CD As Pontes Feminino

COPA DE GALICIA. RIBEIRA FS 3 – O ESTEO FS 4

O Esteo pontés de Fútbol Sala logrou unha apurada clasificación para a seguinte rolda da Copa de Galicia, na que xogará contra o Prone de Lugo, de Segunda División.

Onte venceu 3-4 ó Ribeira FS, de Piquín, a tres minutos do final e tras remontar un 3-2 ó descanso. O equipo lucense era unha dura pedra, cuarto clasificado da Terceira galega a campaña anterior e como se agardaba non puxo ás cousas nada doadas.

No encontro xogado no Pazo dos Deportes de Lugo, adiantábanse os locais ó pouco do comezo, pero Juan Cruz e o ex xogador local Gago poñían o 1-2, aínda que pronto empataba o Ribeira e preto do descanso poñían o 3-2 no marcador.

Xa no inicio do segundo tempo voltaba a marcar Juan Cruz e a pouco do final era Héctor o que daba o pase á seguinte rolda.

Xogaron Jesús, Cruz, Martín, Pana, Rober, e tamén Héctor, Dani, Gago, Ayala, Ayrton e o canteirán Andi.

Antes deste encontro, o equipo pontés tivo un amistoso o sábado contra o Concello de Begonte, ó que derrotou 1-2 con tantos de Rober Paz e Dani. O Esteo presentase ante a súa afección o día 6 ante o Burela, aínda que previamente xogará contra o Pontedeume.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O BENXAMÍN DO CD AS PONTES GAÑA O TORNEO DO VAL DE NARÓN

O conxunto dirixido por Javi e Ares foi o mellor dos 16 participantes.

O Benxamín pontés venceu este sábado no Torneo organizado polo Val de Narón e disputado no Campo de Sinde.

Nun evento no que participaban 16 equipos, a maioría vellos coñecidos da Liga de Ferrol, mailo Orzán e Sporting Burgo coruñeses, o As Pontes venceu no grupo B a Perlío (2-0) e O Val B (5-0), caendo co Rápido de Neda (0-2).

En cuartos de final venceu ó Val A (2-1), en semifinais ó Narón O Freixo (4-0), e na gran final ó Galicia de Mugardos (2-0).

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto CD As Pontes.

IV REGATA WINDSURF LAGO DE AS PONTES 2017

Lucas Maceiras, Juan Vieito, Jose Ramón Martínez e Alba Díaz foron os gañadores.

Esta fin de semana levouse a cabo no lago de As Pontes a cuarta edición da Regata de Windsurf, que ademais servía como Campionato Galego, e no que participaron máis de 50 deportistas, incluso chegados do páis veciño de Portugal.

Na categoría Techno o vencedor foi Lucas Maceiras, que gañou as tres mangas, seguido na clasificación por Rita Caride e Pablo González.

En Fórmula Windsurf o gañador foi Juan Vieito, que tamén gañou as dúas mangas, por diante de Francisco Robleda e Jaime Piñeiro.

En Raceboard logrou o triunfo Jose Ramón Martínez, que dominou as tres mangas, e acompañáronlle no podio Javier Plaza, segundo, e Juan Portela, terceiro.
Por último, nos máis novos, a gañadora foi Alba Díaz, que se impuxo en catro das seis mangas desputadas, e acompañarona no podio, Alejandro Blanco, plata, e Diego Roca, bronce.

Ó remate desta proba organizada polo Clube Fluvial de Vela As Pontes e o Concello pontés, entregaron os premios ós tres primeiros clasificados de cada categoría, así como un diploma os rapaces de Escola e un recordo aos xuices.

Nova cortesía de Xose Ferreiro. Imaxe cortesía de Karlos Basoa

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 4 – SD SOFÁN 0

Triunfo cómodo do As Pontes no seu estreo no Poboado

Vitoria cómoda do As Pontes, que non gañaba tan plácidamente no seu campo dende hai moito tempo, no seu primeiro partido ligueiro en casa, amosando que a derrota en Dumbría (2-1) foi un mal inicio de Liga.

Hoxe visitaba As Pontes o Sofán, equipo dunha parroquia de Carballo duns 1500 habitantes, que contaba co bo carrileiro esquerdo Pablo Domínguez, que xogou catro tempadas cos azuis, ou o media punta arxentino Matías Navarrete, que fixera a pretemporada co As Pontes o ano anterior.

Ós cinco minutos xa mandaba 2-0 o cadro local, tras un gol de Rego a saque de córner de Bossa (4´), e unha falta botada polo Mago de Viveiro que despistou a Rumbo tras rebotar nun defensa (5´).

Anteriormente xa avisara o cadro local nun pase atrás preto da liña de córner de Fidi, que non atopa rematador (2´), ou un balón colgado ó área pequena por Eloy (3´).

Poñía a tranquilidade antes do descanso Adrián Iglesias, quen tras unha parede con Eloy, queda só e marca despois de regatear ó porteiro (29´).

O segundo tempo fíxose longo para os dous equipos, e a mellor aproximación dos de Carballo foi unha internada por banda esquerda do capitán Luis, e no seu centro non alcanza o balón Quintela que chegaba desmarcado ó segundo pau (70´).

Máis clara a tivo o As Pontes preto do final, cando tras desfacerse dun defensa, ingresa só na área Pardo, cedella a Chis, e o seu remate desvíao Rumbo (84´).

Co tempo cumprido, o xogador de Ortigueira estivo moi listo nun saque de falta lateral de Bossa, xa que se adiantou ós defensas e de primeiras marcou de tiro raso axustado ó primeiro pau (90´).

O equipo de Marco Roca deberá tentar de continuar sumando para achegarse ás primeiras posicións, e a próxima semana visita Abegondo para enfrontarse ó ascendido San Tirso, onde milita un vello coñecido, o xogador de Cabanas, Álvaro Rey, que anotou o único gol ata o momento do conxunto coruñés. O Sofán pola súa parte recibe ó Xallas.

4 CD As Pontes. Paco, Criado, Alex, Rego, Dani, Roberto, Ramos (Chis 59´), Bossa, Eloy (Carba 88´), Fidi (Quique 72´), Adrián Iglesias (Pardo 74´).

0 SD Sofán. Rumbo, Félix, Rubén (Sito 59´), Iván, Luis, Canedo, Jonathan (Rojo 46´), Pablo, Quintela, Juan (Matías 46´), Fabián (Eibe 46´).

Goles: 1-0, Rego (4´), 2-0, Bossa (5´), 3-0, Adrián Iglesias (29´), 4-0, Pardo (90´).

Árbitro: David Jiménez Jiménez (Lugo). Auxiliado por Vázquez Alemparte e Polo Fernández. Amarelas a Rego, Iván e Quintela

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores, moitos visitantes, en tarde chuviosa por momentos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

AMIGABLE. O ESTEO F.S. – PONTEDEUME F.S. (8-2)

Terceiro triunfo na pretemporada do equipo pontés.

Terceiro encontro de pretemporada do Esteo pontés de Fútbol Sala e terceira vitoria, nesta ocasión, máis folgadamente, 8-2, ante o Pontedeume, da Liga Provincial.

O encontro xa marchaba encarrilado ó descanso co 5-1, e no segundo tempo o marcador incrementouse ata o 8-2 definitivo.
Marcaron por dúas ocasións, o pontedeumés Pana, dous golazos, o canteirán Andi e Juan Cruz, anotando un tanto os ponteses Gerardo e Dani Martínez.

Convocou Javi Saa a once xogadores, faltando os lesionados Diego Pellón e Martín Otero, e tamén Javichu e Héctor.
Dura proba terán os ponteses este vindeiro mércores no que se presentan ante o Burela, equipo que buscará retornar a Primeira División.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Jesús, Dani, Gerardo, Ayrton, Gago – cinco inicial – Sergio, Pana, Rober Paz, Ayala, Juan Cruz, Andi.

PONTEDEUME FS: Pablo, Jose, Pablo Fernández, Iván, Rico –cinco inicial- Javi, Jose, Carlos.

ÁRBITROS: Raquel Manteiga, Roberto Amor, Santiago Madroño (Coruña).

GOLES: Min. 2 (1-0), Gerardo. Min. 3 (1-1), Jose. Min.5 (2-1), Juan Cruz. Min. 10 (3-1), Pana. Min. 12 (4-1), Juan Cruz. Min. 19 (5-1), Andi. Min. 21 (6-1), Dani. Min.25 (6-2), Pablo Fernández. Min. 34 (7-2), Andi. Min. 35 (8-2), Pana.

INCIDENCIAS: Pavillón da Fraga. Máis de 100 espectadores.

Nova cortesía A.F. e Xose Ferreiro.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2017/18: RESULTADOS 2-3 / SETEMBRO /2017

Goleada do cadete e descanso do equipo xuvenil.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª Fase (Grupo A)
CD AS PONTES (Descansa)

Descansou o equipo xuvenil, que na vindeira xornada recibe ó portuarios B no seu estreo ligueiro

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª Fase (Grupo A)
CD AS PONTES – CCRD PERLÍO (16-0)

Goleada do Cadete que comeza a Liga coma líder. Na vindeira xornada visitan ó Racing San Pedro, que nesta primeira xornada venceu 0-3 en Miño.

Xogaron polo equipo dirixido por Rubén Pardo, Juan, Eyob (2), Xavi, Alejandro (1), Antonio, Nono (2), Xoel Purriños, Santi (1), Vicente (4), Jandro e Joan (2), saíndo no segundo período Andrei, Xan (1), Adrián (1), Iván (1) e Xoel Pena.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: