CD As Pontes Feminino

ACTUACIÓN DE CRISTINA CASTRO NO EUROPEO INDOOR

A arqueira pontesa Cristina Castro Barcala, desprazouse esta semana á localidade francesa de Vittel, para a disputa do Europeo Indoor de Tiro con Arco.

Participou na proba de Recurvo Junior Feminino. Nas roldas clasificatorias ocupou a 31ª posición, con 530 puntos, sendo primeira a italiana Tatiana Andreoli, con 585.

Pero nada puido facer na rolda de dezaseisavos de final, onde caeu 0-6 ante a británica bryony Pitman, segunda da previa.

A propia deportista británica, e a italiana, pelexarán polo ouro este domingo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SERGIO OTERO CONVOCADO POLA SELECCIÓN GALEGA SUB18

O futbolista pontés Sergio Otero Pedre ven de ser convocado polo selecciónador galego sub18 para uns adestramentos que se levarán a cabo este vindeiro martes día 14 no Campo Novo Doce, en Escravitude (Padrón), ás 16:30.

Sergio, cun ano menos, é un dos 25 futbolista chamados, dos que teóricamente sairán os dezaoito convocados definitivos para a segunda fase do Campionato de España Sub18.

Os 25 convocados son os seguintes:

RC Celta de Vigo: David Álvarez, Diego Varela, Francisco Barbosa, Guillermo Nieto, Miguel Fernández, Óscar Martínez, Tiago Rodríguez
RC Deportivo de A Coruña: Alejandro Boedo, Joel López, Mujaid Sadick, Nicolás Manteiga, Pedro Alves
CD Areosa: Alejandro Fernández, Guillermo De Francisco, Óscar Caramés
Racing Club de Ferrol: Iván Pérez, Luis Rodríguez, Sergio Otero
CD Lugo: Jacobo Vilariño, Julen Fernández
ED Val Miñor: Mario García, Raúl Alonso
SD Compostela: Jorge Rama
Arousa SC: Carlos Torrado
Bergantiños CF: Asier Gómez

Nova cortesía de Xose Ferreiro

NOVOS ADESTRAMENTOS DA SELECCIÓN FERROLÁ ALEVÍN

De cara a preparación da segunda fase do Torneo de Seleccións Comarcais, na categoría alevín sub12, foron convocados para este martes 14 Alex Montero, Paula Bellas e Patricia Adega.

Os rapaces xogarán un torneo en Abegondo, mentras as cativas adestrarán na Gándara ás 19:00 horas.

Asimesmo, tamén esta fin de semana, Alex Montero adestrará coa Selección Galega Alevín de Fútbol Sala, en Teixeiro, en xornadas que se iniciarán o venres pola tarde e rematarán o domingo ao mediodía.

Os convocados son os seguintes:
EF Racing de Ferrol: Marcos Agudín, Álvaro Mardones, Julián Pardo, Ismael Ríos
Galicia de Caranza: Sergio Beceiro, Asier Martínez
CD Narón: Miguel Segura, David López
SD O Val: Bruno Gómez, Adrián Rodríguez
Galicia Mugardos: Santiago Díaz, Xabier Sánchez
Eume Deportivo: Alain Paz
CCRD Perlío: Gael García
Narón O Freixo: David Llera
CD As Pontes: Alex Montero

As convocadas son as seguintes:
Eume Deportivo: Antía Brage, Ainhoa Tenreiro, June Moreno
Narón O Freixo: Laura Testa, María Díaz
Galicia Mugardos: Sabela Romero, Clara Pérez
CCRD Perlío: Uxía López, Aitana Vellón
SD Cedeira: Lucía Bellón, Nuria Garrote
CD As Pontes: Paula Bellas, Patricia Adega
EF Racing de Ferrol: Olivia Saavedra
SD O Val: Celia Méndez
CF Meirás: Alba Cruz
Racing San Pedro: Sofía Ferreiro
UD Cebarca: Cecilia González

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 0 – AROUSA SC 2

Nova derrota do As Pontes, nesta ocasión 0-2 ante un Arousa que non tivo que facer moito para levarse os tres puntos do Poboado.

Un tanto no primeiro tempo de Sidibé, e un penalti transformado por Fran Matos deron a vitoria ós de Xurxo Otero, que tralo tropezo do Vilalbés, sitúanse en postos de play off, cuartos con 52 puntos, os mesmos que o conxunto chairego, pero mellor diferenza de goles, antes de recibir ó Dubra.

Nada máis comezar o encontro xa tivo que estirarse Paco, e mediado o primeiro período, cando Julio Rey estaba a piques de rematar en inmellorable posición, salvou Callón arrastrándose polo chan (24´). Logo, tras unha falta lateral, remata completamente só Rivas, despexando Paco, o rexeite recolleo o ex jugador local Hugo Soto, que remata ó primeiro pau e volve a desviar o balón o meta ferrolán (27´).

Tanto vai o cántaro á fonte que tras un saque de esquina de Julio Rey, non alcanza o balón Paco, e chegando sen oposición Sidibé, cabecea ó fondo da rede (28´).

Curiosamente a partir de aí chegaron as mellores oportunidades do As Pontes. Un pase inmellorable dende banda esquerda de Pardo non o alcanza Marcote por pouco (34´), e logo é ó xogador de Ortigueira, ó que lle cae un balón morto case na área pequena, pero sorprendentemente envíao por alto (35´). Noutra xogada, recibe de costas Marcote, plantase ante Pazos, pero dispara fóra (42´).

Tralo descanso, saíron despistados os locais, pois Hugo Soto regateou a dous defensas, e o seu pase da morte rematao Julio raso, e salva Paco cos pes (46´). Logo é Manu quen regatea a varios xogadores, e cando se vai a quedar só ante o porteiro, despexa o perigo o bo central de Oleiros, Callón, resultando lesionados ambos futbolistas (59´).

O recén ingresado Antón rouballe un balón en banda a Buyo, centra a un Soto que se queda só e quitalle o balón Paco, desbaratando outra ocasión visitante (71´). Non soubo romper o equipo local o fora de xogo, e cando se marchaba Soto só cara a porta foi derribado por detrás por Buyo. Fran Matos anotou o penalti e sentenciou o encontro (76´).

Os visitantes conservaron a ventaxa mentres os locais apenas fixeron ningunha aproximación de perigo nos segundos 45 minutos. Seguen cos 18 puntos de fai varias xornadas, antes de visitar ó colista Ordes.

Oitava vitoria arousana en campo pontés polos cinco triunfos locais, e seis empates.

0 CD As Pontes: Paco, Criado, Buyo, Callón (Fran 64´), Prieto, Rubio, Pardo, Caique (Jaime 87´), Núñez, Marcote (Ibu 73´), David, Pardo

2 Arousa SC: Pazos, Marcos, Suso, Rivas, Vitra, Sidibé, Fran Matos (Óscar 88´), Sergio, Hugo Soto, Manu (Antón Vilas 63´), Julio Rey (Eloy 77´).

Goles: 0-1, Sidibé (28´). 0-2, Fran Matos, de penalti (76´).

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores. Partido da 29ª xornada.

Árbitro: Javier Pérez Prado (Lugo). Auxiliado nas bandas por Montero Piñeiro e Fernández Rivas. Amarillas a Paco, Pardo, Fran e Buyo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA. O ESTEO FS – FS SAN JOSÉ (3-6)

Mala imaxe a que deu hoxe o equipo pontés de fútbol sala do Esteo, que caeu derrotado por un avultado 3-6 ante un equipo que apenas sumaba unha vitoria e dous empates nos 19 encontros anteriores.

A pesar do mal partido do equipo local, o visitante tamén amosou bastante máis nivel do que indica a súa posición na táboa clasificatoria, polo menos no día de hoxe.

Adiantábanse precisamente os salmantinos cun tanto de David, pero era Alex Garea o que empataba despois. Nunha primeira metade con moitas ocasións para ambos conxuntos era Jaco quen, dun disparo cruzado poñía o 2-1 pouco antes do descanso.

O mesmo xogador, ó pouco da reanudación establecía o 3-1, tras un penalti cometido sobre el mesmo que marcou dun forte disparo por alto. Semellaba que era o tanto que ía a abrir brecha no marcador.

Pero nada máis lonxe da realidade. Pouco despois, nun comprometido pase de Garea a Jaco, que acaba perdendo o balón dentro da área, marca Morales de forte punteirazo, recurtando distancias.

E puido ser algún máis, pero unhas veces as paradas de Iván, e outras o pouco tino do equipo visitante, que non chegou o empate. Ben é certo que Alex Garea estrelou un forte disparo no longueiro, e Ayala, de tacón, tamén mandou o balón ó poste.

Faltando cinco minutos para o final, era Rubén, nunha contra, o que establecía o merecido empate a 3-3 a porta baleira.

Nos dous últimos minutos arriscou o Esteo con porteiro xogador, con tan mal resultado que apenas creou perigo e por contra recibiu tres goles, de Tamar, e Morales, que con outros dous tantos redondeaba o seu particular hat trick.

A vitoria da esperanzas a un conxunto visitante que, devolve o 5-8 da ida, e a pesar de ser colista, con apenas oito puntos, está a dous de Boal e Leis Pontevedra, habendo en principio dous descensos.

Moi mal o Esteo, que recordou, aínda que en menor medida, ó que hai dúas tempadas perdera na casa 5-10 ante o Ventorrillo, equipo que esa campaña só gañara ese partido, ademáis de sumar un empate.

Sextos con 28 puntos, a semana que vén visitan ó Leis de Pontevedra, recibindo na seguinte ó Boal asturiano, os outros dous equipos necesitados de puntos.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Iván, Jaco, Gerardo, Rober Paz, Ayala –cinco inicial- Héctor, Púas, Alex Garea.

FS SAN JOSÉ: Borja, David, Sergio, Morales, Tamar –cinco inicial- Rubén, Pelu, Pablo, Manu.

ÁRBITROS: Rey Hermida (Santiago), Dans Rey (Coruña), Silva Martínez (Santiago). Amarelas a Jaco, Rubén e Morales.

GOLES: Min. 3 (0-1), David. Min. 8 (1-1), Alex Garea. Min.18 (2-1), Jaco. Min. 23 (3-1), Jaco, de penalti. Min. 24 (3-2), Morales. Min. 34 (3-3), Rubén. Min.38 (3-4), Tamar. Min. 39 (3-5), Morales. Min. 40 (3-6), Morales.

INCIDENCIAS: Vixéxima xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B, sétima da segunda volta, disputado no Pavillón Municipal da Fraga, ante pouco máis dun cento de espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e AF

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 12 – CRAT A CORUÑA B 14

O equipo pontés finaliza a liga perdendo no último segundo, e agora agarda ó play off de ascenso.

O Fendetestas pontés de rugbi perdeu este sábado no derradeiro encontro de Liga ante o campión Crat B 12-14.

A pesar de ir gañando os ponteses no descanso 12-7, con ensaios de Toño e Iván, e un acerto no lanzamento a paus de Kiko, os coruñeses acabaron remontando e gañando na última xogada do encontro.

O equipo herculino acaba líder con 54 puntos, pleno de vitorias e apenas un empate co Santiago, mentres os ponteses finalizan con 44 puntos, con 9 vitorias e 3 derrotas, dúas ante os campións e unha ante os ourensáns.

Zalaeta, cun encontro menos, e Santiago, teñen 32, por 29 de Vigo B, 12 de Ourense B, con partido pendente cos de Arteixo, e 6 de Barbanza.

Agora agarda o play off de ascenso, Crat B contra Santiago e Fendetestas contra Zalaeta, a partido único, e os gañadores de ambas eliminatorias cruzaránse na final. O gañador ascenderá e ocupará a praza do descendido Muralla de Lugo.

O perdedor da final xogará a promoción contra o penúltimo da categoría superior, en teoría o Mareantes de Pontevedra, que a pesar de empatar a puntos co Coretti Lalín, este gáñalle no goal average particular.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e AF

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 10-11-12 / MARZO /2017

Vitorias do Xuvenil, Infantil e Benxamín A

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
MANDIÁ CF – CD AS PONTES (2-2)

O equipo feminino empatou 2-2 na súa complicada visita ó sexto Mandiá. Comezaban perdendo co tanto de Alba, pero Noelia Ameneiro empataba pouco antes do descanso. Preto do final, Lydia voltaba a poñer por diante ás verdes, pero Paula Baamonde cun tanto no derradeiro minuto rescataba un punto.

Terceiras con 57 puntos, reciben ó perigoso Racing de Ferrol, cuarto con 55, pero cun encontro menos. Xogaron Leti, Noelia Santalla, Uxía, Yaiza, Noelia Ameneiro, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
ENSANCHE CF – CD AS PONTES (1-2)

Bo triunfo do xuvenil pontés, e remontando, en Ferrol, ante un equipo que nunca se lle deu especialmente ben, o Ensanche. Comezaban gañando os locais con tanto de Manuel, pero un gol de Casas, e outro de Iago faltando cinco minutos, daban os tres puntos.

Terceiros con 31 puntos, empatados co Eume, na vindeira xornada reciben ó colista cun punto Cariño. Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Andrés, Iago, Jaime, Cazás, Casas, Josiño, e despois entraron Carlos, Meidán e Manuel Romero.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – AD MIÑO (2-3)

O Cadete pontés perdeu 2-3 un partido que gañaba 2-0, ambos tantos de Vicente, no minuto 74. Pero faltando apenas seis minutos, dous tantos de David, e un de Sergio co tempo cumprido déronlle a vitoria ós visitantes.
Sétimos con 17 puntos, visitan á Cultural Maniños, que ten a mesma puntuación e que na ida gañou no Poboado 2-3. Xogaron Juan, Eyob, Nono, Santi, Antonio, Antón Paz, Adrián, Chema, Vicente, Xan e Jose, saíndo despois Antón Cillero, Xavi, Xoel e Jorge.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – AD MIÑO (4-2)

Vitoria do Infantil 4-2 ante o Miño. Pese a comezar perdendo con tanto de Óscar, catro tantos consecutivos en 15 minutos, con descanso entremedias, de Xoel Purriños (2), Manuel Novo e Eyob Santamariña, sentenciaron o encontro, maquillando o marcador Gabriel preto do final.

Son terceiros con 20 puntos antes de recibir ó CD Narón B, segundo e empatado a puntos co líder Galicia de Mugardos, 28. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Mario Fraga, Samuel, Dani, Hugo, Eyob, Manuel, Jandro, Xoel, entrando despois Sergio Hermida, Edgar, Sergio Paz e Mateo.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – NARÓN O FREIXO “B” (3-7)
RACING DE FERROL “B” – CD AS PONTES “B” (2-2)

O Alevín A notou en exceso a baixa de Alex Montero, concentrado coa selección galega, e o bo xogo dos naroneses, que golearon este sábado por un contundente 3-7, goles de David Cendán, Eloy Pita e Diego Purriños, o que aproveitou o Eume, coa súa apretada vitoria en Caranza 3-4, para poñerse a un punto, e os naroneses a catro. Lideran con 27 puntos antes de recibir ó Racing de Ferrol B, noveno.

Empate do Alevín B 2-2 en Ferrol, ambos tantos de Anxo Blanco, que igualou o 2-0 da primeira metade. Sétimos con 14 puntos, visitan ó Cariño, oitavo con 13.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
MEIRÁS CF – CD AS PONTES (3-6)
CD AS PONTES “B” – RACING DE FERROL “B” (2-2)

Bo triunfo do Benxamín A 3-6 en Valdoviño, goles de Destaw Pellón (2), Sergio Vázquez (2), Diego Lozano e Alejandro Leal. Segue líder con 30 puntos, catro por riba do Caranza C, ó que reciben na seguinte xornada nun partido clave para dilucidar o primeiro posto.

O Benxamín B empatou 2-2 contra o Racing de Ferrol B, goles de Diego Solano e Diego Ortigosa. Sextos con 11 puntos, visitan ó colista sen puntuar Perlío.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – RACING DE FERROL (1-1)
UD CEBARCA – CD AS PONTES “B” (3-1)

Bo empate do Prebenxamín A ante todo un Racing de Ferrol, que se comezaba adiantando por medio de Adrián, pero Xandre Domínguez establecía a igualada definitiva antes do descanso. Terceiros con 22 puntos no grupo dos mellores, visitan ó Galicia de Caranza, oitavo.

Derrota do Prebenxamín B en Cerdido ante o segundo clasificado, 3-1, tanto da honra de Xoel Galego. Cuartos con 22 puntos, reciben ó Meirás, sétimo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

De novo unha xornada con moitos goles, pois en tres partidos totalizáronse 27 tantos, ós que hai que sumar os 5 dos outros dous enfrontamentos.

Clara e contundente vitoria do líder Fisioterapia DC-HIM&HER sobre Bar Xardin (6-1). Tamén moitos goles (3 en propia porta) no partido La Galaxia-Farmavida, con vitoria axustada dos galácticos por 6-5, que seguen á espera dun tropezo do líder nas dúas xornadas que quedan para o final. Nove goles no encontro entre A Cepa e Mobles Eume (3-6). Vitorias de As Pontes 74 ante Electricidad J&O (0-2) e de Galiorient sobre MMYPEM (2-1).

É líder en solitario Fisioterapia DC-HIM&HER con 39 puntos, seguido a tres por La Galaxia. Na terceira praza está Mobles Eume con 31 puntos. Xa máis distanciados As Pontes 74 con 25 puntos, MMYPEM, con 22; Farmavida, Bar Xardín e Galiorien, con 20 puntos, A Cepa con 15 e pecha a clasificación, con só 7 puntos, Electricidad J&O.

Grazas ós tres tantos anotados nesta xornada, Iván, de Fisioterapia DC-HIM&HER, encabeza a clasificación de goleadores con 27 tantos. Na segunda posición está Fernández (A Cepa), con 25. Xa máis distanciados atópanse Martín (Mobles Eume), con 15, e Tomás (Galiorient) e Fontao (La Galaxia), con 14 goles.

A vindeira fin de semana dispútase a xornada 13ª que fora suspendida polo mal tempo. Especial interese teñen os choques dos dous primeiros, Fisioterapia DC-HIM&HER – Galiorient (Dom. 19, 11:00h) e La Galaxia – A Cepa (Dom. 19, 12:00 h).

17ª XORNADA 11-12 / Marzo / 2017

Electricidad J&O – As Pontes 74 (0-2) Javi e Platas
A Cepa – Mobles Eume (3-6) Fernández e Ramón (2) / Piña (2), Pepe (2) e Martín (2)
Fisioterapia DC-HIM&HER – Bar Xardín (6-1) Iván (3), David (2) e Durán / Cazás
Galiorient – MMYPEM (2-1) Tomás e Juan / Óscar
La Galaxia – Farmavida (6-5) Juan (2), Nené, Fontao e propia porta (2) / Rafa (3), Tino e propia porta

13ª XORNADA 18-19 / Marzo / 2017

MMYPEM – As Pontes 74 (Sáb. 18, 19:00 h)
Electricidad J&O – Mobles Eume (Sáb. 18, 20:00 h)
Bar Xardín – Farmavida (Dom. 19, 10:00 h)
Fisioterapia DC-HIM&HER – Galiorient (Dom. 19, 11:00h)
La Galaxia – A Cepa (Dom. 19, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: