CD As Pontes Feminino

MINECHO CAMPIÓN GALEGO DE VETERANOS

O corredor do Clube Atletismo Olympo de As Pontes Xose Manuel Meizoso Vilasuso, máis coñecido coma Minecho, gañou a pasada fin de semana a medalla de ouro no Campionato Galego de Pista Cuberta.

Nos tres mil metros lisos da proba para atletas de entre 45 e 50 anos desputada na Coruña, Minecho impuxose cun tempo de dez minutos e dez segundos, gañando por dúas décimas, ó atleta de Sada Jesús Álvarez, e a tres segundos quedou Ángel Rodríguez, do Milladoiro.

Tamén participou esta fin de semana no Campionato Galego de Veteráns de Cross celebrado en A Rúa, concluindo noveno na súa categoría.

Nova cortesía Atletismo Olympo e X.F.

O PONTÉS ALEX MONTERO CONVOCADO COA SELECCIÓN GALEGA ALEVÍN DE FÚTBOL SALA

Como xa acontecera o ano pasado, que foi seleccionado sendo alevín de primeiro ano, o futbolista pontés do Esteo e CD As Pontes, Alejandro Montero Peteira ven de ser convocado para a nova Selección Galega Alevín do ciclo 2016-17.

O adestramento terá lugar este venres a partir das 18:45 horas, no Pavillón Municipal de Miño.

Da Delegación da Terra Chá van convocados Alex e o xogador do Outeiro Pablo Rosón.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

NOVO ADESTRAMENTO DE MALENA DE CARA Á SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO DE ESPAÑA

A Selección Galega sub18 feminina comeza a preparación da segunda fase do Campionato de España. Será nun adestramento este mércores día 18 No Mundo do Fútbol en Abegondo, ás 16:30.

Tralo triunfo ante Baleares e a derrota ante Cataluña na primeira, enfrontaránse na segunda ó País Vasco e Murcia a comezos de Febreiro en terras vascas.

A convocatoria é de 21 futbolistas, das que sairán as 18 definitivas. Acuden Malena, a cariñesa María Corral, a xogadora do Val Alba Pérez, e as internacionais deportivistas Tere, Lía e Nuria.

A lista é a seguinte:
RC Deportivo de A Coruña: Malena Mieres, María Corral, Nuria Rábano, Rosalía Muíño, Teresa Abelleira
Victoria CF: Alba Muñiz, Ángela Chorén, Carmen Sumay, Carolina Brañas, Tatiana Barcia
Atlántida Matamá: Lara Martínez, Laura Vázquez, Noelia Pereira, Sara Deben
CPM Friol: Andrea Merino, Goretti Neira, Lucía Pardo
O Olivo: Inés Faro
Sárdoma CF: María Calvar
CCAR Valadares: Ana Iglesias
SD O Val: Alba Pérez

Nova cortesía de Xose Ferreiro

NOVA FICHAXE DO CD AS PONTES

O CD As Pontes fíxose nas últimas horas coa contratación do xa ex futbolista do Deportiva Minera, Francisco Javier Cortés Montoro, a cuarta fichaxe do mercado invernal. O xogador cartaxeneiro de 24 anos, tanto pode xogar de extremo dereito, como de dianteiro.

Na primeira volta na Terceira Murciana marcou ante o Churra, Pinatar e Lorca. Ademáis da Deportiva Minera, tamén estivo en La Unión, da mesma categoría, e no Orihuela, de Segunda B.

No resto de posicións o equipo está máis ou menos compensado, pero é certo que no apartado atacante é do que máis adoece o conxunto pontés, xa que só leva 15 tantos nos vinte encontros, empatado co Ordes como equipo menos goleador.

Edi (5), Pablo Ramos (4), Rubén Pardo (2), Ibu (2), Callón (1) e Marcote (1), foron os goleadores ata o de agora.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. ALONDRAS CF 8 – CD AS PONTES 0

O As Pontes recibe a maior goleada da súa historia en encontro oficial.

Nunha triste tempada de récords negativos, o As Pontes escribiu hoxe o seu capítulo máis pobre ó caer en Cangas por un escandaloso 8-0. E iso que o equipo do Morrazo apenas levaba 19 goles marcados no que vai de tempada.
O peor de todo é que é a maior goleada que recibe o equipo pontés. Recórdase un 8-1 en Gáldar (1995), ou un 7-0 en Bouzas (2010). O As Pontes tamén recibiu sete tantos, na época do Calvo Sotelo, co Compostela (7-1, 1965), Gran Peña Celtista (7-1, 1967), Atlético Pontevedrés (7-2, 1972), e xa sendo Endesa, co Avilés (7-1, 1996).

Pouco máis hai que dicir dunha triste tempada, na que os socios e afeccionados, poucos, pero fieis, non teñen nada que celebrar. Marchou a práctica totalidade do plantel do ano anterior. Fíxose un equipo a contrareloxo con xogadores moi novos. Plantel no que os futbolistas entran e saen. O corpo técnico fai o que pode, como única cabeza visible do clube, con toda a complicada papeleta que lles quedou enriba. Os equipos de base van tirando cara adiante como poden. E nada se sabe da situación institucional e económica do clube.

O encontro de hoxe púxose costa arriba coa expulsión de Paco ós quince minutos. O campión Mundial Xuvenil Pablo Couñago, que levaba seis tantos na campaña, anotou hoxe tres. Mauro, Alejandro, Fondevila, Rubén, e un desafortunado tanto en propia meta de Edi preto do final, redondearon o 8-0. O conxunto cangués tomou cumprida revancha do 4-0 da campaña 2012-13, e do 6-0 da 2013-14 en Campo do Poboado.

O As Pontes segue penúltimo con 13 puntos, porque o Ordes tampouco puntúa, aínda que é o equipo menos goleador da categoría con apenas 15 tantos, distribuidos entre Edi (5), Pablo Ramos (4), Pardo (2), Ibu (2), Callón e Marcote.

A semana que ven o As Pontes recibe ó Castro, que a día de hoxe sería o primeiro dos descendidos, e vai nove puntos por riba dos azuis. Equipo que, cun presuposto xustiño e na súa primeira campaña na Terceira, está dando todo un exemplo.

Xogaron Paco, Prieto (Caiquinho 46´), Buyo (Rafa 16´), Callón, Abraham, Edi, Pablo Ramos (Criado 62´), Diego Núñez, Fran Cortés, Pablo Rubio e Rubén Pardo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CD ZALAETA ARTEIXO – CR FENDETESTAS (15-28)

Os ponteses comezan a segunda volta e o 2017 coa quinta vitoria na Liga.

O Fendetestas de Rugbi pontés comezou con bo pe o 2017, e ao mesmo tempo o inicio da segunda volta de Liga, tras vencer ó Zalaeta de Arteixo por 15-28, e anotando ademáis catro ensaios logrou o bonus ofensivo. Na ida gañaran no Monte Medulio 38-19.

O conxunto pontés xogou con Moncho, Lois, Pastel, Mariño, Antón, Ramiro, Andrés, Jabato, Joel, Kiko, Toño, Huesy, Antón, Iván, Luis e Robert, entrando no segundo tempo Xose, Moeche e Roberto.

Anotaron os ensaios Iván, Huesy, Toño e Antón, e os catro correspondentes lanzamentos a paus Kiko.

Foi esta unha xornada de triunfos visitantes pois o Santiago venceu en Ourense 10-34, e o líder coruñés ao Barbanza 24-43.

A clasificación segue liderada polo Crat A Coruña B, con 31 puntos, por 24 dos verdes, segundos, e 22 do Santiago. Zalaeta e Kaleido Universidade de Vigo B teñen 17, C.Universidade de Ourense Coosur B, 11, e cun punto Barbanza.

Esta fin de semana os verdes reciben ó conxunto ourensán e terán a oportunidade de resarcirse do 35-19 da ida e seguir apretando na loita polo primeiro posto.

Nova Cortesía de Xose Cendán e X.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 13-14-15 / XANEIRO / 2017

LIGA FEMININA F-8
CD AS PONTES – CD SAN SADURNIÑO (2-1)

Vitoria do feminino 2-1 ante o San Sadurniño, equipo que a pesar de presentarse cos efectivos xustos, complicoulle moito a vida ata o final ó conxunto de Julio Montero, non en van, na primeira volta foi o único equipo xunto ó líder Maniños capaz de vencer ó plantel pontés.

María adiantou ás visitantes no primeiro tempo, pero na reanudación, Carlota, e Paula Baamonde preto do final; o decimocuarto e quinto tanto de cada unha no que vai de tempada; puxeron o 2-1 definitivo.
Son terceiras con 41 puntos, visitando a semana que vén ó Cebarca, duodécimo con 16 puntos. Xogaron Leti, Noelia Santalla, Nuria, Yoli, Noelia Ameneiro, Vicky, Carolina Paz, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Uxía.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase
CD AS PONTES – GALICIA SDC MUGARDOS (2-2)

Paso atrás do xuvenil, que empatou na casa ante o cuarto clasificado, Galicia de Mugardos, mentres que gañaron o Eume e o Meirás. Os de Valdoviño son líderes sólidos con 18 puntos, seguidos con 16 polo Eume, e con 14 polo conxunto pontés, que a semana que vén precisamente visita ós de Pontedeume.

Aínda así, o punto pódese dar por bo, i é que a pesar de que os de Felipe Mieres comezaron adiantándose ó pouco do comezo con tanto de Josiño, empataba pronto Jose e o mesmo xogador poñía en ventaxa ós verdes ó borde do descanso. Tivo que ser no segundo tempo, nun gol en propia meta dos mugardeses no tempo de prolongamento, o que puxera o 2-2 definitivo no marcador.

Xogaron Lino, Iago, David, Bruno, Unai, Andrés, Alex Barro, Jaime, Cazás, Casas, Josiño, e despois entraron Carlos, Meidán, Fraga e Manuel Romero.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase
CD NARÓN B – CD AS PONTES (2-1)

Derrota do Cadete 2-1 na súa visita ó CD Narón B. Son penúltimos con catro puntos, e a semana que vén reciben no Poboado ó Amistade de Meirás, que pecha a táboa cun so punto logo dun empate na terceira xornada ante o San Sadurniño.

Polos naroneses anotaron Íker e Sergio e recurtou distancias preto do final Santi. Xogaron Edgar, Eyob, Xavi, Nono, Antonio, Santi, Xoel, Antón Paz, Vicente, Xan, Jose e despois Azoin, Mohamed, e Brais.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase
CD NARÓN B – CD AS PONTES (3-0)

Derrota do Infantil 3-0 na súa visita ó líder CD Narón B. Sétimos con tres puntos reciben ó Cedeira, terceiro con seis.

Anotaron no segundo tempo Jonathan, Kevin e Ángel. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Alejandro, Samuel, Dani, Xoel, Sergio Hermida, Jandro, Hugo, Diego, e despois entraron Iván e Ismael.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
RACING DE FERROL B – CD AS PONTES (1-3)
CD AS PONTES B – CD CARIÑO (6-2)

O Alevín A venceu 1-3 ó Racing de Ferrol B, goles de Ali Karim, Anxo Rey e Eloy Pita. Tamén gañou o Alevín B 6-2 ó Cariño, tantos de Carlos Villasuso (3), Alexo Platas, Anxo Blanco e Israel Varela. No mesmo segundo grupo, ambos con seis puntos, o B é terceiro e o A sexto, antes de visitar ó segundo clasificado Eume, os primeiros, e recibir ó colista San Sadurniño os segundos.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
SD O VAL B – CD AS PONTES (2-7)
CD AS PONTES B – CCRD PERLÍO (1-0)

No grupo terceiro, venceu o Benxamín A 2-7 na casa do colista O Val B, polo que continúan de líderes con 12 puntos, con tres de ventaxa sobre o Galicia de Caranza B, antes de recibir ó Rápido de Neda, oitavo. Tantos de Sergio Vázquez (2), Diego Lozano (2), Alejandro Leal, Adrián Díaz e Xalo García. Primeira vitoria do Benxamín A no grupo segundo, xa que gañou cun apurado 1-0 ó colista Perlío, tanto de Paulo Cabaleiro. Son sétimos con tres puntos antes de visitar ó oitavo, Cedeira.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA (5-2)
CEDEIRA SD – CD AS PONTES B (6-3)

Gran vitoria, no grupo un, do Prebenxamín A, 5-2 ante o primeiro equipo do Galicia de Caranza, cunha gran actuación de Nacho Villasuso que anotou catro tantos e outro de Xandre Domínguez, co que son terceiros con seis puntos, só superados no grupo dos mellores por O Freixo (9), e Racing de Ferrol (7). Na seguinte xornada visitan ó Numancia, que aínda non esterou o casilleiro. O Prebenxamín B caeu 6-3 en Cedeira ante o terceiro clasificado. Novenos con tres puntos reciben ó quinto, Racing de Ferrol C. Hat trick de Xoel Galego.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: