CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 5-6-7 / MAIO /2017

Ó conxunto herculino necesita só un punto para ser campión de liga, xa que o separan 5 do segundo e só quedan 6 por disputarse. Para o As Pontes é un choque de puro trámite, no que o cadro azul despídese da súa afección e da 3ª División, categoría que, nesta terceira fase, estivo sete tempadas seguidas.

Nin que dicir ten, que haberá tempo para falar e comentar o que sucedeu esta campaña na que se retorna á Preferente galega logo dunha mala traxectoria na categoría nacional esta tempada, que a dicir verdade é para esquecer.

O filial deportivista, sucesor do histórico Fabril, non é o rival máis axeitado para a despedida. Como sinalamos, necesita un punto para ser matematicamente campión. No campo de Abegondo vitoria contundente dos herculinos por 5-0. O As Pontes pecha a tempada no campo do Ribadumia, outro equipo implicado nos descensos.

No Poboado os dous equipos enfrontáronse en 22 partidos oficiais dende a tempada 1964/65 (primeira na 3ª División) con vitoria fabrilista por 2-4, encontro disputado o 20 de decembro de 1964. O entón Calvo Sotelo aliñara a Goloso, Nené, Julián, Tano, Manolo Cayetano, Aneiros, Novo, Nito, Pan (1), Domínguez e Gondell (1).

En total, nove vitorias dos ponteses por oito dos coruñeses, cinco empates e 32 goles a prol de cada conxunto.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (37ª xornada)
C.D. AS PONTES – R.C.DEPORTIVO “B” (Fabril)
CAMPO DO POBOADO (As Pontes
Domingo 7 de Maio de 2017 (18:00 h)
ÁRBITRO: DAVID PEREIRA FERREIRO (Lugo)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 6 de Maio de 2017 (17:00 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CULTURAL MANIÑOS – CD AS PONTES
Campo do Pote (Maniños)
Sábado 6 de Maio de 2017 (18:00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – SD RÁPIDO DE NEDA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 6 de Maio de 2017 (17:00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – FC ORTIGUEIRA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 6 de Maio de 2017 (12:00 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado (As Pontes)
Venres 5 de Maio de 2017 (19:00 h)
GALICIA DE CARANZA – CD CARIÑO “B”
Campo de Caranza (Ferrol)
Venres 5 de Maio de 2017 (18:30 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA “D”
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 6 de Maio de 2017 (11:00 h)
SD O VAL – CD AS PONTES “B”
Campo de Sinde (O Val)
Venres 5 de Maio de 2017 (18:00 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES
Campo da Gándara (Pontedeume)
Venres 5 de Abril de 2017 (19:00 h)
CD AS PONTES “B” – CD CARIÑO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 6 de Maio de 2017 (12:15 h)

Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

O vindeiro sábado 13 o Esteo visita a difícil pista do histórico Zamora e na derradeira xornada de liga recibe no pavillón da Fraga ó Albense de Alba de Tormes (Salamanca).

ENCONTROS CATEGORÍAS DE BASE
COPA DA TERRA CHÁ

-VENRES 5 DE MAIO – PAVILLÓN MUNICIPAL DE MONDOÑEDO
Categoría Cadete: MONDOÑEDO – O ESTEO F.S. (19:30)

– SÁBADO 6 DE MAIO – PAVILLÓN MUNICIPAL DE VILALBA
Categoría Infantil: VILALBA – O ESTEO F.S. (10:00)

– SÁBADO 6 DE MAIO – PAVILLÓN MUNICIPAL DE OUTEIRO DE REI
Categoría Benxamín: OUTEIRO – O ESTEO F.S. (11:20)
Categoría Alevín: OUTEIRO – O ESTEO F.S. (12:10)

– SÁBADO 6 DE MAIO – PAVILLÓN COLEXIO MONTE CAXADO (AS PONTES)
Categoría Cadete: O ESTEO F.S. – MONFERO (12:00)

COPA LOCAL DE FUTBOL SALA DE AS PONTES 2017

– DOMINGO DÍA 7 DE MAIO – PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES
O ESTEO F.S. “B” – RIBADEUME F.S. (18:00)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: