CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 27-28-29 / XANEIRO / 2017

Difícil saída do As Pontes a terras chairegas onde se enfrontará este domingo ó Vilalbés, segundo na clasificación

O CD As Pontes, que leva vinte xornadas ocupando a penúltima posición da clasificación, afronta dúas importantes saídas seguidas, Vilalba e Val do Dubra. O cadro da Chaira será un óso duro de roer, pois está na segunda praza a catro puntos do líder Rápido de Bouzas e contra o que vén de empatar a un gol a pasada xornada. Un Racing Vilalbés no que militan tres ex do As Pontes, Marcos Souto, Álex Cabarcos e Sergio Arias.

O conxunto pontés segue no pozo da clasificación con moitas opcións de descender esta tempada á Preferente, xa que terían que cambiar moito as cousas para lograr a permanencia na categoría. Terían que darse unha serie de carambolas para conseguir esa milagre nas 16 xornadas que quedan para o final de liga, gañalo todo ou case todo e que os demais, cousa difícil, non puntúen.

Ponteses e chairegos lévanse enfrontado en campo vilalbés en competición oficial en 17 oportunidades, 6 na Preferente e 11 na Terceira División, con 7 vitorias do As Pontes por 6 do Vilalbés e 4 empates, con 25 goles a prol do As Pontes por 20 do Vilalbés. O primeiro choque oficial foi na tempada 1993/94 (3ª División) con vitoria local por 2-1 e na tempada 2000/01 o entón Endesa As Pontes logrou o triunfo máis avultado, 1-6.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (23ª xornada)
R.C. VILALBÉS – C.D. AS PONTES
CAMPO DA MAGDALENA (Vilalba)
Domingo 29 de Xaneiro de 2017 (16:30 h)
ÁRBITRO: DANIEL GARCÍA LESTA (Pontevedra)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – GALICIA DE MUGARDOS
Campo do Poboado (As Pontes)
Domingo 29 de Xaneiro de 2017 (12:00 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – MEIRÁS CF
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 28 de Xaneiro de 2017 (16:00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
SRD PORTUARIOS B – CD AS PONTES
Campo de Aneiros (Ferrol)
Sábado 28 de Xaneiro de 2017 (11:30 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES
Campo de Prados Vellos (Ares)
Sábado 28 de Xaneiro de 2017 (10:30 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
GALICIA DE CARANZA – CD AS PONTES
Campo de Caranza 2 (Caranza)
Venres 27 de Xaneiro de 2017 (18:00 h)
CD AS PONTES B – RACING FERROL C
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 28 de Xaneiro de 2017 (11:00 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
GALICIA DE CARANZA B – CD AS PONTES
Campo de Caranza 3 (Caranza)
Venres 27 de Xaneiro de 2017 (18:00 h)
CD AS PONTES B – AD MIÑO
Campo do Poboado (As Pontes)
Venres 27 de Xaneiro de 2017 (17:30 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – SCRD O FREIXO NARÓN
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 28 de Xaneiro de 2017 (12:10 h)
SCRD O FREIXO NARÓN B – CD AS PONTES B
Campo de Río Seco (Narón)
Sábado 28 de Xaneiro de 2017 (12:15 h)

Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

Despois do empate a tres goles en Alba de Tormes, segunda saída consecutiva do cadro pontés a terras castelán leonesas. Neste primeiro partido da segunda volta xoga en Guardo, equipo que gañou na Fraga por 4-5 na xornada inaugural da liga. Ocupa a segunda praza a cinco puntos do Noia. Gañou nove partidos, empatou tres e tan só perdeu un encontro, precisamente na anterior xornada na súa propia pista ante o Noia (1-4)

Nas tres tempadas anteriores, o equipo local sempre logrou a vitoria (5-3, 7-3 e 6-4).

No equipo que prepara Javi Saa, sexto con 21 puntos, son baixas o porteiro Iván, por motivos laborais, e Lito, que cumpre sanción logo de ser expulsado no choque contra o Albense. Volven á convocatoria Javichu e Púas, que a anterior xornada non viaxaron á localidade salmantina.

SEGUNDA DIVISIÓN B (14ª xornada)
GUARDO F.S. – O ESTEO F.S.
Sábado 28 – Xaneiro – 2017 (18,00 h)
Pavillón Municipal (Guardo)
LIGA TERRA CHA

SÁBADO 28 DE XANEIRO
PAVILLÓN MUNICIPAL DE A PASTORIZA
Infantil: PASTORIZA – O ESTEO F.S. (11:00)
Benxamín: PASTORIZA – O ESTEO F.S. (12:00)
Alevín: PASTORIZA – O ESTEO F.S. (12:50)

12ª XORNADA LIGA LOCAL DE FUTBOL SALA DE AS PONTES

DOMINGO DÍA 29 DE XANEIRO
PAVILLÓN MUNICIPAL DA FRAGA

MATOJOMA-LAS TORRES – O ESTEO F.S. “B” (19:00)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: