CD As Pontes Feminino

MALENA MIERES NOUTRO ADESTRAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA

A xogadora pontesa do RC Deportivo de A Coruña, Malena Mieres García, ven de ser convocada para un novo adestramento da selección galega sub18.

A pesar de contar cun ano menos, a porteira herculina é fixa en todas as convocatorias que levan facendo os seleccionadores durante estas semanas.

Do seu equipo van sete futbolistas, incluidas a cariñesa María Corral, e as internacionais Nuria Rábano, Teresa Abelleira e Rosalía Muíño. En teoría debería haber un descarte pois so se permiten seis xogadoras dun mesmo clube.

Nesta ocasión a criba é de 23 xogadoras das que se supón sairán as 18 definitivas. Adestrarán este mércores 23 ás 18:00 no Campo de O Pombal en Cambados. A convocatoria é a seguinte:

RC Deportivo de A Coruña: Carmela Barro, Malena Mieres, María Corral, Nuria Rábano, Patricia López, Rosalía Muíño, Teresa Abelleira
Victoria CF: Alba Muñiz, Ángela Chorén, Carmen Sumay, Carolina Brañas, Tatiana Barcia
Peluquería Mixta Friol: Andrea Merino, Goretti Neira, Lucía Pardo, Sainza Varela
Atlántida Matamá: Lara Martínez, Laura Vázquez, Noelia Pereira, Sara Deben
O Olivo: Inés Faro
Sárdoma CF: María Calvar
CCAR Valadares: Ana Iglesias

Nova cortesía de Xose Ferreiro

ALEX MONTERO CONVOCADO PARA O TORNEO DE ABEGONDO

O futbolista pontés Alejandro Montero Peteira ven de ser convocado pola selección ferrolá alevín para o torneo de Abegondo, no que participarán as seleccións de Coruña, Santiago e o propio Deportivo de A Coruña.

O torneo disputarase este martes 22 de Novembro pola tarde-noite no Mundo do Fútbol.

Os 19 xogadores convocados son os seguintes:

EF Racing de Ferrol: Marcos Agudín, Álvaro Mardones, Mouhamadou Niang, Julián Pardo, Ismael Ríos
Galicia de Caranza: Sergio Beceiro, Marco Cagiao, Asier Martínez
CD Narón: Gabriel Balbás, David López, Ignacio Peña
SD O Val: Bruno Gómez, Adrián Rodríguez
Galicia Mugardos: Santiago Díaz, Xabier Sánchez
CCRD Perlío: Gael García, Unai Hernández
Eume Deportivo: Alain Paz
CD As Pontes: Alex Montero

Nova cortesía de Xose Ferreiro

NOVO ADESTRAMENTO PARA PAULA E PATRICIA

Esta vindeira semana levarase a cabo un novo adstramento da selección feminina ferrolá alevín sub12, de preparación cara o Torneo de Seleccións Comarcais.

O seleccionador convocou para este martes 22, ás 19:00 horas, nos Campos de A Gándara, a 15 xogadoras, das que en teoría sairán as 14 definitivas que competirán no Torneo.

Como ven sendo habitual dende a primeira convocatoria foron chamadas as pontesas Paula Bellas Ruiz e Patricia Adega Bouza.

A convocatoria é a seguinte:
Eume Deportivo: Antía Brage, Ainhoa Tenreiro, June Moreno
Narón O Freixo: Laura Testa, María Díaz
Galicia de Mugardos: Sabela Romero, Clara Pérez
CCRD Perlío: Uxía López, Aitana Vellón
CD As Pontes: Paula Bellas, Patricia Adega
EF Racing Ferrol: Olivia Saavedra
SD Cedeira: Lucía Bellón
Racing San Pedro: Sofía Ferreiro
UD Cebarca: Cecilia González

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – LEIS 26 PONTEVEDRA F.S. (5-3)

O equipo pontés situase na sétima posición con 11 puntos antes de visitar ó colista

O Esteo pontés de fútbol sala conseguiu este sábado a súa terceira vitoria consecutiva e sumou a súa quinta xornada sen perder, tras impoñerse ó histórico Leis de Pontevedra por 5-3, se ben o encontro foi moito máis disputado do que sinala o marcador.

De feito adiantouse o equipo pontevedrés mediado o primeiro período tras un tiro por baixo de Dani que sorprende a Javichu, pero tras un penalti, Alex Garea equilibrou o marcador.

Antes do descanso, nun roubo de Jaco, Ayala sírvella a Gerardo, que marca de forte punteirazo dende o borde da área. Co 2-1 chegouse ó descanso, se ben Rober Paz puido ampliar o marcador tras un bo balón roubado por Jaco, pero disparou alto.

Xa no segundo tempo, nunha xogada na que quedou só Bárcala, saiu Javichu, e acabou marcando o xogador visitante dun tiro cruzado ó segundo pau. Voltou a poñer en vantaxe ós ponteses Jaco tras un tiro raso de falta, pero outra vez empataban ós pontevedreses por medio dun forte disparo de Borja nunha contra, que non consigue atallar Iván.

Entremedias houbo dous tiros de Garea que sacaron dous defensas baixo paus, un tiro cruzado de Rober Paz tras saque de córner, e unha ocasión na que Borja quedou só. A dous minutos do final, nunha bola que recupera Héctor, dálle o balón a Jaco, que dispara, raso, pegado ó primeiro pau, onde non pode chegar Fiou, poñendo o 4-3 no marcador.

A partir de aí, foi expulsado por dobre cartón Dani, e algo máis rigorosa a de Gustavo por protestar, polo que os visitantes afrontaron o último minuto e medio con dous xogadores de pista mailo porteiro. O Esteo adicouse a conservar o balón, e faltando seis segundos, Héctor, completamente só, bate por alto a Fiou poñendo o 5-3 definitivo.

O equipo de Javi Saa é sétimo con 11 puntos antes de visitar ó colista. Ten un colchón de seis puntos sobre os cinco últimos clasificados. Pero, non deben relaxarse. A vindeira semana xogan contra o último clasificado con dous puntos, o Boal Pico, o único conxunto de Asturias. Curioso equipo, porque é o que menos goles leva anotados, pero tamén o sexto menos goleado.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Jaco, Gerardo, Lito, Rober Paz –cinco inicial- Héctor, Púas, Alex Garea, Ayala e Iván.

LEIS 26 PONTEVEDRA F.S.: Fiou, Miguel, Bárcala, Berto, Borja –cinco inicial- Carlos, Gustavo, Dani, Pablo Durán, Martín e Sancho.

ÁRBITROS: Borja Arca Blanco (Vigo), Rubén Ferrero Carballal (Pontevedra) e Inma Silva Martínez (Santiago). Amarelas a Lito, Rober Paz, Bárcala e Borja. Expulsaron por dobre amoestación a Dani (min. 38) e Gustavo (min. 39).

GOLES: Min. 9 (0-1), Dani. Min. 10 (1-1), Alex Garea, de penalti. Min.16 (2-1), Gerardo. Min. 27 (2-2), Bárcala. Min. 33 (3-2), Jaco. Min.35 (3-3), Borja. Min. 37 (4-3), Jaco. Min. 40 (5-3), Héctor.

INCIDENCIAS: Encontro da oitava xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B disputado no Pavillón Municipal da Fraga, que rexistrou unha entrada duns 200 espectadores.

PARTIDOS DOS EQUIPOS DE BASE

LIGA PROVINCIAL DE LUGO (6ª xornada)
O ESTEO F.S. “B” – TRABADA FUTSAL (2-3)

LIGA DA TERRA CHA (2ª xornada)
INFANTIL: MONDOÑEDO FS – O ESTEO FS (1-2)
ALEVÍN: MONDOÑEDO FS – O ESTEO FS (4-3)
BENXAMIN: MONDOÑEDO FS – O ESTEO FS (3-8)
PREBENXAMIN: MONDOÑEDO FS – O ESTEO FS (1-7)

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 19-20 / NOVEMBRO / 2016

Triste derrota do As Pontes ante un rival directo. Gran vitoria do xuvenil, ante o mellor equipo da primeira fase. Tamén gañaron o feminino, cadete, infantil, benxamín B e prebenxamín A

TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL (Galicia)
Vilalonga CF – CD As Pontes (2-2)

Non puido sacar nada positivo o As Pontes en Redondela, onde perdeu de penalti (1-0) ante un rival directo como é o Choco. Unha discutida infracción, foi transformada en gol por Rober ó comezo do segundo tempo, dando ós locais tres puntos moi valiosos. Ademais da pena máxima, na xogada foi expulsado o almeriense Borja López, que reaparecía tras varios partidos lesionado.
Polos locais resaltar dúas ocasións de Óscar, unha salvada por un defensa baixo paus, e outra, un man a man que salvou Paco. Polos ponteses, apenas destacar un cabezazo de Ibu.
O As Pontes é penúltimo con nove puntos, antes de recibir ó Cerceda de Cuéllar, que ten ó pichichi Uxío, os ex ponteses Cañizares, Angeriz e Juan, o pontedeumés Alex Ares, e o aresán Carlos López. Os do Roxo levan catro triunfos consecutivos, e xa son terceiros con 24 puntos.
Xogaron polo CD As Pontes, Paco, Jaime (Marcote 76´), Buyo, Callón, Edi, Borja, Pablo Ramos, Pablo Rubio, Ibu, David González (Álvaro Rey 86´) e Samuel (Morrys 61´).

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
Eume Deportivo – CD As Pontes (1-2)

Vitoria por 1-2 do feminino no campo do Eume Deportivo. Paula Baamonde adiantou ás azuis no primeiro período, e se ben no comezo do segundo igualaba Ebenecer, a falta de 15 minutos Carlota poñía o 1-2 definitivo. Terceiro con 23 puntos, recibe ó Perlío, sétimo con 16. Xogaron polas pontesas, Leti, Yoli, Noelia Santalla, Carolina, Uxía, Noelia Ameneiro, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª FASE (D. Ferrol)
Galicia de Caranza B – CD As Pontes (1-3)

Gran triunfo por 1-3 do xuvenil ante o Galicia Caranza B. Quitou as penas de enriba o equipo pontés por non clasificar a semifinais de Copa, tras vencer ó líder do complicado grupo B, que gañou tódolos encontros, agás un empate ante o outro semifinalista, Portuarios. Nunha curiosa xornada, o Numancia, gañador do grupo A, perdeu 1-4 ante o Ensanche.
No primeiro período marcaron Andrés e Josiño. Aínda que Jose no comezo do segundo apertaba o marcador, Casas no derradeiro minuto poñía o 1-3 definitivo. O As Pontes suma tres puntos antes de recibir ó perigoso Portuarios, que hoxe venceu por 6-0 ó Cariño. Xogaron polos de Felipe Mieres, Lino, Fraga, Manuel Fernández, Bruno, Unai, Iago, Carlos, Andrés, Cazás, Casas, Josiño, entrando despois Alex Barro, que foi expulsado, Manuel Romero e Derick Sakpa.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Narón O Freixo (3-2)

Comezou con vitoria o conxunto cadete no inicio da Liga ó gañar 3-2 ó Narón O Freixo. Con tres puntos visitan ó San Sadurniño, que comezou perdendo 5-0 ante o Ánimas. Adiantou Nono ós de Rubén Pardo, pero Mario no borde do descanso empatou. No segundo tempo chegaron dous golazos polo escuadro de Xan, e aínda que Cristian recortou distancias, os azuis mantiveron o 3-2 ata o final. Xogaron polo As Pontes, Juan, Eyob, Nono, Santi, Antonio, Antón Paz, Mohamed, Jose, Vicente, Xan e Joan, entrando despois Xavi, Adrián, Xoel e Azoin.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (D. Ferrol)
CD Cañoles – CD As Pontes (2-20)

Esaxerado resultado do infantil, que gañou por 2-20 ó Cañoles, nun partido que tivo pouca historia. Sextos con nove puntos, na derradeira xornada reciben ó Narón O Freixo, penúltimo con catro puntos. Garanten xogar no segundo grupo. Xogaron polos ponteses, Mario Regueiro, Eloy Galdo (1), Xose Paz, Alejandro Riobo (1), Samuel Seco (1), Mario Fraga (1), Xoel Purriños (3), Sergio Hermida (2), Jandro (3), Hugo Blanco (1), Manuel Novo (3). Despois entraron Marcos Fernández, Edgar Fachal, Sergio Paz, Mateo Gabeiras (1) e Ismael Freire (1). Dous tantos en propia meta.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – CD Narón (2-4)
CD Narón B – CD As Pontes B (5-3)

Derrota do Alevín A por 2-4 ante o CD Narón. Tantos de Alex Montero e David Cendán. Terceiros con 15 puntos, visitan ó líder invicto Galicia de Caranza B. O Alevín B perdeu por 5-3 nos derradeiros minutos ante o CD Narón B. Dous goles de Anxo Blanco e un de Xandre Fernández. Cuartos con 13 puntos, reciben ó colista cun só punto, Galicia de Caranza C.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – SD Rápido de Neda (2-3)
FC Ortigueira – CD As Pontes B (2-5)

Derrota no Poboado do Benxamín A por 2-3 diante do Rápido de Neda. Tralo 0-2, Sergio Vázquez e Diego Lozano lograron o empate, pero no último minuto, o equipo visitante acadou o triunfo. Oitavos con nove puntos, visitan ó Ánimas, décimo, coa mesma puntuación. Boa vitoria do Benxamín B por 2-5 no campo do Ortigueira. Goles de Paulo Cabaleiro (2), Diego Solano, Xalo González e Nicolás Meizoso. Cuartos con 13 puntos, reciben ó líder invito, Galicia de Caranza.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
AD Miño – CD As Pontes (1-5)
CD As Pontes B – Galicia de Caranza C (2-3)

Triunfo do Prebenxamín A, 1-5 ante o Miño. Goles de Xandre Domínguez (2), Iker Ares (2) e Nacho Villasuso. Segundo con 21 puntos, recibe ó San Sadurniño, terceiro con 18. Derrota (2-3) pola mínima do Prebenxamín B ante o Galicia de Caranza C, con tantos de Iker Díaz e Xoel Galego. Na vindeira xornada visitan ó San Sadurniño B, no duelo entre os dous equipos aínda sen puntuar.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

Os mesmos 15 puntos que Fisioterapia DC-HIM&HER, ten La Galaxia, que nesta xornada venceu pola mínima a Farmavida. Con trece puntos está Mobles Eume, once Bar Xardín. MMYPEM e Farmavida suman dez puntos. Electricidad J&O totaliza 7 puntos e na novena praza sitúase Mesón A Cepa, con seis puntos. Pecha a clasificación, unha xornada máis, Galiorient, con cinco.

Iván Ferreiro, de Fisioterapia DC-HIM&HER, continúa na primeira posición de goleadores con 12 tantos. Dez ten Fernández, de Mesón A Cepa, oito Martín, de Mobles Eume. Con 7 goles, Fontao (La Galaxia), Miguel (Mobles Eume) e Julio (As Pontes 74).

A novena xornada, a vindeira fin de semana, ten como aliciente o choque do sábado 26 (20:00) entre As Pontes 74 e Fisioterapia DC-HIM&HER, os dous primeiros clasificados.

RESULTADOS 8ª XORNADA 19-20 / Novembro / 2016

As Pontes 74 – Electricidad J&O (4-1) Julio (3) e Platas / Cristóbal
Mobles Eume – A Cepa (6-3) Martín (4), Manel e Miguel / Fernández (3)
Bar Xardín – Fisioterapia DC-HIM&HER (0-3) Iván, Portas e Juanjo
MMYPEM – Galiorient (5-2) Pazos (2), Luis (2) e Narciso / Tomás e Kata
Farmavida – La Galaxia (2-3) Rafa / Fontao (2)

9ª XORNADA 26-27 / Novembro / 2016

La Galaxia – Electricidad J&O (Sáb. 26, 19:00 h)
As Pontes 74 – Fisioterapia DC-HIM&HER (Sáb. 26, 20:00 h)
Bar Xardín – MMYPEM (Dom. 27, 10:00 h)
A Cepa – Farmavida (Dom. 27, 11:00h)
Mobles Eume – Galiorient (Dom. 27, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: