CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 24-25-26 / MARZO /2017

A falta de oito xornadas para o final (24 puntos en xogo) ó As Pontes (18º con 21 puntos) non lle queda máis remedio que sumar de tres en tres, se non quere militar a tempada que vén na categoría preferente. Pola súa banda, o Vilalonga está nunha posición máis cómoda, décimo segundo con 40 puntos, aínda que non debe descoidarse moito nas xornadas que restan de competición.

No Novo San Pedro, na primeira volta, o As Pontes gañaba por 0-2 no minuto 86, deixando escapar dous puntos ó marcar dous goles o Vilalonga no tempo de prolongación, minutos 91 e 93.

No Poboado, de oito enfrontamentos anteriores (unha na copa de España e os restantes en 3ª División), cinco vitorias para os ponteses por unha dos de Vilalonga e dous empates.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (31ª xornada)
C.D. AS PONTES – VILALONGA F.C.
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
Domingo 26 de Marzo de 2017 (17:00 h)
ÁRBITRO: ALEXANDRE LÓPEZ VILA (A Coruña)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
EFB AMISTADE MEIRÁS – CD AS PONTES
Campo Municipal de Atios (Valdoviño)
Domingo 26 de Marzo de 2017 (11:30 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES (Descansa)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – SRD ÁNIMAS
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 25 de Marzo de 2017 (16:30 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CEDEIRA SD – CD AS PONTES
Campo do Beco (Cedeira)
Venres 24 de Marzo de 2017 (18:00 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES
Campo da Piscina (San Sadurniño)
Sábado 25 de Marzo de 2017 (11:30 h)
CD AS PONTES “B” – EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 25 de Marzo de 2017 (10:30 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES
Campo de San Claudio (Ortigueira)
Sábado 25 de Marzo de 2017 (11:30 h)
CD AS PONTES “B” – CEDEIRA SD
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 25 de Marzo de 2017 (11:40 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – NUMANCIA DE ARES
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 25 de Marzo de 2017 (12:45 h)
CULTURAL MANIÑOS SD – CD AS PONTES “B”
Campo dos Pinares (Perlío)
Sábado 25 de Marzo de 2017 (12:90 h)

Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo parece estar en horas baixas. Leva tres xornadas sen gañar. Empatou na casa co Pizarras TC, perdeu en Benavente por 6-3 e polo mesmo resultado caeu na casa ante colista San José salmantino, equipo que ata esa xornada só gañara un partido e empatara dous. Un resultado ó que nada hai que obxectar, pois os salmantinos mereceron o triunfo, nun encontro no que os ponteses fixeron o peor partido da tempada na súa pista. Está visto que os encontros dos domingos pola mañá nunca lle saen ben ós ponteses.

Este sábado enfróntase ó Leis Pontevedra, un histórico que non está a ter sorte no presente campionato, xa que é penúltimo clasificado con só dous partidos gañados e catro empatados. En pista pontevedresa houbo tres enfrontamentos anteriores entre os dous conxuntos cunha vitoria do Esteo e dous empates. Na primeira volta, no pavillón da Fraga o Esteo venceu por 5-3.

SEGUNDA DIVISIÓN B (21ª xornada)
LEIS PONTEVEDRA FS – O ESTEO F.S.
Sábado 25 – Marzo – 2017 (16:00)
Polideportivo Monte Carrasco Marcón (Pontevedra)

ENCONTROS CATEGORIAS DE BASE

LIGAS DA TERRA CHÁ
VENRES 24 DE MARZO – PAVILLÓN MUNICIPAL DE COSPEITO
As 18:00 h. Categoría Alevin: COSPEITO – O ESTEO F.S.

SÁBADO 25 DE MARZO – PAVILLÓN MUNICIPAL DE BAAMONDE
Ás 11:00 h. Categoría Benxamin: MEIRA FS – O ESTEO F.S.
Ás 11:50 h. Categoría Infantil: BEGONTE FS – O ESTEO F.S.

SÁBADO 25 DE MARZO – PAVILLÓN MUNICIPAL DE VILALBA
Ás 11:40 h. Categoría Prebenxamin: VILALBA FS – O ESTEO F.S.

Nova cortesía de A.F.

SEMIFINAL PLAY OFF ASCENSO. CR FENDETESTAS – CD ZALAETA.

Tralo remate da Liga Regular, que trala disputa de algúns encontros aprazados quedou definitivamente deste xeito: Crat B 54, Fendetestas 44, Zalaeta 37, Santiago 32, Vigo B 29, Ourense B 12 e Barbanza 6, esta fin de semana xóganse as eliminatorias.

Este sábado dispútase, a partido único, a semifinal da fase de ascenso á Primeira Territorial Galega entre o Fendetestas pontés e o Zalaeta de Arteixo, segundo e terceiro clasificado da Liga Regular.

Pola outra praza na final xogarán o domingo o campión Crat A Coruña B contra o cuarto, Santiago RC. Os vencedores de ambos duelos xogarán a final, tamén a partido único.

O gañador ocuparía a praza do descendido Muralla de Lugo e o perdedor da final xogaría outro play off contra o penúltimo clasificado de Primeira, o Mareantes de Pontevedra.

SEMIFINAL PLAY OFF ASCENSO
CR FENDETESTAS – CD ZALAETA
Sábado 25 – Marzo – 2017 (17:00)
Campo Monte Medulio

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: