CD As Pontes Feminino

Noé Calvo recobra su prestigio en Portugal

El futbolista Noé Calvo Pardo (As Pontes, 1985) afronta esta 2016-17 su cuarta campaña en la Liga Portuguesa. Este trotamundos del fútbol sala abandonó el Esteo de su localidad natal a principios del año 2012 para enrolarse en el Operario Desportivo de las Islas Azores. Después jugó dos temporadas para el Fundao, con el que ganó una Copa portuguesa, 7-6 en la final al potente Benfica.

Tras una temporada en el Raba Eto, equipo con el que conquistó el triplete, Liga, Copa y Supercopa en Hungría, y una mala experiencia la temporada anterior en el Bakú United inglés (a mitad de campaña el equipo desapareció), regresa otra vez al club portugués.

El gallego está muy contento en su regreso a Fundao, localidad de unos treinta mil habitantes de Castelo Branco. El objetivo de su equipo «es quedar entre los cinco primeros clasificados, de cara al play off final, y alcanzar la final a cuatro de la Copa». «Ahora vamos novenos, pero es una liga muy igualada. El Sporting de Lisboa tiene una de las mejores plantillas del mundo, con Fortino, Merlim y Cavinato. Por supuesto, también está el Benfica, con Chaguinha, Elisandro, y Wilhelm, campeón mundial con Argentina. El Braga tiene una buena escuadra. Es una liga muy poderosa», analiza.

Noé es feliz junto a sus compañeros. «En el equipo tenemos a gente de talento, como Marcio, Teka, Esquerda o Couto. Y, cómo no, el gallego Iago Barro, gran portero. Vivimos juntos, y me llevo muy bien con él», dice. De momento, lleva anotados dos goles, ante Porto Salvo y Quinta dos Lombos, pero solo ha podido jugar en tres de los ocho partidos por una rotura en los isquiotibiales de la que ya está casi recuperado.

Fuente La Voz de Galicia

DOBLETE PONTÉS NO CAMPIONATO GALEGO DE RALLI SLALOM

Adrián Bouza revalidou o título do ano pasado, sendo segundo na proba de Fene, a só 14 milésimas do gañador, e Pablo Castro proclamouse subcampión.

Trala derradeira proba desputada en Fene, o piloto pontés Adrián Bouza Soto proclamouse Campión Galego de Rally Slalom, revalidando o título que xa gañara na edición de 2015.

No 2013 fora segundo, e terceiro en 2012 e 2014. Polo tanto completa o seu quinto ano consecutivo subindo ao caixón.

Foi subcampión outro pontés, Pablo Castro Pajón, que mellora con respecto á terceira praza obtida o ano pasado.

Na duodécima edición da proba nocturna disputada en Fene, dos 45 participantes, resultou vencedor Rubén Gandoy, da Escudería Ferrol, que fixo o mellor tempo contabilizando as dúas mangas oficiais, con 1:54:535.

Apenas a tan só 14 milésimas quedou Adrián, do Meira, pois fixo un tempo de 1:54:549, quedando na terceira praza Pablo, de As Pontes Motorsport, con 1:55:866.

A partir da cuarta praza os tempos xa se foron a máis dun minuto e 57 segundos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: VENTORRILLO F.S. – O ESTEO F.S. (1-3)

O equipo pontés logra a quinta vitoria da tempada e xa ten 17 puntos antes de recibir ó histórico Zamora.

O Esteo pontés de fútbol sala vencía onte sábado no seu desprazamento a Coruña, 1-3, co que ademáis dos tres puntos, ten media salvación no peto.

Na primeira metade o pontés Gerardo adiantaba ó Esteo, nunha contra en superioridade na que marca de forte disparo.

No segundo tempo mantívose o incertidume no marcador, pero faltando cinco minutos, noutra contra, voltaba a anotar Gerardo, e xa con porteiro xogador o equipo local, o Esteo defendeuse moi ben, e incluso preto do final senteciaba Héctor.

Xa nas postrimerías, nun erro defensivo, Matos anotaba o tanto da honra para os coruñeses.

O Esteo é sexto con 17 puntos, e na vindeira xornada recibe ó quinto, o mítico FS Zamora, que chegara a xogar na Divisón de Honra na 2009-10.

FICHA DO PARTIDO

VENTORRILLO FS: Buxi, Berto, Martín, Andresín, Javi Puertas –cinco inicial- Matos, Anxo, Javi Failde, Buxía.

O ESTEO FS: Javichu, Jaco, Héctor, Lito, Rober Paz –cinco inicial- Gerardo, Púas, Alex Garea, Ayala.

ÁRBITROS: Rey Hermida, Vilas Martínez, Silva Martínez (Santiago). Amarelas a Martín, Javichu e Héctor.

GOLES: Min. 9 (0-1), Gerardo. Min. 34 (0-2), Gerardo. Min.39 (0-3), Héctor. Min. 40 (1-3), Matos.

INCIDENCIAS: Encontro da undécima xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B disputado no Pavillón de Ventorrillo, en A Coruña, cuns 100 espectadores nas gradas.

LIGA PROVINCIAL DE LUGO
SAMOS F.S. – O ESTEO F.S. “B” (4-2)

LIGA DA TERRA CHA
INFANTIL: O ESTEO FS – GUITIRIZ “A” FS (1-4)
BENXAMIN: O ESTEO FS – GUITIRIZ “B” FS (7-1)
PREBENXAMIN: O ESTEO FS – GUITIRIZ “A” FS (4-4)
ALEVÍN: O ESTEO FS – GUITIRIZ “A” FS (2-5)

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. C.R.A.T. A CORUÑA B – CR FENDETESTAS (29-19)

O equipo pontés remata a primeira volta con 19 puntos, con catro vitorias e dúas derrotas.

O Fendetestas pontés perdeu no seu desprazamento á Coruña, co líder da categoría, o Crat “B”, por 29-19.

Por desgracia, a pesar dun resultado tan axustado, tiveron a mala sorte de non conseguir o bonus defensivo, ó perder por dez e non por sete ou menos, nin o ofensivo, ó conseguir tres ensaios e non alcanzar catro. E os seus rivais conseguiron os catro puntos da vitoria mailo do bonus dos ensaios.

Polos ponteses alcanzaron a zona de anotación Toño por dúas veces, e unha Antón, con dous acertos nos lanzamentos a paus por parte de Rober.

Noutros resultados da xornada, Zalaeta venceu a Santiago 37-17, mentres que o Kaleido Universidade de Vigo “B”, impúxose 26-46 na cancha do Campus Universitario de Ourense Coosur “B”.

Esta primeira voilta remata cun líder con certa distancia sobre o resto, o Crat “B”, que ten 26 puntos, por 19 dos verdes. Con 17 puntos estarían tres equipos, Zalaeta, Universidade de Vigo “B” e Santiago, con 11 C.U. Ourense “B”, e sen estrear o seu casilleiro, o Barbanza.

A competición retornará a mediados de Xaneiro, cando os verdes visiten ó Zalaeta de Arteixo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 0 – UD BARBADÁS 1

Derrota 0-1 na casa dun As Pontes que se afunde na clasificación, mentres o equipo ourensán durme ó borde do play off, empatado a puntos co Cerceda.

O conxunto ourensán chegaba a O Poboado con sete vitorias, cinco empates, e apenas tres derrotas, tendo no dianteiro luso Rodrigo, e o medio ex da selección galega Uefa Alfredo ós seus máximos artilleiros, con sete tantos.

E o Barbadás amosou a súa indiscutible calidade. Marcou un golazo e tivo dous tiros ós paus, pero non é menos certo que os ponteses tiveron ata dezaseis aproximacións meridianas, algunhas moi claras, pero o gol cotízase carísimo no conxunto azul.

Víronse caras coñecidas antes do comezo do partido. Ós habituais Buyo e Jose Ramón, unironselle hoxe os técnicos do próximo rival pontés. O ex xogador de Deportivo, Sporting e Racing de Santander, Javi Manjarín, gañador da mítica Copa de 1995, con gol incluido, ou Cristóbal Parralo, ex de Barcelona, Espanyol, Oviedo e PSG. Ambos internacionais.

Puido adiantarse ben pronto o conxunto ourensán, pois nun mal despexe de Rubio, o balón caelle que nin pintado a un desmarcado Andre, pero estrela o balón no poste (3´). Posteriormente nun balón que se lle escapa a Buyo, está atento Paco que se anticipa a Nespereira (19´).

Sacudiuse un pouco a presión o conxunto local, e nunha boa xogada de equipo Álvaro remata moi alto (22´). Logo é o almeriense Borja López quen dispara forte dende uns vinte metros pero o balón marchase desviado (27´).

Un tiro dende fóra da área de Daniel despexao a córner con apuros Paco (31´). E antes do descanso dúas boas oportunidades dos ponteses. Un gran centro de Álvaro dende banda esquerda, cabeceao Ibu moi lonxe (36´), e máis clara foi a de Callón, que se encontrou un balón en posición inmellorable, non rematou de primeiras, e de segundas intentou unha vaselina que marchou rozando ó longueiro e que a piques estivo de cabecear a gol Pardo sobre a mesma liña (38´).

O segundo tempo comezou cun centro de Buyo, que cabecea por alto Pardo (51´), pero o lateral esquerdo tivo unha mala cesión a Paco e sorte que despexou Borja antes de que chegara o dianteiro visitante (53´).

Moi clara a tivo o conxunto ourensán para adiantarse. Aparece só o perigoso Rodrigo, con tempo para pensar, pero consigue despexar o balón un salvador Paco (55´).

A partir de aí sucederonse varias ocasións dos locais. Nunha boa xogada dentro da área, remata en primeira instancia Pablo Ramos, despexa un defensa co corpo, e logo Prieto envía por alto (65´). Marchase en velocidade Ibu pero o forte disparo do senegalés dende fóra da área marcha pegado ó poste (67´).

A estas aproximacións sucederonlle dúas ocasións aínda máis claras dos de Marco Roca. Primeiro un xogadón de Rubén Pardo, que regatea a varios rivais, aínda que cando consigue zafarse dos mesmos bótaselle enriba e acaba despexando co corpo Berto (71´). Máis nítida chegou tras un bo centro dende liña de córner de David González, que Ibu cabecea preto do escuadro (72´). Logo, tras un mal despexe de Berto, é Pardo o que realiza un potente chut, pero salva sen problemas o porteiro visitante (74´).

Canto máis achuchaba o conxunto local, caelle un balón morto no borde da área a Andre, e este empalaa superando a Paco e entrando o balón polo mesmo escuadro (76´). Foi a triste confirmación de diferencia entre un equipo e outro, a definición de un, ante o outro, moi voluntarioso, pero que necesita reforzos no mercado invernal, e algún goleador con certa resolución.

Pero non se rendeu o conxunto de O Poboado, e outra vez é o xogador de Ortigueira Pardo quen avanza en velocidade, pero escápaselle moito a bola (78´). Moi clara foi a de Callón, na que o bo zagueiro de Oleiros, con toda a portería para él, cabeceou fóra (82´).

Tamén é certo que o Barbadás puido sentenciar o encontro, e nunha contra, Rodrigo estrelou no longueiro un bo disparo, e logo o balón botou, semella ser, sobre a mesma liña (84´).

Íase o equipo local a por todas nos derradeiros minutos, cos dous centrais Borja e Edi moi adiantados, recordando a Alexanco, e nun balón á olla é o propio central almeriense quen cabecea e saca baixo paus de cabeza Oli (87´). Despois, un centro de banda de Buyo rematao fóra Ibu (90´).

Tras dúas arriscadas perdas de balón de David González na medular, Rodrigo puido matar o encontro outra vez (92´), e máis claro foi un tres para un que nin Alfredo primeiro nin Rodrigo despois consiguen convertir en gol (93´).

Rematou o encontro e víronse as dúas caras da moeda. A dun Barbadás que con 30 puntos acaricia os postos de play off, empatado co Cerceda, casi certifica permanecer un ano máis na categoría, e recibe o domingo a un antepenúltimo Dubra, e a dun As Pontes que se afunde con dez puntos, só o Ordes está por debaixo, e xa ten a salvación a sete puntos.

Colmo de males, os ponteses visitan na xornada dominical a un perigoso Deportivo B, ferido trala súa derrota en Castro, e con dous días máis de descanso. Os ponteses, tras finalizar o encontro de hoxe, apenas disporán de dous días e medio para poder preparar o encontro. Os azuis rematarán a primeira volta en casa contra o Ribadumia.

Quinto encontro oficial en O Poboado e segundo triunfo para os ourensáns, por unha igualada e dúas vitorias locais.

Marcharon tristes do campo os poucos e fieis afeccionados ponteses, que levan unha tempada cargada de penurias, facendo bo o refrán tan certo de que o importante e ter saúde.

0 CD As Pontes. Paco, Prieto, Buyo, Callón, Borja, Edi, Ramos, Rubio, Ibu, Álvaro Rey (David González 46´), Pardo.

1 UD Barbadás. Berto, Geno, Martín, Quintairos, Ger, Lamelas, Andre (Oli 81´), Daniel (Luis 66´), Nespereira (Alfredo 66´), Bruno, Rodrigo.

Goles: 0-1, Andre (76´)

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Algo máis de 150 espectadores. Partido da 17º xornada.

Árbitro: Gustavo Vidal Fonseca (Vigo). Auxiliado por Botana Rey e Castro Castro. Amarelas a Edi, Borja, Geno, Ger e Luis. Expulsado o adestrador visitante Miki con vermello directo no 69´.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 8-9-10-11 / DECEMBRO / 2016

Nesta xornada de ponte apenas xogaron seis dos equipos do CD As Pontes, descansando o Infantil, os dous Alevíns, o Benxamín B e o Prebenxamín A, á espera de que comecen ás súas respectivas Ligas.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17
R.C. DEPORTIVO B – C.D. AS PONTES (5-0)

O primeiro equipo perdeu 5-0 no Mundo do Fútbol en Abegondo. Derrota asumible, aínda que o resultado escoce un pouco. Toca olvidalo e centrarse na final da vindeira fin de semana contra o Ribadumia.

O As Pontes aguantou ben o primeiro cuarto de partido, pero escapábase calquer opción no minuto 27, nun penalti, no que ademáis era expulsado Edi, o xogador máis imprescindible do equipo. Anotou Óscar Pinchi o seu duodécimo gol da tempada.

Despois do descanso, o Deportivo B, no que estaba o pontés Enrique Fornos, anotaba o segundo por medio de Edu Expósito.

Despois chegou o festival de Borja Domingo, que anotaba outros dous tantos, todos eles nos dez primeiros minutos do segundo período.

Colmo de males, completaba o hat trick o xogador valenciano, que xa suma dez tantos, no tempo de prolongación establecendo o 5-0 definitivo. O mesmo futbolista xa marcara no 4-0 da Copa Deputación. Os outros tantos foran de Pinchi (2) e Lucas.

Xogaron Paco, Criado, Buyo, Callón (Jandro 61´), Edi, Rubio, Ramos, Álvaro (Samu 53´), Marcote, David G e Jaime (Alex Cabarcos 71´).

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – SCD A CAPELA (5-0)

O equipo feminino venceu este xoves por 5 a 0 ó veciño da Capela. Debutaron rapaciñas novas como Carolina Paz ou Verónica Carballido, que ademáis marcaron ambas na segunda metade. Na primeira o equipo de Pita e Montero xa gañaban 3 a 0 con dous tantos de Indira e un de Paula Castro.

Seguen nunha boa terceira praza con 34 puntos, a dous de O Val B e seis do líder Maniños. Na vindeira xornada visitan ó Galicia de Caranza, conxunto que está a facer unha gran tempada, e vai quinto con 27 puntos, para rematar a primeira volta na casa recibindo ó Rápido de Neda.

Xogaron Leti, Yoli, Carolina Paz, Nuria, Indira, Verónica, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª FASE (Grupo 4º)
CD AS PONTES – EF ENSANCHE (2-1)

Bo e sufrido triunfo do xuvenil, que venceu na casa 2-1 ó sempre complicado Ensanche. Os azuis xa gañaban ós vinte minutos por 2-0, con tantos de Alex Barro e Sergio Cazás, e ademáis foi expulsado un xogador visitante ós dez minutos, pero complicáronse a vida cun tanto de Mario ó pouco do comezo do segundo período.

No último cuarto de partido, resaltar un cabezazo de Casas que se vai por pouco, e dúas oportunidades de Josiño, un córner directo e un tiro cruzado tras regatear a dous rivais, nos que Carlos salvou in extremis. Tamén hai que destacar nos visitantes, unha contra que pilla desprevido a David por banda esquerda e salva Pita providencial, unha ocasión na que Mario queda só, pero escápaselle o balón, e un máis que probable penalti de Unai a Jorge.

Cunha gran ocasión de Manuel Romero, que só ante o gardamallas visitante tirou unha vaselina que se foi por pouco, e unha innecesaria expulsión de David, rematou o encontro.

Os de Felipe Mieres son líderes con 10 puntos, e na vindeira xornada visitan ó colista Cariño. O triunfo ten máis mérito se cabe, pois nun conxunto que xa tivo unha pretempada difícil, apenas afrontou o encontro con trece xogadores, e Fraga retirouse tocado.

Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Iago, Alex Barro, Pita, Cazás, Casas, Josiño, entrando despois Manuel Romero, e ó borde do final Derick Sakpa.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª FASE (Grupo 4º)
AD MIÑO – CD AS PONTES (4-0)

O equipo cadete perdeu en Miño por 4-0, con tres tantos de Pedro e un de Juan. Novenos con catro puntos reciben á Cultural Maniños, un posto e un punto por debaixo. Xogaron Juan, Eyob, Xavi, Santi, Antonio, Antón Paz, Adrián, Jose, Vicente, Xoel e Joan, entrando despois Azoin, Jorge, Mohamed e Antón Cillero.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – MEIRÁS CF (7-2)

O Benxamín A venceu 7-2 ó Meirás no seu estreo no grupo terceiro, co que se sitúa líder provisional, antes de visitar ó Galicia de Caranza C, que venceu 0-1 ó Ánimas. Tres goles de Sergio Vázquez, dous de Diego Lozano, e un de Xalo García e Destaw Pellón.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES B – UD CEBARCA (1-6)

O Prebenxamín B comezou a liga no grupo terceiro con derrota 1-6 ante o Cebarca, e na seguinte xornada visitarán ó Meirás, que hoxe gañou 8-0 ó San Sadurniño B. Tanto da honra de Xoel Galego.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

I CROSS VILA DE AS PONTES

Preto de 250 atletas déronse cita nunha mañá soleada de domingo na Carballeira da Fraga pontesa para a disputa da primeira edición do Cross Vila de As Pontes, organizado polo Clube Atletismo Olympo, coa axuda do Concello pontés.

Nunha proba na que se disputaron ata seis categorías, nos máis pequenos, nos prebenxamíns, o ouro foi para Iker Díaz, por diante de Daniel Ferro e Yago Bouzas. Nas prebenxamíns, a gañadora foi Lúa Fontao, por diante de Alicia Rodríguez.

En benxamín masculino triunfou o xogador do CD As Pontes Xandre Domínguez, quedando segundo o seu compañeiro de equipo Lucas Blanco, e terceiro Carlos Bouza. Pola súa banda Antía Arnoso logrou o ouro, gañando a carreira por diante de Alba Pena e Noa Souto.

Diego González e Marta Ventura gañaron a proba alevín, seguidos de Mateo Nuñez e Borja López, e Puerto Sainz e María Herida, respectivamente.

En Infantil masculino, Hugo Blanco superou o bo bagaxe do seu irmán pequeno, logrando o ouro, seguíndolle no podio Antón García e Martín López. África Morales gañou a proba feminina por diante de Celia Durán e Paula Criado.

En cadetes Xoel Trastoy venceu a Antón Cobelo, mentres que María Prieto foi a gañadora desta categoría e a prata e o bronce foron para Cristina Souto e Laura Bellas.

Por último, na categoría absoluta venceu Óscar Buján, e acompañárono no podio Carlos Bouza e Juan Rejas. Laura Cabarcos impúxose na carreira absoluta feminina, secundándoa no podio Rocío Fernández e Rebeca Soto.

Entregou as medallas ós atletas o Concellal de Deportes, Chicho Tembrás, no evento amenizado polo gran speaker Xalo Mairas.

Ao mesmo tempo, a panadería local de San José obsequiou cun manteigado por cada kilo de peso aos gañadores nas competicións absolutas masculina e feminina. Tratáronse de 110 manteigados, 50 para a gañadora e 60 para o vencedor.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

Xogouse esta fin de semana a primeira xornada da segunda volta e derradeira do ano da liga de fútbol de veteranos pontesa, na que se rexistraron as goleadas de Galiorient, Mobles Eume, La Galaxia sobre As Pontes 74, que leva dúas derrotas seguidas, e do líder Fisioterapia DCF sobre A Cepa. Estes dous equipos teñen un partido menos, o da primeira xornada Da competición, que disputarán o vindeiro sábado 17. Vitoria tamén de MMYPEM, que leva catro vitorias seguidas, ante Farmavida por un solitario gol de Manolo.
Son líderes da clasificación, con 21 puntos, Fisioterapia DCF e La Galaxia. En terceira posición está As Pontes 74 con 18, Mobles Eume e MMYPEM suman 16 puntos, 14 ten Bar Xardín, 13 Farmavida, 11 Galiorient, 7 Electricidad J&O e pecha a clasificación Mesón A Cepa con 6 puntos.

Iván, de Fisioterapia DCF, encabeza a clasificación de goleadores con 15 goles, seguido de Fernández (A Cepa), con 13; Martín (Mobles Eume) e Fontao (La Galaxia) con 9. Tomás, de Galiorient, suma 8 goles e Miguel (Mobles Eume) e Julio (As Pontes 74) levan acadados 7 goles.

A liga volve a segunda quincena de 2017 coa disputa da 11ª xornada.

10ª XORNADA
10-11 / Decembro / 2016

Galiorient – Electricidad J&O (4-1) Tomás (2), Geluco e Vituco / Manolo
Bar Xardín – Mobles Eume (0-3) Martín, Villa e Soto
La Galaxia – As Pontes 7 (5-2) Juan, Fontao -2- Sito e Sergio / Paz (2)
MMYPEM – Farmavida (1-0) Manolo
Fisioterapia DCF – A Cepa (4-0) Iván, Portas, Andrés e Carballo

11ª XORNADA
21-22 / Xaneiro / 2017

MMYPEM – Electricidad J&O (Sáb. 21, 19:00 h)
La Galaxia – Mobles Eume (Sáb. 21, 20:00 h)
A Cepa – Bar Xardín (dom. 22, 10:00 h)
Galiorient – As Pontes 74 (Dom. 22, 11:00h)
Farmavida – Fisioterapia DCF (Dom. 22, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: