 6-1 ante o Meirás, encontro no que Pedro Núñez anotou cinco tantos do seu equipo e Joan o da honra pontesa. Rematan a primeira fase como duodécimos e colistas de grupo con só catro puntos.

Xogará na segunda liga xunto a Miño, Narón B, Portuarios B, Rápido de Neda e Ortigueira, do seu grupo, e do outro, Ánimas, Numancia de Ares, Amistade de Meirás, Narón Freixo, Cultural Maniños e San Sadurniño.

Xogaron polo As Pontes, Juan, Nono, Xavi, Santi, Antonio, Antón Paz, Azoin, Jose, Vicente, Xan, Xoel, e despois entraron Joan, Adrián, Jorge, Mohamed e Brais.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Galicia de Caranza B (0-1)

Derrota do infantil no Poboado por 0-1 ante o Galicia Caranza B. Con cinco derrotas consecutivas e só 6 puntos sumados, tentarán resarcirse a vindeira xornada na visita ó colista sen puntuar Cañoles, do Barqueiro. Xogaron, Edgar, Eloy, Xose, Alejandro, Samuel, Mario Fraga, Xoel, Jandro, Eyob, Hugo e Manuel, entrando despois Mario Regueiro, Dani, Sergio, Marcos e Rubén.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
CD Cariño – CD As Pontes (2-8)
CD As Pontes B – Eume Deportivo B (8-1)

Gran vitoria do Alevín A por 2-8 no campo do Cariño, equipo que levaba os mesmos puntos que os azuis. Son terceiros con 15 puntos, antes de recibir ó CD Narón, que ten os mesmos puntos, segundo clasificado. Dous goles de Anxo Rey e Alex Montero, e un de Ángel Purriños, Diego Purriños, Iago Expósito e David Cendán.

Vitoria do Alevín B por 8-1 ante o Eume Deportivo B. Cuartos con 13 puntos, visitan ó CD Narón B, terceiro con 15. Dous tantos de Alexo Platas, Anxo Blanco, Yeray Paz e Israel Varela.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes (Descansou)
Racin de Ferrol D – CD As Pontes B (0-13)

Descansou esta semana o Benxamín A. Sexto con nove puntos, na vindeira xornada recibe ó Rápido de Neda, noveno coa mesma puntuación.

O Benxamín B venceu na Malata por 0-13 ó Racing de Ferrol D. Quinto con 10 puntos visita ó Ortigueira, segundo con 15. Tres goles de Xalo González, Paulo Cabaleiro e Nicolás Meizoso, e un de Xavi Regueiro, Diego Solano, Xoel Vigo e Almahdi Belhaj.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – SD Rápido de Neda (4-1)
Galicia de Mugardos – CD As Pontes B (5-4)

O Prebenxamín A gañou por 4-1 ó Rápido de Neda. Son segundos con 18 puntos e visitan na vindeira xornada ó Miño, terceiro con 15. Goles de Xandre Domínguez, Lucas Blanco, Ander Ferreiro e Iker Ares.

Nova derrota, pero bo resultado, do Prebenxamín B, que caeu por 5-4 en Mugardos. Reciben ó Galicia Caranza D, oitavo con sete puntos. Goles de Martín Laherrán, Xalo Cascudo, David Otero e Brais Varela.

Nova de Xosé A. Ferreiro e A.F.

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

As Pontes 74 segue de líder con tres puntos sobre Fisioterapia DC-HIM&HER, que leva catro xornadas con outros tantos triunfos

Os mesmos 12 puntos ten La Galaxia, equipo que leva dúas derrotas consecutivas. Con once puntos está Bar Xardín, mentres que suma dez, Mobles Eume, que volveu a perder nesta xornada, e Farmavida.

MMYPEM, que anotou a súa segunda vitoria da liga, ten 7 puntos, os mesmos que Electricidad J&O. Na novena praza sitúase Mesón A Cepa, con seis puntos, e pecha a clasificación Galiorient, con cinco.

Iván Ferreiro, autor de catro goles esta xornada, de Fisioterapia DC-HIM&HER, encabeza a clasificación de goleadores con 11 tantos. Sete ten Fernández (A Cepa), seis Miguel, de Mobles Eume, e Fontao (La Galaxia), suma 5 goles.

A oitava xornada dispútase a vindeira fin de semana, destacando os encontros que se xogan na mañá do domingo, con especial atención ó choque Bar Xardín – Fisioterapia DC-HIM&HER.

RESULTADOS 7ª XORNADA 12-13 / Novembro / 2016

Electricidad J&O – Bar Xardín Lecard (0-1) Iván
Mobles Eume – As Pontes 74 (0-2) Platas e Óscar
Galiorient – Farmavida (2-3) Tomás (2) / Pita, Rivas e Juanjo
La Galaxia – Fisioterapia DC-HIM&HER (2-5) Juan e Óscar / Iván (4) e Juanjo
A Cepa – MMYPEM (1-2) Andrés / Franco e Narciso

8ª XORNADA 19-20 / Novembro / 2016

As Pontes 74 – Electricidad J&O (Sáb. 19, 19:00 h)
Mobles Eume – A Cepa (Sáb. 19, 20:00 h)
Bar Xardín – Fisioterapia DC-HIM&HER (Dom. 20, 10:00 h)
MMYPEM – Galiorient (Dom. 20, 11:00h)
Farmavida – La Galaxia (Dom. 20, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: