CD As Pontes Feminino

TRONCHO, NOVO XOGADOR DO CD AS PONTES

O futbolista pontés Álvaro Cao de la Encina (1988), máis coñecido coma Troncho, irmán de David Cao, Nené, que xogara no Esteo, xa forma parte, oficialmente, do plantel do CD As Pontes.

Levaba unhas tempadas apartado dos terreos de xogo, pero xa fai moitos meses que adestra durante a semana co CD As Pontes, aínda que non podía xogar os partidos da fin de semana por motivos laborais.

Cousa que agora si poderá facer, e xa está dispoñible por si Marco Roca considera alinear ao media punta.

Troncho formouse nas categorías inferiores do CD As Pontes, quedando Campión de Copa Alevín 1999, e de Liga e Copa Infantil en 2001.

Logo xogou nas Liga Galegas Cadete e Xuvenil logrando o histórico ascenso a División de Honra en 2007.

Posteriormente deu o salto ó primeiro equipo pontés e tamén xogou no antigo Narón BP e no Viveiro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: GUARDO F.S. – O ESTEO F.S. (6-3)

Os ponteses seguen sextos antes de recibir ó Universidad de Valladolid.

O Esteo pontés de fútbol sala perdeu na súa visita ó segundo clasificado, Guardo, por 6-3.

Ao descanso o marcador era de 1-0, e a pesar de que Ayala igualou comezado o segundo tempo, pronto volveron a poñerse por diante os locais, chegando ó tramo final co 4-2 no electrónico.

Javi Saa empregou o porteiro xogador nos derradeiros minutos, e os ponteses co 5-3 apretaron pero na última xogada os casteláns leoneses poñían o 6-3 definitivo.

A xornada foi moi triste polo falecemento en accidente de tráfico do xogador do Pizarras Tres Cuñados do Barco de Valdeorras Jesús Carrera, resultando ferido grave seu irmán Bruno, xogadores que pasaron polo Pavillón da Fraga hai apenas nove meses.
Os ponteses, sextos, reciben a vindeira semana ó Universidad de Valladolid, cuarto clasificado con 25 puntos.

FICHA DO PARTIDO
GUARDO FS: Alex, Kuin, Héctor, Rubén, Fouad –cinco inicial- Alberto, Iván, Chochi, Beto, Jonathan.
O ESTEO FS: Javichu, Jaco, Gerardo, Rober Paz, Alex Garea –cinco inicial- Ayala, Héctor, Púas, Pablo.
ÁRBITROS: Mozo Revilla (Valladolid), Prieto González (Salamanca). Torre Alonso (Palencia). Amarelas a Jonathan, Jaco e Héctor. Foi expulsado con dobre cartón Fouad.
GOLES: Min. 12 (1-0), Fouad. Min. 21 (1-1), Ayala. Min.23 (2-1), Iván. Min. 25 (3-1), Kuin. Min. 30 (3-2), Jaco. Min. 30 (4-2), Alberto. Min. 35 (5-2), Chochi. Min. 37 (5-3), Rober Paz. Min. 40 (6-3), Héctor.
INCIDENCIAS: Primeiro encontro da segunda volta disputado no Pavillón Municipal de Guardo. Uns 150 espectadores.

LIGA DA TERRA CHA
INFANTIL: PASTORIZA – O ESTEO F.S. (0-0)
ALEVÍN: PASTORIZA – O ESTEO F.S. (1-6)
BENXAMÍN: PASTORIZA – O ESTEO F.S. (0-6)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. KALEIDO UNIVERSIDADE DE VIGO RC B 10 – CR FENDETESTAS 18

O Fendetestas pontés de Rugbi venceu este sábado no seu desprazamento ás inmellorables terras olívicas por un axustado 10-18 ó Kaleido Universidade de Vigo B.

Os verdes venceron con tres ensaios de Kiko, Antón Ferrol, e Rober, xogador que anotou tamén un golpe de castigo.

Nunha xornada de triunfos a domicilio, o Barbanza logrou a súa primeira vitoria en Liga tras impoñerse ó CU Ourense B por 22-50, se ben é certo que os locais apenas contaban con once xogadores.
Pola súa banda o líder Crat A Coruña B segue reforzando o seu liderado tras gañar este sábado ós seus veciños do Zalaeta de Arteixo por 12-36.

Segue liderando a táboa o Crat A Coruña B con 36 puntos e un encontro menos, por 33 do Fendetestas.
A continuación estaría Santiago con 27, Zalaeta 22, e Kaleido Universidade de Vigo B 19.

Nos últimos postos, Campus Universitario Ourense Coosur B con 11 puntos e pecha Barbanza con 6, cinco obtidos nesta xornada.

O Fendetestas recibe a vindeira semana ó terceiro clasificado Santiago, nun encontro moi importante.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. RACING CLUB VILALBÉS 2 – CD AS PONTES 1

O As Pontes plantou cara no derbi ante o terceiro clasificado, pero foi vitima dun pésimo comezo de encontro.

Triste derrota do CD As Pontes 2-1 no derbi ante o veciño Racing Vilalbés. Un comezo de partido desastroso deu ó traste con calquera aspiración de vitoria.

O conxunto pontés comezou moi mal, e así, na primeira xogada, nun desbaraxuste defensivo marcha só Gerardo encarando a Paco, e a Prieto non lle queda máis remedio que entrarlle por detrás, co conseguinte penalti, e por riba, lesión do xogador azul.

Iso supuxo o debut de Troncho, habitual media punta, pero que hoxe actuou no lateral dereito. O xogador pontés levaba varios meses adestrando ás ordes de Marco Roca, pero non podía xogar por mor das súas obrigas laborais da fin de semana.

Marcou a pena máxima Gerardo (2´). Pero por si fora pouco, na seguinte aproximación do cadro local, nun centro chut dende banda dereita, o balón peta no longueiro, acaba nos pes do extremo esquerdo, que colga a área, e libre de marca remata de cabeza a pracer Gerardo facendo o 2-0 (6´). Dúas chegadas, dous goles. Moi mal se poñía o panorama. Ademáis o xogador asturiano meteulle os tres goles esta tempada ó equipo pontés e xa suma trece na Liga.

Pero cando semellaba que todo ía encamiñado a un descalabro coma o de Cangas, o bravo capitán Edi voltou a marcar de falta coma a semana anterior recurtando distancias (9´). O fillo de Recemel xa suma 7 dos 17 tantos do conxunto pontés.

Noutro centro á area non mide ben o salto David González, quedando só un xogador local e salvando Paco (15´).

Sacudiuse un pouco a presión o equipo visitante, e tras unha gran internada de David por banda dereita, que alcanza a liña de fondo, o seu centro non atopa rematador (27´).

Xa preto do descanso, tras un centro dende banda esquerda, cabecea Fran Cortés na área pequena, e salva milagrosamente Marcos Souto (41´). O porteiro, fillo de Momán, xunto a Alex Cabarcos e Sergio Arias, son os tres ex xogadores azuis que hoxe foron titulares.

Antes de rematar o primeiro período gol anulado ó ferrolán Pablo Ramos por dubidoso fóra de xogo (42´).

No segundo período, voltaron a comezar con máis brío os de Gilsanz, e Jose Varela escápaselle a Edi entrando dende o segundo pau, e salva Paco (47´). O mesmo lle sucedeu a Troncho ante Arias, pero volveu a atallar o meta ferrolán (62´).

Co paso dos minutos o As Pontes queimaba as naves, entraba Ibu por un pouco participativo Caique, pero non lograban crear grandes xogadas de perigo a pesar dalgunha aproximación de Cortés. Pola súa banda o Vilalbés tentou aproveitar as contras e a maxia de Gerardo, pero tampouco atinou entre os tres paus.

Sufriu moito o cadro local, a pesar da diferencia de puntos na táboa clasificatoria, para lograr unha vitoria moi traballada. O As Pontes segue sen gañar unha xornada máis, e cos seus dous triunfos en vinta e tres partidos.

Duelo interesante a vindeira semana en Dubra, xa que o equipo local tampouco ten moi boa racha pois nas derradeiras dez xornadas apenas sumou dous empates. Ambos están igualados a 14 puntos e na ida o resultado foi de 1-1.

Pola súa parte o Vilalbés segue terceiro con 45 puntos, antes de visitar ó Choco en Redondela, que marca a criba da salvación.

No decimo oitavo duelo oficial en Vilalba, sétimo triunfo local, polas sete vitorias pontesas e catro empates.

2 Racing Club Vilalbés. Marcos Souto, Alex Cabarcos (Rubén Gómez 70´), Alex, Hugo, Xusto, Javi Varela, Jose Varela, David García, Sergio Arias (Arón 80´), Gerardo (Dani Montes 91´), Villares.

1 CD As Pontes. Paco, Prieto (Troncho 5´), Buyo, Edi, Abraham, Callón, Pablo Ramos, Caique (Ibu 70´), Fran Cortés, David González (Diego Núñez 90´), Rubén Pardo.

Goles: 1-0, Gerardo, de penalti (2´), 2-0, Gerardo (6´), 2-1, Edi (9´).

Árbitro: Daniel García Lesta (Pontevedra). Auxiliado por Pérez Carmuega e Ramos Nogueira. Amarelas a Alex Cabarcos, Edi e Pardo.

Campo e incidencias: Campo de A Magdalena. Uns 200 espectadores, en tarde encampotada pero pouco chuviosa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 27-28-29 / XANEIRO / 2017

Vitoria do Alevín A, ambos Benxamíns, e o Prebenxamín B

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – GALICIA DE MUGARDOS (0-0)

Apenas puido conseguir un empate a 0-0 na casa o equipo feminino ante o Mugardos, cuarto clasificado pola cola. Terceiras con 45 puntos, visitan ó líder Cultural Maniños, equipo bastante máis perigoso, pois leva pleno de 18 triunfos por tan só un empate.

Xogaron Leti, Noelia Santalla, Nuria, Carolina Paz, Noelia Ameneiro, Xeila, Carolina Rodríguez, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – MEIRÁS CF (3-3)

Empate a 3-3 do Xuvenil contra o líder Meirás. Os de Valdoviño chegaban a As Pontes con pleno de triunfos, pero foi o equipo da casa o que se poñía por diante tras un tanto de Cazás, pero antes do descanso empataba Samuel.

Xa no segundo período, tras unha falta ó borde da área de Bruno que chegou tarde, marcou un golazo polo escuadro Pablo, e puideron marcar o terceiro, nun mal despexe de Lino, que salvou Unai baixo paus.

Pero foi o As Pontes o que se puxo por diante tras un bo cabezazo de Cazás, que se adianta ó primeiro pau a saque de córner, e outro tanto de Casas, que controla o balón na área pequena e acaba marcando.

Pero os verdes lograron empatar por medio de Aarón e a piques estiveron de gañar tras un remate no que o balón petou no longueiro.

Quintos con 15 puntos, visitan ó CD Narón, segundo con 19. Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Chema, Iago, Jaime, Cazás, Casas, Alex Barro, e despois entrou Cristian.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
SRD PORTUARIOS B – CD AS PONTES (2-2)

Empate a 2-2 do Cadete na súa visita ó Portuarios B. Marcos adiantou ós locais ó pouco do comezo pero Adrián, e despois Santi, puxeron por diante ós de Rubén Pardo, aínda que a pouco do final Víctor establecía o 2-2 definitivo.

Oitavos con 8 puntos, reciben ó Ortigueira, terceiro. Xogaron Juan, Eyob, Azoin, Nono, Antonio, Santi, Adrián, Xoel, Vicente, Xan e Jose, entrando despois Antón Paz, Xavi, Jorge, Brais e Mohamed.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES (2-1)

Derrota do Infantil en Ares 2-1. Miguel Leira adiantaba ós locais, Hugo Blanco situaba as táboas, pero Miguel Oliveira poñía o 2-1 definitivo. Os azuis son quintos con 6 puntos antes de recibir ó Galicia de Mugardos, segundo.

Xogaron Edgar, Eloy, Xose, Alejandro, Mario Fraga, Dani, Xoel, Mateo, Jandro, Hugo, Sergio Hermida, e despois entraron Sergio Paz e Rubén.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
GALICIA DE CARANZA – CD AS PONTES (1-3)
CD AS PONTES B – RACING FERROL C (3-4)

Vitoria do Alevín A na súa visita ó Galicia de Caranza 1-3. Diego Purriños (2), e Anxo Rey, remontaron o gol de Gonzalo. O Alevín B pola súa banda perdeu 3-4 ante o Racing de Ferrol C, tantos de Xandre Fernández, Carlos Villasuso e Israel Varela. O A e terceiro con 12 puntos antes de recibir ó Mugardos, cuarto, e o B sexto con seis puntos, antes de visitar ó Narón O Freixo B, segundo.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
GALICIA DE CARANZA B – CD AS PONTES (0-2)
CD AS PONTES B – AD MIÑO (3-2)

Triunfo do Benxamín A en Caranza ante o Galicia B, 0-2, con tantos de Destaw Pellón e Sergio Vázquez. Son líderes con 18 puntos, e cinco de colchón antes de recibir ó Eume B, antepenúltimo con catro. O Benxamín B venceu 3-2 ó Miño e quinto con seis puntos, visita ó Ánimas B, antepenúltimo con tres. Diego Solano e Xalo González adiantaron ós azuis, e pese a que os visitantes empataron, Xoel Vigo poñía o 3-2 definitivo.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – SCRD O FREIXO NARÓN (3-3)
SCRD O FREIXO NARÓN B – CD AS PONTES B (1-8)

Bo empate a 3-3 do Prebenxamín A ante O Freixo, líder do grupo dos mellores, e equipo que levaba pleno de vitorias, 14 triunfos en toda a tempada. E iso que os azuis se adiantaron 1-0 e 3-1 con tantos de Iker Ares (2) e Alex Basanta, pero finalmente igualaron os naroneses. Terceiros con 10 puntos visitan ó Rápido de Neda, sexto con sete. Boa vitoria 1-8 do Prebenxamín B, que escala á sétima praza con sete puntos antes de recibir ó CD Narón B, segundo. Tres goles de Xoel Galego, dous de Íker Díaz, e un de Brais Varela, David Otero e Martín Laherrán.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

A pesar de gañar con apuros ó colista Electricidad J&O (3-2), Fisioterapia DC-HIM&HER segue firme na procura do título de liga. Mobles Eume e La Galaxia non tiveron problemas para desfacerse de MMYPEM e Bar Xardín. Goleada de Galiorient (5-1) ante A Cepa, no que se notou a baixa de Fernández, o ata agora “pichichi”, que tras esta xornada é Iván (Fisioterapia DC-HIM&HER) ó marcar os tres goles do seu equipo diante do colista. Empate a un gol entre As Pontes 74 e Farmavida, equipo que ía por diante no marcador ata os instantes finais do encontro e con Salido como improvisado porteiro.

Como se sinala, é líder con 30 puntos Fisioterapia DC-HIM&HER, seguido de La Galaxia con 24. Despois están Mobles Eume conta con 22 puntos. Empatados a 19 puntos están MMYPEM e As Pontes 74. A continuación Galiorient, con 17, Farmavida e Bar Xardín con 14 puntos; A Cepa, 9, e ocupa a derradeira posición Electricidad J&O, con 8 puntos.

Iván, de Fisioterapia DC-HIM&HER, é agora ó máximo goleador, con 20 tantos. A dous está Fernández, de A Cepa. Once levan marcado Martín (Mobles Eume), Fontao (La Galaxia) e Tomás (Galiorient).

Na vindeira xornada, partido interesante entre Fisioterapia DC-HIM&HER e Galiorient

12ª XORNADA 28-29 / Xaneiro / 2017

Fisioterapia DC-HIM&HER – Electricidad J&O (3-2) Iván (3) / Juan e Francisco
MMYPEM – Mobles Eume (1-3) Narciso / Martín, Diego e Manel
La Galaxia – Bar Xardín (3-1) Juan, Fontao e Óscar / Iván
As Pontes 74 – Farmavida (1-1) Paz / Tino
A Cepa – Galiorient (1-5) Alfonso / Tomás (2), Juan, Varela e Geluco

13ª XORNADA 4-5 / Febreiro / 2017

MMYPEM – As Pontes 74 (Sáb. 4, 19:00 h)
Electricidad J&O – Mobles Eume (Sáb. 4, 20:00 h)
Bar Xardín – Farmavida (Dom. 5, 10:00 h)
Fisioterapia DC-HIM&HER – Galiorient (Dom. 5, 11:00h)
La Galaxia – A Cepa (Dom. 5, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: