CD As Pontes Feminino

ALEX MONTERO, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA

O combinado galego perdeu a final con Andalucía.

O futbolista pontés do Esteo, Alejandro Montero Peteira, proclamouse esta fin de semana subcampión de España de Fútbol Sala no torneo disputado en Castela e León, nas localidades de Arévalo e Medina del Campo.

No seu grupo venceron á selección locataria 8-0, e a Extremadura 19-1, actuando Alex de capitán e anotando dous goles en cada encontro. No outro grupo Andalucía quedaba por diante da Comunidade Valenciana e Castela A Mancha.

Na final diputada este domingo á mañá os andaluces anotaron en cada ocasión que crearon, fallando Galicia multitude de oportunidades, acabando o partido con resultado definitivo de 6 a 1.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS DO GRUPO XUVENIL NA COPA DE ESPAÑA DE MARATÓN

Polo e Gancedo quedaron Campións. O clube ademáis acadou outros dous metais de bronce.

Esta fin de semana disputouse en Pontevedra a Copa de España de Media Maratón, en Veteranos, Senior e Categorías Inferiores.
O Grupo Xuvenil de Piraguismo pontés desprazou á cidade do Lérez a once deportistas.

Nos veteráns, na proba de K2, impoñíanse, como non, o infatigable Antonio Polo, e Ernesto Gancedo. Ademáis deste ouro, en K1 Jose Ángel Pico lograba o bronce, mentres que Jose Antonio Menéndez remataba quinto e Jose Manuel Ferreira sétimo.

Na proba de K2 Senior, Rubén Basanta e Carlos Durán finalizaban na vixéximo segunda posición.

Nas categorías inferiores, gran éxito o que lograban Martín García e Miguel Domínguez, que foron bronce na proba de K2 Junior. Ademáis, Manuel Alen foi vixéximo en K1 Cadete e Manuel Fernández vixéximo primeiro en K1 Junior.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRO CLASIFICATORIO DA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE TIRO CON ARCO

Miguel acabou na segunda posición e estará en Turquía, mentres Dani conclúe sexto.

Esta fin de semana levouse a cabo en Madrid o terceiro clasificatorio de cara á composición da Selección Española de Tiro con Arco recurvo, masculino e feminino.

Cara aló se desprazaron os integrantes do Clube Silex, Miguel Alvariño e Daniel Castro. Un gran Pablo Acha acabou liderando a clasificación con 90 puntos, por 85 de Miguel Alvariño. Terceiro foi Miguel Ángel Pifarre con 84 e cuarto Sergio Del Olmo con 82. Os catro representarán a España na Copa do Mundo de Antalya, que terá lugar na segunda semana do mes de Xuño.

As representantes femininas serán Alicia Marín, Monica Galisteo, Miriam Alarcón e Celia Castaños. O quinto clasificado foi Alvaro Simó, con 53 puntos, que xunto á quinta feminina, Nerea López, estarán na Conquest Cup, a finais de Maio. Asimesmo, só os dous primeiros clasificados de cada categoría, Pablo e Alicia, estarán na Copa do Mundo de Salt Lake, a finais de Xuño.

Ademáis destas tres probas seguiránse facendo clasificatorios para a composición do equipo de cara á Copa do Mundo de Berlín e o Mundial de México. Dani, que está sexto con 46 puntos, segue optando xunto ós seus outros cinco compañeiros. Sen embargo, os dous últimos, Antonio Fernández (37) e Juan Ignacio Rodríguez (29),os dous respresentantes españois en Río 2016 xunto a Maikel, xa non poderán optar a ser convocados coa selección neste 2017.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

GRAN TEMPORADA DE ALEX ANTÓN CO XUVENIL DO CD LUGO

O pontés Alex Antón Fernández ven de culminar este domingo unha magnífica tempada como adestrador do CD Lugo Xuvenil de División de Honra.

Alex, de tan só 26 anos, levou ó equipo á cuarta praza do grupo primeiro da máxima categoría do fútbol xuvenil español, tan só por detrás do Campión, Celta de Vigo (74), Sporting de Gijón (69) e Deportivo (67), quedando por diante de equipos coma o Oviedo ou Racing de Santander.

O equipo lucense logrou 61 puntos en 19 triunfos, 4 empates e só 7 derrotas, con 62 goles a favor e 39 en contra, nos que destacan un doble triunfo ante o Santander, 2-3 e 2-1, o triunfo en casa ante o Sporting 1-0 ou o empate ante o Depor 0-0.

A última xornada deixounos tamén a salvación do Areosa, Santiago e Alondras, en detrimento do Avilés, que descende xunto a Marina, Tropezón e Pabellón de Ourense.

Tamén se coñecen os 8 clasificados para a Copa de Campións Xuvenil que se disputará en Galicia, que son os campións do sete grupos, Celta, Osasuna, Barcelona, Málaga, Real Madrid, Las Palmas, Villarreal, e o mellor segundo, Atlético de Madrid.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TRES PONTESES COA SELECCIÓN FERROLÁ EN VILALBA

Os xogadores ponteses Alex Montero, Paula Bellas e Patricia Adega foron convocados para a segunda fase do Torneo de Seleccións Comarcais, que se disputará este martes 11 en Vilalba, nos campos de A Magdalena.

Duros rivais terán ambos combinados, pois a selección alevín masculina xogará contra A Coruña ás 10:00, Vigo ás 16:00, e por último, ás 17:30 contra Pontevedra.

A feminina alevín xogará ás 10:00 contra Santiago, ás 11:30 con A Coruña, e rematarán ás 17:30 xogando contra a selección viguesa.

Os 16 convocados son os seguintes:
EF Racing de Ferrol: Marcos Agudín, Álvaro Mardones, Julián Pardo, Ismael Ríos
Galicia de Caranza: Asier Martínez, Marco Cagiao
CD Narón: Miguel Segura, David López
SD O Val: Bruno Gómez, Adrián Rodríguez
Galicia Mugardos: Santiago Díaz, Xabier Sánchez
Eume Deportivo: Alain Paz
CCRD Perlío: Gael García
Narón O Freixo: David Llera
CD As Pontes: Alex Montero

As 16 convocadas son as seguintes:
Eume Deportivo: Antía Brage, Ainhoa Tenreiro, June Moreno
Narón O Freixo: Laura Testa, María Díaz
Galicia Mugardos: Sabela Romero, Clara Pérez
CCRD Perlío: Uxía López, Aitana Vellón
CD As Pontes: Paula Bellas, Patricia Adega
EF Racing de Ferrol: Olivia Saavedra
CF Meirás: Alba Cruz
SD Cedeira: Lucía Bellón
Racing San Pedro: Sofía Ferreiro
UD Cebarca: Cecilia González

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. CCD CERCEDA – CD AS PONTES (2-1)

O As Pontes perde pola mínima na súa visita ó terceiro clasificado.

Derrota do As Pontes no encontro adiantado a este xoves por mor da Semana Santa.

O conxunto de Marco Roca desprazábase ó campo do Roxo, para xogar co terceiro clasificado, que quería case asegurar a súa presenza no play off, e que ademáis se lle deu moi mal ós ponteses este ano, pois gañaron no Poboado 1-3 na Copa Federación e por un contundente 1-5 en Liga.

E precisamente comezaban gañando ós cercedenses ó pouco do comezo, e por riba, cun gol de Cañizares. Pouco despois anotaba o pichichi Uxío o seu 25º tanto na Liga e o que semellaba era a sentenza, con xa dous goles en apenas 20 minutos.

Pero o As Pontes aguantou, e incluso puxo en perigo os tres puntos co gol de Fran Cortés faltando dez minutos, a pase de David Gonzalez. Non se moveu o marcador e seguen antepenúltimos con 24 puntos.

Quédalle recibir a Negreira e Deportivo B, e visitar a Barbadás e Ribadumia na derradeira xornada. Noveno triunfo local en enfrontamentos oficiais, por tres empates, e un só triunfo azul.

Xogaron Paco, Criado, Buyo, Callón, Prieto, Edi, Rubio (Caique 67´), Diego, Fran, Ramos (David 67´) e Pardo (Marcote 61´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – CD CHOCO 0.

Quinto triunfo da tempada para o CD As Pontes, que venceu na tarde de hoxe no encontro disputado no Campo do Poboado 1-0 gracias a un tanto anotado por Edi.

Sorprendeu a vitoria do conxunto local, pois xa está descendido, mentres os redondeláns se xogaban moito, sobre todo polo perigo das posibles dúas prazas de arrastre.

Pero sen dúbida foron os ponteses os que mereceron gañar e con contundencia, pero a piques estiveron de pagar, coma outras tantas veces, o seu desatino de cara a gol.

Os ponteses saíron con máis brío, e tiveron varias no primeiro cuarto de hora. A Fran escápaselle o control dun balón dentro da área (3´), e non alcanza a rematar Marcote no segundo pau unha boa asistencia do xogador murciano (7´). Dous malos despexes do conxunto visitante por pouco non rematan en gol. Rey por riba da súa porta (9´), e máis perigoso un do ex internacional sub17 Gabi Misa, que fixo intervir a Cortegoso (10´). Logo é Buyo, nunha subida, que dispara por riba da porta (14´).

Pero puidose complicar a vida o conxunto pontés, e moito, pois nunha xogada que se marchaba só un xogador visitante é agarrado por Edi, que viu unha amarela que podía haber sido doutra cor (17´).

Posteriormente, dúas boas ocasións de Fran Cortés. Nun tiro de falta que bloca Cortegoso, o balón quedalle morto ó murciano que dispara ó corpo do porteiro (20´). Outro avance de Fran, que se desmarca, dispara, e saca Molinos baixo paus un balón que se colaba (23´).

Ata que chegou o gol, precisamente do capitán Edi. Saque de córner, que cabecea perfectamente polo escuadro anotando o seu oitavo gol da tempada (27´).

Noutra xogada, Rubio remata por riba da porta dende fora da área (29´), e a ocasión máis clara dos visitantes antes do descanso foi un remate de cabeza abaixo de Rober, que salva Paco cunha manopla maxistral (32´).

Foi a por todas o Choco no comezo do segundo tempo entrando Caloi e Marquitos, pero eran os azuis os que tiñan a primeira ocasión nun balón moi pelexado por Rubio, que lla rouba a Rey, cede atrás, i é Criado quen dispara, despexando Cortegoso (49´). Máis clara a tiveron nunha contra moi bien dirixida por Núñez, centra Criado dende banda, e chegando completamente sós, estorbanse Marcote e Ramos, i é o de Fisterra quen remata ó lateral da rede (55´).

Replican os visitantes cun remate de Silva dentro da área que marcha lamendo o poste (57´), e nun centro chut dende banda esquerda que sorprende a Paco e se pasea pola área local (65´).

Chegouse a uns últimos minutos de toma e daca, cun Choco precipitado buscando sumar, e un As Pontes defendendo a súa terceira vitoria na casa. Marcote recorre toda a banda dereita, plantase ante Cortegoso e este despexa o seu remate coas pernas (80´). Silva tivo a última dos redondeláns nunha falta ó borde da área, rasa e moi ben tirada, na que Paco voltou a estar maxistral (90´). A última ocasión chegou nunha internada de David González por banda, chega ata o área pequena, e o seu pase da morte sacao un defensa in extremis (94´).

O equipo local aguantou como puido o excesivo desconto e sacou os tres puntos, e segue antepenúltimo, xa con 24, antes de visitar ó terceiro Cerceda. Complícase o Choco con 43, só dous por riba do teórico segundo posto de arrastre que marca o Ribadumia, antes de recibir ó Dubra.

Noveno triunfo pontés en O Poboado, por un empate e dos triunfos redondeláns.

1 CD As Pontes. Paco, Criado, Buyo, Callón, Prieto, Edi (David 78), Rubio, Diego, Marcote (Jaime 87´), Ramos (Caique 65´), Fran.
0 CD Choco. Cortegoso, Javi, Molinos, Lucas, Rey (Óscar 58´), Juan (Caloi 45´), Rober, Misa, Silva, Comis, Félix (Marquitos (45´).
Goles: 1-0, Edi (27´)
Árbitro: Bernardo Rodríguez Manteiga (A Coruña). Auxiliado por Rodríguez Penas e García Gómez. Amarelas a Edi, Juan e Diego.
Campo e Incidencias: Campo de O Pobado. Uns 100 espectadores en tarde soleada. Partido da 34ª xornada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F. 

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: SD XOVE FS – ESTEO FS – (6-4)

O equipo pontés recibirá ó Ventorrillo na vindeira xornada, faltando tres encontros para o remate da Liga.

O Esteo pontés de fútbol sala perdeu este venres á noite na súa visita a Xove 6-4.

Os ponteses foron vitimas do seu mal inicio, xa que a pouco do comezo os lucenses xa gañaban 3-0. Pese a todo, os de Javi Saa conseguían chegar ao descanso con 4-3 no marcador.

No segundo tempo o resultado mantíñase nun aberto 5-4 e con opcións de sumar para o Esteo, pero os locais souberon rentabilizar a sexta falta visitante para anotar o 6-4 definitivo a pouco do final e facerse cos tres puntos.

Os ponteses seguen con 31 puntos antes de recibir ó Ventorrillo.

FICHA DO PARTIDO
SD XOVE FS: Fajardo, Rubén, Manu, Souka, Bruno –cinco inicial- Pancho, Keko, Marcos, Aitor, Samu.
O ESTEO FS: Iván, Gerardo, Púas, Rober Paz, Alex Garea –cinco inicial- Pedro, Dani, Lito, Jandro, Ayala.
ÁRBITROS: Feliz Otero, Novoa García, Quintas Crespo (Ourense). Amarelas a Marcos, Manu, Gerardo, Ayala e Alex Garea.
GOLES: Min. 1 (1-0), Souka. Min. 5 (2-0), Manu. Min.9 (3-0), Marcos. Min. 13 (3-1), Púas. Min. 17 (3-2), Alex Garea. Min. 18 (4-2), Manu. Min.19 (4-3), Alexs Garea. Min. 28 (5-3), Bruno. Min.35 (5-4), Alex Garea. Min. 40 (6-4), Manu.
INCIDENCIAS: Vixéximo terceira xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B, décima da segunda volta, disputado no Pavillón Municipal de Xove, ante uns 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O ESTEO FS – SELECCIÓN GALEGA SUB19 (4-2)

Este mércores xogou un partido amigable o Esteo pontés de Fútbol Sala, contra a Selección Galega Sub19, no que estaba o xogador Bruno Silvén Fernández.

Adiantáronse os visitantes cun gol de tiro cruzado de Cley, pero pronto empatou Rober Paz, nun golazo no que amagou con dar un pase, para desfacerse do defensa e picar ante o porteiro. Preto do descanso, e facendo probaturas o equipo local con porteiro xogador, anotou Samuel dende o seu campo tras un roubo de balón, pero voltaba a empatar o Esteo cun tiro de Alex Garea que remata Ayala dentro da área.

No segundo tempo, ó pouco do reinicio, centra forte ó segundo pau Alex Garea e empala chegando ó segundo pau Rober Paz. Xa preto do final, gran xogada do Esteo con porteiro xogador que culmina Alex Garea para establecer o 4-2 definitivo, aínda que o encontro rematou cun tirazo ó longueiro de Caínzos.

No Esteo xogaron Pedro, Jandro, Dani, Antón e o porteiro cadete Sergio Cal.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Sergio, Jandro, Pedro, Lito e Ayala –cinco inicial- Dani, Antón, Héctor, Rober Paz, Alex Garea, Iván.

SELECCIÓN GALEGA SUB19: Koke, Cley, Bruno, Nicolás, Nito –cinco inicial- David, Miguel, Mini, Samuel, Dani, Caeiro, Pitero, Caínzos, Edmilson.

ÁRBITROS: Bello Gómez, Dobarro López, Blanco Lamas (Lugo). Amarela a Jandro.

GOLES: Min. 10 (0-1), Cley. Min. 12 (1-1), Rober Paz. Min.18 (1-2), Samuel. Min. 19 (2-2), Ayala. Min. 21 (3-2), Rober Paz. Min. 39 (4-2), Alex Garea.

INCIDENCIAS: Encontro de carácter amigable disputado no Pavillón Municipal da Fraga ante uns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 8-9 / ABRIL / 2017

Importante vitoria do equipo Xuvenil. Tamén gañaron o Feminino, Cadete, Benxamín B e Prebenxamín B.

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CCRD PERLÍO – CD AS PONTES (1-2)

Importante vitoria do Feminino na súa visita a Fene 1-2. Os tantos chegaban tralo descanso. Adiantaba Carlota ás pontesas, o seu vixéximo primeiro gol, logo empataba Cristina, e a pouco do final era Paula Castro a que establecía o 1-2 definitivo co seu decimo terceiro tanto da tempada.

Cuartas con 64 puntos, descansan na vindeira xornada. Xogaron Leti, Noelia Santalla, Nuria, Yoli, Noelia Ameneiro, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Alba e Carolina Paz.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO (2-1)

O equipo Xuvenil venceu nun importante encontró ó Eume por 2-1. Andrés Pita anotaba no primeiro tempo. Faltando dez minutos para o remate Jose empataba, co que casi aseguraba o segundo posto dos de Pontedeume, pero un gol de Cristian co tempo cumprido deu os tres puntos ós de Felipe Mieres.

O Meirás xa é campión con 49 puntos, por 38 do Eume e 37 do As Pontes, que ten un encontro menos con respecto ós de Pontedeume. Quédalles ós azuis visitar ó Meiras e Maniños e recibir ó CD Narón.

Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Andrés, Carlos, Jaime, Cristian, Casas, Josiño, entrando despois Iago e Cazás.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
AMISTADE MEIRÁS – CD AS PONTES (1-5)

Vitoria do Cadete en Valdoviño 1-5, con tres tantos de Vicente Iglesias, e un de Adrián Bellas e Xoel Pena. Sétimos con 23 puntos reciben ó Portuarios B, oitavo.

Xogaron Juan, Xavi, Nono, Eyob, Antonio, Santi, Adrián, Antón Paz, Vicente, Xan, Jose e despois entraron Xoel, Joan, Mohamed e Brais.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
GALICIA DE MUGARDOS – CD AS PONTES (3-1)

Derrota do Infantil en Mugardos 3-1, ante o segundo clasificado, tanto de Jandro López. Terceiros con 26 puntos visitan ó cuarto, Rápido de Neda.
Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Alejandro, Samuel, Daniel, Xoel, Mario Fraga, Manuel, Hugo, Jandro, e despois Sergio Hermida, Edgar, Iván, Joao e Ismael.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
GALICIA MUGARDOS – CD AS PONTES (0-0)
CD AS PONTES “B” – NARÓN O FREIXO “B” (2-2)

O Alevín A empatou 0-0 en Mugardos, co que xa se alonxa en tres puntos do líder Eume. O Alevín B empatou 2-2 co Narón O Freixo B, tantos de Anxo Blanco e Antón Varela, lamentando o tanto do empate visitante no derradeiro minuto. Segundos con 35 puntos e sextos con 19, a vindeira xornada, derbi no Poboado.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
SD RÁPIDO NEDA – CD AS PONTES (5-4)
CD AS PONTES “B” – SRD ÁNIMAS “B” (3-1)

O Benxamín A caeu en Neda 5-4 no último minuto, co que se complica o título de Liga. Goles de Diego Lozano (2), Destaw Pellón, Sergio Vázquez. Lideran con 36 puntos, pero seguidos a un so puntos por Caranza C, que ten un encontro menos, e Ánimas. Reciben ó Caranza B, oitavo. O Benxamín B venceu 3-1 ó Ánimas B, tantos de Xoel Vigo, Nicolás Meizoso e Paulo Cabaleiro. Quintos con 20 puntos, visitan ó Racing San Pedro, que leva pleno de 15 triunfos.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – SD RÁPIDO NEDA (3-3)
RACING FERROL “C” – CD AS PONTES “B” (2-7)

Empate do Prebenxamín A 3-3 ante o Neda, que comezou gañando 0-3, empatando no último suspiro cos tantos de Xandre Domínguez e Nacho Villasuso (2). Terceiros con 29, visitan ó CD Narón, cuarto. Boa vitoria 2-7 do Prebenxamín B en Ferrol, con cinco tantos de Xoel Galego, David Otero e Íker Díaz. Cuartos con 34 puntos, reciben ó penúltimo O Freixo B.

CATEGORÍA BIBERÓN
CD AS PONTES – CEDEIRA SD

Tamén o domingo á mañá xogaban un partido amigable nunha xornada de convivencia os biberóns de As Pontes e Cedeira.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

I COMPETICIÓN LIGA PROVINCIAL A CORUÑA – AS PONTES 2017 –

O Grupo Xuvenil presentou dez representantes que acadaron tres metais

Este domingo á mañá disputouse no Encoro da Ribeira a competición da Liga Provincial, tanto en feminino como en masculino, canoa e kaiak, nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

O Grupo Xuvenil pontés estivo representando por dez dos seus máis xoves padexeiros. Na proba alevín feminina Ada Fernández foi ouro e a súa compañeira Inés Domínguez prata. O terceiro metal do clube pontés chegou da man de Carmen Alén en benxamín, proba na que resultou bronce, sendo Leticia Niebla cuarta.

Outros resultados do clube foron o quinto posto de Celia Durán en infantil, Manuel Alén en cadete, categoría na que Carmela Domínguez foi sexta, e na proba infantil Antón García foi noveno, Lucas Valle vixéximo e David García vixéximo cuarto.

Ó rematar a proba entregaron as medallas o Alcalde Valentín González e o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás. O evento estivo moi ben organizado, e amenizado polo speaker Xalo Maira. O único pero, que acabou un pouco tarde.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

COPA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

Parece que non lle senta ben o torneo de copa ó vixente campión de liga, que nesta xornada caeu por 2-3 ante La Galaxia e continúa sen puntuar na competición. Vitorias de As Pontes 74 e MMYPEM e empate a dous goles entre Galiorient e Farmavida.

No grupo A hai un empate a tres puntos entre As Pontes 74, Mobles Eume, Bar Xardín e MMYPEM. No grupo B encabezan a clasificación Galiorient e Farmavida con 4 puntos.

2ª XORNADA DE COPA 8-9 / Abril / 2017

Mobles Eume – As Pontes 74 (2-3) Miguel e Villa / Paz, Raúl e Platas
Bar Xardín – MMYPEM (2-3) Cazás e Cabanela / Narciso (2) e Alberto
Galiorient – Farmavida (2-2) Tomás e Geluco / Pichote e Alberto
Fisioterapia DC-HIM&HER – La Galaxia (2-3) Iván e Juanjo / Juan (2) e Óscar
Descansaron: A Cepa e Electricidad J&O

3ª XORNADA DE COPA 22-23 / Abril / 2017

Mobles Eume – A Cepa (Sáb. 22, 19:30 h)
Electricidad J&O – Fisioterapia DC-HIM&HER (Dom. 23, 10:00 h)
La Galaxia – Galiorient (Dom. 23, 11:00h)
As Pontes 74 – MMYPEM (Dom. 23, 12:00 h)
Descansan: Farmavida e Bar Xardín

Nova cortesía de A.F.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: