CD As Pontes Feminino

ACTUACIÓN DO GRUPO XUVENIL NO DESCENSO DO MIÑO

Este sábado á tarde disputouse o tradicional Descenso do Miño, que consta de 14 kilómetros de percorrido, entre Salvaterra e Tui.

Para a curiosa proba que transcorre polo Río Miño, e que segundo dende que parte da orilla se vexa, un está en Galicia ou Portugal, desprazáronse cinco deportistas do Grupo Xuvenil.

No K2 Veteranos, como non, gañou Antonio Polo, e Jose Antonio Menéndez, que foron os únicos que baixaron de unha hora, con 59:53.

De feito, polo seu tempo, acabarían novenos si computaran na proba Sénior, a apenas 18 segundos do dez veces Campión Mundial Manolo Busto, e da seis veces Campiona Europea, Bea Manchón.

No K1 Xuvenil, Manuel Fernández acabou na oitava praza, gañando David Da Rocha, do Tudense.

David Tonislavov e Pablo Moreno foron 21º en K2 Sénior, onde gañaron os arxentinos Dal Bo e Geringer.

No K1 Sénior tamén venceu o arxentino Iván Balboa, segundo no Sella, por diante do tricampión mundial Iván Alonso, do Tudense, e do portugués Alfredo Faria.

Nova cortesía Xose Ferreiro

SERGIO OTERO GAÑA A COPA DEPUTACIÓN

O futbolista pontés Sergio Otero Pedre ven de gañar a Copa Deputación da Coruña este mércores co Racing de Ferrol.

O equipo departamental venceu esta competición tras eliminar sucesivamente ó Queixas (0-3), Silva (0-0.3-4) e ó verdugo do As Pontes, o Victoria coruñés (1-2).

Xa en semifinais o conxunto adestrado por Tena venceu 0-1 ó Cerceda de Cañizares, entrando Sergio no minuto 82 en sustitución de Joseba Beitia.

Na final deste mércores no Campo do Roxo, os verdes gañaron 0-2 ó ascendido a Terceira, Noia, saíndo Sergio no minuto 81 en sustitución de Gonzalo García.

Gran mérito de Sergio, participando con apenas 17 anos nun equipo con aspiracións a subir a Segunda División.

Sexto título para o equipo ferrolán, que pon fin a tres finais consecutivas perdidas ante Somozas en 2014 e 2015, e Boiro en 2016.

O As Pontes venceu nesta competición en 1996 ó derrotar ó Betanzos 2-1, e chegou á final en 2007 caendo ante o Racing de Ferrol na Malata 3-2 no minuto 94.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto La Voz de Galicia

O CD AS PONTES COMPLETA O EQUIPO CON KIKO MARIÑO

O CD As Pontes ven de pechar nas últimas horas o seu plantel de cara á campaña 2017-18 coa contratación do porteiro Kiko Mariño.

O cancerbeiro de 32 anos, que xa estivo catro tempadas nas filas do CD As Pontes, xogou nos últimos anos no Ribadeo, en Terceira, no Valadouro, na Primeira Rexional, e o ano pasado no seu Viveiro natal, na Rexional Preferente.

Ademáis de Kiko, que pelexará por un posto con Paco, o clube tamén contará con Dani Carballeira. O media punta pontés de 27 anos, ex internacional sub16, tralo seu paso polas categorías inferiores do As Pontes e do Deportivo xogou dous anos no primeiro plantel pontés, para pasar despois por Betanzos, Galicia de Mugardos e Narón.

Cos 18 xogadores que xa tiña o plantel, co lateral dereito Adrián Maroñas fichado hai uns días, e estes dous xogadores, o clube xa con con vinte un antes de visitar ó Dumbría o vindeiro día 27 no estreo ligueiro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro 

O EQUIPO FEMININO COMEZA A SÚA PRETEMPORADA

O CD As Pontes Feminino comezou a súa pretemporada onte mércores. Despois dunhas palabras do director deportivo de base, Iván Rodríguez, e do Presidente, Xaime Castro Paz, as rapazas comezaron o seu primeiro adestramento ás ordes de Julio Montero.

Onte foron catorce, dez que xa estaban o ano anterior, Yoli, Carlota, Paula Castro, Noelia Ameneiro, Alba, Indira, Yara, Carolina Rodríguez, Carolina Paz e Xeila. Agardase que polo menos outras tres ou catro rapazas máis se vaian incorporando ós adestramentos nos vindeiros días.

Son novas, Uxía, Nerea, Tania, procedente do Xermade FS, e unha vella coñecida como Sara, procedente do UD Ourense, e que xa estivera no equipo feminino nos seus inicios.

O equipo comezará a Liga nun mes, o 17 de Setembro e finalizará o 6 de Maio. A Copa comezará unha vez rematada a competición ligueira, coma ven sendo habitual. Este ano participarán 16 equipos, e no 17 coma o curso anterior.

Seguen da campaña pasada, o campión, Cultural Maniños, e Racing de Ferrol, As Pontes, O Val B, Galicia Caranza, San Sadurniño, Amistade de Meirás, Perlío, Santa Mariña, Rápido de Neda, Galicia de Mugardos, Eume Deportivo, Cebarca, Cariño e A Capela.

Se xa hai dous anos deixaron a competición CD Narón e Ortigueira, entrando o Eume Deportivo, agora é novo o equipo Discalzas SD, e non seguen o histórico Mandiá e o Cedeira.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O ESTEO INICIA A PRETEMPORADA

O conxunto pontés de fútbol sala do Esteo iniciou este luns día 21 a súa pretemporada.

Coas cinco renovacións de Javichu, Gerardo, Héctor, Rober Paz e Ayala, e as oito fichaxes, o mítico Pana, Diego Pellón, Dani Martínez, Ayrton Nieto, Jesús Lourido (Pontedeume), Martín Otero (Ventorrillo), Juan Cruz (Cinco Coruña) e Iván Gago (Ribeira), tamén farán a pretempada dous canteiráns, o porteiro Sergio Cal, e o xogador de pista Andi.

No día de onte falou o vicepresidente do clube, Juan Rodríguez, o adestrador Javi Saa, e a nutricionista Mar. Logo de pesarse todos os xogadores, houbo sesión de carreiras pola Fraga.

Nestas semanas, xogarán contra Begonte, Pontedeume e Ribeira de Piquín, farán a presentación ante a súa afección ante o Burela FS, que busca retornar a Primeira División, e antes do comezo da Liga xogarán un triangular en Pontevedra ante Leis e Zamora. Entremedias, tamén se ten previsto xogar o partido de Copa co Ribeira.

Terá 13 rivais na Liga o equipo pontés. De Galicia, o descendido Cidade de Narón, ademais dos habituais Leis Pontevedra, Ventorrillo, Pizarras Tres Cuñados e Xove, os casteláns leoneses Universidad de Valladolid, Zamora, Albense, Cuéllar, Guardo, Atlético Benavente, coa novidade do Unión Arroyo. Asemade tamén estará o equipo asturiano, tamén novo, do Santiago de Sama.

O Esteo comeza a Liga recibindo ó Atletico Benavente o día 23, para visitar despois ó Universidade de Valladolid o 30.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

FINAL TROFEO CONCELLO DE XERMADE. SDC ROUPAR 2 – SDC CABREIROS 3

Este martes festivo á tarde disputábase no Campo de Roupar a final do Trofeo do Concello de Xermade.

Nel participaban todos os equipos do Concello lucense, agás o Momán, que so ten equipo de veteranos.

Á final chegaron, tras vencer a Xermade e Cazás respectivamente, o equipo locatario do Roupar e o Cabreiros, gañando os visitantes 2-3. En ambos equipos había vellos coñecidos do fútbol pontés.

No Roupar estaba de adestrador o gran Diego Dopico, e de xogadores, entre outros, o habitualmente porteiro Alex, Mourín, Amady, o ex arqueiro Jacobo Barro, e o motociclista 15 veces Campión Galego, Ismael Veiga. Tamén había varios xogadores do Barbarroja, equipo Campión da Copa Local de Fútbol Sala.

No Cabreiros estaban, entre outros, Óscar Ferreiro, Cristian, Totti, Gonza, Vicente, Marcos Novo, Alex Fresco, Santi Barro e o autor de dous dos tres goles que deron o ascenso ó equipo xuvenil a División de Honra, Víctor Iglesias.

Antes do remate do primeiro tempo puxo terra de por medio o Cabreiros. Descolgase Pepe ó segundo pau, e bate ó porteiro de forte disparo por baixo (41´). Noutra gran xogada do capitán Pepe, con pase da morte incluido, anota libre de marca Vicente Pardiño (44´).

Entrou con brío o conxunto locatario no segundo tempo, e nun tiro moi lonxano que sorprendeu ó cancerbeiro visitante por alto recurtaba distancias Couso (62´).

Pepe volvía a poñer distancia de por medio tras anotar un penalti de tiro raso tras un derrubo do porteiro local a un xogador branquiazul (76´).

Pero non se daban por vencidos os verdes, e así, tras un córner, marca a media volta Esteban, entrando o balón por riba, por onde non pode chegar o gardamallas do Cabreiros (82´).

O equipo local seguiu buscando o empate pero non houbo tempo para máis e definitivamente o Cabreiros foi o vencedor deste torneo.

Ó remate do encontro, o Alcalde de Xermade, Roberto García, e as distintas autoridades entregaron os trofeos a campión e subcampión, e tamén o terceiro e cuarto clasificados, Xermade e Cazás, respectivamente.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

III TORNEO INTERNACIONAL VOLEI PRAIA LAGO DE AS PONTES 2017

Este sábado, e domingo, ata as oito da tarde, celebrouse en As Pontes a terceira edición do torneo de Voley Praia, organizado polo Concello de As Pontes, a Federación Galega de Voleibol e o Aldebarán de San Sadurniño, co patrocinio de Gadis, Eroski e Abanca.

Na categoría Sénior Masculina venceron uns vellos coñecidos, os irmáns Monfort, Javier e Vicente, impoñéndose na final 21-16 e 21 -14 a Óscar Jiménez e Hugo Rojas. A terceira posición foi para Carlos Galego e Néstor González.

Na categoría Sénior Feminina venceu a parella formada por Cristina Imargues e Teresa Zunzunegui, que derrotaron no derradeiro encontro a Raquel Palma e Amparo Hopt por un dobre 21-16. Terceira praza para Rebeca González e María Triñanes.

Na categoría Amateur a primeira posición foi para Pérez/Cosío, por diante de Brandovski/Díaz e Ruiz/Celis.

En Cadetes, as parellas vencedoras resultaron Martín Vilar/Samuel Tembrás e María Pedreira/Laura Vázquez. O segundo escalón do podio foi para Ismael Fernández/Borja Casteleiro e Sandra Castro/Carlota Vilariño. Terceiros foron Daniel Basoa/Alejandro Castrillón e Alicia Viso/Xiana Cid.

Por último, en Alevín Mixto gañou a dupla de Hernán Pisos e Hugo Vilariño, que superaron a Lucía Vázquez e Valeria Acebes, segundas, e Natalia Méndez e Cecilia Pisos, terceiras.

Ó remate do evento, entregaron os premios ó tres primeiros clasificados de cada categoría o Concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás, e dous representantes do Aldebarán de San Sadurniño.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo feminino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: