CD As Pontes Feminino

ADESTRAMENTOS DE ALEX MONTERO COA SELECCIÓN GALEGA

O xogador pontés do Esteo FS, e tamén do CD As Pontes, Alejandro Montero Peteira, tivo unha concentración esta fin de semana coa selección galega alevín de fútbol sala.

Dende o venres ás 17:00 ata o domingo ás 15:30, quince xogadores estiveron concentrados en Teixeiro para realizar diversos adestramentos.

O Campionato de España Alevín terá lugar na localidade abulense de Arévalo a segunda fin de semana de Abril.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

EYOB SANTAMARIÑA CONVOCADO COA SELECCIÓN FERROLÁ SUB15

O xogador do Cadete do CD As Pontes Eyob Santamariña Fernández foi convocado para uns adestramentos da selección de Ferrol Cadete sub15, que se levarán a cabo este martes ás 19:00 na Gándara.

Ademáis do lateral dereito azul, van outros 22 futbolistas. A lista é a seguinte:

Racing Ferrol: Alejandro Cuende, Brais Rodríguez, Pablo Ares, Caio Correa, Pablo Herba, Lucas González, Hugo Suárez
Galicia Caranza: Gabriel Bouza, Elías González, Daniel Quintela
SRD Portuarios: Manuel Costoya, Cristobal Deza, Ruben Monteiro
Eume Deportivo: Mateo Díaz, Mario Filgueira
CD Cariño: Pablo Galcerán, Alejandro Pena
CD Narón: Miguel Pazos
SD O Val: Elías Mera
Amistade Meirás: Daniel Arozamena
Cebarca: Darío Breijo
CCRD Perlío: Keven Marques
CD As Pontes: Eyob Santamariña

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA. FS CUÉLLAR – O ESTEO FS. (4-2)

O equipo pontés, lastrado polas baixas, perdeu nos derradeiros minutos no seu desprazamento a Castela León.

O Esteo pontés de fútbol sala perdeu na súa visita ó cuarto clasificado, Cuéllar, por 4-2.

Os locais comezaban adiantándose mediado o primeiro tempo, nun balón no que Isma quedou só e regateou a Iván. Tamén houbo un tiro ó poste de Lulas.

No segundo tempo, Jaco empataba tras xogada persoal, pero pouco despois era Javito quen quedaba só ante Iván e marcaba tras doble disparo. Pero tras un gran xogada de Jaco, Gerardo establecía o 2-2.

Foi nos dous últimos minutos, con un Esteo moi xusto e canso, apenas xogaron seis xogadores mailo xuvenil Pablo, que obtiñan a vitoria os locais, tralo gol de Pablo de falta e con porteiro xogador os visitantes outra vez Pablo poñía o 4-2 definitivo.

O equipo de Javi Saa segue sexto con 24 puntos, antes de recibir ó Noia, líder con pleno de vitorias e apenas tres empates, incluido un 1-1 na ida.

FICHA DO PARTIDO
FS CUÉLLAR: Cano, Javito, Pablo, Iván, Taveras –cinco inicial- Julio, Lulas, Davicillo, Gonza, Isma, Charli.
O ESTEO FS: Iván, Jaco, Gerardo, Pablo, Rober Paz –cinco inicial- Héctor, Alex Garea.
ÁRBITROS: Sanz Moreno, De Cabo Gonzalo (Salamanca). Amarelas a Rober Paz, Jaco, Héctor e Pablo polo Esteo.
GOLES: Min. 11 (1-0), Isma. Min. 32 (1-1), Jaco. Min.33 (2-1), Javito. Min. 35 (2-2), Gerardo. Min.38 (3-2), Pablo. Min. 39 (4-2), Pablo.
INCIDENCIAS: Décimo sexta xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B, terceira da segunda volta, disputado no Pavillón Municipal de Santa Clara, ante uns 350 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – SD COMPOSTELA 1

Reparto de puntos no encontro xogado na tarde deste domingo no Campo do Poboado.

Pese á diferenza de puntos na táboa clasificatoria coa histórica SD Compostela, que xogara catro tempadas na Primeira División Española, dominou máis o As Pontes nos primeiros 45 minutos.

Tras un centro ó área cabecea algo forzado Núñez (5´). Logo é Pardo quen fai unha boa xogada por banda esquerda, e Caique acaba disparando por alto (13´). Trallazo de Pardo dende o vórtixe da área que chapa Lucas en dous tempos (26´). Nunha falta de estratexia, cede Caique a David, pero o disparo do vástago de Jose Ramón vai algo frouxo a mans do porteiro (30´).

Se ben, a ocasión máis clara do primeiro período chegou nunha mala saída de Paco tras córner, que non soubo aproveitar o ex xogador do Orihuela, David Uña, pois sacou Callón baixo paus (16´). Tamén se lle marcha Diego Rey a Rubén, e o seu perigoso envío despexao outra vez o central de Oleiros in extremis (41´).

Nos primeiros compases do segundo período saíron os da capital galega a pola vitoria, comandados polo incombustible, ós seus 41 anos, Cabrejo, e tras unha xogada por banda na que Diego Rey se desfai de Rubén, centra cara atrás, e Recoba dispara ó lateral da rede (47´). Logo, tras unha xogada por banda é David González quen dispara por alto (52´).

Adiantáronse os composteláns tras unha contra na que o habilidoso mediapunta Gonzalo García Recoba, ex de Heerenveen, Groningen, ou campeón da Liga Israelí co Maccabi de Tel Aviv, cedella ó lateral dereito Saro, que se incorpora chegando dende atrás e bate por baixo a Paco (58´).

Pero en lugar de desmoroarse o cadro local, foi a polo empate. Tras saque de córner, o balón caelle na frontal a Rubén, e o seu disparo cruzado marcha por pouco (61´). Logo, nunha contra, vaille o balón no segundo pau a Pardo, quen dispara e saca Saro co corpo (63´). Pouco despois, nunha falta ó borde da área que bota Caique, peina o xusto o central Callón para despistar ó porteiro e situar a igualada no marcador (66´).

Minutos de toma y daca. Márchase o ex xogador local Santi por banda dereita, cedella a Recoba, e o galego uruguaio deixaa pasar pensando que chegaba un compañeiro dende atrás para rematala (68´). Logo, noutro saque de esquina, caelle o balón a David Prieto, que sin pensalo lanza un zapatazo dende fóra da área que se marcha por un suspiro (72´). Replica dos visitantes cunha falta lateral tirada por Mon (76´).

O partido cambiou coa rigurosa expulsión de Rubén por unha innecesaria patadiña casi no medio campo, nunha contra santiaguesa (78´). O As Pontes aguantou como puido, e nun desconto excesivo, pois só houbo tres cambios, tras córner, anotaron os composteláns (95´). O colexiado entendeu que, axudándose coa man, ou con falta ó porteiro local, nunha xogada na que acabou expulsado Diego Rey.

Non houbo tempo para máis, e o As Pontes rescata un valioso empate. Segue antepenúltimo con 18 puntos, antes de visitar ó Bergantiños. Os composteláns dan un paso atrás, tras catro triunfos consecutivos, pero seguen a catro puntos do play off, sextos con 42.

No cómputo de enfrontamentos oficiais en O Poboado, cuarto empate, polos cinco triunfos locais, e nove visitantes.

CD As Pontes. Paco, Criado, Rubén, Callón, Abraham, Prieto (Jaime 83´), Caique, Núñez, Fran (Buyo 80´), David, Pardo.

SD Compostela. Lucas, Saro, Mon, David Uña, David Rey, Ube, Diego Rey, Santi, Tomás (Nogueira 73´), Recoba, Cabrejo.

Goles: 0-1, Saro (58´), 1-1, Callón (66´).

Árbitro: Gonzalo Villanueva Carballo (Pontevedra). Auxiliado por Casalderrey Soria e Raposo Barcia. Amarela a Tomás. Expulsou con vermello directo a Rubén (78´) e Diego Rey (95´).

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Máis de 200 espectadores, moitos visitantes. Partido da 25ª xornada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 10-11-12 / FEBREIRO /2017

Triunfos do Feminino, Xuvenil, Cadete, Benxamín A, e ambos Prebenxamíns. Nunha xornada tremendamente fría moitos equipos tiveron que xogar no campo no que se xoga a Liga de Veteráns.

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – CD CARIÑO (6-0)

Contundente vitoria do equipo feminino, con catro tantos de Carlota nos primeiros 18 minutos. Curiosamente a capitana leva ese mesmo número de goles na Liga, 18.
Ó descanso chegouse con 5-0 no marcador tralo tanto de Carolina Rodríguez. Xa preto do final anotaba o sexto Paula Castro, que quedou soa tras unha asistencia da capitana, e cun remate ó longueiro de Noelia Ameneiro rematou o partido.

Terceiras con 49 puntos visitan ó Santa Mariña, undécimo con 19, equipo que foi mellorando bastante co paso das xornadas.

Xogaron Leti, Andrea Pita, Nuria, Yoli, Noelia Ameneiro, Carolina Paz, Xeila, Paula Castro, Carlota, Carolina Rodríguez, Yara e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – CULTURAL MANIÑOS SD (6-2)

Vitoria do Xuvenil ante a Cultural Maniños 6-2. O partido xa quedou sentenciado ao descanso ó que se chegaba con 4-0, tantos de Cazás, Casas e doblete do central de primeiro ano Bruno. No primeiro tramo do segundo tempo outro doblete, neste caso de Manuel Romero, poñía o 6-0. Deixaronse levar un pouco nos derradeiros minutos, e tras un mal despexe defensivo, Daniel poñía o 6-1, e pouco despois de cabeza Héctor anotaba o 6-2.

Tamén puido ampliar o marcador o cadro de Felipe Mieres, pois o colexiado comeuse un claro penalti, xa que nunha xogada fortuita o porteiro visitante levou por diante a un xogador local. Tamén puido marcar Pita, que quedou só dentro da área, ou Carlos, que disparou ó lateral da rede tras unha gran xogada de Casas.

Terceiros con 18 puntos, reciben ó Galicia de Caranza B, cuarto coa mesma puntuación. Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Chema, Iago, Pita, Cazás, Casas, Josiño, e despois entraron Carlos, Manuel Romero, Alex Barro, Santi e Derick.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
SD RÁPIDO DE NEDA – CD AS PONTES (1-2)

Vitoria na mañá deste domingo do Cadete na súa visita ó Rápido de Neda, cuarto clasificado, 1-2. Pese a que comezaron adiantándose os locais cun gol de penalti de Xoel, un tanto de Vicente Iglesias e outro de Xavi Gabeiras, déronlle a volta aó marcador e a terceira vitoria na Liga para o conxunto de Rubén Pardo, que xa suma 11 puntos, na novena posición, antes de visitar ó CD Narón, décimo con dez puntos.

Xogaron Juan, Eyob, Azoin, Nono, Antonio, Antón Paz, Adrián, Chema, Vicente, Xan e Jose, saíndo despois Xoel, Samuel, Xavi e Mohamed.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – GALICIA DE MUGARDOS (3-3)
SD RÁPIDO DE NEDA – CD AS PONTES (0-0)

No encontro aprazado a fin de semana polo temporal e xogado este mércores empataba a 3-3 o Infantil ante o segundo clasificado Galicia de Mugardos, con presencia olímpica no campo. Igualada que sabe a pouco porque aos quince minutos xa gañaban 3-0 con tantos de Xoel Purriños (2) e Adrián Bellas. Pero no derradeiro cuarto de partido, os tantos de Miguel, David e Daniel no último minuto, establecían o 3-3 definitivo. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Alejandro, Samuel, Mario Fraga, Adrián, Manuel, Jandro, Hugo, Xoel, e despois entraron Edgar, Sergio Hermida, Dani e Mateo.

Xa este sábado empataron 0-0 na súa visita ó terceiro, Rápido de Neda. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Alejandro, Samuel, Dani, Manuel, Mario Fraga, Jandro, Hugo, Xoel e despois entraron Edgar, Sergio Hermida, Mateo e Iván. Sétimos con 8 puntos reciben ó Galicia de Caranza C, cuarto con 9.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
SCRD NARÓN O FREIXO B – CD AS PONTES B (5-1)

No partido aprazado a fin de semana pasada e xogado este xoves perdía o Alevín B 5-1 ante o segundo clasificado, Narón O Freixo B, tanto de Xandre Fernández. Encontro máis igualado do que sinala o marcador porque faltando seis minutos para o remate o resultado era de 1-1. Este martes xogaráse o derbi entre o equipo A e o B. Uns son terceiros con 15 puntos e os outros oitavos con 6.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
GALICIA DE CARANZA D – CD AS PONTES (1-4)
CD AS PONTES B – RACING SAN PEDRO CF (1-5)

Outro gran paso de cara a afianzar o liderado do Benxamín A, que gañou 1-4 ó Galicia de Caranza D, tantos de Sergio Vázquez, Destaw Pellón, Diego Lozano e Alejandro Leal. Líderes con 24 puntos e con cinco de ventaxa sobre o Ánimas, na vindeira xornada reciben ó Cebarca, oitavo con 8. O Benxamín B pola súa banda perdeu 1-5 contra o líder Racing San Pedro, tanto da honra de Xavi Regueiro, que logrou a súa sétima vitoria consecutiva. Sétimos con 6 puntos, visitan ó CD Narón, terceiro.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – CD NARÓN (3-2)
CD CARIÑO – CD AS PONTES B (2-4)

Boa vitoria do Prebenxamín A ante o quinto, CD Narón, 3-2, tantos de Xandre Domínguez (2) e Nacho Villasuso, e aínda que os tantos de Fabio e David, no último minuto, maquillaron o marcador, os de Guille lograron a vitoria, e son segundos con 16 puntos no grupo dos mellores, antes de visitar ó Ortigueira, noveno con 4. Pola súa banda, o Prebenxamín B tamén gañou 2-4 na súa visita ó Cariño, anotando ademáis os seis goles, magoa que dous na porta equivocada. Guillermo Folgar, Iago Cebreiro, Íker Díaz e Xoel Galego deron a vitoria e xa son sétimos con trece puntos antes de recibir ó Val, noveno con dez.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

Despois do parón obrigado polo temporal, xogouse esta fin de semana a 14ª xornada da liga de fútbol de veteranos en dous días de moito vento, frío e algo de chuvia. A xornada 13ª disputarase os días 18 e 19 de marzo.

Vitoria pola mínima (3-2) de Fisioterapia DC-HIM&HER sobre Mobles Eume, un resultado que afasta ós mobleiros da loita polo título, xa que agora mesmo están a 11 puntos do líder e a cinco do segundo clasificado, La Galaxia, que nesta xornada gañou por goleada a MMYPEM. Tamén goleada de Farmavida sobre Electricidad J&O (3-0). Sorprendente a vitoria por 4-2 de Mesón A Cepa ante As Pontes 74, o mesmo resultado que se deu no choque entre Bar Xardín e Galiorient.

É primeiro na clasificación con 33 puntos Fisioterapia DC-HIM&HER, seguido de La Galaxia con 27. Despois están Mobles Eume con 22 puntos. Empatados a 19 puntos atópanse As Pontes 74 e MMYPEM. A continuación hai un empate a 17 puntos entre Galiorient, Farmavida e Bar Xardín. A Cepa suma agora 12 puntos e pecha a clasificación con 8 puntos Electricidad J&O.

Iván, de Fisioterapia DC-HIM&HER, é o máximo goleador, con 22 tantos. A dous (20) está Fernández, de A Cepa. Tomás, de Galiorient, totaliza 12. Once levan marcado Martín (Mobles Eume) e Fontao (La Galaxia).

Na vindeira xornada, a décimo quinta, hai choques interesantes, destacando Farmavida-Mobles Eume e Galiorient-La Galaxia.

14ª XORNADA 11-12 / Febreiro / 2017

Farmavida – Electricidad J&O (3-0)
Rafa (2) e Pita
Fisioterapia DC-HIM&HER – Mobles Eume (3-2)
Iván (2) e Miguel / Diego e Miguel
Bar Xardín – Galiorient (4-2)
Pedro (2), Cabanela e Luis / Vituco e Tomás
A Cepa – As Pontes 74 (4-2)
Fernández (2), Andrés e Lolo / Raúl e Víctor
La Galaxia – MMYPEM (4-0)
Juan (2), Vituco e Sito

15ª XORNADA 18-19 / Febreiro / 2017

Electricidad J&O – A Cepa (Sáb. 18, 19:00 h)
Farmavida – Mobles Eume (Sáb. 18, 19:00 h)
Bar Xardín – As Pontes 74 (Dom. 19, 10:00 h)
Galiorient – La Galaxia (Dom. 19, 11:00h)
Fisioterapia DC-HIM&HER – MMYPEM (Dom. 19, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

PARTICIPACIÓN DO ATLETISMO OLYMPO 11-12 DE FEBREIRO

O Clube Atletismo Olympo de As Pontes tivo esta fin de semana dúas competicións con quince representantes.

Este sábado estiveron na Malata no clásico Trofeo Joaquín Romero de Campo a Través.

E os resultados foron os seguintes, nos máis maiores, o gran Minecho foi primeiro veterán B e oitavo absoluto; Miguel Vilaboy, noveno veterán B e 31º absoluto; Carlos Fernández, sexto xuvenil e 36º absoluto.

Xa nos máis pequenos, Anxo Sobrido quedou sexto en infantil, Antón Varela, noveno alevín, Mateo García, décimo alevín, Aroa Domíngez, 17ª alevín, e Fernán Pena, undécimo benxamín.

Tamén, este domingo estiveron en Lugo na proba da Corre Con Nós, disputada en Lugo, nas inmediacións do Río Rato.

Nos adultos, Miguel Vilaboy foi 114º. A continuación, Manuel Bouza 213º, Patricia Seco 370º, Mari Carmen Antón 518º, Sara González 552º, Maca Rego 724º, e María González 725º. Nos máis pequenos, Cayetano Franco acabou no posto 61º.

Nova cortesía Atletismo Olympo, Óscar Rodríguez, e X.F.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: