CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 2-3-4 / DECEMBRO / 2016

O As Pontes, afundido na cola da clasificación, ten unha complicada saída este sábado a Negreira

Paupérrima bagaxe do As Pontes nas quince xornadas disputadas con só 9 puntos (1 vitoria e 6 empates). Se nos enfrontamentos que restan para o remate da primeira volta (Negreira, Barbadás, Fabril e Ribadumia), non logra cando menos 9 puntos, pódese dicir que é equipo de Preferente ou terían que cambiar moito as circunstancias na segunda volta para que as cousas se torceran positivas para os ponteses.

Hai desencanto e decepción nos poucos, pero fieis, afeccionados ponteses, que ven como o seu equipo, despois de tempos de gloria e con máis de medio século de historia, se afunde cada vez máis no pozo da clasificación e con poucos visos de saír de aí, sobre todo despois da goleada recibida a anterior xornada no Poboado. E aínda que o campo nicrariense sempre se lle deu ben, con 4 vitorias, tres empates nas tres tempadas anteriores e unha soa derrota (2-1 na 2011/12), complicado o vai a ter o equipo pontés.

Ademais hai que ter en conta que o Negreira está a facer unha campaña realmente boa. É sétimo con 23 puntos e leva catro xornadas sen perder, as tres últimas con claras vitorias ante Céltiga, Alondras e Castro.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (16ª xornada)
S.D. NEGREIRA – C.D. AS PONTES
CAMPO MUNICIPAL GARCÍA CALVO (Negreira)
SÁBADO 3 DE DECEMBRO DE 2016 (18,15 h)
ÁRBITRO: DANIEL PASTORIZA IGLESIAS (Pontevedra)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES (Descansa)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª FASE (Grupo 4º)
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES
Campo de Prados Vellos (Ares)
Domingo 4 de Decembro de 2016 (10,30 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª FASE (Grupo 4º)
CD AS PONTES – NUMANCIA DE ARES
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 3 de Decembro de 2016 (11,30 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 3 de Decembro de 2016 (10,30 h)
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES B
Campo de Prados Vellos (Ares)
Sábado 3 de Decembro de 2016 (11,30 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado (As Pontes)
Venres 2 de Decembro de 2016 (17,15 h)
GALICIA CARANZA B – CD AS PONTES B
Campo de Caranza 3 (Ferrol)
Venres 2 de Decembro de 2016 (18,10 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (1ª Fase)
RACING DE FERROL C – CD AS PONTES
Campo da Malata 3 (Ferrol)
Sábado 3 de Novembro de 2016 (12,15 h)
CD AS PONTES B – CD NARÓN C
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 3 de Decembro de 2016 (11,40 h)

Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo enfróntase este domingo (12:00) no pavillón da Fraga ó Xove, equipo da Mariña luguesa

O Esteo (7º con 14 puntos), e o Xove, (9º con 10), lévanse enfrontado no pavillón da Fraga en tres ocasións, con dúas vitorias pola mínima do Esteo (4-3 en 2012/13 e 2-1 en 2011/12) e empate a un gol na anterior campaña. Na pista do Xove, dúas vitorias do Esteo e unha para os locais.
Á marxe da estatística e que o conxunto da Mariña luguesa leva catro derrotas seguidas e o Esteo dous empates e catro vitorias consecutivos, a priori o partido ten un resultado incerto, xa que os lugueses forman un equipo sempre difícil de bater, como o demostraron nas súas anteriores visitas a As Pontes.

SEGUNDA DIVISIÓN B (10ª Xornada)

O ESTEO F.S. – XOVE F.S.
Domingo 4 – Decembro – 2016 (12,00 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

LIGA PROVINCIAL DE LUGO (8ª)
O ESTEO F.S. “B” – HOTEL ROMA FS (Sarria)
DOMINGO 4-DECEMBRO-2016 (16:00)
PAVILLÓN MUNICIPAL DA FRAGA (As Pontes)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: