CD As Pontes Feminino

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – NOIA FS (3-1)

Espectacular triunfo do equipo pontés, que gañou ó que era líder invicto xogando con apenas sete xogadores.

O Esteo pontés de fútbol sala escribiu na tarde de onte unha páxina histórica e das que se recordan.

Chegaba a As Pontes o líder invicto, con trece triunfos e apenas tres empates (curiosamente arañou un punto aló o equipo de Javi Saa), un plantel con doce xogadores e porteiro suplente. De moito nivel. Por parte local apenas sete xogadores con experiencia na categoría e sen suplente para o porteiro Iván.

Máis foi o cadro local o que comezou avisando ó pouco do comezo, cun disparo de Jaco ó poste. Máis tarde marcou Héctor, tras saque de banda, que disparou, e desviou o xusto un xogador visitante despistando a Brais, o burelés que fora dobre Campión de España Junior coa Selección Galega.

Incluso máis tarde Gerardo roubou un balón, recorreu a pista, e ante a saída de Brais, o seu disparo marchou lamendo o poste.

Pero fixeronselle moi longos os derradeiros minutos deste primeiro período ao equipo pontés. Iván atallaba todas as embestidas visitantes baixo paus, pero tristemente faltando apenas 15 segundos, nunha xogada de extratexia quedou completamente só o viveirés Diego Pernas, e picoulle o balón por riba establecendo a igualada antes do descanso.

Curiosamente apuntar a presencia no equipo que comanda a clasificación, de Dani, irmán pequeno do pívot do FC Barcelona e da Selección Española, o arzuán Diego Quintela.

Pero ó pouco da reanudación voltou a dar outra estocada o cadro local, i é que Ayala, entrando dende banda dereita, marca dun disparo axustado ó primeiro pau.

Os minutos transcorrían, os visitantes seguían asediando a porta local, pero os de Javi Saa montaban perigosas contras, resaltar un tiro ó poste de Jaco, ou un pase de Rober Paz, que o propio xogador ex do Narón non acerta a empalar en boca de gol.

Nos derradeiros cinco minutos Nano Maroño arriscou con porteiro xogador, e nunha xogada na que os colexiados interpretan que Xuxa se tira dentro da área ensinanlle o segundo cartón, resultando expulsado, e xogando o Esteo os derradeiros 40 segundos cun máis.

Non o desaproveitou, e tras un roubo de balón marca Jaco de forte disparo raso o tanto da sentencia faltando apenas nove segundos.

Triunfo de moito mérito do cadro local, que se mantén sexto con 27 puntos, antes de recibir ó Pizarras Los Tres Cuñados.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Iván, Jaco, Héctor, Rober Paz, Ayala –cinco inicial- Alex Garea, Gerardo.

C. NOIA FS: Brais, Christian, Borja, Marci, Xuxa –cinco inicial- Nené, Quique, Alex, Diego, Marcos, Dani Quintela.

ÁRBITROS: Novoa García, Feliz Otero, Quintas Crespo (Ourense). Amarelas a Rober Paz, Diego e Dani Quintela. Foi expulsado por dobre cartón o visitante Xuxa, faltando 40 segundos.

GOLES: Min. 5 (1-0), Héctor. Min. 20 (1-1), Diego. Min.22 (2-1), Ayala. Min. 40 (3-1), Jaco.

INCIDENCIAS: Décimosétima xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B, cuarta da segunda volta, disputado no Pavillón Municipal da Fraga, ante uns 250 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 17-18-19 / FEBREIRO /2017

Boa xornada en xeral dos once equipos do CD As Pontes, pois, agás dúas derrotas, houbo nove triunfos esta fin de semana. O máis lastimoso, o 1-0 do primeiro equipo en Carballo.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17
BERGANTIÑOS F.C. – C.D. AS PONTES (1-0)

Non puido o As Pontes na súa visita Ás Eiroas, onde perdeu 1-0. Condenouno, coma tantas outras veces, a súa falta de gol, e os seus apenas 20 tantos no que vai de campaña.

Colmo de males comezaron adiantándose os locais ó pouco do comezo, e cun tanto pontés, pero en propia meta.

Cara ó final do encontro os locais xogaron cun menos por lesión, pero o As Pontes non puido anotar e volve de vacío de Carballo encarando un trascendental encontro na última fin de semana de Febreiro ante o Silva.

Xogaron Paco, Criado, Buyo, Callón, Abraham, Prieto (Jaime 76´), Caique, Núñez, Cortés, David (Rubio 67´) e Pardo.

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
ADCR SANTA MARIÑA – CD AS PONTES (1-6)

Gran vitoria do feminino, que gañou 1-6 ó Santa Mariña. Carlota adiantaba ás azuis, empataba Tania, e Xeila poñía o 1-2 antes do descanso. Xa na reanudación, os tantos de Nuria, Paula Baamonde (2), e un en propia meta deron os tres puntos.

Terceiras con 52 puntos teñen unha importante visita ó Val B, que é segundo con 54. Xogaron Leti, Noelia Santalla, Nuria. Carolina Paz, Noelia Ameneiro, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA B (3-1)

Gran vitoria do Xuvenil, 3-1 ante o Galicia de Caranza B. Jaime adiantou aos de Felipe Mieres, e a pesar do empate de Antonio, antes do descanso Cristian poñía o 2-1. Tras un disputado segundo tempo, a pouco do final, un gran gol de Josiño, dende uns 25 metros polo escuadro, deu a vitoria definitiva.

Son terceiros con 21 puntos, antes de visitar ó Portuarios,oitavo con once. Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Pita, Iago, Jaime, Cristian, Casas, Josiño, entrando despois Carlos, Cazás, Chema, Alex Barro e Manuel Romero.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
SCDR NARÓN O FREIXO – CD AS PONTES (2-1)

Derrota do Cadete en Narón 2-1. A pesar de adiantarse os de Rubén Pardo cun tanto de Vicente, dous goles de Carlos e Eloy voltearon o marcador. Sétimos con 14 puntos, reciben ó San Sadurniño, undécimo con 11.

Xogaron Juan, Azoin, Xavi, Eyob, Antonio, Jose, Mohamed, Adrián, Vicente, Xan e Antón Cillero, entrando despois Brais.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA C (2-1)

Triunfo do Infantil 2-1 ante o Galicia de Caranza C. Adiantáronse con dous tantos de Jandro López, un deles de penalti, e a pesar de recurtar distancias Brais, mantiveron o resultado e os tres puntos. Son cuartos con once puntos antes de recibir ó Ortigueira, sétimo con nove.

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Mario Fraga, Alejandro, Samuel, Dani, Sergio Hermida, Jnadro López, Mateo, Hugo, Manuel, entrando despois Edgar, Joao, Iván e Sergio Paz.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES B – CD AS PONTES A (1-5)
CD AS PONTES – CD CARIÑO (10-2)
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES B (1-10)

No derbi disputado este martes entre o equipo B e o A gañaron os máis maiores por 1-5, tantos de Anxo Rey (2), os irmáns Diego e Ángel Purriños, e Alex Montero. Tanto da honra para Israel Varela.

Xa nos encontros da fin de semana. aproveitando a boa dinámica, o Alevín A venceu 10-2 ó Cariño, tantos de Iago Expósito (3), Alex Montero (2), os irmáns Diego e Ángel Purriños, Eloy Pita, Sergio Cabarcos, e David Cendán.

O Alevín B, pola súa banda, quitou o mal sabor de boca, tras vencer 1-10 ó colista San Sadurniño, tantos de Anxo Blanco (3), Xandre Fernández (3), Israel Varela (2), Yeray Paz e Nacho Villasuso.

O Alevín A escala á primeira posición con 21 puntos, adiantando ó Eume, que ten 20, equipo ó que visita a vindeira xornada nun partido moi importante. O B é sétimo con 9 puntos antes de recibir ó Caranza, sexto.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – UD CEBARCA (12-0)
CD NARÓN – CD AS PONTES B (2-3)

Contundente vitoria do Benxamín A 12-0 ante o Cebarca, o que fai que lidere a táboa con 27 puntos, oito por riba de Caranza C e Ánimas, equipo ó que visitan na vindeira xornada. Goles de Diego Lozano (4), Sergio Vázquez (3), Destaw Pellón (2), Alejandro Leal (2), e Adrián Díaz.

Bo triunfo do Benxamín B, que gañou 2-3 na súa visita ó CD Narón, que era o terceiro clasificado. Con tantos de Paulo Cabaleiro, Xalo González e Diego Ortigosa. Son sextos con nove puntos, antes de recibir ó Val, noveno con catro.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
ORTIGUEIRA FC – CD AS PONTES (0-2)
CD AS PONTES B – SD O VAL (7-3)

Bo triunfo do Prebenxamín A 0-2 en Ortigueira, tantos de Nacho Villasuso e David Maseda, neto do gran Manolo Vilaboy, preto do final. Segundos con 19 puntos no grupo dos mellores, reciben ó Eume, cuarto con 14 puntos.

Bo triunfo do Prebenxamín B 7-3 ante o Val. Quintos con 16 puntos visitan ó colista sen puntuar San Sadurniño B. Tantos de Íker Díaz (4), e Xoel Galego (3).

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

Nunha xornada sen sorpresas, pero con moitos goles, hai que salientar as goleadas de A Cepa, Mobles Eume, La Galaxia e Fisioterapia DC-HIM&HER. No outro encontro, vitoria por 1-0 de As Pontes 74 ante Bar Xardín.

Continúa na primeira praza da clasificación con 36 puntos Fisioterapia DC-HIM&HER, seguido de La Galaxia con 30. Despois están Mobles Eume con 25 puntos, As Pontes 74 totaliza 22, MMYPEM, 19. A continuación hai un empate a 17 puntos entre Galiorient, Farmavida e Bar Xardín. A Cepa suma agora 15 e pecha a clasificación, con 7 puntos, Electricidad J&O.

Logo desta xornada hai un empate a 24 goles na táboa de goleadores, con Iván (que anotou 2) e Fernández (que marcou 4 tantos dos oito do seu equipo), de A Cepa. Tomás, de Galiorient, totaliza 12 e once Martín (Mobles Eume) e Fontao (La Galaxia).

Na vindeira xornada, a décimo sexta, disputarase despois do entroido, na primeira fin de semana de semana de marzo. O partido máis interesante será o que disputen o domingo 5 (11:00) os dous primeiros clasificados, Fisioterapia DC-HIM&HER e La Galaxia, encontro no que pode decidirse o título de liga da presente campaña.

15ª XORNADA 18-19 / Febreiro / 2017

Farmavida – Mobles Eume (1-5) Rafa / Martín, Pepe, Villa e Diego (2)
Electricidad J&O – A Cepa (0-8) Fernández (4), Lolo (2), Alberto e propia porta
Bar Xardín – As Pontes 74 (0-1) Xavi
Galiorient – La Galaxia (1-4) Tomás / Sito, Sergio, Nené e Fontao
Fisioterapia DC-HIM&HER – MMYPEM (3-0) Iván (2) e David

16ª XORNADA 4-5 / Marzo / 2017

Farmavida – Galiorient (Sáb. 4, 19:00 h)
As Pontes 74 – Mobles Eume (Sáb. 4, 20:00 h)
Bar Xardín – Electricidad J&O (Dom. 5, 10:00 h)
Fisioterapia DC-HIM&HER – La Galaxia (Dom. 5, 11:00h)
MMYPEM – A Cepa (Dom. 5, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: