CD As Pontes Feminino

ADRIÁN MARTÍNEZ VOLVE Ó CD AS PONTES

O CD As Pontes fíxose nas últimas horas con Adrián Martínez, futbolista que xa estivera no club na campaña 2015-16 (xunto ó seu irmán Óscar “La Magia” Martínez).

Trátase dun xogador de contrastada calidade, xa que estivo varios anos no Deportivo B, do que chegou a ser capitán, e tamén pasou por Somozas e Cerceda. Ademais, polivalente, xa que pode xogar de medio centro, central, ou incluso de lateral dereito.

A súa fichaxe é un plus para o plantel, dado que a día de hoxe; e tendo en conta que Bossa, Fidi ou Chis, xogan na medular, pero con proxección ofensiva; o equipo entre o centro da zaga e do medio do campo só tiña, con perfil defensivo, a Dani, Rego, Roberto e Jandro, para unha tempada longuísima.

O equipo xa conta con 18 xogadores no primeiro plantel, agardando a un porteiro suplente, e no que vai de pretemporada sacou un empate 3-3 ante o Castro, tantos de Óscar Calvo, Roberto e Bossa, e unha derrota 4-2 en Somozas, goles de Quique e Josiño. Hoxe xogan no Val.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O ESTEO FS XA CONTA CON SETE XOGADORES

O Esteo pontés de fútbol sala continúa a perfilar o seu plantel de cara á nova tempada 2017-18, a súa quinta consecutiva na Segunda División B.

Definitivamente xogará xunto a outros 13 equipos, galegos, casteláns leoneses e asturianos, coma ven sendo habitual, dado que os cántabros Santoña e Construcciones Cobo ó final non xogarán neste grupo primeiro.

Son sete xogadores xa os que estarán a disposición do adestrador Javi Saa. Renovaron o porteiro Javichu, e os xogadores de pista Rober Paz e Héctor.

Son novos o porteiro procedente do Pontedeume, Jesús Lourido, e o ex xogador do Ribeira, Iván Gago.

Tamén formarán parte do club os locais Diego Pellón, que xa xogara no equipo pontés, e Daniel Martínez.

No equipo agárdanse máis incoporacións durante o mes de Agosto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

AMIGABLE. SD O VAL 1 – CD AS PONTES 2

O As Pontes xogou este sábado en O Val, Narón, no Campo de Sinde, o seu terceiro amigable de pretemporada, gañando ó equipo local, cuarto clasificado da Primeira Autonómica o ano pasado, por 1-2.

A súa primeira vitoria nestes días, tras empatar 3-3 ante o Castro, e perder 4-2 en Somozas. O partido tivo moitos cambios e probaturas, e non foi unha tarde de moi bo fútbol.

Comezaba da peor maneira posible para os azuis, xa que na primeira aproximación local, o extremo esquerdo desfaise de Iago Vázquez, dispara, e o rexeite de Lino cae nos pes do dianteiro valexo, quen, sen oposición, só ten que empurrar o balón ó fondo das mallas (1´).

Posteriormente vólvese a desmarcar o extremo esquerdo e despexa Lino o seu disparo (18´). Antes do descanso empatou o As Pontes nunha xogada mal defendida polo conxunto local que aproveita Carballeira para superar ó ex gardamallas do equipo pontés Rafa, acabando por rematar a gol o colombiano Mateo sobre a mesma liña de meta (25´).

Trala reanudación, un centro chut dun xogador local dende o medio do campo, marcha por riba do longueiro por moi pouco (49´).

Nos últimos minutos saíron Ramos, Pardo e Eloy, e o equipo de Marco Roca tivo máis mordente en ataque. O propio Pablo Ramos dispara ó poste, o rexeite recolleo Pardo na outra banda, dispara e o balón marcha por pouco (72´). O mesmo xogador de Ortigueira lanza unha falta dende o borde da área, xa que o cancerbeiro valexo colleu o balón fóra coas mans, e o seu disparo marcha a rentes do pau (76´).

Tamén tiveron as súas os naroneses, i é que no segundo período a zaga pontesa tivo moitas probaturas e xuventude, destacando David. Un dianteiro valexo queda completamente só ante Meidán, pero dispara por fora (74´). Tras un saque de esquina empala un defensa local e o balón marcha alto (85´). Unha indecisión de Criado non é aproveitada polo atacante local que remata cruzado a rentes do pau (90´).

A xogada que decidiu o encontro foi tras un pase en profundidade de Josiño, co que Eloy encara a porta i é derrubado. Non se puxo nervioso o goleador coruñés, que engana ó porteiro local situando o 1-2 que resultou definitivo (78´).
Xogaron Lino, Iago, Alex, Jandro, Chis, Fidi, Carba, Vilela, Adrián Iglesias, Jaime e Mateo, entrando posteriormente Meidán, David, Rubén Pardo, Pablo Ramos, Criado, Eloy, Josiño e Óscar Calvo.

O As Pontes encara nos próximos días a primeira eliminatoria da Copa Diputación ante o gañador do encontro entre o Olímpico e o Victoria.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: