CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2017/18: PARTIDOS 2-3 / SETEMBRO /2017

Mal comezaron as cousas para o As Pontes no seu regreso á preferente galega logo de sete anos na Terceira División. Primeiro partido de liga e derrota ante o Dumbría, equipo recén ascendido á categoría, nun partido que, segundo a acta arbitral, debeu durar máis de 130 minutos e no que comezou marcando o cadro das Pontes por medio de Eloy, pero os locais remontaron con goles de Marcote –a pasada tempada no As Pontes- e Yuyo, mediada a segunda parte.

Parece que ó cadro das Pontes non sentan ben segundas partes e ó final perde os puntos que ten logrado antes, incluso no tempo engadido. Non cabe dúbida de que haberá que cambiar o “chip” ó equipo para que as cousas vaian a mellor. Aínda hai tempo.

Vén por primeira vez a As Pontes o Sofán, equipo da parroquia carballesa do mesmo nome e con tan só 1.500 habitantes, que na primeira xornada venceu por 1-0 ó San Tirso de Mabegondo. Fundado en 1979 e sempre en categorías rexionais, con esta leva dúas na preferente galega.

Un SD Sofán que conta nas súas filas con Pablo Domínguez (4 tempadas no As Pontes), un bo defensa e carrileiro pola banda esquerda, e o arxentino Matías Navarrete, que fixo a pretempada pasada no As Pontes. Ademais, ten un bo porteiro, Rumbo, que o vindeiro 2 de setembro cumprirá 20 anos. Procede do Cerceda, agora na 2ª División B ó mercar a praza do Boiro, que baixou de categoría por impago.

XUVENIL E CADETE

Por outra banda, sinalar que esta fin de semana comezan a competición os equipos xuvenil, que correspóndelle descansar, e o cadete, que recibe no Poboado ó Perlío.

PREFERENTE GALICIA 2017/18 Grupo 1º (2ª)
C.D. AS PONTES – S.D. SOFÁN
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
Domingo 3 de Setembro de 2017 (18:00 h)
ÁRBITRO: DAVID JIMÉNEZ JIMÉNEZ (Lugo)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª Fase (Grupo A)
CD AS PONTES (Descansa)

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª Fase (Grupo A)
CD AS PONTES – CCRD PERLÍO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 2 de Setembro de 2017 (11:30 h)

Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

Primeiro encontro do conxunto pontés ante a súa afección.

O Esteo FS xoga este sábado ante a súa afección (19:00) no seu terceiro encontro de pretempada. O equipo pontés xa leva dous encontros, ante o Begonte (1-2) e na Copa ante o Ribeira (3-4).

Nesta ocasión recibirá ó Pontedeume, equipo que xoga na Liga Provincial, antes de recibir o mércores na súa presentación ó Burela.

O ESTEO F.S. – F.S. PONTEDEUME
Sábado 2 – Setembro – 2017 (19:00)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: