CD As Pontes Feminino

NOVAS NO PLANTEL DO CD AS PONTES

A día de hoxe, o CD As Pontes ten confirmadas sete renovascións, que serían, o porteiro Paco, os defensas Criado e Jandro, os medios Troncho, Jaime e Pablo Ramos, e o dianteiro Rubén Pardo.

Tamén se coñecen as dúas primeiras incorporacións, xa que regresa Dani Fernández, tras unha tempada no Viveiro, e tamén o medio centro Diego Chis, que estivera no equipo na tempada 2014-15 aínda que marchara a media campaña por falta de minutos.

Agardsanse nos próximos días máis renovacións e incorporacións.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

FINAL COPA AFACO XUVENIL: SD CULTURAL MANIÑOS 1 – CD AS PONTES 8

O xuvenil pontés gañou este sábado a Copa Afaco tras golear 1-8 ó equipo locatario da Cultural Maniños.

O equipo fenés chegaba á final tras desfacerse do seu veciño Perlío, e do Narón na semifinal, mentres os ponteses venceran anteriomente a Amistade de Meirás e Galicia de Mugardos.

Pero o encontro deste sábado non tivo cor, xa que o conxunto de Felipe Mieres resolveu o título nos primeiros 45 minutos.

Adiantáronse nunha xogada na que tras unha mala cesión dun defensor, aproveitou Josiño para marcar de forte disparo por baixo (11). Cun golazo de falta polo escuadro de Cristian (19´) semellaba poñer terra de por medio o equipo hoxe completamente azul, pero Samu recurtaba distancias cun gol de cabeza (21´).

Posteriormente anotaba Andrés tamén dun forte disparo de falta (23´), e nunha xogada na que se incorpora por banda o hoxe lateral dereito Carlos, anticípase e marca ante a saída do porteiro (26´).

Cun desafortunado tanto de cabeza en propia meta dun defensa (33´) quedou sentenciado o encontro, aínda que noutra falta, desta vez Jaime, poñía o 1-6 tras anotar polo primeiro pau (36´), marcador que redondeaba Pita con un remate dende o borde da área tras un rexeite que entra por baixo (40´), e o capitán Iago Vázquez, que marcou un golazo polo escuadro (43´).

Resaltar neste primeiro período dous paradóns de Lino, un disparo alto de Cazás (6´), dous de Iago (15´ e 39´) e unha cabezada de Cristian que marcha lamendo o pau (28´).

O segundo período estivo de máis, e simplemente serviu para dar minutos ós hoxe suplentes. Resaltar algunha aproximación local ben contida pola defensa, e dúas chegadas de Derick, unha sacouna un defensa baixo paus, e noutra, nun man a man, o porteiro atalloulle o balón.

Xogaron Lino, Carlos, Fraga, Bruno (Antonio 55´), Unai, Andrés (Chema 45´), Iago, Jaime (Derick 45´), Cristian (Manuel Romero 45´), Josiño (Alex Barro 45´) e Cazás.

Consigue así o equipo xuvenil o 69º título da canteira pontesa a nivel comarcal e a súa segunda Copa Afaco. O outro triunfo pontés databa do estreo desta competición en 2010, cando gañara na final ó Numancia de Ares, 4-2.

As categorías inferiores do CD As Pontes suman 6 Ligas e 1 Copa de Ferrol Xuvenil, ademais de 2 Copas Afaco, tamén 5 ligas e 5 Copas de Ferrol en categoría Cadete, outras 9 Ligas e 9 Copas de Ferrol, ademais de 3 Copas Afaco, en categoría infantil, 12 Ligas e 11 Copas ferrolás en Alevín, 2 Ligas Benxamíns, 2 Ligas Prebenxamíns, e o feminino suma 1 Liga Comarcal e 1 Copa Afaco.

COPA AFACO XUVENIL 2017

PRIMEIRA FASE

GRUPO A
1º CD AS PONTES – 3
2º EF Amistade de Meirás – 0

GRUPO B
1º CD NARÓN – 6
2º SD Rápido de Neda – 3
3º Narón O Freixo – 0

GRUPO C
1º SDC GALICIA DE MUGARDOS – 4
2º SDR Numancia de Ares – 4
3º AD Miño – 0

GRUPO D
1º CULTURAL MANIÑOS SD -3
2º CCRD Perlío – 0

SEMIFINAIS
CD Narón 2 (5) – CULTURAL MANIÑOS SD 2 (6)
CD AS PONTES 5 – SDC Galicia de Mugardos 2

FINAL
Cultural Maniños SD 1 – CD AS PONTES 8

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

SEMIFINAIS COPA DE FERROL FEMININA. SD CULTURAL MANIÑOS 5 – CD AS PONTES 2

O equipo feminino caeu na súa visita ó campo do Pote nas semifinais da Copa de Ferrol ante o Campión de Liga, a Cultural Maniños.

Semellaba sentenciado o encontro co 3-0 ó remate do primeiro tempo, con dous tantos de Mónica e un de Rebeca.

Pero no inicio do segundo período Noelia Ameneiro, e logo Alba Romero, apretaban o marcador, aínda que xa mediada a segunda parte Carolina, e Rebeca nas postrimerías poñían o 5-2 definitivo. As fenesas agardan na final a Racing de Ferrol ou San Sadurniño.

Xogaron Leti, Nuria, Yoli, Noelia Ameneiro, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara, Carolina Rodríguez, Xeila, Alba e Carolina Paz.

Ó equipo de Pita e Julio Montero aínda lle resta xogar a Copa Afaco dentro de dúas semanas.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

IV TORNEO DE FUTBOL SALA DE BASE FESTAS DO CARME E A FRAGA AS PONTES 2017

Esta fin de semana levouse a cabo en As Pontes o tradicional torneo de fútbol sala das Festas, para os máis pequenos.

Participaron un total de 24 equipos neste torneo organizado polo Esteo FS e o Concello de As Pontes, nas categorías infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e tamén houbo un partido de biberóns.

Xogáronse un total de 35 encontros, a mayoría no Pavillón de A Fraga, aínda que tamén se xogaron no Monte Caxado, e O Esteo logrou dúas vitorias, por unha de O Parrulo, Cinco Coruña e Lugo Sala.

Entregaron os trofeos ó remate do evento, este domingo ás oito da tarde, Fina Bellas e Pablo Montero, da Comisión de Festas.

RESULTADOS

INFANTIL

Lugo Sala 3 – O Esteo 1
Lugo Sala 5 – Pontedeume 0
Begonte 4 – Lugo Sala 1
Begonte 9 – Pontedeume 3
Begonte 4 – O Esteo 3
O Esteo 5 – Pontedeume 0
Final
Lugo Sala 5 – Begonte 2

ALEVÍN

Grupo E
O Esteo 10 – Lugo Sala 0
Pontedeume 2 – Lugo sala 2
O Esteo 10 – Pontedeume 4

Grupo F
O Parrulo 7 – Begonte 4
Cinco Coruña 9 – Begonte 1
Cinco Coruña 3 – O Parrulo 2

Semifinais
O Esteo 1 (2) – O Parrulo 1 (1)
Cinco Coruña 7 – Pontedeume 0

Final
Cinco Coruña 4 – O Esteo 1

BENXAMÍN

Grupo C
O Esteo 6 – Lugo Sala B 0
Lugo Sala B 7 – Pontedeume 0
O Esteo 6 – Pontedeume 0

Grupo D
Lugo Sala A 3 – Begonte 2
Cinco Coruña 4 – Lugo Sala A 0
Cinco Coruña 10 – Begonte 2

Semifinais
O Esteo 6 – Lugo Sala A 0
Cinco Coruña 7 – Lugo Sala B 0

Final
O Esteo 4 (5) – Cinco Coruña 4 (4)

PREBENXAMÍN

Grupo A
O Parrulo 7 – O Esteo B 0
O Parrulo 3 – Pontedeume 0
O Esteo B 3 – Pontedeume 0

Grupo B
Begonte 9 – O Esteo A 1
Begonte 4 – Cinco Coruña 2
O Esteo A 4 – Cinco Coruña 2

Semifinais
O Parrulo 7 – Cinco Coruña 2
O Esteo A 9 – O Esteo B 1

Final
O Parrulo 6 – O Esteo A 4

* O Begonte non puido acudir a disputar a súa semifinal como campión do Grupo B

BIBERÓN
O Esteo 6 – Pontedeume 1

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

XXV MEMORIAL CARLOS FORNOS – VII TROFEO JOSE RAMÓN CORRAL

Na mañá deste domingo disputouse no Lago de As Pontes o tradicional Memorial Carlos Fornos, que alcanzaba a súa 25º edición, e tamén sétimo trofeo Jose Ramón Corral, puntuable ademáis para as Ligas Galegas, na que participaron máis de 400 kaiakistas e canoístas.

A pesar de estar en pleno mes de Xuño, sobre todo os competidores, pero tamén público e fotógrafos por momentos tiveron que facer auténticos malabarismos para seguir a proba, dada a choiva torrencial que caeu nalgúns intres.

Polo Lago pontés pasaron deportistas de quilates, coma o Campión Europeo de Maratón e ex compañeiro de Borja Prieto no K4 español, Diego Piña, o doble subcampión mundial de Maratón, Diego Romero, ou o subcampión mundial de C1 5000, Jose Luis Bouza.

Por parte local salientar a plata en K4 veteranos de Serafín Fontao, Jose Antonio Menéndez, Jose Ángel Pico e Ernesto Gancedo. Cuarta praza na mesma proba para Carlos Pedreira, Jose Manuel Ferreira, Jesús Alén e Antonio Polo.

O K4 xuvenil de Manuel Fernández, Manuel Alén, Martín García e Miguel Domínguez foi quinto e o K4 Senior de Rubén Basanta, Xose Guerreiro, Carlos Durán e Adrián Paz foi décimo sétimo.

Entregaron as diversas medallas e trofeos, a viuva de Carlos Fornos, os pais de Jose Ramón Corral, o Presidente da Federación Galega Jose Alfredo Bea, o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás, e o Presidente do Grupo Xuvenil, Ernesto Gancedo.

Moi boa organización do Grupo Xuvenil no evento amenizado por Xalo Maira, o único pero, tradicional nas competicións piraguísticas, son os minutos que pasan dende o remate da derradeira proba ata a entrega de trofeos, por mor das reclamacións, que se fan eternos na hora do xantar.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: