CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2017/18: PARTIDO 27 / AGOSTO / 2017

Primeiro enfrontamento oficial entre o As Pontes e o club dumbriés, equipo fundado en 1996, que ascendeu á preferente galega da anterior tempada como campión do grupo 2º da primeira galega.

O CD As Pontes, un histórico do fútbol galego, tras unha mala campaña baixou á preferente despois de sete tempadas seguidas na Terceira División. Foi unha mágoa e unha decepción, sobre todo para os fieis afeccionados, pero os ponteses queren voltar canto antes á categoría nacional. E para elo, non escatimaron esforzos esta tempada para crear un plantel con xogadores contrastados e de recoñecida valía.

Sen embargo, na pretempada deixou unha pobre imaxe, xa que o equipo pontés caeu ás primeiras de cambio na copa Deputación da Coruña e non está a dar unha imaxe de equipo que vai loitar polos postos de ascenso.

Ademais da eliminación copa Deputación ante o Victoria (2-0), ate o de agora só un empate (Castro), unha clara derrota (en Somozas), unha vitoria pola mínima no campo do Val e o pasado sábado perdeu por 2-1 en Mugardos ante o Galicia no trofeo Industriais, logo de adiantarse cun gol de Rubén Pardo.

PREFERENTE GALICIA 2017/18 G. 1º (1ª xornada)
C.F. DUMBRÍA – C.D. AS PONTES
CAMPO MUNICIPAL DO CONCO (Dumbría)
Domingo 27 de Agosto de 2017 (18:30 h)
ÁRBITRO: ÓSCAR MARTINEZ PEREIRO (Santiago)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: