CD As Pontes Feminino

RAQUEL E MALENA GAÑAN A COPA DEPUTACIÓN CO DEPORTIVO 

As xogadoras pontesas do Deportivo, Malena Mieres e Raquel Béjar, gañaron no día de onte a Copa Deputación da Coruña, por segundo ano consecutivo, tras superar o Deportivo ó Victoria herculino por 3-0 no Campo de Vista Alegre, en Ordes.

As branquiazuis chegaron á final tras vencer sucesivamente a Orzán (0-18), Victoria de Santiago (0-8) e Tordoia (0-9). Revalidan o título conquistado o ano anterior, cando gañaran 7-0 na final ó Val de Mireia Cabarcos, Andrea Montero e Noelia Castro.

Acompañou ó equipo Nuria Rábano, recente Campiona de Europa Sub19 en Irlanda do Norte, que tivo que abandonar a selección no segundo encontro da primeira fase por lesíon, torneo que acabaría gañando España tras superar a Holanda en semifinais e a Francia na final, en ambos casos por 3-2.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto RC Deportivo 

 

MIMIZAN PADDLE GAMES

Esta fin de semana disputáronse en Francia os Mimizan Paddle Games, que incluían as modalidades de Kaiak Surf, Waveski Surfing, Kayak Freestyle, Stand up Paddleboard e Pirogue.

Cara aló desprazáronse dous membros do Folixa pontés. Iván Pena foi segundo no Open Europeo de Kaiak Surf, só por detrás do vasco Txema Carreto.

Pola súa banda, Daniel Pérez alcanzou as semifinais en Waveski Surfing, sendo eliminado por dous campións mundiais como Virgile Humbert e Rennan Deloutre.

O Náutico Folixa tamén se reuniu coa WWSA para abordar a organización do vindeiro Campionato Mundial de Waveski Surfing que terá lugar en Pantín no 2018.

Nova cortesía Iván Pena e X.F.

PREFERENTE NORTE. CF DUMBRÍA 2 – CD AS PONTES 1

O As Pontes non tivo un bo comezo no seu retorno á Preferente e caeu 2-1 ante o recén ascendido Dumbría, modesto equipo da Costa da Morte fundado en 1996, que retornaba á categoría ante un conxunto que viña de xogar sete campañas consecutivas na Terceira, así que o día non puido ser máis redondo para os branquinegros.

No comezo do encontro, acudiu fiel á cita co gol o dianteiro Eloy (15´), e poñía por diante ós azuis no primeiro cuarto de hora. Pero pouco durou a alegría porque uns minutos despois empataba un vello coñecido, Jose Marcote.

No segundo tempo poñíanse por diante os do Conco co tanto de Jesús, e pese a que os locais xogaron cun menos nos últimos minutos non puido traer nada positivo o As Pontes da súa primeira visita.

Outros favoritos ou históricos, coma Polvorín, Dubra, Paiosaco, Viveiro ou Betanzos, comezaron con vitoria así que nas próximas semanas non lle queda máis remedio ó As Pontes que tentar sumar de tres en tres, e que este encontro quede nun mal recordo.

O vindeiro fin de semana visita o Poboado o Sofán, equipo no que militan un vello coñecido, o bo carrileiro Pablo Domínguez, o media punta arxentino que estivera na pretemporada pontesa o ano pasado, Matías Navarrete, ou un porteiro contrastado como Javi Rumbo, polo que a vitoria non será nada doada.

Xogaron Paco, Criado, Alex, Rego, Dani, Roberto, Quique (Ramos 65´), Bossa, Eloy, Fidi (Jaime 79´), Pardo (Adrián Iglesias 68´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

AMIGABLE XUVENIL. CD AS  PONTES 0 – SCDR GALICIA DE CARANZA 6

Severo correctivo o que recibiu o xuvenil pontés na tarde de onte ante o Galicia de Caranza por 0-6.

O equipo ferrolán, quinto clasificado da Liga Galega o ano anterior, amosou porque está unha categoría por riba do conxunto pontés. A nivel comarcal, comparte Liga co Val de Narón, que foi sétimo, e só o Racing de Ferrol de Liga Nacional, estaría por riba.

Xogaron polo conxunto pontés Meidán (Lino), Fraga (Santi), David (Antonio), Pablo, Breijo, Chema (Alex), Carlos (Jose), Vilela, Cristian (Derick), Josiño (Dani) e Pita.

Os de Felipe Mieres, a pesar de comezar a Liga a semana que ven, descansan na primeira xornada, e debutarán na segunda fin de semana de Setembro ante o Portuarios B.

Nova cortesía Xose Ferreiro e AF

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: