CD As Pontes Feminino

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DO CD AS PONTES

Este xoves ás oito da tarde tivo lugar no Lar pontés a Asemblea Extraordinaria de Socios do CD As Pontes.

O Presidente do Club, Xaime Castro Paz, acompañado da súa directiva, tratou principalmente o tema da dúa continuidade, unha vez rematados os catro anos de mandato, como unha especie de prórroga para tentar de estabilizar un pouco a situación do club tras uns tempos convulsos.

Precisamente se referiu ós problemas económicos ós que tivo que facer fronte a entidade nestes últimos tres anos nos que, a pesar de todo, segundo él “xa se comeza a ver algo de luz”. Dixo, entre outras cousas, que, a traverso da súa asesoría xurídica, agardan recuperar gran parte dos cartos que o club lle tivo que devolver ó Concello, xa que os consideran debidamente xustificados.

Tamén comentou que por mor deses problemas, a tempada pasada apenas puido confeccionar un equipo totalmente novo, a última hora, moi xove, que o deu todo, pero que finalmente non puido manter a categoría.

Destacou como aspectos positivos a gran axuda do Concello, a creación do campo de fútbol indoor, idóneo para as épocas de choiva moi abundantes por estes lares, e resaltou a futura construcción dun campo de fútbol artificial nos próximos meses.

A xuntanza, ante preto duns 60 socios, apenas durou uns tres cuartos de hora, que se resumiron en trinta de exposición do Presidente e quince de preguntas, principalmente relacionadas co campo de céspede artificial.

Nova cortesía Antón e Xose Ferreiro

O ESTEO FS XA COÑECE ÓS SEUS RIVAIS DE CARA Á TEMPADA 2017-18

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo xa coñece ós seus rivais para a vindeira tempada 2017-18 na Segunda B.

Acostumado como está a ter rivais casteláns leoneses e asturianos, este ano acompañarano tamén na categoría varios equipos cántabros. Tamén se pasará de catorce a 16 equipos, polo que en lugar de 26 xornadas haberá trinta.

Continúan clásicos habituais galegos da categoría, coma o Leis de Pontevedra, Ventorrillo da Coruña, Pizarras Los Tres Cuñados do Barco, Xove e o descendido Cidade de Narón, tamén os casteláns leoneses Universidad de Valladolid, Zamora, Albense, Cuéllar, Guardo, Atlético Benavente, e desa comunidade incorpórase o Unión Arroyo vallisoletano.

De Asturias xogará o Santiago de Sama de Langreo, e de Cantabria o Santoña, que, a nivel de fútbol campo compartirá grupo co Endesa As Pontes 1989-90, e da localidade do tricampión mundial Óscar Freire, Torrelavega, o Construcciones Cobo.

Despídense con respecto ó ano pasado, o Noia, quen non conqueriu o ascenso pero ó ampliar a Segunda División de 14 a 16 equipos fíxose cunha praza na categoría xunto ó Córdoba, e os dous que baixaron a Terceira, o Boal Asturiano e o San José de Salamanca.

Pola súa parte, o equipo pontés, ás ordes de Javi Saa, continúa a planificar o seu plantel de cara ó vindeiro ano, no que xa se sabe da continuidade de Héctor e a baixa do porteiro Iván.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

3 x 3 BASKET & MUSIC AS PONTES 2017

Este sábado disputouse na pista do Colexio Santa María o torneo de Baloncesto Tres por Tres, organizado polo Club Baloncesto As Pontes, coa colaboración do Concello pontés.

Ó longo de todo o día e ata as oito e media da tarde, sete equipos masculinos e sete femininos xogaron un total de trinta partidos.

Na categoría masculina acabou vencendo o Circus Shot, por diante de Showtime. O terceiro posto foi para Sanatorio Spurs e o cuarto para Lamentabla. Tamén participaron María Napolitano, Sin Nombre e Frenahaybaçhe SK.

O Maristas Never Give Up foi o gañador feminino por diante do B 2 S e Las Precipotadas. En cuarto lugar acabou Pico y palo, e tamén competiron Dream Team, Cuchufletas e Noe y las chicas.

Ó remate do evento entregaron os premios ós tres primeiros clasificados de cada categoría o presidente do CB As Pontes, Juan Eladio Pico, e o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

AMIGABLE VETERANOS E FEMININOS. CR FENDESTESAS-RESTO DO MUNDO

O Fendetestas pontés non quixo ausentarse nas festas do pobo, e pese a non poder organizar este ano o tradicional Seven de Rugbi, si que fixo na tarde deste sábado un partido entres xogadores do club, ex xogadores, veteranos, rugbiers do Eueta de Lugo, Santiago, e tamén féminas.

O resultado, que era o de menos, foi de 20-15 a prol do conxunto pontés nun partido con varios descansos que comezou as cinco no Monte Medulio e rematou pasadas as seis e media da tarde e no que se tratou de divertirse e de que todos participaran o maior número de minutos posibles.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: