CD As Pontes Feminino

O CD AS PONTES XA É MATEMÁTICAMENTE EQUIPO DE PREFERENTE NORTE

Tras sete tempadas na máxima categoría do fútbol galego, o CD As Pontes despídese nesta 2016-17 cun panorama bastante incerto.

O empate esta tarde do Alondras de penalti en Cerceda fai que os azuis queden a 18 puntos do equipo de Cangas, con seis encontros por xogar, pero co goal average en contra, e ademais, rotundo, tras perder 8-0 no Morrazo.

A tempada en si resultou moi mala. Apenas se recordan outras con tan poucos puntos e tan poucos goles. De feito, no último descenso a Preferente, na campaña 2001-2002, o equipo só lograra 34 puntos, polos 21 actuais, e 30 goles, polos 23 que se levan agora, pero gañáranse nove partidos, este ano só se conseguiron catro triunfos e tres ante os últimos, e sobre todo, daquela o equipo descendera cinco puntos por detrás do Viveiro, que marcaba a criba da salvación, pelexando case ata os últimos instantes. Nesta campaña a diferenza de puntos con respecto ó primeiro dos salvados semella que será abismal ó remate de Liga.

Momentos clave foron moitos, pero sobre todo tres. As incomprensibles derrotas en Arousa, 3-2, marcando os de Vilagarcía dous tantos no tempo de desconto, e incluso fallando un penalti entremedias, ou o empate 2-2 en Vilalonga, marcando os locais os dous goles no tempo de desconto. Entre outras, todas esas perdas de puntos, fixeron que o equipo se fose descolgando, e outro pau moi duro foi que no reinicio da competición despois do parón de Nadal resultou un mazazo a derrota ante o Céltiga 0-1, ou o empate ante o Castro, 1-1, perdendo o último tren.

Outro apartado a destacar foi o mercado invernal, que apenas mellorou o que había, nun equipo xa de por si feito ás presas e a última hora. Co paso da competición, e coas lóxicas e conseguintes baixas por sancións ou por lesións, xornada tras xornada case daba a sensación de contar o equipo cos efectivos xustos. Un plantel que deu mellor sensación no primeiro tramo que neste último. Foron moi meritorias a segunda parte ante o Dubra na casa ou o primeiro tempo contra o Barco, equipo co que sen ir máis lonxe se perdeu 3-1 de visitante, e xogando cun máis.

Moita tristura queda entre os socios e afeccionados, poucos pero fieis, que ven ó seu club querido con sensación de certo abandono, cunhas categorías inferiores que foron saíndo cara adiante como puideron, algúns equipos, cos efectivos xustos, a masa social cada vez é menor, e o que máis doe é que un club, que non é ningún trasatlántico, pero que ten un presuposto bastante aceptable, unhas instalacións inmellorables, e a gran axuda do Concello, cando menos respecto a outros equipos, que, como mínimo, da para manterse, descenda cunha diferencia tan abismal. Sen ir máis lonxe, o recén estreado na categoría, Castro, equipo modestísimo pero moi ben traballado, pelexará ate o final para conseguir a salvación.

E todo isto, apenas sen ter noticias do club dende hai moito tempo. En definitiva, o As Pontes descende nunha campaña 2016-17 para chorar e esquecer.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: ESTEO FS – FS BOAL PICO (3-1)

O Esteo pontés de fútbol sala gañou hoxe ó único equipo asturiano da categoría, por 3-1, anotando o gol da tranquilidade faltando 17 segundos.

No seu terceiro partido consecutivo ante un dos tres últimos clasificados da categoría, sufriu en exceso, pero mellorou a imaxe ofrecida ante San José (3-6) e Leis de Pontevedra (5-1)

Pese a rematar Rober Paz ó longueiro ó pouco do comezo, adiantáronse os visitantes nunha contra.

Pero Jaco deu a volta ó marcador antes do descanso, primeiro nunha gran xogada na que regatea a varios contrincantes, e o segundo, de forte punteirazo.

Nestes primeiros vinte minutos, resaltar tamén un tiro ó poste do propio Jaco, e un ó longueiro de Gerardo. Tamén estrelou un balón no pau Jonás.

No comezo do segundo período o equipo local xogou moi mal, e foi unha milagre que non empatasen os asturianos, que tiveron moitas ocasións, en perdas ou roubos de balón, que propiciaban moitas contras, pero, unha veces Iván, que fixo moitas horas extras, e noutras a falta de puntería, impediu que os visitantes anotasen o segundo.

A máis clara un tiro ó poste de Pato. Co paso dos minutos, as ocasións foron alternándose, pero os xogadores de ambos conxuntos sen atinar entre os tres paus. Estivo preto Rober Paz, que tamén estrelou o balón no pau.

Foi no derradeiro minuto que arriscaron os visitantes con porteiro xogador, e nunha xogada desafortunada dentro da súa área, Gerardo, cedeu o balón a Lito, que marcou a porta baleira a falta de 17 segundos.

Aínda houbo tempo para que os visitantes estrelaran outro balón no poste antes de que sonara a bocina.

O Esteo é sexto con 31 puntos, antes de visitar ó Xove, décimo, nunha Liga na que apenas quedan catro xornadas, pero incomprensiblemente acaba a finais de Maio.

Debutou no equipo Dani, fillo de Pepe, e sobriño de Susín, históricos do Autos Puentes.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Iván, Jaco, Púas, Lito, Rober Paz –cinco inicial- Pedro, Dani, Gerardo, Alex Garea.

FS BOAL PICO: Edu, Jonás, Pato, Manute, Pirri –cinco inicial- Fredi, Víctor, Adri, Alemán.

ÁRBITROS: Castro Nantes, Sierra Márquez, Fontán Pérez (Pontevedra). Amarelas a Rober Paz, Fredi e Víctor.

GOLES: Min. 5 (0-1), Fredi. Min. 10 (1-1), Jaco. Min.18 (2-1), Jaco. Min. 40 (3-1), Lito.

INCIDENCIAS: Vixéximo segunda xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B, novena da segunda volta, disputado no Pavillón Municipal da Fraga, ante uns 150 espectadores, moitos visitantes.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 31-MARZO / 1-2 / ABRIL /2017

Vitorias do Feminino, Infantil, os equipos Alevíns, Benxamíns, e Prebenxamín B.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (32ª xornada)
CLUB RÁPIDO DE BOUZAS – C.D. AS PONTES (2-0)

O primeiro equipo perdeu na súa visita a Vigo, 2-0. A pesar de xogar contra o segundo clasificado, os da Vila de Bouzas tardaron moito en abrir o marcador, por medio de Youssef, e xa co tempo cumrpido Jesús Varela firmaba a sentenza.

O As Pontes segue cos 21 puntos antes de recibir ó Choco. Xogaron Paco, Criado, Buyo, Edi, Prieto, Rubio (Caique 63´), Ramos (David 83´), Núñez, Fran, Marcote (Samu 75´) e Pardo.

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO (3-2)

Vitoria pola mínima do equipo feminino ante o Eume, 3-2. Pese a que Carolina adiantaba ás de Pontedeume, Xeila e despois Carlota, vixéximo tanto da tempada, remontaban antes do descanso. Antía empataba trala reanudación, pero Paula Baamonde establecía o 3-2 definitivo, co seu décimo gol da tempada.

Cuartas con 61 puntos, visitan ó oitavo Perlío. Xogaron Leti, Noelia Santalla, Nuria, Noelia Ameneiro, Xeila, Puala Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yaiza e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
GALICIA SDC MUGARDOS – CD AS PONTES (3-2)

Derrota do Xuvenil en Mugardos 3-2, co que ten moi complicado poder xogar a fase de ascenso como segundo clasificado. Adiantou Jose ós locais, e a pesar do empate de Cristian, Álvaro voltaba a poñer por diante ós verdes antes do descanso. Casas empataba no inicio do segundo período, pero no tramo final outro tanto de Jose establecía o 3-2 defintivo.

Son terceiros con 34 puntos, a catro do Eume, equipo que visita o Poboado a vindeira semana. Xogaron Lino, Fraga, Pita, Bruno, Unai, Chema, Iago, Jaime, Cristian, Casas, Josiño, entrando no segundo tempo Alex Barro e Manuel Romero.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – CD NARÓN “B” (0-1)

Derrota do Cadete 0-1 ante o Narón B. O conxunto de Rubén Pardo recibiu un tanto de Alejandro ó pouco do comezo e non puideron darlle a volta ó tanteador.

Sétimos con 20 puntos, visitan ó colista con dous empates, Amistade de Meirás. Xogaron Edgar, Eyob, Nono, Santi, Antonio, Antón Paz, Juan, Jose, Vicente, Xan, Brais, entrando despois Xavi, Xoel, Joan e Azoin.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – NUMANCIA DE ARES (3-2)

Vitoria do Infantil 3-2 ante o Numancia de Ares. Dous tantos de Jandro ó pouco de comezar o encontro facían presaxiar un cómodo triunfo, pero Óscar e Marcos empataban o partido. Un gol de Eloy Galdo daba os tres puntos.

Terceiros con 26 puntos, visitan ó Galicia de Mugardos, segundo. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Alejandro, Samuel, Dani, Xoel, Jandro, Manuel, Hugo, Sergio Hermida, saíndo no segundo tempo, Anxo, Iván e Rubén.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA (5-2)
R. FERROL “C” – CD AS PONTES “B” (3-5)

Vitoria do Alevín A 5-2 ante o Galicia de Caranza, dous tantos de Alex Montero, e un de David Cendán, Billal Belhaj, e outro en propia meta. Segundos con 34 puntos visitan ó Galicia de Mugardos, cuarto. Triunfo do Alevín B 3-5 en Ferrol, tres tantos de Anxo Blanco, un de Xandre Fernández, e outro en propia meta. Sextos con 18 puntos, reciben ó Narón O Freixo B, terceiro.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – SD O VAL “B” (13-0)
AD MIÑO – CD AS PONTES “B” (2-5)

O Benxamín A venceu 13-0 ó Val B, con cinco tantos de Adrián Díaz, tres de Diego Lozano, dous de Sergio Vázquez, un de Destaw Pellón, Alejandro Leal, e outro en propia meta. Lideran con 36 puntos, antes de visitar ó Rápido de Neda, cuarto. Vitoria do Benxamín B 2-5 en Miño, tres tantos de Xalo González, e un de Xoel Vigo e Nicolás Meizoso. Son sextos con 17 puntos, antes de recibir ó Ánimas B, sétimo.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
SDCR NARÓN O FREIXO – CD AS PONTES (6-1)
CD AS PONTES “B” – CEDEIRA SD (3-1)

Derrota do Prebenxamín A 6-1 na casa do líder, Narón O Freixo que gañou con contundencia con catro tantos consecutivos de Diego Amado, un de Iván e Aarón, anotando Nacho Villasuso o tanto da honra. Terceiros con 28 puntos, reciben ó Rápido de Neda, quinto. Triunfo do Prebenxamín B 3-1 ante o Cedeira, dous tantos de Xoel Galego e un de David Otero. Cuartos con 31 puntos, visitan ó quinto, Racing de Ferrol C.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

FOTOS LIGA LOCAL. BAR CALVO 2 – UNIÓN FÚTBOL SALA 2.

Esta tarde ás 17:00 xogouse no Pavillón de A Fraga o partido que decidía o título de Liga entre o Bar Calvo de As Pontes, e o Unión Fútbol Sala, primeiro e segundo clasificados, con un punto de diferencia entre ambos. O Unión adiantouse no primeiro período pero o Bar Calvo empatou no inicio do segundo tempo por medio do Campión de España 2012 Roi Antelo, e despois foi Santi Barro o que poñía o 2-1. Outras caras coñecidas do equipo, Rubén Rivas, Adrián Criado ou Iván Leal. Faltando pouco empataron os amarelos, e na última xogada do encontro, remataron varias veces a portería, acabando por entrar o balón co tempo xa cumprido, resultando definitivamente Campión o Bar Calvo.

Nova cortesia de Xose Ferreiro

COPA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

Despois de varias xornadas invicto, o vixente campión de liga, Fisioterapia DC-HIM&HER, caeu na primeira xornada da competición de copa diante de Galiorient, que xogou mellor e adiantouse no marcador con 0-2 con goles de Kata, que resultou lesionado nunha xogada co porteiro contrario. O posterior penalti foi transformado polo seu goleador Tomás.
Vitorias polo mesmo resultado de 2-1 de Farmavida e Bar Xardín sobre Electricidad J&O e A Cepa, e goleada de Mobles Eume ante MMYPEM, que comezou gañando por 0-2, pero ó final sucumbiu ante os mobleiros.

1ª XORNADA DE COPA 1-2 / Abril / 2017

Electricidad J&O – Farmavida (1-2) Manolo / Mele e Rafa
A Cepa – Bar Xardín (1-2) Andrés / Felipe e Picos
Fisioterapia DC-HIM&HER – Galiorient (1-2) Canche / Kata e Tomás (p)
Mobles Eume – MMYPEM (6-2) Miguel (2), Soto (2), Martín e Villa / Narciso (2)
Descansaron: La Galaxia e As Pontes 74

2ª XORNADA DE COPA 8-9 / Abril / 2017

Mobles Eume – As Pontes 74 (Sáb. 8, 19:30 h)
Bar Xardín – MMYPEM (Dom. 9, 10:00 h)
Galiorient – Farmavida (Dom. 9, 11:00h)
Fisioterapia DC-HIM&HER – La Galaxia (Dom. 9, 12:00 h)
Descansan: A Cepa e Electricidad J&O

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: