CD As Pontes Feminino

DÚAS MEDALLAS PARA O CLUBE SÍLEX NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Esta fin de semana disputábase en Salamanca o Campionato de España de Tiro con Arco, e cara aló desprazáronse tres membros do Clube Silex, Miguel Alvariño, Dani Castro e Cris Castro.

Non tiveron moita fortuna nas competicións individuais. En sénior, Alvariño, que levaba a terceira mellor marca, gañou 6-2 a Diego Bercial, logo 7-3 a Alejandro Moreau, pero perdeu na terceira rolda ante Arnau Peña 2-6, que tamén eliminara a Dani Castro na rolda anterior 4-6, un Dani que na primeira eliminatoria desfíxose de Daniel Bodí 7-1. Logrou o ouro Álvaro Simó, seguido de Yun Sánchez, e bronce para Miguel Ángel Pifarre. Cristina Castro venceu 6-2 a María Gómez, cabedo despois ante Sonsoles Solera 2-6, nunha proba gañada pola gran Alicia Marín.

Os dous irmáns tamén competirón en Junior, e Dani perdeu nos oitavos de final ante Yun Sánchez (3-7), nunha proba na que gañou o ouro o seu irmán Ken Sánchez. Cristina gañou en oitavos a Eider Vázquez, por 6-5 con 9-9 na frecha de desempate e a súa máis próxima á diana, pero en cuartos caeu ante Leticia Cantos Figueroa 2-6, sendo campiona Celia Castaños.

Nas probas por equipos chegaban os maiores éxitos. Na de Recurvo Mixto, Alvariño e Cristina venceron en cuartos a Cataluña 6-0, e logo nas semifinais por un axustado 5-4 á Comunidade de Madrid con 17-17 nas frechas de desempate, pero máis próximas estas á diana, perdendo na final ante Castela León 0-6.

No Recurvo masculino, Alvariño, Castro e Vicente Veira gañaban 6-0 a Cataluña en cuartos, caendo 2-6 contra Castela León nas semifinais, e posteriormente logrando o bronce tras vencer 6-2 a Comunidade de Madrid. O combinado castelán leonés logrou o ouro ante Baleares.

Ás portas do metal quedou o recurvo feminino, con Cristina, Noelia Pena e Marta Guerrero, que venceron en cuartos á Comunidade Valenciana 5-4 e 20-16 nas frechas de desempate, pero logo caeron 0-6 ante Madrid en semifinais e 2-6 ante Castela León na loita polo bronce. As madrileñas lograron o ouro ante Baleares.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

BORJA PRIETO LOGRA UN BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

O piraguista pontés Borja Prieto Valera competiu esta fin de semana en Verducido no Campionato de España.

Comezou o venres no K1 1000 metros, nos que foi primeiro na contrareloxo, dándose o luxo de quedar por diante dun tricampióin mundial de Maratón coma Iván Alonso. Xa na súa semifinal quedou quinto, clasificando Rubén Millán, gañador final, o campión mundial junior Pelayo Roza, e o sub23 Albert Martí, sendo tamén quinto na Final B gañada polo seu ex compañeiro de K4 na selección española e Campión de Europa de Maratón, Diego Piña.

Na xornada do sábado comezaba co K4 1000 en compañía de Daniel García, Miguel Gallo e Álvaro Gallinal. Nas semifinais foron terceiros, por detrás de Vilaboa e Banyoles, e novenos na final A gañada polo Tudense de Alonso, Roi Rodríguez, Campo e Delgado.

A gran ledicia chegou no K4 500, onde Borja, Javi Hernanz (prata no K1 1000), Juan Oriyés e Dani García venceron a súa semifinal e na final foron bronce (1:23:88), por detrás do Tudense de Roi Rodríguez, Millán, Delgado e Diéguez (1:23:40), e do Ría de Aldán do campión olímpico Perucho, Tiebo, Dacosta e Caride (1:23:41).

Antes de rematar a xornada do sábado foi noveno na contrareloxo do K2 200 xunto a Daniel García Barón, sendo despois oitavos na súa semifinal.

Por último, competía Borja o domingo no K4 200, con Javi Hernanz, o prometedor Oriyés (prata no K2 500 con Javi), e Daniel García, sendo décimos na contrareloxo, aínda que logo non saíron na súa serie semifinal.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

MARATÓN DE FÚTBOL SALA FESTAS DO CARME AS PONTES 2017

Esta fin de semana disputouse na pista do Colexio Santa María o tradicional torneo veraniego de Fútbol Sala das Festas do Carme, organizado polo Esteo coa colaboración do Concello de As Pontes. Déronse cita 32 equipos, 21 en masculino, 7 nos veteranos e 4 femininos.

No torneo Sénior masculino chegaban á gran final o Cervecería Silver e o Fisioterapia Him & Her. O campión era un gran equipo, con Adri á cabeza, internacional español, ex de Azkar Lugo, El Pozo Murcia, agora no KPRF da potente Liga Rusa. Tamén estaban, do Parrulo, o porteiro Illi, Alex Durán, o ex xogador do Esteo Rubi, e tamén Jacobo, que anotaron 23 e 20 goles respectivamente nesta tempada do ascenso. Tamén, o ex do conxunto pontés, Alberto Carro, que xogou esta campaña no fútbol transalpino, e algún que outro xogador importante.

Do outro lado tamén había un moi bo equipo, cos xogadores do Esteo Róber Paz, Gerardo, Púas, o peche Gerveno, Diego Pellón, ou o porteiro Óscar Ferreiro. Pero na final foi moi superior o equipo alaranxado, que se adiantou por medio dun polémico penalti moi ben tirado por Adri, e despois Rubi cun golazo polo escuadro facía o 2-0 antes do descanso. En boa xogada de extratexia a pouco da reanudación chegaba o 3-0, que foi a sentenza aínda que o Fisioterapia buscou recurtar distancias con Gerardo de porteiro xogador.

O campión sumou seis vitorias que se resumiron en 25 goles a favor e só un en contra. Anteriormente ambos equipos eliminaran en semifinais a Pichi Sport e Colmenar Viejo por un axustado tanteo de 1-0. O campión venceu cun solitario gol nun partido que dominou, pero o triunfo foi moi traballado, e igual lle foi ó Fisioterapia, que estrelou dous balóns nos paus ata que Púas logrou a ventaxa que foi definitiva.

No torneo de Veteranos, comezaba gañando Muebles Eume, pero no segundo tempo, un tanto do mítico Gogas, e Javi sobre a bocina déronlle a volta ó marcador, e o título a Electricidad J&O. Ambos equipos chegaran á final tras desfacerse en semifinais de A Cepa (5-2), o campión, e de Loterías el Búho (2-0), o subcampión.

No torneo feminino chegaron á final Al Alhy e Pinturas Colormix, que no seu grupo quedaron por diante de Equipo Urgente, terceiro, e Óptica Baamonde, cuarto. O equipo de Diego Soto, no que estaba a pontesa Raquel García Ferreiro, Campiona de España sub17 coa selección galega o ano pasado, puido vingar o 0-4 da fase de grupos, gañando a final por 2-0.

Ó remate do torneo, sobre as oito da tarde, entregáronse os diversos trofeos ós catro primeiros clasificados, e asemade ó mellor porteiro e xogador de cada categoría. Correu a cargo do Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás, e o Presidente do Esteo Fran Fernández.

Mellores xogadores foron Adri (Cervecería Silver), Sito (Electricidad J&O) e Carol (Al Alhy), mentres que mellores porteiros foron Illi (Cervecería Silver), Palotes (Muebles Eume) e Lucía (Pinturas Colormix).

Nova cortesía Antón e Xose Ferreiro

IV ESCALADA Á CARBALLEIRA

Este sábado á tarde disputouse en As Pontes a cuarta edición da Escalada á Carballeira, organizada polo Clube Ciclista Terras do Eume, Clube Atletismo Olympo, e o Concello de As Pontes.

A proba tiña como saída o Pavillón Municipal, e había tres modalidades, bicicleta, con 4580 metros de percorrido, e carreira e mountain bike (BTT), ambas con 3500 metros de distancia.

En BTT impúxose o local Marcos Fernández Bellas (20:05), seguido de Luis Miguel Fustes (20:17) e David Parada (20:28). Na mesma proba, en féminas, venceu Sara Paz (37:23), seguida de Liza Mabel Caballero (40:49).

En Bici de Estrada gañou Iván José Prieto (14:54), acompañado no podio por Eulogio Francisco Grandal (15:23), e Yago Pico (15:26). Nas mulleres gañou a vilalbesa Laura Rey (19:56), seguida da locataria Obdulia García Picallo (24:47), doble gañadora do Sella, e Vanesa Bretón (28:43).

Na carreira a pé, impúxose o pontés Esteban Díaz (19:14), seguido polos tamén ponteses Miguel Vilaboy (19:42), fillo do mítico Manolo, e o gran Xose Manuel Meizoso “Minecho” (20:00). Destacar tamén a Celerino Pedreira, que con 67 anos completou a carreira a pé nuns nada desdeñables 27 minutos e 38 segundos. Nas mulleres venceu Sandra Novo (28:19), seguida de Tamara López (31:49).

Amenizou o evento o periodista da TVG, Terio carrera, e ó remate da proba fixeron entrega dos diversos trofeos, Miguel Vilaboy, do Clube Atletismo Olympo, e por parte do Clube Ciclista Terras do Eume, Roberto Rivera Rego, que fora campión galego e español de Kayak Polo co Grupo Xuvenil, e Campión Mundial sub21 coma adestrador en Xapón 2004, tras gañar os seus pupilos 4-3 a Italia na final.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

I CIRCUITO DE TRAVESÍAS DE OBSTÁCULOS

Este sábado á tarde disputouse no Lago de As Pontes a primeira edición do Circuito de Travesías de Obstáculos, organizada por Enkipro, a Deputación da Coruña, e o Concello de As Pontes. Había tres modalidades, 2000 metros, 1150, e 300 para os máis pequenos.

Na categoría de 2000 metros e 20 obstáculos venceu Adrián Martínez (25:32), seguido de Gonzalo Iglesias (28:26) e Carlos Alberto Gracia (29:56), vencendo Cynthia Martín en mulleres (34:39).

Na proba de 1150 metros e 10 obstáculos, venceu Bruno Piñeiro (20:32), acompañado no podio por Martín Alonso (23:10) e Jesús Hevia (23:11). Nas mulleres venceu Melissa Emilia Insúa (22:26), seguida de María Terceiro (23:53) e Margarita Ocampo (27:15).

Por último, na proba dos máis pequenos, de 300 metros e 7 obstáculos, venceu Carlos Novelle (9:56), seguido de Mauro Calvo (10:08) e Samuel Vázquez (10:12), mentres que a vencedora das rapazas foi Sabela Castro (10:18), seguida de Sara González (11:01) e Lucía Álvarez (14:04).

Ó remate da proba entregaron os diversos trofeos o alcalde Valentín Gonzlaez Formoso, a Concelleira Isa Fornos, e Ángel López, Presidente de EnkiPro.

Ademáis da proba de As Pontes ó longo do verán haberá tamén en Laxe, A Pobra e Arteixo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: